Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan transcendental para a historia e as letras hispánicas do século XIII como é a de Afonso X. Non obstante, cando o especialista se achega a súa figura, bate cunha zona de sombras que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en particular no tocante á súa relación con Galicia. Precisamente, este volume persegue unha perspectiva transversal que ilumine a ‘vertente’ galega de Afonso X, polo que recolle estudos que achegan tanto visións históricas e análises de manifestacións artísticas coma traballos centrados na corte poética dun rei que soubo harmonizar a tradición lírica profana e a relixiosa.