Ir o contido principal

O Campus Terra da USC estreita lazos con Kazakhstán

El Campus Terra de la USC estrecha lazos con Kazakstán
El Campus Terra de la USC estrecha lazos con Kazakstán
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e a súa adxunta para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, recibiron este martes no Campus Terra a...
Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e a súa adxunta para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, recibiron este martes no Campus Terra a visita dun representante do Instituto de Desenvolvemento da Industria de Kazakhstán e de tres integrantes do Clúster do Leite de Akmola Oblast tamén pertencente a este país transcontinental, no marco dun proxecto internacional orientado a implantar a política de clúster nesta república e que conta con financiamento do Banco Mundial.

 

A comitiva chegou a Lugo no marco dunha viaxe de estudo na que aspiran a reunirse con representantes dos principais clústeres e empresas europeas para obter información sobre o seu traballo e procesos de internacionalización, nun contexto de desenvolvemento de posibles relacións de cooperación para o futuro. Neste senso, trala recepción na vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a delegación realizou unha visita á Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias e a spin off TasteLab, acompañada polo xestor de Innovación e Transferencia do Campus Terra, Roberto Lamas Pérez.

 

A experta executiva do Instituto de Desenvolvemento da Industria de Kazakhstán, Gulnara Saukenova, así como a directora da empresa ‘CapitalNaturProduct’, Mariya Novikova, o director financeiro de ‘Gormolzavod’, Aslan Kurmangaliyev, e o director da empresa ‘Esil Butter Factory’, Valeriy Khainakov, compartiron deste xeito os seus coñecementos sobre o sector lácteo, así como os proxectos de desenvolvemento  competitivo que levan a cabo a fin de establecer posibles vínculos comerciais para o futuro. A comitiva estivo acompañada polo director de Competitividade Empresarial da consultora internacional especializada en políticas de innovación Infyde, Carlos Díez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.