Nos últimos anos, o festival evolucionou para converterse nun evento multidisciplinar que, mantendo o cine como eixe, abrangue na súa programación outras disciplinas tais como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.
Campus Curtocircuíto
Celébrase do 5 ao 9 de maio. Inclúe actividades escolares, universitarias e para docentes. Celebrarase entre o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e a Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación no Campus Vida e a Facultade Ciencias da Comunicación no Campus Norte.
- Prazas: 10/12 persoas para que fagan quenda por parellas e cada unha vaia dúas medias xornadas aproximadamente segundo a súa dispoñibilidade.
Festival Curtocircuíto 2025
Celébrase do 1 ao 6 de xullo. Búscase xente responsable, con interese cultural e con ganas de colaborar nos labores básicos de produción dun festival: asistencia de invitados, apoio ao equipo nas salas de proxección, supervisión das actividades, servizo na oficina do festival, asistencia na comunicación etc. O ideal é que, como en anos anteriores, poidan ter un encontro con todas as persoas interesadas o mércores 25 de xuño e que se poidan incorporar a partir do venres 27 ou luns, 30 de xuño.
- Horario: flexible en función da dispoñibilidade, en quendas de mañá ou de tarde.
- Prazas: 25
Prazo de inscrición: do 8 de abril ao 24 de xuño de 2025.