Que é?
Un evento que quere divulgar o traballo que desenvolven as investigadoras e investigadores do Campus Terra, e potenciar o uso do galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.
En que consiste?
Nunhas sesións de divulgación científica, que este ano estruturamos en tres xornadas temáticas, nas que se combinaron as presentacións breves (10 minutos) sobre investigacións en marcha con charlas divulgativas máis longas (+/- 30 minutos) dedicadas a temas de actualidade relacionados co ámbito temático que centra cada unha das xornadas.
Cando se celebrou?
As tres sesións temáticas desenvolvéronse no Auditorio da Casa do Saber (Vicerreitoría do Campus de Lugo) en tres xoves sucesivos do mes de novembro a partir das 19 horas.
Recoñecementos
A participación en DivulgaTerra foi recoñecida cun diploma, expedido polo Campus Terra e polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ademais, un resumo escrito de cada unha das intervencións publicouse nun libro de resumos, editado coa colaboración da Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra.
E por último, as intervencións orais graváronse en vídeo para seren difundidas posteriormente a través das redes sociais do Campus Terra.
"Microtomografía computerizada. Un escáner microscópico"
"Infección por Rickettsia spp. en carrachas recollidas en Galicia"
"Parasitacións no gando vacún en Ordes, Arzúa e Terra de Melide"
"O salmón como batea do mexillón de río"
""Metais pesados: Suas concentrações queijos artesanais da bacia leiteira do Agreste Pernambucano e dos estabelecimentos comerciais nos mercados públicos do Recife-PE, Brasil. ""
"Anatomía do sexto sentido"
"Un pasiño máis na loita contra o alzhéimer"
"Como vai afectar o cambio climático aos carballos"
"Modelagem do comportamento biomecânico de árvores"
"Que é iso da comunicación química"
"Microondas: quentando desde dentro"
"Vespa velutina en Lugo: conciencia con ciencia"
"Custos da loita contra a vespa velutina"
"Innovación, sistemas agroforestais e incendios"
"O século XIX na Catedral de Lugo"
"Willkommen bei den Hartmanns: unha reflexión sobre a situación dos migrantes na actualidade"
"Análise dos sistemas de informação territorial em diferentes contextos e suas contribuições na gestão do desenvolvimento rural"
"Innovación na antroponimia: impacto e vías de introdución de novos nomes no sur lucense (s. XVIII-XIX)"
"Percepção e adaptação de agricultores familiares às mudanças climáticas no Município de Baixa Grande-Bahia-Brasil"
"Un delito de calumnias. Proceso contra o escritor Manuel María"
"Voces ledas: achegando a educación vocal e o canto a escolares"
"Voces ledas: achegando a educación vocal e o canto a escolares"
"A historia escrita nos aneis das árbores"
"Unha visión do Pórtico da Gloria despois da restauración"