O arraigo social e as persoas inmigrantes colombianas en Noia: un análise dende o Traballo Social.
Autoría
A.A.R.
Grao en Traballo Social
A.A.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 10:30
30.06.2025 10:30
Resumo
A migración existiu ao longo dos anos e na actualidade segue sendo un acontecemento significativo. Galicia foi afectada pola emigración anos atrás, pero hoxe en día experimentou un crecemento da poboación debido á chegada de inmigrantes. Existe un gran volume de persoas que se encontran en situación administrativa irregular e que posteriormente buscan regularizar a súa situación para poder alcanzar unha estabilidade no país de destino, neste caso España. Unha das opcións para esta regularización e unha das mais demandadas é a través do arraigo social. Este traballo de fin de grao é un proxecto de investigación cualitativa enfocado na profesión do Traballo Social, que pretende analizar o impacto que ten o arraigo social na vida das persoas inmigrantes, centrado no antes e despois da súa obtención. Lévase a cabo dende a perspectiva da poboación obxecto de estudo, que neste caso serán as persoas colombianas que solicitasen o informe de arraigo nos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Noia. Cabe destacar que a metodoloxía a utilizar neste proxecto é a cualitativa que levará a cabo mediante unha entrevista semiestructurada de maneira individual á poboación obxecto de estudo conseguindo deste modo unha análise das diferentes experiencias vividas dunha forma máis profunda, ademais das perspectivas de dita poboación co fin de construír coñecemento.

Dirección
VILAS CASTRO, XIANA (Titoría)
VILAS CASTRO, XIANA (Titoría)
Tribunal
VILAS CASTRO, XIANA (Titor do alumno)
VILAS CASTRO, XIANA (Titor do alumno)
Análise integrado do proceso de Post-institucionalización de menores en Galiza
Autoría
L.B.L.
Grao en Traballo Social
L.B.L.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de investigación pretende analizar e afondar na realidade dos menores tutelados, en acollida residencial, que ao chegar a unha determinada idade, entre os 16 e os 18 anos, vense obrigados a emanciparse, en moitas ocasións sen unha rede de apoio externa, e deben iniciar un proceso encamiñado á autonomía persoal e á inserción social e laboral. Preténdese coñecer que programas ou vías existen para acompañar ou dar protección durante este procedemento, facer unha análise sobre os recursos e a funcionalidade destes programas, coñecer o seu plantexamento, cales son os requisitos e os perfís das persoas beneficiarias destes servizos, desde cando existen e se realmente funcionan como un sistema de protección posterior ao recurso residencial que sexa axeitado, eficaz, inclusivo e adaptado ás distintas circunstancias persoais e perfís. Isto realizarase atendendo a unha metodoloxía mixta, examinando e contrastando información mediante a recollida de datos cuantitativos e entrevistas a distintos profesionais en materia de protección de menores e dos recursos de desinstitucionalización específicos do proceso de emancipación.

Facal Fondo, Teresa (Titoría)
Facal Fondo, Teresa (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Titor do alumno)
Facal Fondo, Teresa (Titor do alumno)
O ingreso mínimo vital e a Risga: a inclusión social dende a perspectiva de profesionais do municipio de Marín.
Autoría
C.F.B.L.
Grao en Traballo Social
C.F.B.L.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 17:00
30.06.2025 17:00
Resumo
O Ingreso Mínimo Vital como prestación social, apróbase no ano 2021 tras a pandemia Covid-19 a partir dunha Iniciativa Lexislativa Popular. Ata o momento, as rendas mínimas das Comunidades Autónomas supoñían o último elo do sistema de garantía de ingresos español, polo que a implementación deste ingreso de xestión estatal supón un fito histórico no noso país. Tras catro anos desde a súa aplicación os estudos que se realizan sobre o mesmo son reducidos, polo que o obxectivo principal desta investigación cualitativa é analizar a opinión das/os profesionais do ámbito social sobre a capacidade inclusiva das prestacións IMV e Risga no municipio de Marín e a súa convivencia. Para iso, emprégase unha metodoloxía cualitativa con recurso ao grupo focal como técnica de recollida de información, formado por oito profesionais do ámbito social de Marín, lugar no que se desenvolve a materia practicum do grao en traballo social. Os resultados obtidos mostran unha diferenciación de perfís entre ambas as prestacións coa progresiva incorporación do novo ingreso e a existencia dun perfil cronificado, a ausencia de apoio e orientación ás persoas usuarias desde o órgano xestor da Seguridade Social e a dobre desvantaxe das mulleres perceptoras de prestacións sociais. Do mesmo xeito, advírtense necesidades de mellora en canto ás dúas prestacións. As conclusións desta investigación apuntan a unha serie de deficiencias detectadas nas rendas mínimas, en concreto sobre a prestación Risga; non liquidadas polo IMV, o cal ten un limitado potencial inclusivo, atendendo a axuda soamente á dimensión económica da exclusión social.

Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
A comorbilidade dos Trastornos da Conduta Alimentaria e o Trastorno do Espetro Autista. Unha perspectiva dende o Traballo Social. Unha revisión bi
Autoría
E.R.B.G.
Grao en Traballo Social
E.R.B.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 10:00
30.06.2025 10:00
Resumo
A comorbilidade é a coexistencia de dúas ou máis enfermidades na mesma persoa, xeralmente relacionadas. Tanto os Trastornos da Conduta Alimentaria (TA) como os Trastornos do Espectro Autista (TEA) supoñen un desafío á hora de intervención social, debido á alta sensibilidade que poden presentar as persoas diagnosticadas cun deles. O desafío aumenta ao considerar a comorbilidade que existe entre ambos, a existencia dun diagnóstico simultáneo dun TEA e TEA na mesma persoa, xa que se deben buscar liñas de acción e intervención eficaces que non perturben esta sensibilidade e sexan eficaces. Esta revisión bibliográfica busca destacar esta realidade e a importancia de crear recursos, servizos ou espazos especializados, así como a importancia da investigación desde unha perspectiva social. A análise dun total de 22 publicacións seleccionadas demostra a existencia e prevalencia desta comorbilidade, especialmente en adolescentes e mulleres novas. Aínda así, a maioría dos estudos seguen unha perspectiva clínica, con pouca representación do aspecto social ou propostas de intervención para esta dobre condición. Este estudo recoñece enfoques terapéuticos como a terapia cognitivo-conductual ou a terapia dialéctico-conductual, así como enfoques que salientan a importancia de traballar coas familias. Non obstante, hai unha falta de programas que consideren a perspectiva psicosocial e integren o traballo social na intervención. Este traballo ten como obxectivo promover a implementación dunha perspectiva e intervención social nos procesos de tratamento e recuperación das persoas con esta comorbilidade.

