Ir o contido principal

Segunda sesión do DivúlgaT

05.12.2024 | 19.30h

O Vello Cárcere
Lugo

A través de charlas divulgativas duns dez minutos de duración, as persoas participantes relatarán algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo

Cartel do certame
Cartel do certame

O certame de divulgación científica DivúlgaT regresa coa súa novena edición, da man da asociación de persoal investigador Agromar. Este evento de divulgación científica reúne cada ano especialistas e público en xeral que queira achegarse ao coñecemento científico de forma amena e accesible. Este evento quere amosar o traballo que se desenvolve no Campus de Lugo e potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación do coñecemento.

A través de charlas divulgativas duns dez minutos de duración, as persoas participantes relatarán algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo. As charlas terán lugar no Vello Cárcere de Lugo, nun evento que contará coa asistencia do vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, a partir das 19.30 horas.  

O xoves 5 de decembro será a quenda de Adrián Casanova Chiclana con ‘Entre o esquecemento e a area; xenómica da conservación da camariña, arbusto endémico da Península Ibérica’, de Pedro Blanco Valcárcel con ‘DOILi: un software automático de deseño de infraestruturas lineais’,  Gonzalo Pérez de Lis Castro con ‘Árbores baixo presión’,  Guadalupe Vila Vázquez con ‘Benestar como estratexia gañadora’, Antonio Moreno Robles con ‘Biogas e fertilizantes’ e  Nicolás Mejuto Vázquez con ‘Onde está a Piñeira?’. 

A asistencia é libre e de balde pero as persoas que non poidan asistir poderán seguir o evento en directo a través da canle de YouTube oficial da USC. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2024.