Magnificat Cultura i Literatura Medievals vol. 5
O Departamento de Filoloxía Catalana da Universitat de València acaba de publicar o quinto volume do anuario dixital de acceso aberto Magnificat Cultura i Literatura Medievals. Sumario
O Departamento de Filoloxía Catalana da Universitat de València acaba de publicar o quinto volume do anuario dixital de acceso aberto Magnificat Cultura i Literatura Medievals. Sumario
A editorial De Gruyter vén de publicar o libro Humanidades Digitales. Miradas hacia la Edad Media, editado por Déborah González e Helena Bermúdez Sabel. O estudos compilados neste volumen amosan como as tecnoloxías dixitais poden ser aplicadas os Estudos Medievais para mellorar a comprensión das sociedades e culturas da época.
A Università de Verona organiza en setembro e outubro de 2019 o seminario Nuove prospettive sulla terza rima. O prazo para a presentación de comunicacións remata o 31 de xaneiro. Máis información
A rede de investigación CIRCULA organiza do 23 ao 25 de outubro de 2019 o Congreso Internacional ILPE 4 La mediazione di ideologie linguistiche attraverso la stampa: il caso delle lingue romanze. O prazo de presentación de comunicacións remata o 15 de xaneiro. Máis información
A Escola Lul·lística de Mallorca / Maioricensis Schola Lullistica acaba de publicar o volume 58 da revista <em>Studia Lulliana</em>, correspondente ao ano 2018. Contido
A área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela quixo manter a tradición iniciada coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García, e continuada coas que se dedicaron aos profesores Antón Santamarina e Mercedes Brea, cando os mestres acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da […]
A Fundación San Millán de la Cogolla forma parte do proxecto europeo de educación patrimonial Heritage Hubs, no que estudantes de 11 a 15 años de Finlandia, España e Serbia poderán intercambiar unha parte da súa cultura a través de medios audiovisuais. Máis información
A Universidade Federal da Paraíba acaba de crear o Grupo de Estudos Medievais Gradalis, coordinado polo profesor Guilherme Queiroz de Souza. En colaboración con outros grupos e investigadores, centrará a súa actividade na Idade Media no ensino de historia; imaxinario, cultura e relixión na Idade Media, e fontes, temas e métodos para o estudo da […]
A área de Filoloxía Románica e o GI-1350 Románicas organizan o 14 e o 15 de novembro unhas Xornadas de Lingüísitica Románica para dar a coñecer a utilidade práctica da disciplina. O encontro terá lugar no Salón de Graos e a Aula B13 da Facultade de Filoloxía da USC. Mércores 14 (Salón de Graos) […]
O profesor da Universidad de Alcalá de Henares Carlos Alvar impartirá o seminario «Acerca de la cronología de las cantigas de amor y de amigo en los Cancioneiros» o venres 9 de novembro a partir das 12 horas. A conferencia terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e está organizada pola área de Filoloxía […]