O envellecemento activo: percepcións sobre o cohousing na provincia de Pontevedra. Proxecto de investigación cualitativa.
Autoría
L.B.O.
Grao en Traballo Social
L.B.O.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
A consecuencia do envellecemento activo da poboación é que as persoas viven máis tempo, polo que esta situación estase convertindo nun problema habitacional. Así pois, garantir a calidade de vida das persoas maiores vése cada vez máis comprometido, debido á escaseza de recursos sociais e habitacionais para brindar os coidados que a poboación precisa. Por este motivo o modelo do cohousing, ou as tamén chamadas vivendas colaborativas, erguénse coma un recurso idóneo para o grupo de poboación que ao visualizarse a si mesmos cunha idade avanzada, e todo o que isto supón, teñen como preferencia poder vivir en comunidade, ao mesmo tempo que tecen redes de apoio e loitan contra a soidade non desexada. O presente proxecto analiza as percepcións de posibles persoas usuarias do modelo do cohousing e tamén a perspectiva profesional dende o Traballo Social en relación a este modelo habitacional e sobre envellecemento activo na sociedade galega actual.

O Traballo Social nas catástrofes e desastres naturais: Unha perspectiva interdisciplinar
Autoría
I.Y.C.G.
Grao en Traballo Social
I.Y.C.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
O presente traballo de investigación explora as perspectivas, actuacións e estratexias de intervención no ámbito das catástrofes e desastres naturais dende o punto de vista interdisciplinar, tendo en conta a participación das profesionais implicadas neste campo. Incidindo especialmente no papel do Traballo Social. A importancia deste estudo vese reflexada na pouca información existente acerca da intervención en catástrofes. Polo que é necesario seguir investigando e visibilizando a función das traballadoras sociais neste ámbito. Tendo en conta o obxectivo principal deste estudo que é analizar a intervención das principais profesionais que interveñen nas catástrofes e emerxencias naturais, o impacto emocional das actuacións e a necesidade dunha formación especializada para garantir unha resposta eficaz. Realizarase unha análise crítico dos resultados obtidos tras a investigación. A través dun enfoque cualitativo, analízanse as intervencións das diferentes profesionais que actúan nas catástrofes e desastres naturais. O método empregado na recollida de datos é a entrevista semiestructurada e as persoas participantes estarán compostas polas profesionais do traballo social, psicoloxía, sanidade e das forzas armadas, obtendo así, unha visión interdisciplinar.

Apoio a familiares de persoas con trastornos de personalidade
Autoría
L.C.L.
Grao en Traballo Social
L.C.L.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Neste proxecto plantéxase unha intervención social adicada a sobrecarga nos/-as familiares das persoas con trastornos da personalidade no Concello de Ordes. Este proxecto realízase dende a perspectiva do traballo social e de xeito colaborativo coa asociación Andaina Pro Saúde Mental, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para poder brindarlle apoio e axuda de xeito personalizado e contínuo ás persoas con trastornos mentais e tamén as súas familias. Os obxectivos deste proxecto de investigación social son poder paliar a sobrecarga dos/-as familiares das persoas co algún dos trastornos de personalidade, polo que se procura intervir coas familias e reducir o impacto emocional e o desgaste que provocan os coidados de persoas con estas problemáticas de saúde mental. Para isto proporcionaranse espazos, apoios, técnicas, recursos e ferramentas que permitan afrontar as situación de un xeito máis empático, sen que as redes de apoio e dinámica familiar xeren conflictos.

O turismo de casinos e a súa influencia en España abordados dende o Traballo Social
Autoría
A.D.M.
Grao en Traballo Social
A.D.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
10.07.2025 12:00
10.07.2025 12:00
Resumo
España é un país dependente do turismo e do ocio que procede do mesmo. Pese as políticas públicas para paliar os efectos xerados polos casinos, as persoas todavía seguen acudindo a estes locais atraídas pola oferta tentadora que os casinos poder ofrecer. Por iso, tratarase de analizar o fenómeno do turismo de casinos dende a perspectiva do Traballo Social. O presente traballo explora as motivacións que impulsan aos turistas a visitar estes lugares e os efectos sociais e persoais que xeran neles. Para o cal indagarase no maco legal e políticas vixentes, estratexias de prevención e intervención dende o Traballo Social e as consecuencias que xera o Trastorno por xogo de apostas nas persoas xogadoras. No que se refiere á metodoloxía, este traballo de fin de grao enmárcase baixo un proxecto de investigación cualitativa na cal seguirase o paradigma sociocrítico cun enfoque fenomenolóxico. O obxectivo xeral consiste en analizar a motivación das persoas para realizar turimos de casinos en España. O tipo de mostraxe empregada será a mostraxe non probabilística por conveniencia e a mostraxe en bola de neve. En canto ás persoas participantes, este proxecto centrarase nas persoas que visiten o Casino Gran Madrid de Torrelodones e o Casino Barcelona, ademáis terá en conta aos membros de asociación que apoien a persoas con Trastorno por xogo de apostas. A técnica empregada para a recollida de datos será a triangulación de datos por informante e se realizarán entrevistas semiestruturadas. Para finalizar, en canto ao análise de datos será a través do programa Atlas.Ti, versión 25.0.1. e a duración do proxecto abarcará entre os meses de febreriro de 2025 ata maio de 2026.

Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Presidente/a)
VILAS CASTRO, XIANA (Secretario/a)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Vogal)

Traballo Social con familias migrantes en Galicia : unha proposta de investigación cualitativa en Oleiros
Autoría
S.D.A.
Grao en Traballo Social
S.D.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 09:30
30.06.2025 09:30
Resumo
Este documento propón un proxecto de investigación cualitativa sobre o Traballo Social e a situación das familias migrantes dende os Servizos Sociais Comunitarios de Oleiros. O obxectivo é analizar, en primeiro lugar, a percepción das familias migrantes que chegan a Galicia, comprendendo o impacto psicosocial que este proceso ten nelas, e en segundo lugar, a perspectiva dos profesionais que as acompañan. Ademais, para facilitar a comprensión do fenómeno de estudo, proporcionarase un marco teórico e referencial, con especial énfase nos aspectos máis básicos que o caracterizan. Finalmente, esbozase a metodoloxía de estudo a empregar. Corresponde a unha abordaxe cualitativa e realizarase mediante entrevistas e grupos focais, co obxectivo de comprender o alcance da migración. O plan de difusión de resultados e o plan de traballo detallan os cronogramas do proxecto.

