Prosa Literaria Galega Medieval
Investigador principal
Equipo investigador
O proxecto Prosa Literaria Galega Medieval ten como obxectivo prioritario a edición, estudo, caracterización e anotación das obras medievais que integran o xénero que dá título ao proxecto. O corpus da investigación está constituído polos seguintes textos: Arte de Trovar; Crónica de Castela; Crónica de Santa María de Iria; Crónica Troiana; Crónica Xeral; Crónica Xeral de 1404; Foro Real; Flores de Dereito; Historia Troiana; Libro de Tristán; Miragres de Santiago; Tratado de Albeitería e Xeral Estoria.
Ademais da elaboración (ou revisión, no caso de que xa existan traballos realizados con criterios filolóxicos rigorosos) das edicións paleográfica e crítica de cada texto, o proxecto contempla tamén o estudo dos aspectos filolóxicos e literarios que caracterizan a cada obra. Neste período estase traballando na actualización da base de datos BIRMED, nunha introdución das obras do corpus e na realización dunha base de datos que recolla os textos de prosa, xa editados, con buscas en campos léxicos e literarios, que sexan de interese para os especialistas e que poderá ser consultada na páxina web do CRPIH.