O segundo Coloquio Internacional Xénero e sexualidade nas culturas hispánicas terá lugar na Universitat de Lleida os días 8 e 9 de outubro de 2018. Esta actividade busca establecer un diálogo entre propostas procedentes de áreas como a historia, a literatura, a lingüística ou as artes co fin de ofrecer unha mirada ampla, complexa e interdisciplinaria ao redor dos debates que ocupan actualmente o interese académico sobre este ámbito, tanto en España como a nivel internacional.
A data límite para enviar propostas de comunicación a dicumas2017@ gmail.com é o 10 de xuño de 2018 e deben incluír os seguintes datos nun único documento:
- Título da comunicación.
- Resumo da comunicación (máximo 400 palabras).
- Breve currículo do autor ou autora (máximo 200 palabras).