Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal

Investigador principal

Equipo investigador

Carmen de Santiago Gómez, María Mercedes Brea López, Pilar Lorenzo Gradín, Enrique Castelló Mayo (USC), Maria do Rosário Ferreira (UC), Julián Carlos Flores González (USC), António Resende de Oliveira (UC), Jose Carlos Ribeiro Miranda (UP)

Resultados

Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación (GEOARPAD III-PILOTO 1-LÍRICA) abrangue o estudo da Historia, da Arte e da Literatura medievais co propósito de deseñar e elaborar produtos turísticos dixitais que permitan a participación activa dos seus usuarios.

 

Concretamente, o proxecto analizará unha serie de relacións que se constatan entre determinadas abadías cistercienses do sur de Galicia e o norte de Portugal, as familias nobres alí implantadas e a implicación destas na creación e promoción dos textos líricos galego-portugueses.

 

A iniciativa pretende poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dunha zona da Península Ibérica inmerecidamente deprimida, que non só ofrece unha riqueza patrimonial senlleira senón que constitúe o berce dunha tradición literaria que guiou o canon da poesía lírica no centro e occidente ibéricos entre os séculos XII e XIV.

Os resultados obtidos no proceso de investigación divulgaranse mediante unha serie de materiais interactivos, audiovisuais e impresos creados para que os visitantes gocen e experimenten a Idade Media.