
CURSO DE VERÁN:
Desmaterialización, decrecemento e transición enerxética: claves a partires da triple análise social/económica e enerxético-ambiental (3ª edición)
Obxectivos: estudar os diferentes significados que se asocian á idea de “progreso e prosperidade” en particular asociados ao desenvolvemento das enerxías renovables; analizar as políticas socioeconómicas que procuran o progreso e a prosperidade na transición enerxética; estudar o impacto da desmaterialización, do desacoplamento na realidade enerxética actual , en particular no desenvolvemento eólico, terrestre e mariño e analizar o modelo renovable e nomeadamente eólico en España e Galicia.
📅 do 1 ao 4 de setembro
📍 Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
📝 Prazo matrícula: 15 de maio ao 26 de agosto de 2025
💻 Máis información: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-ver…;
Organiza: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
Colabora: Facultade de CC. Económicas e Empresariais