ESCOBAR ARIAS, DIANA MORELA (Titoría)
ESCOBAR ARIAS, DIANA MORELA (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
Quen coida aos que coidan? Impacto psicosocial das persoas coidadoras non profesionais con Enfermidade Renal Crónica.
Autoría
S.F.F.
Grao en Traballo Social
S.F.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 09:00
30.06.2025 09:00
Resumo
Os coidados non profesionais consisten neses coidados que prestan familiares, cónxuxes e persoas cercanas sen contar cunha remuneración económica e experimentando así, cambios en diferentes ámbitos, polo que se propón este proxecto de investigación que permite analizar o impacto psicosocial dos/-as coidadores/-as non profesionais de pacientes con Enfermidade Renal Crónica pertecentes a ALCER de A Coruña. A Enfermidade Renal Crónica consiste nun problema grave de saúde que conleva unha disminución progresiva do ou dos riles, polo que provoca complicacións de saúde e unha necesidade de apoio, de coidados e acompañamentos médicos. A importancia deste proxecto dende a profesión de Traballo Social recae en reflexar a necesidade de contar coa profesión, para prestar apoio e acompañamento as persoas coidadoras non profesionais. Tendo en conta o anterior, proponse un tipo de estudo cun paradigma interpretativo e unha metodoloxía cun enfoque cualitativo. A recollida de información levarase a cabo a través de entrevistas semiestructuradas e cinco grupos focais para comprender dende a mirada das persoas coidadoras non profesionais a súa visión e perspectiva.

Aportación do Traballo socialna educación sobre dereitos sociais:Unha proposta de investigación en Carballo, A Coruña
Autoría
N.F.C.
Grao en Traballo Social
N.F.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 10:00
30.06.2025 10:00
Resumo
As demandas das persoas nos servizos sociais comunitarios básicos seguen existindo e xunto a éstas, un gran descoñecemento que presentan as persoas acerca dos seus propios dereitos, estando presente tanto na poboación en idade escolar e con coñecementos máis recentes como na poboación máis avellentada. Este descoñecemento da lugar a unha brecha de cobertura en materia de prestacións sociais coñecido como fenómeno Non Take Up e que repercute na calidade de vida das persoas. O obxectivo principal deste diseño de investigación é identificar o descoñecemento que posúe a ciudadanía en canto aos seus dereitos sociais, a implicación que ten a educación neste fenómeno e o papel que xoga o Traballo Social no ámbito educativo. A metodoloxía que se vai empregar é a cualitativa, mediante un paradigma interpretativo e utilizanod unha mostraxe non probabilística ou de tipo intencional. Preténdese realizar unha recollida de información a través dunha entrevista de carácter grupal e aberta coas persoas seleccionadas co fin de recoller as súas opinións.

Chemsex, adicións e saúde pública: Un proxecto de investigación cualitativa abordado dende o Traballo Social.
Autoría
E.F.P.
Grao en Traballo Social
E.F.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
10.07.2025 12:30
10.07.2025 12:30
Resumo
En España, o chemsex converteuse nun fenómeno emerxente entre homes homosexuais, bisexuais e outros homes que teñen relacións sexuais con homes, combinando o consumo de substancias psicoactivas con prácticas sexuais prolongadas e desinhibidas. Esta práctica supón retos significativos desde a perspectiva da saúde pública, as adicións e a exclusión social, xa que adoita estar mediada por factores como o estigma, a falta de recursos especializados e a homofobia interiorizada. A pesar dos avances nos programas de prevención e atención, moitas persoas que practican chemsex seguen atopando barreiras estruturais e emocionais que dificultan o acceso a servizos seguros e adaptados. O presente proxecto de investigación cualitativa ten como obxectivo analizar o constructo social sobre a vivencia do risco en homes que practican chemsex, explorando as súas motivacións, consecuencias e estratexias de afrontamento. Enmárcase dentro do paradigma sociocrítico e emprega o método biográfico-narrativo co fin de comprender en profundidade as experiencias subxectivas dos participantes. A mostra será de tipo intencional, incluíndo usuarios atendidos por consumo de mefedrona na unidade de drogodependencias de ACLAD A Coruña. A técnica de recollida de datos será a entrevista narrativa e realizarase unha análise temática de contido ata acadar a saturación teórica. O desenvolvemento deste proxecto de investigación cualitativa levarase a cabo entre febreiro de 2025 e marzo de 2026.

PEGADAS DE VIDA Proxecto de intervención social de Terapia Asistida con Animais para persoas maiores no Centro de dia de Coia.
Autoría
S.F.R.
Grao en Traballo Social
S.F.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 16:30
30.06.2025 16:30
Resumo
“Huellas de Vida” é un proxecto de intervención realizado desde o Traballo Social baseado na Terapia Asistida con Animais (TAA) destinada a persoas maiores do Centro de Día de Coia, en Vigo. A súa finalidade é mellorar o benestar emocional, físico, cognitivo e social das persoas usuarias mediante a interacción con cans, promovendo a autonomía, autoestima, mobilidade e redución do illamento. Ante o crecente envellecemento poboacional en España, que implica maiores riscos de soidade, dependencia e discriminación por idade, a TAA xorde como unha ferramenta non farmacolóxica que aproveita o vínculo humano-animal para xerar melloras. O proxecto fundaméntase en modelos teóricos como o Envellecemento Activo, o modelo biopsicosocial e o Traballo Social EcoSocial. Utiliza o Método Pellitero, centrado na personalización da intervención con cans como estímulo cognitivo e emocional. O plan inclúe talleres para o benestar emocional, a redución do illamento social, a estimulación cognitiva, aumento da autoestima ou a mellora da mobilidade, entre outros. Para a súa execución realizarase unha coordinación coa Asociación Ramalladas.

Institucións penitenciarias e reinserción social: perspectiva dos internos do Centro Penitenciario de Bonxe
Autoría
S.G.F.
Grao en Traballo Social
S.G.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2025 11:30
04.02.2025 11:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo comprender a realidade actual das Institucións Penitenciarias en España, así como coñecer a relevancia da profesión do Traballo Social no contexto penitenciario; pois, como veremos, a figura do Traballador/a Social é indispensable nun proceso como o é cumplir condea. Pártese dun recorrido ao longo das Institucións Penitenciarias, a súa orixe e evolución, unha aproximación á lexislación e finalmente un aceercamento ao Traballo Social Penitenciario facendo fincapé nas funcións e na relevancia que exerce a profesión neste ámbito. A información aportada pretende situar ao lector ante unha realidade, ás veces ignorada e moitas invisibilizada por tratarse dun dos grupos da poboación que máis difícil ten a reinserción social debido aos prexuízos aos que están expostos. Proponse unha investigación cuantitativa mediante a aplicación dun cuestionario autoadministrado dirixido á poboación reclusa do Centro Penitenciario de Bonxe co fin de coñecer a percepción que as persoas internas posúen sobre as Institucións Penitenciarias, o funcioamento das mesmas e de aqueles aspectos que a concirnen, baixo a óptica do Traballo Social.

