Ir o contido principal

Mesa redonda ‘Mulleres bravas. Construímos xuntas’

15.10.2024 | 11.00h

Co gallo do Día Internacional das Mulleres Rurais

Detalle do cartel
Detalle do cartel

A conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais que ten lugar cada 15 de outubro desenvólvese este ano na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC (EPSE) cunha mesa redonda sobre “mulleres bravas defensoras da terra en Honduras e Perú”, tal e como apuntan dende a organización do evento.

O acto titulado ‘Mulleres bravas. Construímos xuntas’ que comezará ás 11.00 horas, na Aula 6, contará coas intervencións de Ana Francisca Sánchez, labrega e lideresa comunitaria en Honduras; Nancy Yaneth Escalante, labrega e tamén lideresa comunitaria en Honduras; e Yanett Medrano Valdez, educadora popular comprometida coas loitas das mulleres Aymaras e Quechuas en Perú.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2024.