Ir o contido principal

Servizo de Normalización Lingüística

Servizo de Normalización Lingüística

Que servizos ofrece ao estudantado?

  • Formación e asesoramento en lingua galega
  • Formación en habilidades comunicativas
  • Posibilidade de participar en actividades de promoción do uso do galego
  • Información sobre novidades relacionadas co galego na USC, a través da web ou das nosas redes sociais

Como podo contactar co Servizo de Normalización Lingüística?

snlusc [at] usc.gal (snlusc[at]usc[dot]gal)
Teléfono  (+34) 8818 14490

snl_lugo [at] usc.gal (snl_lugo[at]usc[dot]gal)
Teléfono: (+34) 9828 23582

Onde está situado/a no campus?

Casa dos Catedráticos
Avda. das Ciencias núm. 6, 1º esqda.
Campus Sur 15782 Santiago de Compostela

Área de servizos administrativos. Biblioteca Intercentros
Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n Campus universitario 27002 Lugo

Que actividades/ programas podo solicitar?

  1. Curso de habilidades comunicativas (info)
  2. Curso de lingua galega para non galegofalantes [en colaboración co Centro de Linguas Modernas] (info)
  3. Premios á calidade lingüística (dos traballos académicos de curso, TFG e TFM)
  4. Actividades das comisións de normalización lingüística de centros (concursos, campañas, xornadas, debates...)

Cando podo solicitalos?

  1. 1º trimestre do curso 22-23
  2. Setembro de 2022
  3. Ata o final do curso 22-23
  4. Consultar en cada centro a información correspondente á súa comisión de normalización

Como podo solicitalos?

  1. Recomendable competencia en lingua galega equivalente ao Celga 4
  2. Só para aquel alumnado que acredite que non cursou en Galicia o ensino secundario
  3. Alumnado que elabore traballos académicos de curso, TFG ou TFM en galego
  4. Consultar en cada centro a información correspondente á súa comisión de normalización

Onde podo solicitalos?

  1. A través da Secretaría Virtual do alumnado ou desta páxina.
  2. A través da páxina do Centro de Linguas Modernas.
  3. A través da páxina do Servizo de Normalización Lingüística
  4. A través da páxina do Servizo de Normalización Lingüística