Edición crítico-interpretativa do Livro d’Alveitaria. Bases para unha plataforma on-line da tradición do De medicina equorum
Investigador principal
Equipo investigador
Vinculado tamén ao Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade B), este proxecto quere implementar as dúas actividades precedentes coa elaboración dunha edición crítico-interpretativa do Livro d’Alveitaria portugués e completar, así, o seu “campo bibliográfico”. A partir das diferentes aproximacións á obra preténdese sentarse as bases para o deseño dunha edición dixital dese texto que sexan de aplicabilidade a cada un dos 173 manuscritos identificados que transmiten o De medicina equorum de Giordano Ruffo (do que o Livro é unha reelaboración) e poder, daquela, trazar os vectores da transmisión do primeiro manual de veterinaria do occidente medieval en empresas futuras e de maior alcance.