Silencios azuis
Autoría
A.A.S.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
A.A.S.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
30.06.2025 16:00
30.06.2025 16:00
Resumo
O proxecto principal e a orixe do presente Traballo de Fin de Grao é unha adaptación audiovisual da canción infantil Silencios Azuis, da cal resulta un videoclip de 4 minutos e 21 segundos protagonizado por dous intérpretes e bailaríns. Para a súa realización, aplicouse a metodoloxía propia dunha obra audiovisual: preprodución, produción e posprodución. Este proxecto complétase cunha peza audiovisual adicional a modo de making-of, que serve tanto como rexistro do proceso creativo como obra artística independente. Ambas pezas audiovisuais acompáñanse dun documento escrito que, ademais de expor a liña de investigación na que se sustenta o videoclip, inclúe o marco literario e estético-visual do mesmo, desenvolvendo detalladamente os procesos creativos. O obxectivo principal é propoñer un novo formato creativo e de entretemento a partir de dous proxectos xa existentes: Lingua Guapa. Cantos que contan, libro-disco de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, e Imos Cambiar o Mundo, espectáculo en vivo derivado do anterior.

Dirección
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Titoría)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Vogal)

Polas Pegadas da Estrela
Autoría
V.M.A.R.
Grao en Xornalismo
V.M.A.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.02.2025 17:00
19.02.2025 17:00
Resumo
Neste traballo preséntase Polas Pegadas da Estrela, a reportaxe multimedia sobre unha ruta de peregrinación do Camiño de Santiago que percorre a Ría de Muros e Noia, ou tamén coñecida como a Ría da Estrela. A través deste proxecto, preténdese non só visibilizar e outorgarlle o recoñecemento merecido a esta xoia patrimonial esquecida, incluso para os propios veciños da zona, senón tamén promover a súa relevancia como recurso cultural, paisaxístico e turístico. O traballo estrutúrase arredor dunha plataforma multimedia que combina vídeos, fotografías, entrevistas e elementos interactivos para ofrecer unha experiencia inmersiva e enriquecer a conexión entre o público e o patrimonio desta ruta. Ademais, empregáronse redes sociais como Instagram e TikTok como canles difusoras e altofalantes do proxecto, reflexando o papel fundamental que estas plataformas xogan no sistema informativo actual.

Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)

O queerbaiting na era dixital: representación queer e resposta do fandom en Agatha All Along (2024)
Autoría
R.A.D.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
R.A.D.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 09:30
09.07.2025 09:30
Resumo
Coas expansión das novas tecnoloxías, as redes sociais convertéronse nun espazo determinante para que os fandoms compartan intereses, pero tamén para criticar prácticas neglixentes da industria. Unha destas prácticas é o queerbaiting, entendido incialmente como unha estratexia de márketing que promete representación LGBTIQ+ sen cumprila. Eve Ng (2017) propón unha evolución deste concepto, centrando o foco nas expectativas do público queer e na súa satisfación ou frustración. Neste contexto, analízase o caso da serie Agatha All Along (2024) que xerou debate en redes sociais pola súa representación queer nas personaxes de Agatha e Rio. O estudo examina o texto, subtexto e paratextos (oficiais e extraoficiais) da serie, así como o contexto social que rodea ao fandom queer. A metodoloxía combina técnicas cualitativas para analizar contido narrativo e social, e técnicas cuantitativas para medir o impacto das publicacións en redes. Os resultados mostran que, malia que a relación queer fíxose canon, as expectativas do fandom non foron cumpridas pola serie. Aínda que as fans non cualificaron directamente á serie como queerbaiting, desde o punto de vista de Ng (2017) pode interpretarse como tal, consolidando así a visión do fenómeno como aquel dependente da recepción queer e non só da intención narrativa.

NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
A representación de casos penais en series de TV e documentais
Autoría
P.A.L.
Grao en Xornalismo (3ªed)
P.A.L.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Esta investigación aborda o fenómeno do true crime, concretamente en series de televisión de non ficción e documentais en plataformas de streaming como Netflix, HBO e Prime Video. Coa intención de determinar a súa influencia na opinión pública, realizouse unha análise de contido de dúas series e tres documentais centrados en tres casos penais concretos para ofrecer unha visión máis ampla da representación dos delitos reais nos medios de comunicación, así como unha análise documental dos esctudos relacionados co ámbito do crime real, os xuízos paralelos e a ética xornalística. A través desta análise observouse unha clara terxiversación dos feitos reais nos casos analizados. Percibiuse a intención de promover o sensacionalismo e a polémica a través de prexuízos narrativos, caracterización de personaxes e reconstrucións dramatizadas para aumentar o índice de audiencia.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)

Comunicar a través dos sentidos. Estudo do márketing sensorial como ferramenta para aumentar a conexión co público
Autoría
C.B.P.
Grao en Xornalismo (3ªed)
C.B.P.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao é unha investigación de alcance exploratorio e de deseño cualitativo que pretende estudar a influencia, importancia e impacto do márketing sensorial na comunicación que establecen as marcas cos consumidores. Tras realizar unha revisión sistemática da literatura, asentáronse as bases teóricas para analizar un total de cinco casos de estudos que investigan como os cinco tipos de márketing sensorial (táctil, visual, olfativo, auditivo e gustativo) repercuten na toma de decisións, na diferenciación, na identidade de marca, na percepción e na fidelización, atendendo a aspectos tales como a memoria e os recordos, o significado das cores, a nostalxia, os odotipos e sonotipos, entre outros. Tras obter os resultados, son varias as hipóteses que se confirman e que evidencian a relevancia que pode chegar a ter o márketing sensorial en como as marcas comunican e ofrecen os seus produtos aos consumidores, quen xa non se limitan a demandar un obxecto que satisfaga unha necesidade, senón que perseguen experiencias de compra que desperten emocións e apelen aos sentidos, ben sexa de forma consciente ou inconsciente.

