Impacto do teletraballo desde o punto de vista da psicoloxía na saúde laboral
Autoría
M.A.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)

Data da defensa
18.09.2025 17:00
18.09.2025 17:00
Resumo
Nos últimos anos, o teletraballo experimentou un crecemento notable impulsado tanto polas novas tecnoloxías da información e comunicación como pola pandemia da COVID-19. En España, a súa regulación formalízase coa Lei 10/2021, que establece as bases para esta modalidade laboral. O teletraballo veu para quedar e é obvio que achega beneficios para empresas e persoas traballadoras, tales coma a maior flexibilidade, a facilidade para a conciliación da vida laboral e familiar ou a redución dos desprazamentos. Porén, esta modalidade de traballo pode traer consecuencias negativas para a saúde das persoas, tales coma o illamento social, a dificultade para separar os espazos laborais dos persoais e a sobrecarga de información, así como a perda de habilidades sociais. Todo isto pode levar ao aumento de patoloxías coma o estrés, a ansiedade ou ao burnout. Estes factores afectan non só ao benestar individual, senón tamén ao funcionamento organizativo, polo que o teletraballo supón retos importantes para as empresas en materia de xestión da saúde laboral, atendendo especialmente aos riscos psicosociais. Así, este traballo aborda a análise destes riscos desde unha perspectiva integral da saúde, baseada en documentos técnicos do INSST e da normativa vixente, e propón medidas organizativas e preventivas para garantir un teletraballo sostible, que promova o benestar físico, psíquico e social do persoal.

Dirección
Hermo López, María Teresa (Titoría)
Hermo López, María Teresa (Titoría)
Tribunal
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Presidente/a)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Secretario/a)
NUÑEZ CORREDOIRA, GONZALO (Vogal)

A protección social das persoas traballadoras empregadas do fogar
Autoría
M.A.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.A.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 17:00
18.09.2025 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao examina a evolución e o estado actual da protección social das traballadoras domésticas en España, un colectivo historicamente invisible e desprotexido. O Traballo de Fin de Grao destaca a transición dun marco legal limitado a unha normativa que busca dignificar as súas condicións laborais e aliñalas progresivamente co sistema xeral da Seguridade Social.

Lamas Novo, Luis (Titoría)
Lamas Novo, Luis (Titoría)
Tribunal
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)

Liderazgo: organizacións saudables e resilientes
Autoría
P.C.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
P.C.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 18:00
18.09.2025 18:00
Resumo
Este traballo analiza, desde unha perspectiva teórica, a influencia do liderado transformacional, a confianza organizacional e o compromiso laboral na creación de organizacións saudables, utilizando o marco do modelo HERO (Organizacións Saudables e Resilientes). O modelo HERO, desenvolvido polo grupo WoNT da Universitat Jaume I, integra recursos organizacionais positivos, empregados sans e resultados organizacionais beneficiosos, promovendo un enfoque sistémico e preventivo na xestión do benestar laboral. A literatura revisada destaca que o liderado transformacional fomenta a confianza e o compromiso, elementos esenciais para un clima organizacional positivo e a saúde mental dos empregados. Ademais, as evidencias empíricas mostran que a confianza e o engagement median a relación entre o liderado e o rendemento, reforzando a utilidade do modelo HERO. A experiencia práctica do Grupo OTP exemplifica como a adopción destes principios mellora o clima laboral, o rendemento e a satisfacción dos empregados. Conclúese que o modelo HERO é unha ferramenta valiosa para comprender e promover contornos laborais saudables, aínda que se recomenda ampliar a investigación con metodoloxías lonxitudinais e enfoques intersectoriais para fortalecer a súa aplicabilidade. En definitiva, fomentar liderados positivos e culturas baseadas na confianza contribúe ao benestar e á sustentabilidade organizacional.

