Outras cantigas fazem os trobadores: sobre la concepción del debate trovadoresco en el cancionero gallego-portugués
Na Arte de trovar, a tenzón aparece explicada como unha cantiga dialogada entre dous trobadores que interveñen por quendas estróficas. Afírmase, ademais, que poden ser de amor, de amigo e de escarnio. Esta clasificación pode verse en relación cos tres grandes xéneros da lírica galego-portuguesa e a súa distribución no interior dos cancioneiros, organizados en tres seccións. A finalidade deste traballo é reflexionar sobre a concepción da tenzón na escola galego-portuguesa a través da explicación que se reproduce na Arte de trovar, das rúbricas e das referencias que se encontran no interior dalgunhas cantigas. Así mesmo, examínase a distribución das 33 tenzóns galego-portuguesas nos cancioneiros B e V.