Ir o contido principal

Visados, tarxetas sanitarias e seguros médicos

Os estudantes que cursen estudos na Universidade de Santiago de Compostela deberán estar amparados por un seguro, calquera que sexa o tipo de estudos ou a modalidade de matrícula. No caso de que non estean no ámbito de protección do seguro escolar do INSS, deberán subscribir un seguro de accidentes e asistencia en viaxe que cubra os riscos derivados da súa actividade académica.

Seguro escolar (menores de 28 anos)

Protexe aos estudantes menores de 28 anos, matriculados en estudos universitarios oficiais, contra o accidente escolar, a enfermidade ou o infortunio familiar, outorgándolles prestacións médicas, farmacéuticas e económicas, segundo o caso. Tamén serán beneficiarios os estudantes nacionais da Unión Europea (UE), do Espazo Económico Europeo e os estranxeiros con residencia legal en España que teñan aboada a cuota correspondente.

Información:

Instituto Nacional da Seguridade Social: 901 16 65 65 - 881 90 94 67

Sede en Santiago: C/ Carlos Briones Varela s/n. Tfno: 981 55 31 50; Fax: 981 55 31 55
Sede en Lugo: Ronda Músico Xosé Castiñeira, nº 26. Tfno.: 982 29 33 00

Seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe (maiores de 28 anos e outros colectivos)

Deberán subscribir este seguro, ademais dos alumnos maiores de 28 anos, aqueles que cursen estudos no marco de convenios ou programas de intercambio interuniversitario, aínda que estean o ámbito de protección do seguro escolar do INSS.

Tamén deberán subscribir este seguro os estudantes doutras universidades ou institucións educativas que se incorporen a esta universidade para cursar estudos no marco de convenio ou programas de intercambio interuniversitario.

Este seguro, dará cobertura a todos os riscos por accidente e outras continxencias derivadas, directamente ou indirectamente, da actividade académica dos estudantes. Os riscos cubertos e as prestacións son as que figuran na póliza da entidade aseguradora.

SEGURO DE ASISTENCIA-ONCAMPUS ESTUDIA CURSO 2024/25

Información:

Sección de Patrimonio da USC
Casa da Balconada. Rúa Nova, 6
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 81 12 58 – 881 81 12 59
Correo electrónico: patrimonio [at] usc.gal (patrimonio[at]usc[dot]gal) 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2024.