LOGOL: Proxecto de innovación en marketing deportivo dixital
Autoría
M.B.S.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.B.S.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Neste traballo preséntase LOGOL, un proxecto de divulgación xornalística especializado en márketing deportivo, difundido a través de TikTok e Instagram. O obxectivo principal é achegar o márketing deportivo a unha audiencia nova e dixital, utilizando formatos audiovisuais adaptados ás tendencias actuais do panorama informativo e de entretemento. Para iso, entre abril e xuño de 2025 producíronse e publicáronse vídeos, carruseis e stories nas redes sociais sobre casos de éxito, historia do marketing deportivo, estratexias e técnicas, noticias de última hora e entrevistas a expertos do sector. O proxecto baséase na creación de contido orixinal e relevante, fomentando a interacción coa comunidade e explorando o potencial das redes sociais como canles de divulgación e engagement. LOGOL demostra como o xornalismo pode adaptarse aos novos hábitos de consumo e contribuír á formación de futuros profesionais do marketing deportivo, apoiándose nunha metodoloxía baseada nas novas correntes do xornalismo dixital e os fundamentos do xornalismo deportivo.

Instantáneas do sufrimento: Análise do tratamento fotoxornalístico da dor no World Press Photo (2000-2025)
Autoría
B.B.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
B.B.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 09:30
08.07.2025 09:30
Resumo
Este TFG analiza as fotografías premiadas no World Press Photo ó longo do século XXI. O World Press Photo é o concurso de fotoxornalismo máis importante a nivel internacional. Coas súas fotos gañadoras e o reforzo da súa exposición anual establece un canon estético, ético e de contidos, que inflúe notablemente nas tendencias de representación da actualidade. Por esta razón analizáronse unha selección de imaxes premiadas no século XXI para comprender a súa relación coa dor humana, como son retratadas as situacións onde as persoas sofren e as diferentes connotacións. As análises cuantitativa e cualitativa céntranse en 156 fotografías seleccionadas, seis por cada edición anual, co criterio común de transmitir dor ou sufrimento humano. O resultado final mostra tendencias dominantes no retrato fotográfico da dor como poden ser o achegamento ou a frontalidade.

BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
Reportaxe de investigación sobre a lesión de LCA no fútbol
Autoría
D.B.N.
Grao en Xornalismo (3ªed)
D.B.N.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
25.06.2025 11:30
25.06.2025 11:30
Resumo
Nos últimos tempos o número de roturas de ligamento cruzado anterior na práctica do fútbol creceu considerablemente, feito que convertiu esta lesión nun problema de grande importancia para os diferentes e numerosos actores vinculados a este deporte -clubes, corpos técnicos, xogadores- a todos os niveis: profesional, semi profesional e amateur. A presente investigación aborda dous obxectivos principais: descubrir os motivos que levaron ao incremento da mencionada lesión e expor posibles melloras ou solucións para frear a problemática. Mediante a revisión bibliográfica das escasas investigacións existentes aredor do tema ye, sobre todo, a recollida dos puntos de vista de expertos de diferentes ámbitos relacionados coa cuestión, o trabajo expón algunhas causas do incremento de roturas de LCA no fútbol e propón posibles maneiras de reducir o impacto da lesión. A elección do formato de reportaxe de investigación xornalística responde á fin de buscar presentar a información obtida dunha manera accesible e comprensible para o gran público, co obxectivo de axudar a frear a problemática ao aportar coñecemento de valor ás personas para iso.

QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Vogal)

O hyperpop en España
Autoría
A.C.G.
Grao en Xornalismo (3ªed)
A.C.G.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:30
23.06.2025 10:30
Resumo
Neste traballo preséntese Hyperpop3ra, unha reportaxe multimedia e transmedia cultural que explora o subxénero musical do hyperpop en España. O proxecto constrúe a súa narrativa a través de diferentes plataformas de redes sociais (Instagram, Tiktok e Youtube) para finalizar nunha web que combina entrevistas, videos curtos e fotografías. A reportaxe analiza as singularidades técnicas e estéticas, a orixe, os artistas e os espacios dedicados á posta en práctica deste subxénero. Este texto contextualiza as bases do xornalismo especializado e xornalismo cultural, analiza as tendencias do xornalismo dixital e do xornalismo musical para describir a metodoloxía empregada no proxecto multimedia. Detállase o traballo de produción, gravación, edición e maquetación, para difundir unha web musical. Ademais da publicación de contidos multimedia en diferentes formatos e plataformas, entre abril e xuño de 2025.

