A creación e importancia do CIRP desde distintos ángulos

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades continúa coa conmemoración dos 25 anos do seu nacemento cunha xornada temática na que  rememorará o proceso de creación do centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional. O programa desenvolverase no salón de actos do centro o próximo 12 de xullo.

  • 10.00-10.30 h. Siro López: A miña visión de Ramón Piñeiro.
  • 10.30-11.00 h. Manuel González: Constantino García, o primeiro Coordinador científico do CRPIH.
  • 11.00-12.30 h. Mesa redonda: A posta en marcha e a vida do Centro a través dos seus investigadores.
  • 12.30-13.30 h. Mesa redonda: 25 anos do Centro Ramón Piñeiro: unha visión desde o seus responsables políticos.
  • 13.30-14.00 h. Visita á exposición das publicacións realizadas polo Centro Ramón Piñeiro nos 25 anos de historia e as mostras dos legados recibidos no centro para a súa custodia e estudo.
  • 16.30-18.00 h. Mesa redonda: O Centro Ramón Piñeiro visto polos bolseiros/as, á que serán convidadosos bolseiros e bolseiras que pasaron polo centro desde a súa posta en marcha, para falaren da súa experiencia e da importancia que este período tivo na súa formación.
  • 18.30-19.30 h. 25 anos de xestión do Centro Ramón Piñeiro vistos polo persoal de administración.
  • 19.30 h. Clausura da xornada.

Máis información