As findas do debate entre Meen Rodriguiz Tenoiro e Juião Bolseiro (B403bis-V14)
O debate entre Meen Rodriguiz Tenoiro e Juião Bolseiro, transmitido no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (cod. 10991) e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (Vat. Lat. 4803), conclue con dúas findas notablemente deterioradas polos erros de copia. Por este motivo, a pasaxe é unha das de mais difícil edición dos cancioneiros galego-portugueses. O presente traballo consiste na análise da parte final do texto, co obxectivo de ofrecer unha nova lectura da composición máis plausible e satisfactoria.
A publicación ofrécese en acceso aberto na web da revista (http://dx.doi.org/10.15304/verba.42.1924) e está igualmente dispoñible no repositorio institucional da USC, Minerva (http://hdl.handle.net/10347/31883).