
Programa de Doutoramento en Estudos Medievais
Competencias, capacidades e destrezas
Competencias básicas
- CB11 – Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con ese campo.
- CB12 – Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
- CB13 – Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
- CB14 – Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- CB15 – Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
- CB16 – Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidades e destrezas persoais
- CA01 – Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
- CA02 – Encontrar preguntas-chave que hai que responder para resolver un problema complexo.
- CA03 – Deseñar, crear, desenvolver e emprender novos e innovadores proxectos no seu ámbito de coñecemento.
- CA04 – Traballar tanto en equipo coma de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
- CA05 – Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
- CA06 – Criticar e defender solucións intelectualmente.
Outras competencias
-
CG01 – Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito dos estudos medievais desde unha perspectiva pluridisciplinar.
CG02 – Capacidade para comunicar e debater sobre a investigación realizada nos encontros científicos nacionais e internacionais da especialidade.
CG03 – Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados da investigación acadados nos foros científicos nacionais e internacionais do ámbito de coñecemento do Programa.