Ir o contido principal

O Espazo de Cine da USC amplía ata o 17 de outubro a inscrición no módulo sobre escrita de guión impartido por Pepe Coira

El Espacio de Cine de la USC amplía hasta el 17 de octubre la inscripción en el módulo sobre escritura de guion impartido por Pepe Coira
El Espacio de Cine de la USC amplía hasta el 17 de octubre la inscripción en el módulo sobre escritura de guion impartido por Pepe Coira
O Espazo de Cine da USC, unha iniciativa posta en marcha pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, a través da a Área de Cultura do Campus Terra para formar, crear e...
Lugo

O Espazo de Cine da USC, unha iniciativa posta en marcha pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, a través da a Área de Cultura do Campus Terra para formar, crear e producir no ámbito do audiovisual, mantén aberto ata o vindeiro martes 17 de outubro o prazo de inscrición no primeiro dos módulos formativos programados este curso na sede universitaria luguesa e que se desenvolve baixo o título ‘O traballo de escribir un guión’. Este módulo formativo reserva un 30% das prazas a persoas alleas á comunidade universitaria.

 

O produtor cinematográfico e escritor de guións lugués Pepe Coira será o encargado de impartir o módulo ‘ O traballo de escribir un guión’, un curso que se desenvolverá en quenda de tarde os venres comprendidos entre o 20 de outubro e o 15 de decembro na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Este módulo, estruturado en 25 horas, pretende dar resposta a tres cuestións básicas: Para que serve un guión? De que está feito? E como é o traballo dun escritor de guións? As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición neste curso ata o 17 de outubro.

 

Os/as interesados en participar na programación formativa do Espazo de Cine da USC poden formalizar xa a súa inscrición nas dependencias da Oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo ou a través do enderezo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). Tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 982 821 513.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.