Ir o contido principal

XuvenCiencia oferta prazas na Universidade Júnior do Porto

XuvenCiencia oferta plazas en la Universidad Junior de Oporto
XuvenCiencia oferta plazas en la Universidad Junior de Oporto
O grupo XuvenCiencia do Campus Terra da USC continúa este ano a súa colaboración coa Universidade Júnior do Porto a través dun intercambio de alumnado no que cinco alumnas/os portuguesas/es...
Lugo

O grupo XuvenCiencia do Campus Terra da USC continúa este ano a súa colaboración coa Universidade Júnior do Porto a través dun intercambio de alumnado no que cinco alumnas/os portuguesas/es participarán no Campus de Verán XuvenCiencia 2018 e cinco españolas/ois participarán na Universidade Júnior do Porto. 

 

A Universidade Júnior do Porto, nada no ano 2005, é unha das maiores e máis prestixiosas universidades para nenos e mozos de Europa, con máis de 6000 participantes cada ano e centos de proxectos en todas as áreas de coñecemento. 

 

Todo o alumnado preinscrito no Campus de Verán XuvenCiencia 2018, matriculado ou non, poderá optar de forma gratuíta a unha das cinco prazas patrocinadas por XuvenCiencia na Universidade Júnior do Porto na semana do 23 ao 27 de xullo de 2018. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ata o xoves 5 de xullo ás 24:00h.

 

As 5 prazas patrocinadas por XuvenCiencia sortearanse na tarde do 6 de xullo de 2018, durante a entrega de premios do Campus de Verán XuvenCiencia. A organización contactará coas gañadoras/es por teléfono ou correo electrónico.

 

Prazas ofertadas:

Período: 23-27 de xullo de 2018 ( con aloxamento do 22 ao 27 de xullo incluído)

Horario: 9:30 - 18:00 h (con monitores fóra deste horario) 

Programa: Verão em Projeto (para 4º ESO e 1º BAC)

Proxectos que se poden realizar: https://universidadejunior.up.pt/programas.php?p=verao-em-projeto-9-10-e-11)  

Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/tCrW3M8i41AH9Ihk1

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.