Las trobairitz y el conselh

Tania Vázquez García

Este traballo presta atención ao valor e importancia que adquire o conselh na Idade Media, particularmente nas composicións líricas dialogadas das trobairitz: Bona domna, tan vos ai fin coratge (PC 461,56), Dompna N’Almucs, si·us plages (PC 20,2) e Na Carenza al bèl còrs avenenz (PC 12,1). En todas elas recórrese como tema principal ao consello amoroso, xa sexa ofrecido por parte dunha dama experimentada a unha moza carente de experiencia, ou ben por unha intermediaria allea á relación amorosa.