Este artigo achégase á actividade de intavulare desenvolvida por Angelo Colocci e, máis específicamente, ao seu interese por elaborar glosarios a partir dos manuscritos que posuía. En concreto, edítase e estúdase o fragmento dun vocabulario que o humanista confeccionou para o cancionero provenzal M e que se conserva nos ff. 274r-v do Vat. lat. 4817, un dos máis ricos códices de traballo de Colocci.
Artigo
Revista: Critica del testo
Ano: 2007
Volume: X
Número: 3
Páxinas: 59 - 100