13.06.2024 | 12.00h
Organizado por PEMADE

O curso de formación específica da USC no Campus de Lugo ‘Cálculo de estruturas de madeira 2024’ bota a andar este xoves 13, a partir das 12.00 horas, nunha sesión que se desenvolverá no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (EPS) de Enxeñaría do Campus Terra. Intervirán Rosa Romero, directora do centro, Jacobo Aboal, director da Axencia Galega da Industria Forestal, e Manuel Guaita, director do curso.
Esta é unha actividade formativa presencial, dotada de 120 horas de formación, e organizada e impartida pola Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) no Campus de Lugo, dirixida polo profesor Guaita.