Ir o contido principal

XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro

14/11/2024 - 15/11/2024
Imaxe de arquivo da Granxa Experimental. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Granxa Experimental. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Veterinaria acolle do 14 ao 15 de novembro as XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas pola cooperativa Seragro. A sesión inaugural terá lugar o día 14, ás 10.30 horas. O programa contará cun extenso e variado calendario de actividades e relatorios coa presenza de especialistas, tanto a nivel galego como internacional. Entre os participantes destaca Francisco Peñagaricano, docente asociado no departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin-Madison. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2024.