Ir o contido principal

O Campus Terra ofrece este xoves na Casa do Saber unha recepción ao novo estudantado internacional

El Campus Terra ofrece este jueves en la Casa do Saber una recepción al nuevo estudiantado internacional
El Campus Terra ofrece este jueves en la Casa do Saber una recepción al nuevo estudiantado internacional
O Campus Terra da USC ofrecerá este xoves, a partir das 17.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, un acto de benvida aos novos estudantes internacionais que formalizaron a súa inscrición este curso...
Lugo

O Campus Terra da USC ofrecerá este xoves, a partir das 17.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, un acto de benvida aos novos estudantes internacionais que formalizaron a súa inscrición este curso académico nalgúns dos títulos de grao e posgrao ofertados pola USC.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, actuará como anfitrión deste grupo de estudantes foráneos, no marco dunha sesión na que tamén intervirán a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado provincial responsable da área de Réxime Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos.

 

Unha proxección informativa sobre o Campus Terra da USC, a presentación dos diversos servizos universitarios dos que poden gozar os novos estudantes durante a súa estadía en Lugo e a visita á Domus do Mitreo completan o programa dunha xornada de benvida, que tamén inclúe visitas institucionais ás sedes do Concello e a Deputación Provincial de Lugo, nas que o alumnado estranxeiro estará acompañado, entre outros, da vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.