
La Universidad de Santiago de Compostela (USC), dentro de la dimensión social implícita la una universidad pública, recoge nos sus Estatutos a igualdad de oportunidades en el acceso, continuidad y finalización de los estudios. Para obtener tal fin, los/as estudiantes podrán beneficiarse de las distintas ayudas o subvenciones que la Universidad establezca.
O prazo de presentación de solicitude será de un mes dende o ingreso da axuda co compoñente de residencia concedida polo MEFP.
O prazo máximo de presentación rematará o 30 de xuño de 2023.
Poderá acceder a estas bolsas o alumnado matriculado na USC no curso académico
2022-2023 que cumpra os seguintes requisitos:
1. Estar aloxado/a no SUR durante o curso 2022-2023 e ter unha praza asignada polo grupo I.
2. Ser bolseiro/a no curso 2022-2023 da Convocatoria de bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP), co compoñente da contía fixa ligada á residencia do/da estudante durante o curso escolar.
3. Que a Renda Persoal Dispoñible (RPD) do/da solicitante no exercicio do ano 2021, e que segundo a Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR serviu de base para a adxudicación da cota correspondente no curso 2022-2023, sexa inferior a 9.000 €.
A solicitude deberá realizarse vía telemática cumprimentando o formulario que estará dispoñible na páxina web do Servizo de Axudas e Servizos ao alumnado. Poderá acceder directamente ao citado formulario premendo no seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias_comedor.html
Unha vez finalizado o trámite, o/a estudante poderá descargar un documento xustificativo de ter presentado a solicitude.
A tramitación correspóndelle ao Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado de acordo
co seguinte procedemento:
Coas solicitudes presentadas que reúnan os requisitos:
1. O persoal do Servizo comprobará o importe abonado pola persoa solicitante en concepto de aloxamento no SUR ata a data da solicitude da Bolsa de Comedor.A continuación, calculará o importe pendente de pagamento para completar a cota fixada na Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR para
os/as bolseiros/as do MEFP co compoñente de residencia (2.628 € en cuarto individual ou 2.259 € en cuarto dobre para o curso completo).
2. De acordo co establecido na base CUARTA desta convocatoria, adxudicará a cada intervalo de Renda Persoal Dispoñible (RPD) dos/das solicitantes unha contía en concepto de Bolsa de Comedor.
3. O Servizo emitirá un único recibo no que a cantidade resultante será a de compensar o importe da bolsa de comedor concedida coa cantidade que lle corresponda abonar pola ocupación da praza no SUR durante todo o curso (o que lle quede pendente de pagamento para completar a cota fixada na
Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR para os/as bolseiros/as do MEFP).
Os/as solicitantes garantirán que a conta bancaria facilitada para a domiciliación teña os fondos suficientes para o pago do recibo correspondente.
4. Os recibos que sexan devoltos deberán ser aboados polos/as solicitantes mediante ingreso ou transferencia bancaria na conta da USC nº ES53 2080 0388 2831 1000 1172 de ABANCA.
Importe Bolsas Comedor curso 2022-2023 para o curso completo |
|
Renda Persoal Dispoñible (RPD) no ano 2021 |
Importe Bolsa Comedor |
RPD ata 1.250,00 € |
1.700 € |
RPD entre 1.250,01 e 2.500,00 € |
1.400 € |
RPD entre 2.500,01 e 3.950,00 € |
1.050 € |
RPD entre 3.950,01 e 5.050,00 € |
700 € |
RPD entre 5.050,01 e 6.500,00 € |
450 € |
RPD entre 6.500,01 e 8.999,99 € |
200 € |
A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, ditará mensualmente as resolucións provisionais de Bolsas de Comedor. Contra estas propostas de resolución os/as
interesados/as poderán presentar alegacións no prazo de 10 días naturais, contados dende o día seguinte á data da publicación.
Transcorrido o prazo de alegacións, a Vicerreitoría ditará as resolucións definitivas.
Non poderá incluírse nas proposta de resolución definitiva de concesión a ningún/ha solicitante que non teña pagado a cota fixada na Convocatoria de prazas de aloxamento para os/as bolseiros/as do MEFP co compoñente de residencia (2.628 € en cuarto individual ou 2.259 € en cuarto dobre para o curso completo).
As resolución publicaranse no Taboleiro de anuncios electrónico da USC:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado:
http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias_comedor.html
O pagamento das bolsas realizarase mediante compensación co importe de aloxamento por todo o curso que teña pendente de abonar o/a estudante.
Esta bolsa é incompatible con calquera outra que obteña o/a solicitante de calquera
administración, entidade pública ou privada, coa mesma finalidade.
Quedan exceptuadas desta incompatibilidade as axudas da USC iniciadas debido á crise económica derivada da enfermidade por coronavirus SARS-CoV-2 e á escalada de prezos logo da invasión de Ucraína.
Servicio Universitario de Residencias (SUR)
- Pabellón Estudiantil
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 525
- 881 815 246
- 881 814 560
- sur [at] usc.es