BiRMED. Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval
Investigador principal
Equipo investigador
A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos de bibliografía especializada na literatura medieval galego-portuguesa. Recompila referencias á produción científica con dedicación á Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa Maria e Prosa Literaria Medieval, obxecto de estudo do Arquivo Galicia Medieval (ARGAMED).
O principal obxectivo deste recurso dixital é ser unha ferramenta de apoio aos investigadores da literatura medieval galego-portuguesa, brindando a posibilidade de afinar na localización de referencias bibliográficas, a partir da elaboración de rexistros que contemplan unha serie de etiquetas especializadas e que serven como guía para o usuario. Ademais, BiRMED dá a coñecer a produción científica que se está a levar a cabo tanto en Galicia como noutras áreas xeográficas sobre a literatura medieval galego-portuguesa.
Nada como complemento dos proxectos Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa Maria e Prosa Literaria Medieval, BiRMED é un proxecto autónomo que ambiciona reforzar os seus resultados. Desde a apertura da súa primeira versión en 1998, BiRMED recompilou máis de 5000 fichas bibliográficas, ampliando, nas sucesivas versións, as posibilidades da ferramenta, que agora se mellorará coa actualización do propio etiquetado e dos campos de pescuda.
Historial de Dirección/Coordinación
- Déborah González (desde 2021)
- Mercedes Brea, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo (2019)
- Mariña Arbor Aldea (2018)
- Mercedes Brea, Esther Corral Díaz, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo Gradín (ata 2018)