A Universidade Federal da Paraíba acaba de crear o Grupo de Estudos Medievais Gradalis, coordinado polo profesor Guilherme Queiroz de Souza. En colaboración con outros grupos e investigadores, centrará a súa actividade na Idade Media no ensino de historia; imaxinario, cultura e relixión na Idade Media, e fontes, temas e métodos para o estudo da Idade Media.