Murcia Álvarez, Evelia (Titor do alumno)

“Entre o silencio e a distancia: a violencia de xénero en mulleres maiores do rural dende a súa mirada e a percepción profesional”
Autoría
N.G.I.
Grao en Traballo Social
N.G.I.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
Este Proxecto de Fin de Grao analiza a violencia de xénero en mulleres maiores de 65 anos que residen en concellos rurais de menos de 2.000 habitantes, así como a perspectiva de dúas profesionais do ámbito social que traballan nestes contextos. Malia dous avances na loita contra a violencia de xénero, este grupo continúa a ser máis invisible tanto na investigación como no deseño de políticas públicas. Polo tanto, este traballo busca reducir esta lagoa de coñecemento, analizando os factores que condicionan o seu acceso aos recursos e os obstáculos aos que se enfrontan á hora de buscar apoio. Para abordar este problema, optamos por unha estratexia metodolóxica mixta que integra técnicas cuantitativas e cualitativas co obxectivo de obter unha comprensión ampla e profunda do fenómeno investigado. Na fase cualitativa, realizáronse entrevistas semiestruturadas a homes maiores de 65 anos que residen en concellos rurais con pouco acceso a recursos especializados para explorar en profundidade as súas percepcións, experiencias subxectivas e dificultades para acceder aos recursos. Na fase cuantitativa, empregouse un deseño descritivo mediante a aplicación de cuestionarios semiestruturados a unha mostra seleccionada de profesionais de intervención social. Mediante esta técnica, recompilouse información estandarizada sobre a súa experiencia profesional neste campo e analizouse as dificultades que experimentan estas mulleres no acceso a recursos, as barreiras sociais, institucionais e económicas e as posibles estratexias de recuperación. A integración de ambas as dúas abordaxes levada a cabo na fase de análise e interpretación de resultados permitiu establecer conexións entre os aspectos cuantitativos e cualitativos e ofrecer unha visión máis ampla do fenómeno estudado. Os resultados contribuirán a visibilizar este problema e a deseñar estratexias de intervención adaptadas á realidade das persoas maiores no rural, reforzando o papel do Traballo Social na detección, apoio e mellora do acceso aos recursos en contextos rurais.

Facal Fondo, Teresa (Presidente/a)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Secretario/a)
Souto Gómez, Ana Isabel (Vogal)

Burnout nas coidadoras/es informais: unha perspectiva dende o Traballo Sopcial en España Revisión bibliográfica narrativa
Autoría
I.G.G.
Grao en Traballo Social
I.G.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
Esta revisión busca analizar a literatura referente ao burnout nas coidadoras e coidadores informais de persoas maiores e/ou dependentes; enfocándose no labor realizado desde o ámbito do Traballo Social nestas situacións e, especialmente, nas función de orientación, apoio psicosocial e xestión de recursos dirixidas ás persoas coidadoras informais. Por outro lado, analízanse os recursos dispoñibles, como os respiro emocional, os programas de formación ou asesoramento, e o papel do traballo social no acompañamento emocional y comunitario de estas persoas. Tamén se centrará nos factores de risco que existen na experiencia do coidado informal, como a sobrecarga emocional, o illamento social, a falta de apoios institucionais e a feminización do rol coidador. Desta forma, identifícanse factores protectores como a resiliencia, o apoio social percibido e a formación específica, que poden paliar o impacto psicolóxico do coidado prolongado. O estudo recolle e analiza os resultados de investigacións desenvolvidas no contexto español entre os anos 2010 e 2025, ofrecendo unha visión crítica sobre a resposta institucional e comunitaria ante as necesidades das persoas coidadoras non profesionais. Desde unha perspectiva do Traballo Social, o traballo destaca a importancia de promover modelos de atención baseados na corresponsabilidade, no acompañamento emocional e na intervención centrada na persoa coidadora, recoñecendo o seu papel fundamental no sistema de coidados de longa duración.

EMPODERANDO RAÍCES: Mulleres migrantes víctimas de violencia de xénero en Santiago de Compostela
Autoría
L.G.M.
Grao en Traballo Social
L.G.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 10:30
30.06.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao correspóndese cun proxecto de intervención social directa de carácter grupal, o cal ten como finalidade aumentar a atención social de forma integral a aquelas mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero pertencentes a Santiago de Compostela. Este proxecto de intervención levarase a cabo a través de charlas e obradoiros de diferentes temáticas, coa finalidade de incrementar e potenciar a autonomía e o empoderamento destas mulleres, o que contribuirá a unha futura detección e prevención da violencia de xénero. A violencia de xénero está moi instaurada na nosa sociedade e multiplícase no caso das mulleres migrantes, xa que poden sufrir este tipo de violencia e mesmo discriminación por seren mulleres e migrantes. Por iso, resulta de suma importancia realizar proxectos desta índole, xa que as mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero corren un grave risco de volver padecer as mesmas consecuencias. Este proxecto de intervención social adáptase á proposta exposta por García Herrero e Ramírez Navarro no manual Deseño e avaliación de proxectos sociais (1996) e no Manual práctico para avaliar proxectos sociais (2006), creado por estes mesmos autores.

Decisións sobre o Final da Vida: Perspectiva sobre as Instrucións Previas dende o Traballo Social Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
Autoría
A.G.A.
Grao en Traballo Social
A.G.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que se presenta a continuación ten como obxectivo analizar os factores que inflúen nas decisións relacionadas co final da vida e coa formalización do documento de Instrucións Previas. Así mesmo, estúdanse as funcións do Traballo Social neste proceso e a percepción que ten o persoal profesional ao respecto. O estudo desenvolverase na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Trátase dun proxecto de investigación cun deseño de carácter mixto, cun enfoque explicativo. Empregaranse como técnicas de recollida de datos a entrevista aberta e a enquisa. Estas irán dirixidas ao persoal profesional do Traballo Social con experiencia no ámbito e ás persoas que formalizaron o documento de Instrucións Previas. O proxecto inclúe unha serie de actividades recollidas nun cronograma, co obxectivo de realizalas dentro do prazo establecido.

A soidade e o duelo nas persoas maiores na pandemia. Revisión bibliográfica desde un enfoque do Traballo Social.
Autoría
C.L.R.
Grao en Traballo Social
C.L.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
Esta revisión bibliográfica ten como obxectivo analizar a producción científica sobre a soidade e o duelo nas personas maiores durante a pandemia tendo en conta a perspectiva do Traballo Social. A metodoloxía empregada é a revisión bibliográfica narrativa de tipo teórico, realizada tendo en conta as bases de dato como Dialnet, Scopus, Web Of Science e PsycINFO, a partir dos cales, tras o proceso de filtrado identificaronse 32 artigos. Os resultados desta revisión bibliográfica identificaron un aumento significativo da soidade nas persoas maiores, así como procesos de duelo complexo dado a imposibilidade de realizar rituais e despedidas debido as restrincións sanitarias establecidas, A intervención das /os traballadoras sociais adaptaronse ao contexto da crise empregando as novas tecnoloxías, o que trouxo consigo certas desigualdades. Por todo isto, mostrouse que a pandemia produciu grandes consecuencias psicosociais, destacando a labor dos profesionais do Traballo Social xa que desempeñaron un papel fundamental na área social ainda que limitado dado a falta de recursos e recoñecemento.