“Matar a Ana e Mía: a loita silenciosa contra os trastornos da conduta alimentaria” Unha reportaxe multimedia sobre o impacto da anorexia e a bulimia nerviosa
Autoría
L.C.B.
Grao en Xornalismo (3ªed)
L.C.B.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 10:15
08.07.2025 10:15
Resumo
“Matar a Ana e Mía: a loita silenciosa contra os trastornos da conduta alimentaria” (https://anaymialalucha.wixsite.com/website) é unha reportaxe multimedia que explora e explica os trastornos da conducta alimentaria na súa totalidade, indo máis aló do peso e centrándose no impacto psicolóxico, emocional, social e familiar da anorexia e a bulimia nerviosa, que se atopan entre as enfermidades crónicas máis frecuentes entre adolescentes e entre os trastornos mentais con maior taxa de mortalidade. O proxecto combina os testimonios de pacientes de trastornos da conducta alimentaria coa experiencia de profesionais da saúde mental especializados en TCA. O papel das redes sociais e as familias, como elementos contrapostos en moitos momentos, tamén é abordado na reportaxe como puntos chave para a recuperación dos pacientes.

Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Tribunal
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
Ao Ritmo de Golpes
Autoría
M.C.B.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.C.B.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Este proxecto consiste na ideación dunha miniserie de ficción dramática e a produción do seu episodio piloto. Ao Ritmo de Golpes narra a historia de cinco mulleres Carme, Malena, Majo, Ana e Cecilia dende a perspectiva dunha ollada feminina que presenta aos personaxes como autónomos, con voz propia e traxectorias vitais complexas, baseándonos nas teorías de autoras como Janice Loreck ou Laura Mulvey. A narrativa estrutúrase en dúas liñas temporais: unha no presente e outra no pasado. Ana e Cecilia, as personaxes do presente, son as fillas de Carme e Malena, respectivamente. A través dun descubrimento, inician a investigación sobre a relación que unía ás súas nais durante a época da Movida Viguesa, entrelazando esa investigación coa liña temporal pasada presente en pantalla. A serie aborda unha historia de amor secreta entre Malena e Carme, e como esta relación condiciona a vida actual delas e tamén a das súas fillas. Cecilia e Ana, a través dun traballo da universidade, desvelan liortas, enredos amorosos e desgrazas familiares pasadas que permanecen latentes no presente de varias personaxes. O proxecto iniciou cun proceso de co-creación do arco de tempada, onde se definiron todos os puntos chave da relación amorosa e subtramas que compoñerían a historia. Unha vez establecidas esas tramas, optouse unha narrativa non lineal, que conta a historia do final ao principio. A partir de ese esquema, desenvolveuse o guión do primeiro capítulo, que correspondería co episodio presentado xunto con este documento.

MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)

Uso e posibilidades da intelixencia artificial en redaccións africanas
Autoría
I.C.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
I.C.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
25.06.2025 12:00
25.06.2025 12:00
Resumo
A intelixencia artificial é unha disciplina tecnolóxica que avanza a pasos axigantados. A introdución desta tecnoloxía nas rutinas xornalísticas expón unha serie de oportunidades e desafíos moi variados. No contexto africano, estes desafíos intensifícanse debido á fenda dixital a falta de representatividade nos datos, ainda que o factor máis importante é a introdución de algoritmos deseñados en occidente. Esta investigación pretende analizar o impacto da intelixencia artificial nos medios de comunicación do continente africano, centrándose nos rumbos algorítmicos e a súa influencia na produción e difusión de contidos informativos. A través dunha análise temática de varias organizacións centradas na inclusión de intelixencia artificial en África explóranse conceptos como descolonización tecnolóxica, ética dos algoritmos e alfabetización mediática. Este estudo busca achegar unha análise dos diferentes proxectos destas organizacións e a súa posible integración no ecosistema mediático africano

TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Vogal)

Proxecto documental sobre os traballos itinerantes
Autoría
C.C.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
C.C.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 09:30
09.07.2025 09:30
Resumo
de esguello, é un documental que explora os oficios itinerantes a través das vidas de feirantes e camioneiros, dous exemplos paradigmáticos dentro dos traballadores que viven na mobilidade constante por mor da súa profesión. Prestando atención á situación de marxinalización na que fican habitualmente, procúrase poñelos no foco das representacións audiovisuais e do discurso social dominante. A peza constrúe un retrato íntimo e político onde se atende ás súas condicións laborais e as implicacións que teñen na súa vida persoal a través dunha mirada poética e reflexiva.

CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
O papel dos medios de comunicación na loita contra o racismo no fútbol
Autoría
H.D.D.G.
Grao en Xornalismo (3ªed)
H.D.D.G.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza o tratamento mediático do racismo no fútbol español nos últimos anos, centrándose en como a prensa, a televisión e as redes sociais abordaron este problema. A través dunha análise de contido e un formulario, dirixido a unha mostra con interese futbolístico, estúdanse os discursos utilizados, o papel do xornalismo na construción do debate público e o seu impacto na percepción social do racismo no deporte. Ademais, reflexiónase sobre a evolución do tratamento informativo e a súa influencia na loita contra a discriminación racial.

RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Titoría)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)

Retratos dislocados. Unha posta en escena queer no cinema documental contemporáneo.
Autoría
X.D.S.J.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
X.D.S.J.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
13.02.2025 10:00
13.02.2025 10:00
Resumo
As teorías do documental contemporáneo e as teorías queer converxen neste estudo sobre a posta en escena de documentais autorais producidos nos últimos quince anos. Poñendo o foco en The Ballad of Genesis and Lady Jaye (Marie Losier, 2011) e noutros catro filmes realizados entre o 2022 e o 2024: Anhell69 (Theo Montoya, 2022), Orlando, ma biographie politique (Paul B. Preciado, 2023), ASOG (Seán Devlin, 2023) e Desire Lines (Jules Rosskam, 2024), establécese unha mostra desigual que entende o xénero como «performativo». A forma fílmica das películas estudadas traslada a experiencia queer á posta en escena, subvertendo a norma binaria e cisheteropatriarcal. Estas obras dislocan o retrato do outro para integralo nunha mesma «multitude», cuestionando normas hexemónicas sobre o xénero. O traballo analiza como estes filmes articulan un discurso e estética queer mediante unha forma documental híbrida e performativa, con elementos comúns como a encarnación da subxectividade, o traballo co arquivo e a dimensión onírica. Con todo, os cinco filmes dan conta de disidencias que vinculamos coa disparidade temporal, xeográfica e autoral dos mesmos. Estas películas establecen formas queer e «contrasexuais» de xeito cada vez máis consciente, ás veces hermético, podendo limitar o seu potencial político. Como primeira aproximación, este estudo explora novas vías para analizar un cinema de grande riqueza e creatividade.

Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
CTRL+Z: Deseño e creación dun episodio piloto para unha serie dixital orientada á Xeración Z
Autoría
N.F.P.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
N.F.P.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
25.06.2025 10:30
25.06.2025 10:30
Resumo
Ctrl+Z é o episodio piloto dunha miniserie de ficción seriada, resultado deste traballo de fin de grao. Consiste nun proxecto audiovisual de ton cómico que se inspira nas experiencias reais dos seus creadores na súa etapa universitaria mentres compartían piso. Combinando recursos do falso documental, a sitcom e o reality show, Ctrl+Z conta a vida nun piso de estudantes desde o humor e o emocional, usando unha estrutura fragmentada que alterna entrevistas, flashbacks e escenas no presente. Grazas a esta estrutura, os personaxes lembran e reflexionan sobre as súas vivencias ao longo da súa etapa na universidade.
Ctrl+Z é o episodio piloto dunha miniserie de ficción seriada, resultado deste traballo de fin de grao. Consiste nun proxecto audiovisual de ton cómico que se inspira nas experiencias reais dos seus creadores na súa etapa universitaria mentres compartían piso. Combinando recursos do falso documental, a sitcom e o reality show, Ctrl+Z conta a vida nun piso de estudantes desde o humor e o emocional, usando unha estrutura fragmentada que alterna entrevistas, flashbacks e escenas no presente. Grazas a esta estrutura, os personaxes lembran e reflexionan sobre as súas vivencias ao longo da súa etapa na universidade.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)

A comunicación de moda “streetwear”. Un caso de estudio con “Stussy” e “Vetements”.
Autoría
A.F.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
A.F.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra unha análise comparativo sobre as diferenzas na comunicación de marca entre marcas streetwear accesibles e streetwear de luxo, a partir dos exemplos concretos de Stüssy e Vetements respectivamente. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática das teorías existentes, así como unha análise do panorama da moda urbana actual. A metodoloxía empregada combina entrevistas en profundidade a profesionais do sector da moda urbana en España e análise de contidos a través dunha ficha de análise, establecendo o primeiro trimestre de 2025 como o período temporal co obxectivo de garantir a actualización dos datos. O obxectivo principal é comparar a comunicación de ambas categorías de marca, analizando tanto as canles online como offline, o público obxectivo, o posicionamento no mercado e os valores que buscan transmitir. Os resultados mostran que as marcas de streetwear accesibles empregan un ton amigable, accesible e dinámico para conectarse cun público máis novo, mentres que as marcas de streetwear de luxo adoptan un ton enigmático e sofisticado que busca a exclusividade para manter a distancia do seu nicho de público, centrando a súa atención na calidade e no propio concepto.

Ida e volta
Autoría
M.F.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
M.F.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
03.07.2025 16:00
03.07.2025 16:00
Resumo
Desde fai anos a sociedade e a historia de Galicia ven moi vinculadas ao movemento e a emigración. Xa sea por familiares cercanos ou coñecidos, a maioría dos galegos teñen lazos co estranxeiro ou se ven afectadas directamente por estes movementos migratorios. Cos ollos postos no presente, estes cambios seguen influenciando a vida diaria de miles de persoas. Cada vez é menos estraño ir andando pola rúa e atoparnos con xente de outras nacionalidades. A maioría deles non son turistas, chegaron a Galicia para asentarse e buscar un futuro mellor para eles e as súas familias. Con este traballo o que se pretende é crear un proxecto transmedia que axude a crear unha comunidade de persoas emigrantes. Levar a cabo diferentes proxectos interconectados entre si que ofrezan un lugar seguro e cómodo onde estas persoas poidan contas as súas vivencias e preocupacións. Estre proxecto estará apoiado por unha páxina web onde se publicarán diferentes entrevistas de creación propia, redes sociais que conten con publicacións máis cortas e interesantes e eventos presenciais, que se irán desenvolvendo e medrando co paso do tempo.

Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Entre corpos e clics: o sistema prostitucional do físico ao dixital
Autoría
L.F.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
L.F.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 09:30
08.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo preséntase Entre corpos e clics, unha reportaxe multimedia sobre a prostitución en Galicia e España, e que pola súa temática se encadra no xornalismo social. Cunha páxina web interactiva como principal eixo, o proxecto pretende debullar a realidade do sistema prostitucional e as relacións que este establece con diferentes ámbitos. Para facelo, a reportaxe inclúe entrevistas a persoas relacionadas directa ou indirectamente coa prostitución, unidas ao emprego de visualizacións. Este texto analiza as tendencias actuais no xornalismo dixital e social, ademais de investigar a situación da prostitución. Explícase en detalle o proceso de traballo, no que a investigación e a produción constitúen un proceso de xornalismo de investigación marcado pola busca das fontes e o tratamento das mesmas coa confidencialidade que a temática esixe. Estas fases, unidas á gravación, edición e finalmente maquetaxe, resultan na presentación dunha visión o máis completa posible da realidade actual do sistema prostitucional.

Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Un achegamento interactivo ás lendas do val de Monterrei
Autoría
N.G.C.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
N.G.C.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
10.07.2025 09:30
10.07.2025 09:30
Resumo
O salto do xornalismo á rede implicou unha serie de cambios estruturais que marcaron un antes e un despois na ideación e creación de contidos informativos. O xornalismo dixital emprega técnicas de narración literaria (un estilo que o xornalismo xa adoptara nos sesenta baixo a denominación de Novo Xornalismo) en constante evolución e adaptación ás características da rede (multimedialidade, hipertextualidade e interactividade) para transmitir historias de forma que cheguen con maior eficacia a unha audiencia inundada pola inmediatez informativa. Este traballo explora as características da narración xornalística en pezas de longo formato (en concreto, no documental interactivo) co propósito de aplicar ditos coñecementos á elaboración dunha web interactiva (As lendas do val) na que se recollan contos e lendas do Val de Monterrei. Dita web, que se formula como proxecto a longo prazo, inclúe entrevistas a profesionais implicados na recollida e transmisión do patrimonio oral, un mapa que sitúe ás lendas das que se coñeza a procedencia e un formulario mediante o cal o usuario pode enviar historias tradicionais non recollidas.

Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Laretas: Revista multimedia educativa en lingua galega.
Autoría
S.G.A.
Grao en Xornalismo
S.G.A.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
A constante evolución do ámbito dixital está transformando por completo a nosa sociedade e dentro dela o ámbito educativo e as técnicas de aprendizaxe. Pola contra, a lingua e cultura galegas atópase nunha situación de decaemento, que fan que a perda de falantes sexa cada vez máis significativa. É por isto que é fundamental comezar a crear estratexias a prol da lingua e cultura galegas, facendo especial énfase no ámbito educativo, onde se encontra a clave do futuro de Galicia. Laretas https://laretas.wixsite.com/laretas é unha revista dixital dirixida ao público infantil que busca transmitir e preservar o coñecemento da lingua e cultura galega á vez que trata contido de diferentes ámbitos educativos.
A constante evolución do ámbito dixital está transformando por completo a nosa sociedade e dentro dela o ámbito educativo e as técnicas de aprendizaxe. Pola contra, a lingua e cultura galegas atópase nunha situación de decaemento, que fan que a perda de falantes sexa cada vez máis significativa. É por isto que é fundamental comezar a crear estratexias a prol da lingua e cultura galegas, facendo especial énfase no ámbito educativo, onde se encontra a clave do futuro de Galicia. Laretas https://laretas.wixsite.com/laretas é unha revista dixital dirixida ao público infantil que busca transmitir e preservar o coñecemento da lingua e cultura galega á vez que trata contido de diferentes ámbitos educativos.
Dirección
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)

O impacto das aplicacións estatísticas de deporte no xornalismo deportivo
Autoría
R.J.G.F.
Grao en Xornalismo (3ªed)
R.J.G.F.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 10:15
08.07.2025 10:15
Resumo
Aínda que sempre gardaron unha inherente relación, a estatística volveuse fundamental na análise deportiva nos últimos tempos. O artigo aborda a evolución desta profesión e as súas novas rutinas nun panorama dixital de constantes cambios. Nesta investigación trátase de comprender como a irrupción de ferramentas especializadas en estatísticas como Sofascore e Flashscore transformaron tanto a práctica xornalística como os hábitos de consumo de información deportiva. Para iso, aplicáronse entrevistas semiestructuradas a profesionais do sector; un cuestionario a consumidores e unha análise comparativa entre valoracións de aplicacións estatísticas e xornalistas sobre o rendemento de xogadores. Os resultados mostran que, aínda que estas plataformas ofrecen datos valiosos e obxectivos, aínda non alcanzan a profundidade da análise xornalística, especialmente en aspectos que requiren interpretación subxectiva como o estado emocional dun xogador, a transcendencia dun partido ou distintas cuestións que se escapan dos propios datos. Paralelamente confírmase que as estatísticas son esenciais para enriquecer a análise deportiva, pero requiren unha correcta contextualización para ter verdadeiro valor informativo. Así mesmo, a intelixencia artificial percíbese como unha oportunidade complementaria, sempre que potencie o traballo do xornalista sen substituír o criterio humano. En conxunto, o estudo reflicte unha profesión en transición, onde a integración crítica de datos e novas tecnoloxías é clave para o futuro do xornalismo deportivo.

Creación dunha curtametraxe de ficción ambientada na Galiza do século XX.
Autoría
U.G.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
U.G.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 10:15
09.07.2025 10:15
Resumo
O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficción, titulada O Zoar, para a que se deenvolveu unha proposta visual e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais. O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficción, titulada O Zoar, para a que se deenvolveu unha proposta visual e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais. O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficción, titulada O Zoar, para a que se deenvolveu unha proposta visual e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais.

REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Podcast: 'Angelitas na corte'
Autoría
I.G.G.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
I.G.G.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 10:15
09.07.2025 10:15
Resumo
O presente traballo de fin de grao trata o proceso de ideación, creación e difusión dun produto audiovisual, neste caso un formato videopodcast: Angelitas na corte. Este podcast ten como obxectivo dar voz a mulleres que encabezan proxectos relacionados co mundo da comunicación: Actrices, produtoras, directoras ou técnicas audiovisuais. Dende unha mirada feminista, a través de entrevistas e usando como recurso o humor abórdanse temáticas de xénero e representación dentro do sector á vez que se crea un espazo para a promoción do talento galego tanto desde dentro do podcast cos seus integrantes, como de forma externa coas convidadas.

PEREZ PEREIRO, MARTA (Titoría)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Ética e pragmatismo na comunicación política española
Autoría
E.G.V.
Grao en Xornalismo (3ªed)
E.G.V.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo baséase na análise discursiva de catro casos seleccionados, analizando a ética e o pragmatismo na comunicación política española en diferentes líderes e momentos históricos. Para poder observar con detalle os diferentes textos lévase a cabo un estudo dos termos ética e pragmatismo, tentando delimitar a súa fronteira, situándose nos termos de persuasión e posverdade. Ademais, neste estudo investígase acerca de distintas teorías e modelos de análises políticas, como o framing e a agenda-setting. Mediante unha análise cualitativa, examínanse discursos de Adolfo Suárez (1977), Felipe González (1982), Mariano Rajoy (2011) e publicacións na rede social X (antes Twitter) de Santiago Abascal (2024). Os resultados obtidos a través desta análise confirman que desde a Transición democrática ata a actualidade, produciuse unha evolución desde un discurso no que predomina a ética cara a outro con máis elementos pragmáticos e estratéxicos na actualidade.
Este traballo baséase na análise discursiva de catro casos seleccionados, analizando a ética e o pragmatismo na comunicación política española en diferentes líderes e momentos históricos. Para poder observar con detalle os diferentes textos lévase a cabo un estudo dos termos ética e pragmatismo, tentando delimitar a súa fronteira, situándose nos termos de persuasión e posverdade. Ademais, neste estudo investígase acerca de distintas teorías e modelos de análises políticas, como o framing e a agenda-setting. Mediante unha análise cualitativa, examínanse discursos de Adolfo Suárez (1977), Felipe González (1982), Mariano Rajoy (2011) e publicacións na rede social X (antes Twitter) de Santiago Abascal (2024). Os resultados obtidos a través desta análise confirman que desde a Transición democrática ata a actualidade, produciuse unha evolución desde un discurso no que predomina a ética cara a outro con máis elementos pragmáticos e estratéxicos na actualidade.
Dirección
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Titoría)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Portas abertas
Autoría
P.G.D.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
P.G.D.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
10.07.2025 10:15
10.07.2025 10:15
Resumo
Portas Abertas é un vídeo podcast documental centrado na acollida e integración de persoas migrantes na cidade da Coruña. Cunha poboación de 250.438 habitantes, dos cales un 7,6 % son de nacionalidade estranxeira segundo datos do Instituto Galego de Estatística (2024), A Coruña é un bo exemplo para o estudo do fenómeno migratorio. O obxectivo principal deste traballo é descubrir en que medida a cidade da Coruña facilita a integración das persoas que chegan desde outros territorios, concretamente de América Latina, xa sexa por decisión propia ou por circunstancias forzadas. A investigación apóiase en dous piares metodolóxicos: por unha banda, a realización de entrevistas a persoas de procedencias diversas que actualmente residen na Coruña; e, por outro, unha revisión bibliográfica de fontes académicas. As entrevistas permiten recoller testemuños sobre experiencias de chegada, adaptación e pertenza, mentres que o marco teórico proporciona os conceptos necesarios para analizar estas experiencias desde unha perspectiva crítica. O formato elixido, un vídeo podcast documental, responde á vontade de plasmar o traballo no audiovisual, de forma que este sexa máis accesible á xente. A través de cinco capítulos, o proxecto aborda cuestións como o acceso á vivenda e ao emprego, as redes de apoio ou a participación na vida social e cultural da cidade. En conxunto, Portas Abertas proponse contribuír a unha comprensión máis profunda dos procesos de acollida da Coruña, e os motivos que levan a persoas doutros países a migrar.

PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Elaboración dun produto multimedia sobre a importancia do Camiño de Santiago pola ruta da Ría de Muros e Noia
Autoría
L.G.L.
Grao en Xornalismo
L.G.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.02.2025 17:00
19.02.2025 17:00
Resumo
Neste traballo preséntase Polas Pegadas da Estrela, a reportaxe multimedia sobre unha ruta de peregrinación do Camiño de Santiago que percorre a Ría de Muros e Noia, ou tamén coñecida como a Ría da Estrela. A través deste proxecto, preténdese non só visibilizar e outorgarlle o recoñecemento merecido a esta xoia patrimonial esquecida, incluso para os propios veciños da zona, senón tamén promover a súa relevancia como recurso cultural, paisaxístico e turístico. O traballo estrutúrase arredor dunha plataforma multimedia que combina vídeos, fotografías, entrevistas e elementos interactivos para ofrecer unha experiencia inmersiva e enriquecer a conexión entre o público e o patrimonio desta ruta. Ademais, empregáronse redes sociais como Instagram e TikTok como canles difusoras e altofalantes do proxecto, reflexando o papel fundamental que estas plataformas xogan no sistema informativo actual.
Neste traballo preséntase Polas Pegadas da Estrela, a reportaxe multimedia sobre unha ruta de peregrinación do Camiño de Santiago que percorre a Ría de Muros e Noia, ou tamén coñecida como a Ría da Estrela. A través deste proxecto, preténdese non só visibilizar e outorgarlle o recoñecemento merecido a esta xoia patrimonial esquecida, incluso para os propios veciños da zona, senón tamén promover a súa relevancia como recurso cultural, paisaxístico e turístico. O traballo estrutúrase arredor dunha plataforma multimedia que combina vídeos, fotografías, entrevistas e elementos interactivos para ofrecer unha experiencia inmersiva e enriquecer a conexión entre o público e o patrimonio desta ruta. Ademais, empregáronse redes sociais como Instagram e TikTok como canles difusoras e altofalantes do proxecto, reflexando o papel fundamental que estas plataformas xogan no sistema informativo actual.
Dirección
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
“AS NOITES”. Ideación e materialización da linguaxe audiovisual de formatos de ficción
Autoría
M.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
M.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
As Noites é unha mediametraxe de ficción en branco e negro que explora temas como a ausencia de amor, o medo ao paso do tempo, a incerteza, a recuperación persoal e a soidade, sen perder de vista a esperanza de superación. A obra pon un énfase especial na importancia da saúde mental, a autoestima e os riscos do illamento, construíndo unha experiencia audiovisual íntima e subxectiva. A través da historia de Alba, a curtametraxe aborda o proceso de loito e os efectos da perda na vida cotiá, amosando un ciclo de nostalxia, culpa e desesperación. Combinando unha narrativa clásica con elementos experimentais, As Noites preséntase como unha proposta ambigua que equilibra a accesibilidade emocional coa complexidade formal.

