El texto medieval. De la edición a la interpretación

Pilar Lorenzo Gradín, Simone Mercenaro

As achegas que inclúe este volume acollen un amplo abanico de linguas e tradicións literarias -latín, occitano, francés, galegoportugués, castelán, catalán…- e conságranse a cuestións metodolóxicas e aspectos puntuais que achegan luz sobre o complexo labor editorial en textos representativos da cultura europea medieval. O lector atopará como fío condutor desta páxinas a análise da relación entre dous momentos esenciais no estudo filolóxico dos textos: o proceso de edición crítica e a actividade exexética derivada do mesmo, dúas tarefas estritamente conectadas entre si. Os resultados que proceden do exercicio compasado de ambas resultan de vital importancia non só para o deleite do texto en si mesmo, senón tamén para afrontar calquera outro tipo de investigación ulterior: lingüística, literaria, estilística, métrica ou histórica.