Ir o contido principal

O Departamento de Enxeñaría Agroforestal do Campus Terra, Premio de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

El Departamento de Ingeniería Agroforestal del Campus Terra, Premio de Transferencia de Tecnología en Galicia
El Departamento de Ingeniería Agroforestal del Campus Terra, Premio de Transferencia de Tecnología en Galicia
Os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, outorgados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) galardoaron na categoría de mellor traballo...
Lugo

Os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, outorgados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) galardoaron na categoría de mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada o departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC en colaboración co enxeñeiro de industrias alimentarias Hiram Varela.

 

O proxecto premiado pon en valor un residuo gandeiro, o sangue procedente dos matadoiros, a través da súa transformación en fariña de alta calidade cun amplo abano de usos que van dende a fabricación de pensos para animais, fertilizantes agrícolas e aditivos alimentarios ata cosméticos, pegamentos, extintores antiincendios e emulsións asfálticas. O premio está dotado con 6.000 euros e unha axuda doutros 4.000 euros para a formación dun dos investigadores.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.