Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Curso práctico de monitorización de coberturas forestales mediante Sentinel-2

06.05.2025-08.05.2025 | 16.00h-19.00h

Aula de Informática EPSE

Organizador: Escola Politécnica Superior

O curso, impartido na EPS de Enxeñaría, céntrase en aspectos prácticos para o emprego de Sentinel-2 para o mapeado de cobertura terrestre e detección de cambios.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

O curso, impartido pola investigadora Laura Alonso Martínez e coordinado polo profesor Juan Gabriel Álvarez González, ten como obxectivo coñecer, comprender e saber aplicar os principios de procesamento de datos Sentinel-2 para a monitorización dos recursos forestais mediante a creación de mapas de coberturas e a execución de procesos automáticos de detección de cambios e aumentar a capacidade de interpretación e posterior aplicación de mapas obtidos a partir de imaxes Sentinel-2.

O alumnado participante resolverá un mínimo dun caso práctico por sesión mediante traballo autónomo supervisado.

Programa do curso: 

  • Martes 6 de maio

    16:00-16:30. T1. Introdución á teledetección e as imaxes multiespectrais.
    16:30-18:30. P1. Descarga e lectura de imaxes Sentinel-2.
    18:30-19:00. T2. Principios da clasificación de imaxes satelitales.
    19:00-20:00. P2. Xeración de datos de adestramento.

  • Mércores 7 de maio

    16:00-16:30. T3. Xeración e verificación de mapas de coberturas. 
    16:30-18:00. P3. Xeración e verificación de mapas de coberturas. 
    18:00-19:00. P4. Consideracións sobre a comparación de mapas sucesivos para a monitorización de coberturas.
    19:00-20:00.T4. Mapas de coberturas e cambios non contexto do Inventario Forestal Continúo de Galicia (IFCG).

  • Xoves 8 de maio

    16:00-16:30. T5. Detección de cambios mediante series temporais de índices espectrais..
    16:30-19.00. P5. Elaboración e análise de series temporais de índices espectrais.

As persoas interesadas en matricularse neste curso poden inscribirse a través da seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2025.