Ir o contido principal

Cerimonia de entrega do XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Venres, 28 de febreiro, ás 20.00 horas

Auditorio da Facultade de Veterinaria

O presidente de Asoporcel, José Barreira Alonso, recollerá o galardón, dotado de 10.000 euros e placa conmemorativa, nun acto público no que intervirán o reitor da USC e o presidente da Xunta de Galicia

Nogueira, Rodríguez, López, Carracedo e Valcárcel, no fallo do XX Premio Aresa
Nogueira, Rodríguez, López, Carracedo e Valcárcel, no fallo do XX Premio Aresa

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participarán este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, na cerimonia de entrega do XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un acto público no que tamén intervirán o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira García; o catedrático de Medicina Legal da USC e experto internacional en Xenética, Ángel Carracedo Álvarez, e a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel.

O presidente da Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel), José Barreira Alonso, será o encargado de recoller o galardón outorgado polo grupo Aresa e a USC, un premio que inclúe unha gratificación económica de 10.000 euros ademais de placa conmemorativa, no transcurso dunha sesión durante a que Ángel Carracedo ofrecerá a conferencia ‘A cooevolución dos humanos e dos animais’

A cerimonia de entrega do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural congregará este venres na Facultade de Veterinaria de Lugo a un nutrido grupo de representantes políticos, ademais de persoeiros dos eidos económico, social e cultural, produtores e técnicos do Craega, así como clientes e provedores do grupo empresarial Aresa.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2022.