Comunicación efectiva no ámbito sanitario, chave para a mellora da calidade asistencial e da seguridade do paciente.
Autoría
A.M.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)

Data da defensa
15.09.2025 15:00
15.09.2025 15:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A comunicación é esencial na vida diaria e no ámbito laboral, especialmente en enfermaría, onde inflúe tanto no trato co paciente como no traballo en equipo. Unha comunicación eficaz mellora o clima laboral e a calidade asistencial, mentres que a súa ausencia pode xerar conflitos, estrés e favorecer o síndrome de Burnout. OBXECTIVOS: O obxectivo xeral deste traballo é analizar como inflúen as relacións e a comunicación entre profesionais sanitarios na calidade da atención e na adherencia ao tratamento. Os obxectivos específicos inclúen valorar a calidade da comunicación interprofesional, identificar factores que facilitan ou dificultan esta comunicación, e propoñer estratexias para mellorar a coordinación e o traballo en equipo, co fin de optimizar a atención sanitaria. METODOLOXÍA: O presente traballo combina un deseño metodolóxico mixto: por unha banda, realizouse unha revisión bibliográfica sobre a comunicación interprofesional, o síndrome de burnout e o liderazgo no ámbito sanitario; por outra, levouse a cabo unha investigación cuantitativa mediante unha enquisa a profesionais da saúde. RESULTADOS E DISCUSIÓN: Os resultados da enquisa reflicten unha percepción xeral positiva sobre a comunicación interprofesional, pero tamén destacan limitacións como a falta de tempo, formación e coordinación entre profesionais e unidades. Ademais, identifícase a necesidade de implicar máis ao paciente e fortalecer a cultura de seguridade mediante unha comunicación efectiva. A discusión confirma estas carencias ao comparar coa bibliografía, subliñando a importancia de mellorar as habilidades comunicativas e o traballo en equipo para garantir unha atención segura e de calidade. CONCLUSIÓN: Este traballo demostra que a comunicación entre profesionais sanitarios inflúe directamente na calidade asistencial. Aínda que existen boas relacións dentro dos equipos, persisten barreiras como xerarquías e falta de formación. Mellorar a comunicación favorece a coordinación, reduce erros e humaniza a atención. Proponse estratexias como a escoita activa, o respecto e un liderazgo máis colaborativo.

Dirección
Pérez Taboada, María Jesús (Titoría)
Pérez Taboada, María Jesús (Titoría)
Tribunal
Ferreira Díaz, María José (Presidente/a)
Rivas Fernández, Inés (Secretario/a)
Rodríguez Pérez, Isidoro (Vogal)

Estudo integral dos programas de educación sexual en poboación xove orientado a promover un desenvolvemento óptimo da saúde sexual.
Autoría
L.R.O.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
L.R.O.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
15.09.2025 15:00
15.09.2025 15:00
Resumo
O tema central do presente traballo enfócase na análise dos programas de educación sexual implementados en España durante os últimos anos. O propósito principal é ofrecer unha visión crítica e global sobre a evolución, o alcance e a efectividade de estas iniciativas, tanto no eido educativo como no sanitario, valorando o seu impacto na formación da mocidade. Para isto, en primeiro lugar, lévase a cabo unha revisión bibliográfica que permite definir o concepto de saúde sexual dende unha perspectiva integral, abordando, non só os aspectos biolóxicos, senon tamén os psicolóxicos, sociais e culturais. Esta revisión inclúe tamén unha análise da lexislación vixente relacionada coa educación sexual, unha revisión histórica sobre o seu desenvolvemento dentro do sistema educativo español e unha exposición dos modelos teóricos e programas aplicados ao longo dos últimos anos. O estudo incorpora unha parte empírica dividida en dous enfoques complementarios. Por unha banda, desenvolveuse un estudo cuantitativo mediante a aplicación dunha enquisa á poboación xuvenil de diferentes idades e entornos educativos. Esta ferramenta busca recoller información sobre o seu nivel de coñecementos, actitudes e percepcións en relación coa saúde sexual, así como a súa valoración sobre o papel que desempeñan os centros educativos e sanitarios nesta formación. Por outra banda, realizouse un estudo cualitativo a través dunha entrevista ao profesor de Psicoloxía Javier Gómez Zapiain, experto en sexualidade humana. O seu testemuño ofrece unha visión profesional sobre a evolución dos programas de educación sexual nos últimos 25 anos, sinalando as súas fortalezas, limitacións e posibles áreas de mellora. Ambos estudos permiten contrastar os obxectivos iniciais do traballo. A fin última é valorar a eficacia dos programas existentes, analizar o papel dos profesionais implicados, especialmente o do persoal de enfermaría, e reflexionar sobre a necesidade de introducir novos enfoques ou criterios que contribúan a unha mellora substancial na educación sexual en España.

