Ir o contido principal

Área de Valorización, Transferencia e Empredemento

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento encárgase da xestión integral do proceso de transferencia dos resultados da investigación, así como da difusión e promoción da cultura emprendedora no seo da comunidade universitaria.

Pemade

As súas funcións son as seguintes:

  • Identificar e rexistrar os resultados de investigación transferibles.

  • Avaliar o potencial comercial e a utilidade social dos resultados de investigación.

  • Protexer os resultados de investigación e xestionar a súa protección mediante patentes e outras formas de protección.

  • Propor e dinamizar procesos de valorización e maduración dos resultados de investigación.

  • Negociar, xestionar e facer o seguimento dos contratos de transferencia de resultados de investigación.

  • Apoiar e asesorar as iniciativas de creación de empresas baseadas en resultados de investigación (spin-offs).

  • Fomentar e difundir a transferencia de coñecemento e o emprendemento dentro da comunidade universitaria.

  • Proporcionar formación relacionada co proceso de transferencia e emprendemento.

 

 

Programas
 

Acelerador de transferencia

Destinatarios: grupos de investigación.

Obxectivo do programa: a maduración de resultados de investigación que faciliten a súa transferencia ao contorno social e económico.
 

Programa ARGOS

Destinatarios: estudantes dos últimos anos de licenciatura ou grao, máster, posgrao ou doutoramento e persoal dos grupos de investigación.

Obxecto do programa: a través do traballo en equipo e do aprender facendo, acompáñase aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio e avalíase a súa capacidade para chegar a un proxecto convincente.
 

Explorer

Destinatarios: rapaces e rapazas entre 18 e 31 anos.

Obxecto do programa: ofrece apoio, formación e asesoramento durante un período de cinco meses para elaborar plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.

 

Concurso de Ideas e Proxectos Empresariais Innovadores

Destinatarios: estudantes, licenciados/as ou investigadores/as.

Obxecto do concurso: impulsar a creación de empresas innovadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

Paralelamente, a oficina mantén colaboración con outras entidades e organismos do ecosistema emprendedor: EOI, Fundación Bankinter, Galicia Open Future de Telefónica, RedEmprendia.
 

 

 

Empresas de base tecnolóxica - spin-offs


Spin-offs creadas no Campus Terra por tipo de actividade:

 

Nome da empresa Ano Actividade
GIMENA (Xestión Integral do Medio Natural) 2002 Enxeñería, formación e divulgación medioambiental
Pexego 2005 Novas tecnoloxías da información e comunicación
Quescrem 2006 Elaboración de produtos lácteos
Laboratorio CIFGA 2007 Detección de toxinas mariñas
AMSlab 2008 Laboratorio de ensaios químicos e físicos
LHICA 2008 Solucións agroalimentarias
Geneaqua 2012 Servizos de xenética para as empresas acuícolas
VSonCloud 2013 Desenvolvemento de software e metodoloxías para toma de decisións
TasteLab 2015 Análise sensorial de alimentos
3edata 2016 Xestión de proxectos agroforestais e medioambientais
iBoneLab 2020 Estudo da integración de biomateriais nos tecidos vivos

Persoal

Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Patricia González Alonso

Teléfonos
982822854
Email
patricia.gonzalez@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.08.2025.