Presentación da Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa (PalMed)

PalMed (www.cirp.gal ) é unha base de datos que ofrece a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos da lírica galego-portuguesa. A súa finalidade é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico. Co obxectivo de que a realidade “material” dos manuscritos poida ser contemplada con concreción e detalle, incorpora -ademais dos textos poéticos-  aquelas “escrituras anexas” que acompañan os poemas nos códices (correccións, rúbricas, maniculae, notas marxinais, reclamos…), xa que, en moitas ocasións, a información proporcionada polas mesmas achega datos de enorme relevancia sobre aspectos como: os principios de emenda e corrección efectuados na época de produción dos manuscritos, as prácticas de escritura dos copistas, a estratigrafía da tradición manuscrita ou a intervención de mans tardías.

  • Coordinación científica: Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín
  • Dirección e supervisión xeral: Mercedes Brea, Antonio Fernández Guiadanes e Pilar Lorenzo Gradín
  • Arquitectura da información e desenvolvemento: José Carlos Sánchez Rivas
  • Coordinación técnica: Carmen de Santiago
  • Equipo de investigación: Helena Bermúdez, Déborah González, Simone Marcenaro, M. Isabel Morán Cabanas, Susana Pedro, Mª Ana Ramos, Carmen de Santiago.

© Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.