CRUCE DE CAMINOS Mediación intercultural no Centro de Menores San José de Calasanz, A Coruña
Autoría
J.L.V.
Grao en Traballo Social
J.L.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao lévase a cabo un proxecto de intervención social directa a nivel grupal, o cal ten como obxectivo promover a integración intercultural de convivencia no Centro de Menores San José de Calasanz, en A Coruña, con mozos e mozas adolescentes de entre 12 a 17 anos e o seu respectivo equipo profesional. Este proxecto realizarase a través de formacións específicas enfocadas hacia o persoal do Centro, reenganchando así posteriormente con diversas actividades lúdicas que nos aproximen ás diferentes culturas e costumes dos mozos e mozas, acabando finalmente coa sua posterior explicación e posta en común externa a modo de peche de actividades e coa finalidade de concienciar á sociedade, o cal contribuirá na prevención dunha futura discriminación racial e axudará a conseguir unha óptima integración social dos mozos e mozas migrantes, ampliando á sua vez a sua red de apoio na ciudade. O proxecto adáptase á proposta recollida por García Herrero e Ramírez Navarro no Manual de Diseño y evaluación de proyectos sociales (1996) e no Manual práctico para evaluar proyectos sociales (2006), creado tamén por eles mesmos. En relación ao exposto, a referencia táctica á que o proxecto pretende contribuir tendo en conta este enfoque, ven dada polo programa chamado SAMI, Servizo de Mediación Intercultural levado a cabo desde a Organización Non Gubernamental SOS Racismo Galicia (2024), subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no período 2020-2022.

Proxecto de intervención de acompañamento a persoas maiores do barrio de Vite
Autoría
L.M.D.
Grao en Traballo Social
L.M.D.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
Trátase dun proxecto de intervención social dirixido ás persoas maiores do barrio de Vite, en Santiago de Compostela; destinado a mellorar o seu benestar psicolóxico e físico a través dun envellecemento activo. A idea deste proxecto xorde como resposta á urxente necesidade de combater a soidade non desexada e o illamento social que moitos maiores do barrio experimentan e para mellorar a súa calidade de vida, converténdose ambos nos obxectivos principais do proxecto. Co fin de lograr os obxectivos principais desenvolvéronse unha serie de actividades, coas que se pretende poñer en marcha un proxecto semestral partindo de actuacións baseadas no voluntariado, lecer, traballo social e talleres de aprendizaxe, orientadas a fomentar a saúde e a autonomía persoal da colectivo diana. Así como a súa integración dentro da comunidade, promovendo hábitos saudables e actividades físicas, facilitando desta maneira a interacción social, previndo a deterioración cognitiva e outras iniciativas que contribúen a crear unha contorna máis inclusiva, segura e dinámica para os maiores do barrio de Vite.

Moreno Parra, Leidi Viviana (Titoría)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titoría)
Tribunal
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titor do alumno)

Relación entre o consumo de cannabis e a saúde mental en xóvenes universitarios de lugo. Proxecto de investigación cuantitativa
Autoría
Y.M.R.
Grao en Traballo Social
Y.M.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O incremento no consumo de cannabis e a súa relación coa saúde mental entre a poboación máis nova foi o impulso para a elaboración deste proxecto de investigación cuantitativa no que se realizará unha enquisa anónima á poboación universitaria de entre 18 e 25 anos da cidade de Lugo. O obxectivo principal é analizar a relación que existe entre o consumo de cannabis e a saúde mental. Trátase dun estudo cuantitativo correlacional descritivo, no que se examinarán variables sociodemográficas, a contorna social de consumo e os efectos sobre os trastornos mentais. Unha vez realizada a enquisa, analizaranse e trataranse os datos para poder obter uns resultados que permitan relacionar o consumo de cannabis coa saúde mental e así poder aplicalo á disciplina do Traballo Social. Con este proxecto preténdese reforzar a orientación, prevención, intervención e promoción da saúde mental entre os mozos universitarios e á súa vez dotar aos profesionais da disciplina de métodos e ferramentas para desempeñar o seu labor profesional.

O impacto do diagnóstico oncolóxico abordado desde o Traballo Social.
Autoría
P.M.C.
Grao en Traballo Social
P.M.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado ten como obxectivo analizar o impacto do diagnóstico oncolóxico na calidade de vida dos pacentes e as súas familias, desde unha perspectiva integral do Traballo Social. A investigación inscríbese no paradigma constructivista, o que permite comprender as experiencias subxectivas e os significados que as persoas atribúen á vivencia do cancro. Plantéase unha metodoloxía cualitativa, con un mostreo teórico-intencionado, seleccionando participantes que podan aportar información relevante e diversa. A técnica de entrevista aberta ten como finalidade a recolección de datos, favorecendo o diálogo aberto sobre as emocións, dificultades e cambios que enfrontan os pacentes e as súas familias tras o diagnóstico. Como finalidade, o estudo propón un deseño dun modelo de intervención desde o Traballo Social, orientado a fomentar o benestar integral e facilitar a adaptación ao tratamento. Este modelo pon o foco na escoita activa, a empatía, a contención emocional, a xestión de recursos e o fortalecemento de redes de apoio. Partimos da premisa de que o diagnóstico oncolóxico ten un forte impacto emocional e social, afectando a identidade, o entorno familiar, laboral e o proxecto de vida. A intervención do Traballo Social resulta chave para acompañar este proceso, ofreciendo ferramentas que favorezan a resiliencia e unha mellor calidade de vida para os pacentes e as súas familias.

Da ausenza a presenza: un proxecto de intervención do absentismo escolar
Autoría
T.M.F.
Grao en Traballo Social
T.M.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
Da ausenza á presenza é un proxecto de intervención social que ten a finalidade de intervir ante o absentismo escolar nos e nas menores, á vez que se incrementa a súa formación profesional e inserción sociolaboral. O presente proxecto, realízase no Centro Infanto Xuvenil Príncipe Felipe de Pontevedra, onde se realizará unha intervención integral, mediante talleres educativos nos cales se fomentará á motivación e o compromiso dos e das menores no ámbito educativo, para así reducir o absentismo escolar. Levaranse a cabo, sesións de apoio emocional e asesoramento tanto aos menores como aos seus familiares, fortalecendo o vínculo entre eles e as relacións existentes. A poboación destinataria son os e as menores de entre 9 e 15 anos de idade que acoden ao Centro de Día do mencionado centro, e os seus familiares e/o titores legais, que tamén son un axente de intervención fundamental.

