Ir o contido principal

Proxección do documental 'Vidas renovables. Natureza ou miseria'

31.10.2024 | 11.00h
Detalle do cartel do documental
Detalle do cartel do documental

O documental Vidas renovables. Natureza ou miseria proxectarase o 31 de outubro, ás 11.00 horas, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC (EPSE). A presentación do filme correrá a cargo do seu director Francisco J. Vaquero. O acto de preestrea é de acceso libre ata completar a capacidade do espazo. A longametraxe convídanos a reflexionar sobre se a transición ecolóxica (ou transición enerxética) que se está levando a cabo en España é realmente ecolóxica, tal e como afirman as administracións públicas e os principais grupos ecoloxistas. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2024.