Díaz Alonso, Rosa (Titoría)
Díaz Alonso, Rosa (Titoría)
Tribunal
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Presidente/a)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Secretario/a)
NUÑEZ CORREDOIRA, GONZALO (Vogal)
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Presidente/a)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Secretario/a)
NUÑEZ CORREDOIRA, GONZALO (Vogal)
Os sindicatos no marco da negociación colectiva
Autoría
A.F.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
A.F.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 17:30
18.09.2025 17:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o papel dos sindicatos no marco da negociación colectiva en España, abordando a súa evolución histórica, fundamentos teóricos, regulación xurídica, estructura organizativa e o impacto nas relacións laborais. Dende a súa orixe no século XIX ata a súa consolidación no Estado social e democrático de dereito, o sindicalismo desempeñou un papel fundamental na defensa dos dereitos dos traballadores e na configuración dun modelo laboral máis xusto e equilibrado. A negociación colectiva presentase como un instrumento clave que permite canalizar as reivindicacións laborais a través do diálogo estructurado entre traballadores, empleadores e o Estado. O traballo tamén analiza os desafíos actuales que enfrentan os sindicatos, especialmente en relación ca precarización do emprego e o proceso de dixitalización. Finalmente, reflexionase sobre a necesidade de adaptación do sindicalismo aos cambios estructurais do mundo laboral contemporáneo, destacando a dixitalización coma unha vía estratéxica para fortalecer a súa lexitimidade e eficacia no século XXI.
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o papel dos sindicatos no marco da negociación colectiva en España, abordando a súa evolución histórica, fundamentos teóricos, regulación xurídica, estructura organizativa e o impacto nas relacións laborais. Dende a súa orixe no século XIX ata a súa consolidación no Estado social e democrático de dereito, o sindicalismo desempeñou un papel fundamental na defensa dos dereitos dos traballadores e na configuración dun modelo laboral máis xusto e equilibrado. A negociación colectiva presentase como un instrumento clave que permite canalizar as reivindicacións laborais a través do diálogo estructurado entre traballadores, empleadores e o Estado. O traballo tamén analiza os desafíos actuales que enfrentan os sindicatos, especialmente en relación ca precarización do emprego e o proceso de dixitalización. Finalmente, reflexionase sobre a necesidade de adaptación do sindicalismo aos cambios estructurais do mundo laboral contemporáneo, destacando a dixitalización coma unha vía estratéxica para fortalecer a súa lexitimidade e eficacia no século XXI.
Dirección
Lamas Novo, Luis (Titoría)
Lamas Novo, Luis (Titoría)
Tribunal
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)
Traballo autónomo: ¿Oportunidade o precariedade?
Autoría
A.R.I.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
A.R.I.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 18:00
18.09.2025 18:00
Resumo
A figura do traballador autónomo ultimamente parece estar imbuída dunha certa aura de recoñecemento social, especialmente por parte da propia administración, que parece interesada en promover esta posición mediante axudas e subvencións. O uso da figura do Traballador Economicamente Dependente, a miúdo realizado en fraude de lei, representa un preocupante e perigosa transferencia da relación laboral a unha relación mercantil, coa consecuente perda de dereitos laborais. Debemos lembrar que o uso desta forma de emprego debe reservarse para aqueles que desexen desenvolver un proxecto vital e profesional na procura dun beneficio lexítimo, e non como unha opción para auto empregarse unha forma na que a precariedade laboral non tarda en aparecer. España aínda non resolveu o problema de apoiar a súa estrutura económica nos sectores terciarios (turismo, finanzas e inmobles), que están moi expostos a altibaixos económicos cíclicos con consecuencias nefastas. Bótase en falta unha estratexia a longo prazo para promover un sector industrial sólido, que permita a creación dun ecosistema económico verdadeiramente estable e crecente, onde a iniciativa individual poida florecer baixo a influencia desta industria e xa non estea asociada ao despoboamento e á precariedade.

GARCIA ROJO, ANTONIO (Titoría)
GARCIA ROJO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)
O acoso laboral: marco legal en España e o seu reflexo na ficción literaria
Autoría
M.R.A.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.R.A.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 18:30
18.09.2025 18:30
Resumo
O acoso laboral é un fenómeno actual que non e doado de recoñecer, dado que se pode presentar de forma sutil e resulta difícil de evidenciar. Con todo, é fundamental previlo e tratalo, polas consecuencias que sofren as vítimas a nivel psicolóxico, físico, laboral e social. Este Traballo de Fin de Grao, ten como obxectivo analizar o acoso laboral desde unha perspectiva xurídica, no marco legal español, e literaria, a través da obra La mano del arquero de María Oruña. Así, tratase de visibilizar a importancia de poder identificar e, despois, previr esta forma de violencia.