Traballo Social e os Trastornos da Conducta Alimentaria: unha análise dende a cidade da Coruña
Autoría
U.R.F.
Grao en Traballo Social
U.R.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.02.2025 11:30
03.02.2025 11:30
Resumo
No seguinte documento, preséntase un proxecto de investigación sobre Traballo Social e os Trastornos da Conducta Alimentaria na cidade de A Coruña co fin de analizar, en primeiro lugar, a percepción existente sobre o Traballo Social neste ámbito e, en segundo lugar, que accións de acompañamento se levan a cabo dende esta disciplina na cidade. Co fin de facilitar a comprensión da temática, ofrécese un marco teórico sobre estes trastornos e o papel da disciplina neste ámbito, ademais dun marco referencial para contextualizar os servizos dispoñibles na cidade da Coruña. A metodoloxía empregada correspóndese cunha investigación cualitativa, que se propón no deseño do proxecto a través de entrevistas semiestructuradas e de grupos focais, tanto a profesionais do Traballo Social como ás persoas usuarias de servizos públicos e privados para o tratamento do seu Trastorno Alimentario. Por último, nos capítulos finais desta investigación preséntase o deseño metodolóxico, o plan de traballo e o plan de difusión dos resultados, respectivamente.

ESCOBAR ARIAS, DIANA MORELA (Titor do alumno)

O Traballo Social no duelo migratorio. Revisión bibliográfica narrativa.
Autoría
M.R.F.
Grao en Traballo Social
M.R.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao (TFG) lévase a cabo unha revisión bibliográfica narrativa que ten como obxectivo final o estudo da produción científica máis recente sobre o papel do Traballo Social e a súa intervención nos procesos de duelo migratorio. Analízanse diferentes publicacións sobre o fenómeno migratorio e o duelo migratorio para realizar unha síntese da información ao respecto. Como resultados principais obtense o impacto a nivel de saúde mental que o proceso migratorio produce nas persoas migrantes, provocando en moitos casos o coñecido como Síndrome de Ulises, ademais de estrés e sentimentos de perda en diversos ámbitos das súas vidas. Destácase a falta de estudos respecto a esta temática e a importancia de que as persoas profesionais coñezan a sintomatoloxía da Síndrome de Ulises e levar a cabo as intervencións desde a empatía, ademais de resaltar a necesidade de proporcionar formación ás persoas profesionais sobre este fenómeno para poder realizar as intervencións adecuadamente.

A educación sexual como prevención da violencia sexual infantil: unha aproximación dende o Traballo Social
Autoría
C.R.B.
Grao en Traballo Social
C.R.B.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.02.2025 11:00
03.02.2025 11:00
Resumo
A violencia sexual infantil é unha problemática que afecta a nenos, nenas e adolescentes de todo o mundo, xerando nas menores consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais que poden perdurar ao longo de toda a súa vida. Neste contexto, exponse a educación sexual como unha ferramenta esencial para a protección e a prevención deste tipo de violencia, nun contexto onde os menores débense desenvolver de forma integral. O obxectivo principal do estudo é analizar a percepción da comunidade educativa sobre a educación sexual e o seu rol na prevención da violencia sexual infantil desde a perspectiva do Traballo Social educativo, empoderando e protexendo aos menores. Por iso, leva a cabo un proxecto de investigación cualitativa, a través de entrevistas a persoas que forman parte da comunidade educativa, para aproximar o proxecto á realidade actual dos menores. Exponse unha duración de 12 meses para levar a cabo a investigación, para posteriormente ser difundido en revistas e redes sociais.

Conciliación familiar, laboral e persoal en fogares con menores con cáncer e outras cargas familiares
Autoría
I.R.C.
Grao en Traballo Social
I.R.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 13:00
30.06.2025 13:00
Resumo
O cancro infantil é unha das principais causas de mortalidade en nenos e nenas en todo o mundo, afectando en todos os aspectos da vida do menor ou da menor e dos seus familiares,debido a que ten gran impacto no desenvolvemento psicolóxico, social e físico dende o momento do diagnóstico. A conciliación familiar xoga un papel fundamental no benestar emocional e mental das familias afectadas directa ou indirectamente por el cáncer infantil. Este Traballo Fin de Grao (TFG) propón un proxecto de investigación sobre conciliación familiar en fogares con menores con cancro e outras cargas familiares, facendo fincapé na importancia da profesión de Traballo Social neste tipo de procesos. O obxectivo deste TFG final é explorar as realidades das familias que afrontan cun menor con cancro na unidade familiar, así como outras cargas familiares, en tema de conciliación familiar. Para iso optouse por unha metodoloxía cualitativa, xa que o obxectivo é lograr unha comprensión máis profunda do fenómeno obxecto de estudo, grazas á súa capacidade para explorar en profundidade as percepcións dos participantes. Finalmente, o documento inclúe unha primeira parte denominada marco teórico, na que se recollen todos os contidos recollidos da investigación. A segunda parte é a metodoloxía, na que se recollen todos os contidos relacionados co método de realización da investigación e, finalmente, a difusión dos resultados da investigación.

Proxecto Rumbo: Unha ferramenta para a promoción da autonomía persoal
Autoría
I.R.P.
Grao en Traballo Social
I.R.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
12.02.2025 12:00
12.02.2025 12:00
Resumo
O presente traballo consiste nun modelo de proxecto de investigación cualitativo sobre a importancia da Asistencia Persoal, como ferramenta de mellora na vida diaria das persoas con discapacidade e/o dependencia. Devandito proxecto, pretende analizar as experiencias dos/as profesionais e os/as partícipes do proxecto piloto Rumbo, levado a cabo pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na cidade de Lugo, Galicia. Esta iniciativa, consiste na asignación dun/unha Asistente Persoal por persoa participante, nunha vivenda de transacción ou no seumpropio fogar, durante certo período de tempo. Para poder levar a cabo a análise deste proxecto que se tomou como referencia, levaráse a cabo unha serie de procesos de recollida de datos característicos do método cualitativo. Esta proposta de futura investigación, será un gran avance para coñecer a Asistencia Persoal como ferramenta, para mellorar a vida diaria das persoas con discapacidade e/o dependencia.

Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)

Construindo coparentalidade en Ferrolterra. Proxecto de intervención social
Autoría
I.S.D.
Grao en Traballo Social
I.S.D.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao é un proxecto de intervención social para dar apoio ás familias e ao sistema xudicial. O obxectivo é promover unha coparentalidade positiva entre os pais separados, ou en proceso de separación, con fillos en común. Esta intervención contempla a participación voluntaria dos pais, nais e mesmo dos menores para certas actividades. O que se pretende é que os pais manteñan unha parentalidade baixo os criterios de atribución da custodia compartida, que son os criterios máis idóneos para levar a cabo a parentalidade nestes casos. Mediante as actividades que levarán a cabo poderán comprender mellor as actitudes, coidados e responsabilidades que deben ter coas súas fillas e fillos. As actividades que se van a desenvolver divídense en tres partes, a primeira actividade sería un conxunto de charlas onde se sensibilice acerca da coparentalidad e os criterios que funcionan como base para saber se é factible unha custodia compartida. A segunda parte son actividades que reforcen o traballo en equipo entre os proxenitores. Por último levarase a cabo a posta en común das diversas experiencias xunto ao resto de pais e nais.

Saúde Mental e Migración no Contexto Galego MENTES MIGRANTES
Autoría
R.S.D.
Grao en Traballo Social
R.S.D.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Galicia, terra historicamente de emigración, experimentou nas últimas décadas un cambio na súa composición demográfica debido á afluencia dun crecente número de extranxeiros/as, gran parte de América Latina, sen esquecer aqueles/as procedentes de nacións africanas e europeas. Por outra banda, a saúde mental considérase actualmente un dos piares básicos para o benestar social e persoal. Neste ámbito, a comunidade galega, enfróntase a unha demanda cada vez maior e máis complicada, con falta de persoal especializado e unha gran sobrecarga sobre este baixo número de profesionais. Con esta investigación preténdese estudar e visibilizar o acceso e cobertura que ten o colectivo migrante aos servizos de saúde mental públicos de Galicia. Así mesmo, analizaranse os coñecementos e opinións de os/as profesionais do traballo social no ámbito psiquiátrico, xunto coas experiencias e percepcións da poboación migrante sobre a situación previamente mencionada. Para alcanzar estes obxectivos aplicarase unha metodoloxía cualitativa, concretamente a través de entrevistas, fundamentada nos paradigmas construtivista e da teoría crítica. Mediante estas preténdese determinar os principais problemas de saúde mental que acaecen a este colectivo, así como identificar as barreiras burocráticas e socioeconómicas que dificultan o acceso e cobertura dos servizos, o que posibilitase propoñer alternativas para unha atención máis inclusiva.

As persoas con discapacidade nos centros penitenciarios españois
Autoría
S.C.S.C.
Grao en Traballo Social
S.C.S.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Se ben as persoas con discapacidade vense como un colectivo vulnerable dentro da sociedade, nos centros penais as persoas con discapacidade enfróntanse a múltilples barreiras físicas, comunicativas e sociais que se atopan agravadas pola circunstancia de atoparse en prisión. Este proxecto de investigación cualitativa ten como obxectivo principal analizar as condicións de vida das persoas con discapacidade nos centros penais de España, así como o papel do Traballo Social na súa atención e acompañamento. Seguindo unha serie de obxectivos específicos, como pode ser analizar os protocolos e estratexias utilizadas polos/as traballadores/as sociais para intervir coas persoas con discapacidade nos centros penais en España ou explorar a normativa penal española e os marcos legais internacionais para identificar posibles baleiros na protección dos dereitos das persoas con discapacidade nos centros penais españois, preténdese coñecer en profundidade as dificultades ás que se enfronta este colectivo no seu día a día, así como as estratexias de intervención social que se aplican nestes casos. O estudo aborda aspectos clave como a accesibilidade nos centros penais, a inclusión en programas de rehabilitación e reinserción, o acceso a servizos básicos e a coordinación entre o sistema penal e os servizos sociais externos. Correspondéndose á metodoloxía propia dunha investigación cualitativa, propóñense modelos de entrevista para coñecer a percepción dos/as internos/as con e sen discapaciad e dos/as profesionais do Traballo Social sobre a situación das persoas con discapacidade nos centros penais en España.

Aporofobia e sistema xudicial: Unha revisión bibliográfica dende o Traballo Social
Autoría
E.S.P.
Grao en Traballo Social
E.S.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 12:30
30.06.2025 12:30
Resumo
Esta revisión bibliográfica analiza cómo a aporofobia se manifesta no sistema xudicial e o enfoque que teñen as barreiras económicas e simbólicas no acceso á mesma, cun enfoque dende o traballo social, para a promoción dunha xustiza equitativa e inclusiva. Os principais resultados mostran que a aporofobia se encontra institucionalizada, e cómo as barreiras dificultan o acceso a unha defensa xurídica adecuada e inciden na exclusión social das persoas en situación de pobreza. Demóstrase cómo o traballo social é unha ferramenta crave para reducir estas barreiras, propoñendo alternativas á prisión e outros modelos da xustiza. Estos resultados lográronse mediante unha revisión bibliográfica sistemática, levada a cabo grazas a distintas ecuacións de búsqueda e operadores booleanos en diferentes bases de datos, obtendo diversos resultados que posteriormente foron esquematizados e analizados seguindo a metodoloxía PRISMA. En conclusión, esta revisión bibliográfica destaca a necesidade dunha reforma xudicial que garantica un acceso equitativo á xustiza, a expansión de modelos máis restaurativos e rehabilitadores e a sensibilización de axentes xudiciais sobre a aporofobia. As reformas deben de ir de acordo a un enfoque integral que contemple tanto o acceso a recursos como a eliminación de prexuizos dentro do sistema xudicial, cun énfase no papel do traballo social.

Coidar para coidarnos
Autoría
C.S.R.
Grao en Traballo Social
C.S.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
Coidar para coidarnos, é un proxecto que aborda a situación de dependencia centrándose na persoa dependente pero tamén nos seus coidadores/as, por inconvenientes como as listas de espera ou a sobrecarga que experimentan as persoas coidadoras. Os obxectivos deste proxecto son mellorar a calidade de vida das persoas que viven esta situación e promover unha sociedade mais inclusiva e concienciada. O proxecto consistirá na realización de distintos talleres, destinado a persoas que realicen a solicitude de grao de dependencia antes da resolución da mesma, pois o tempo de espera é longo, con isto búscase que as persoas sigan activas durante o procedemento e dar un respiro ás persoas coidadoras, estas últimas recibirán tamén unha serie de charlas referentes ao coidado propio e dos demais, onde poderán coñecer xente en situacións similares. Tamén se realizarán reunións de todos os participantes nas que se compartirá tempo de calidade e desenvolveranse distintas actividades grupais. Este proxecto desenvolverase no Centro de Saúde da Estrada de man da Traballadora Social, e aínda que colaborarán outros profesionais, é unha figura imprescindible durante todo o proceso da situación de dependencia e por tanto, perfecta para Coidar para Coidarnos.