Rodríguez Ledo, María del Pilar (Titoría)
Rodríguez Ledo, María del Pilar (Titoría)
Tribunal
Ferreira Díaz, María José (Presidente/a)
Rivas Fernández, Inés (Secretario/a)
Rodríguez Pérez, Isidoro (Vogal)
Ferreira Díaz, María José (Presidente/a)
Rivas Fernández, Inés (Secretario/a)
Rodríguez Pérez, Isidoro (Vogal)
Enfermería en Urxencias: a importancia da comunicación terapéutica
Autoría
M.S.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
M.S.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
15.09.2025 15:00
15.09.2025 15:00
Resumo
As urxencias hospitalarias son un servizo cada vez máis demandado en España. O Ministerio de Sanidade publicou no seu último informe que máis de 31 millóns de pacientes foron atendidos nesta unidade no ano 20221. A pesar de que estas cifras poidan indicar o contrario, o certo é que os pacientes que acoden ao servizo hospitalario perciben a atención como hostil, ameazante ou pouco confortable2. A isto engádeselle que en moitas ocasións non é posible o acompañamento familiar, e que os pacientes se atopan nun ambiente descoñecido, lonxe da súa zona de confort, onde é fácil que sentan vulnerables2,3. Isto dá como resultado un factor de estrés importante engadido ao do propio motivo da consulta sanitaria. Entre todos estes factores, estudos identifican a comunicación entre o persoal sanitario e o paciente como o máis estresante, podendo chegar mesmo a producir ansiedade2. Ademais, hai que ter en conta que non en todas as ocasións será posible a comunicación verbal debido ao estado do paciente, polo que será necesario outro tipo de comunicación e recursos4. Existe un déficit de comunicación entre o profesional sanitario e o usuario, de feito, demostrouse que entre o 30 e o 50% dos enfermos non entenden o tratamento indicado, e os pacientes entenden menos do 50% do que lle comunica o profesional3. En ocasións, os servizos de urxencias presentan un ambiente que dificulta esta interacción, debido a múltiples factores, como poden ser a elevada carga asistencial, a atención simultánea de varios enfermos, a falta do persoal sanitario, ou a imposibilidade de prever algún diagnóstico2,5. Algúns estudos revelan que a interacción enfermeira-paciente adoita ter unha duración de entre un e cinco minutos na maioría dos casos4. Numerosas investigacións poñen de manifesto que unha comunicación eficaz entre o enfermo e o profesional sanitario aumenta a calidade asistencial, tanto para o paciente como para os seus familiares3. Todo iso contribúe a unha mellor recuperación e prevención, ademais dunha maior adherencia terapéutica, estando os pacientes máis satisfeitos co seu tratamento e obtendo resultados centrados no seu propio benestar3,6. Con todo, actualmente non existe unha formación adecuada para os profesionais nin unha guía básica de actuación baseada na evidencia na que poder apoiarse para a práctica clínica. Teniendo en cuenta a gran demanda que ten esta unidade, considero relevante estudar este aspecto dos coidados de Enfermería para mellorar a calidade asistencial prestada e mellorar a humanización dos servizos ofrecidos nos hospitais.

Muinelo Lorenzo, Manuel (Titoría)