Cobo Carrasco, María Mercedes (Titoría)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Titoría)
Tribunal
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)
Montes Rodríguez, Mercedes (Presidente/a)
DEVESA MACIÑEIRAS, MARIA (Secretario/a)
Baamonde Méndez, Josefina María (Vogal)
acoso psicolóxico no traballo: consecuencias e posibles estratexias de prevención
Autoría
M.S.M.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
M.S.M.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 17:30
18.09.2025 17:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao vai realizar unha análise do acoso laboral ou mobbing, o cal se entende como unha forma sistemática e prolongada de violencia psicolóxica na contorna profesional, que xera consecuencias graves na saúde das vítimas e o funcionamento das organizacións e o marco xurídico aplicable, revisando a normativa actual e a xurisprudencia relevante. Esta análise realízase a través das achegas principais de Leyman (1990) e Hirigoyen (199), os cales estudan as súas características, tipoloxías, fases de desenvolvemento e os posibles perfís que nos podemos atopar nas relacións entre agresor e vítima. Así mesmo, realizarase un exame dos factores organizativos que poden favorecer á aparición deste tipo de condutas, os seus efectos psicosociais (laborais e económicos), ademais de presentar as distintas ferramentas de avaliación e estratexias de prevención e intervención ao dispor das empresas co mero obxectivo de previr anticipadamente este tipo de acoso.
Este traballo de Fin de Grao vai realizar unha análise do acoso laboral ou mobbing, o cal se entende como unha forma sistemática e prolongada de violencia psicolóxica na contorna profesional, que xera consecuencias graves na saúde das vítimas e o funcionamento das organizacións e o marco xurídico aplicable, revisando a normativa actual e a xurisprudencia relevante. Esta análise realízase a través das achegas principais de Leyman (1990) e Hirigoyen (199), os cales estudan as súas características, tipoloxías, fases de desenvolvemento e os posibles perfís que nos podemos atopar nas relacións entre agresor e vítima. Así mesmo, realizarase un exame dos factores organizativos que poden favorecer á aparición deste tipo de condutas, os seus efectos psicosociais (laborais e económicos), ademais de presentar as distintas ferramentas de avaliación e estratexias de prevención e intervención ao dispor das empresas co mero obxectivo de previr anticipadamente este tipo de acoso.
Dirección
Hermo López, María Teresa (Titoría)
Hermo López, María Teresa (Titoría)
Tribunal
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Presidente/a)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Secretario/a)
NUÑEZ CORREDOIRA, GONZALO (Vogal)
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Presidente/a)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Secretario/a)
NUÑEZ CORREDOIRA, GONZALO (Vogal)
Cambios demográficos e a súa influencia no mercado laboral: o envellecemento da poboación e a forza do traballo
Autoría
A.V.C.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
A.V.C.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
18.09.2025 18:30
18.09.2025 18:30
Resumo
Nas últimas décadas, os cambios demográficos han cobrado unha crecente relevancia na análise económica e social, especialmente no contexto do mercado laboral. Este estudo céntrase no caso de España, onde o envellecemento da poboación, resultado do aumento da esperanza de vida e a diminución das taxas de natalidade, xerou transformacións profundas na estrutura da forza de traballo. Estas dinámicas expoñen desafíos significativos para a sustentabilidade do mercado laboral e a produtividade, o que converte este tema nun asunto de vital importancia para a política económica e social contemporánea. O traballo analiza a evolución dos cambios demográficos desde mediados do século XX, destacando fitos como as políticas de prexubilación e privatización de empresas nas décadas dos 80 e 90, que reconfiguraron o mercado laboral. Así mesmo, examínase o impacto da entrada de España na Unión Europea e como estes cambios influíron na composición e dinámica da forza de traballo. Os obxectivos principais desta investigación son: 1) analizar como o envellecemento da poboación afectou a estrutura e dinámica do mercado laboral en España; 2) avaliar o impacto das políticas laborais implementadas nas últimas décadas, como as prexubilacións e a privatización de empresas, na composición da forza de traballo; e 3) propoñer estratexias para adaptar o mercado laboral a unha poboación activa cada vez máis envellecida, fomentando a produtividade e a inclusión de traballadores maiores. A investigación desenvólvese a partir dunha revisión de literatura, a análise de políticas e unha reflexión crítica sobre un fenómeno estrutural (o envellecemento poboacional) e o seu impacto na dimensión do mercado laboral. Este enfoque enmárcase nunha metodoloxía cualitativa, descritiva e explicativa, de corte transversal. Este estudo busca contribuír ao debate académico e político sobre a adaptación do mercado laboral a unha forza de traballo envellecida. As conclusións apuntan á necesidade de políticas que fomenten a retención e capacitación de traballadores maiores, así como a creación de contornas laborais inclusivos que aproveiten a súa experiencia e coñecementos.

SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Titoría)
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Titoría)
Tribunal
SALAZAR TORRES, JACKILINE BRIGIDA (Presidente/a)
Cobo Carrasco, María Mercedes (Secretario/a)
Hermo López, María Teresa (Vogal)