Percepcións e Experiencias sobre a Integración das Persoas Marroquís en Santiago
Autoría
U.S.L.
Grao en Traballo Social
U.S.L.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste nun proxecto de investigación cualitativa. Este trata de dar resposta a como é o proceso de integración das persoas migrantes marroquís residentes en Santiago de Compostela. Polo tanto, o estudo trata sobre a integración social deste colectivo, centrándose nas percepcións subxectivas e nas experiencias de integración social da poboación obxecto de estudo, visibilizando así as súas voces. Por outra banda, o estudo terá en conta as opinións dos/das profesionais do traballo social das entidades que atenden a migrantes sobre a integración social dos/das marroquís en canto as súas demandas, recursos e necesidades; ofrecendo así unha visión máis ampla dos procesos de integración e aportando unha perspectiva profesional. Estes dous aspectos mencionados constitúen os obxectivos da investigación, que se tratarán de alcanzar mediante a realización de entrevistas semiestructuradas aos/ás migrantes marroquís e co desenvolvemento dun grupo focal cós/coas traballadores/as sociais. En definitiva, a finalidade desta investigación será obter información relevante que sexa de utilidade para a praxe profesional do traballo social á hora de atender aos migrantes marroquís nos seus procesos de integración social, mellorando así as intervencións sociais neste ámbito.

Residentes curatelados pola Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade
Autoría
S.T.G.
Grao en Traballo Social
S.T.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2025 11:00
04.02.2025 11:00
Resumo
Este proxecto de investigación trata sobre as medidas de apoio en relación as persoas maiores e como estas recentemente foron modificadas. Céntrase principalmente na curatela levada a cabo pola Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica (FUNGA), tendo como obxetivo principal coñecer o funcionamento da FUNGA en relación ás persoas usuarias nas residencias de maiores DomusVI Santiago e Fogar Porta Do Camiño situadas en Santiago de Compostela.Neste proxecto seguirase unha metodoloxía cuantitativa, mediante a técnica da entrevista semiestructurada e utilizando o cuestionario para a recollida de datos. Para iso, revisouse a nova normativa e toda aquela documentación de relevancia, exposta no marco teórico.

O impacto dos vídeos curtos na xuventude: unha visión do Traballo Social. (Proxecto de investigación mixta)
Autoría
E.T.M.
Grao en Traballo Social
E.T.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
10.07.2025 10:30
10.07.2025 10:30
Resumo
Nos últimos anos, o uso de vídeos curtos en plataformas de redes sociais como TikTok e Instagram Reels creceu significativamente, especialmente entre os mozos. Este Traballo Fin de Grao é un traballo de investigación de medios mixtos que busca explorar o impacto deste tipo de contidos na saúde mental e na capacidade de concentración de quen os consume. Desde a perspectiva do traballo social, considérase importante abordar este fenómeno dixital, xa que pode estar vinculado a síntomas de ansiedade, distracción ou dependencia da estimulación constante. Mediante entrevistas semiestruturadas aos usuarios/as e ás súas familias, xunto con enquisas tamén realizadas a adolescentes e familias, pretendemos coñecer mellor as experiencias e percepcións dos usuarios/as, así como as posibles consecuencias emocionais e sociais deste consumo. A intención é que, a partir dos resultados, se poida achegar unha reflexión crítica que permita xerar propostas de intervención dende o ámbito profesional, especialmente en contextos nos que estas dinámicas inciden no benestar e no desenvolvemento persoal. Este estudo tamén busca abrir un espazo para reflexionar sobre como o Traballo Social pode adaptarse aos retos que presentan as novas tecnoloxías na vida cotiá.

A exclusión residencial da poboación inmigrante en Santiago de Compostela. Un proxecto de investigación dende a perspectiva das persoas inmigrantes e profesionais
Autoría
J.V.S.
Grao en Traballo Social
J.V.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este proxecto de investigación propón unha achega ás situacións de exclusión residencial en que se atopa unha parte da poboación inmigrante en Santiago de Compostela, entendida esta como unha das expresións máis graves da vulneración do dereito á vivenda e como un factor determinante nos procesos de exclusión social. A vivenda, máis aló do seu valor material, representa un espazo básico de seguridade, dignidade e integración, especialmente para aquelas persoas que chegan a un novo país. O traballo ten como obxectivos principais identificar os factores que dificultan o acceso á vivenda á poboación inmigrante e analizar o papel que desempeñan as e os profesionais do traballo social neste ámbito. Para isto, proponse unha metodoloxía de carácter mixto, que combina a entrevista semi-estruturada e a enquisa, dirixidas tanto ás persoas inmigrantes como a profesionais do traballo social que desenvolvan a súa labor no ámbito da inmigración. A través desta metodoloxía preténdese recoller información cualitativa e cuantitativa que permita construír unha visión ampla, contextualizada e fundamentada sobre a realidade da exclusión residencial. A análise dos datos realizarase mediante o software ATLAS.ti no caso da información cualitativa, e mediante o programa informático SPSS no caso da cuantitativa, co fin de dar resposta aos obxectivos formulados e contribuír a unha mellor comprensión do fenómeno.

Animais e a poboación sen fogar en Santiago de Compostela: importancia dos vínculos afectivos, limitaciones no acceso a recursos e procesos de inclusión social
Autoría
F.V.I.
Grao en Traballo Social
F.V.I.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
30.06.2025 16:00
30.06.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao investiga a relación e os vínculos entre as persoas en situación de senfogarismo en Santiago de Compostela e os seus animais de compañía. O seu obxectivo xeral é analizar a influencia que ten un animal de compañía nos vínculos afectivos e na saúde mental das persoas sen fogar, así como identificar o papel destes animais nos procesos de inclusión social. A través dunha metodoloxía cualitativa, preténdese afondar nas experiencias subxectivas das persoas sen fogar da cidade que manteñen vínculos afectivos cos seus animais. Ademais, explórase como a relación entre animais e humanos en situación de senfogarismo limita o acceso a recursos sociais, residenciais e de intervención, incorporando a perspectiva EcoSocial. A temática abórdase desde un enfoque integral, recoñecendo a interrelación entre persoas, contorno, condicións estruturais e vínculos afectivos con outros seres vivos. Pártese do entendemento de que os animais forman parte activa do contorno relacional e emocional das persoas sen fogar. Enfatízase a importancia de integralos desde o Traballo Social para promover o benestar e a inclusión social. A análise céntrase en dúas mostras: as persoas sen fogar con animais que viven en Santiago de Compostela e os/as profesionais do Traballo Social da cidade que interveñen en programas específicos dedicados á inclusión das persoas sen fogar. O proxecto destaca a importancia da inclusión dos animais nas intervencións e nos Servizos Sociais desde unha perspectiva EcoSocial, integral e empática, recoñecendo o valor dos seus lazos afectivos. Esta inclusión pode ser clave para avanzar cara a modelos de atención máis humanos e adaptados á complexidade das realidades sociais.