Castello Mayo, Enrique (Titoría)
Castello Mayo, Enrique (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Ida e Volta
Autoría
D.G.N.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
D.G.N.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
03.07.2025 16:00
03.07.2025 16:00
Resumo
Desde fai anos a sociedade e a historia de Galicia ven moi vinculadas ao movemento e a emigración. Xa sea por familiares cercanos ou coñecidos, a maioría dos galegos teñen lazos co estranxeiro ou se ven afectadas directamente por estes movementos migratorios. Cos ollos postos no presente, estes cambios seguen influenciando a vida diaria de miles de persoas. Cada vez é menos estraño ir andando pola rúa e atoparnos con xente de outras nacionalidades. A maioría deles non son turistas, chegaron a Galicia para asentarse e buscar un futuro mellor para eles e as súas familias. Con este traballo o que se pretende é crear un proxecto transmedia que axude a crear unha comunidade de persoas emigrantes. Levar a cabo diferentes proxectos interconectados entre si que ofrezan un lugar seguro e cómodo onde estas persoas poidan contas as súas vivencias e preocupacións. Estre proxecto estará apoiado por unha páxina web onde se publicarán diferentes entrevistas de creación propia, redes sociais que conten con publicacións máis cortas e interesantes e eventos presenciais, que se irán desenvolvendo e medrando co paso do tempo.
Desde fai anos a sociedade e a historia de Galicia ven moi vinculadas ao movemento e a emigración. Xa sea por familiares cercanos ou coñecidos, a maioría dos galegos teñen lazos co estranxeiro ou se ven afectadas directamente por estes movementos migratorios. Cos ollos postos no presente, estes cambios seguen influenciando a vida diaria de miles de persoas. Cada vez é menos estraño ir andando pola rúa e atoparnos con xente de outras nacionalidades. A maioría deles non son turistas, chegaron a Galicia para asentarse e buscar un futuro mellor para eles e as súas familias. Con este traballo o que se pretende é crear un proxecto transmedia que axude a crear unha comunidade de persoas emigrantes. Levar a cabo diferentes proxectos interconectados entre si que ofrezan un lugar seguro e cómodo onde estas persoas poidan contas as súas vivencias e preocupacións. Estre proxecto estará apoiado por unha páxina web onde se publicarán diferentes entrevistas de creación propia, redes sociais que conten con publicacións máis cortas e interesantes e eventos presenciais, que se irán desenvolvendo e medrando co paso do tempo.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
A produción informativa de medios dixitais locais de Vigo: Análise dos seus sitios web e redes sociais
Autoría
M.H.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.H.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
A partir do ano 2004, coa aparición das redes sociais, o ciberxornalismo, termo referido ao xornalismo producido na World Wide Web, adquire unha maior viralización e participación por parte da audiencia en forma de feedback. En 2023, o mapa do proxecto IBERIFIER identificou 4106 cibermedios en España, dos cales 2869 eran de carácter local ou hiperlocal. O obxectivo deste traballo é estudar a presenza online de cinco cibermedios de proximidade da cidade galega de Vigo (Vigoé, Metropolitano.gal, Xornal de Vigo e Comarcas, Radio Vigo e Localia Televigo) e comparar as noticias publicadas nos seus sitios web e nos seus perfís de redes sociais (Facebook, X, YouTube, Instagram e TikTok), atendendo a cuestións de axenda temática, estilo e elementos multimedia, a través dunha análise de contido da produción nestas plataformas. Complementariamente, definirase o proceso de produción dende a perspectiva dos profesionais dos medios estudados.
A partir do ano 2004, coa aparición das redes sociais, o ciberxornalismo, termo referido ao xornalismo producido na World Wide Web, adquire unha maior viralización e participación por parte da audiencia en forma de feedback. En 2023, o mapa do proxecto IBERIFIER identificou 4106 cibermedios en España, dos cales 2869 eran de carácter local ou hiperlocal. O obxectivo deste traballo é estudar a presenza online de cinco cibermedios de proximidade da cidade galega de Vigo (Vigoé, Metropolitano.gal, Xornal de Vigo e Comarcas, Radio Vigo e Localia Televigo) e comparar as noticias publicadas nos seus sitios web e nos seus perfís de redes sociais (Facebook, X, YouTube, Instagram e TikTok), atendendo a cuestións de axenda temática, estilo e elementos multimedia, a través dunha análise de contido da produción nestas plataformas. Complementariamente, definirase o proceso de produción dende a perspectiva dos profesionais dos medios estudados.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Silencios Azuis
Autoría
M.I.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
M.I.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
30.06.2025 16:00
30.06.2025 16:00
Resumo
O proxecto principal e a orixe do presente Traballo de Fin de Grao é unha adaptación audiovisual da canción infantil Silencios Azuis, da cal resulta un videoclip de 4 minutos e 21 segundos protagonizado por dous intérpretes e bailaríns. Para a súa realización, aplicouse a metodoloxía propia dunha obra audiovisual: preprodución, produción e posprodución. Este proxecto complétase cunha peza audiovisual adicional a modo de making-of, que serve tanto como rexistro do proceso creativo como obra artística independente. Ambas pezas audiovisuais acompáñanse dun documento escrito que, ademais de expor a liña de investigación na que se sustenta o videoclip, inclúe o marco literario e estético-visual do mesmo, desenvolvendo detalladamente os procesos creativos. O obxectivo principal é propoñer un novo formato creativo e de entretemento a partir de dous proxectos xa existentes: Lingua Guapa. Cantos que contan, libro-disco de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, e Imos Cambiar o Mundo, espectáculo en vivo derivado do anterior.
O proxecto principal e a orixe do presente Traballo de Fin de Grao é unha adaptación audiovisual da canción infantil Silencios Azuis, da cal resulta un videoclip de 4 minutos e 21 segundos protagonizado por dous intérpretes e bailaríns. Para a súa realización, aplicouse a metodoloxía propia dunha obra audiovisual: preprodución, produción e posprodución. Este proxecto complétase cunha peza audiovisual adicional a modo de making-of, que serve tanto como rexistro do proceso creativo como obra artística independente. Ambas pezas audiovisuais acompáñanse dun documento escrito que, ademais de expor a liña de investigación na que se sustenta o videoclip, inclúe o marco literario e estético-visual do mesmo, desenvolvendo detalladamente os procesos creativos. O obxectivo principal é propoñer un novo formato creativo e de entretemento a partir de dous proxectos xa existentes: Lingua Guapa. Cantos que contan, libro-disco de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, e Imos Cambiar o Mundo, espectáculo en vivo derivado do anterior.
Dirección
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Titoría)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Vogal)
CTRL+Z: Deseño e creación dun episodio piloto para unha serie dixital orientada á Xeración Z
Autoría
J.L.V.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
J.L.V.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
25.06.2025 10:30
25.06.2025 10:30
Resumo
Ctrl+Z é o episodio piloto dunha miniserie de ficción seriada, resultado deste traballo de fin de grao. Consiste nun proxecto audiovisual de ton cómico que se inspira nas experiencias reais dos seus creadores na súa etapa universitaria mentres compartían piso. Combinando recursos do falso documental, a sitcom e o reality show, Ctrl+Z conta a vida nun piso de estudantes desde o humor e o emocional, usando unha estrutura fragmentada que alterna entrevistas, flashbacks e escenas no presente. Grazas a esta estrutura, os personaxes lembran e reflexionan sobre as súas vivencias ao longo da súa etapa na universidade.
Ctrl+Z é o episodio piloto dunha miniserie de ficción seriada, resultado deste traballo de fin de grao. Consiste nun proxecto audiovisual de ton cómico que se inspira nas experiencias reais dos seus creadores na súa etapa universitaria mentres compartían piso. Combinando recursos do falso documental, a sitcom e o reality show, Ctrl+Z conta a vida nun piso de estudantes desde o humor e o emocional, usando unha estrutura fragmentada que alterna entrevistas, flashbacks e escenas no presente. Grazas a esta estrutura, os personaxes lembran e reflexionan sobre as súas vivencias ao longo da súa etapa na universidade.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Desenvolvemento de narrativas audiovisuais interactivas: exploración e prototipo en videoxogos
Autoría
I.L.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
I.L.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
03.07.2025 12:30
03.07.2025 12:30
Resumo
A cultura e folklore galegos posúen elementos que os fan unha ambientación moi interesante para un videoxogo ou unha historia de ficción, pero apenas existen medios de entretemento que aproveiten estas características. O obxectivo é plantexar e deseñar un videoxogo de acción con mecánicas RPG ambientado na Galicia prerromana habitada polos pobos galaicos con raíces celtas, integrando de maneira coherente os mitos e lendas galegos coa mitoloxía celta tanto nos apartados narrativos como no aspecto xogable para crear unha experiencia única e inmersiva que poida ser viable e realizable no futuro.
A cultura e folklore galegos posúen elementos que os fan unha ambientación moi interesante para un videoxogo ou unha historia de ficción, pero apenas existen medios de entretemento que aproveiten estas características. O obxectivo é plantexar e deseñar un videoxogo de acción con mecánicas RPG ambientado na Galicia prerromana habitada polos pobos galaicos con raíces celtas, integrando de maneira coherente os mitos e lendas galegos coa mitoloxía celta tanto nos apartados narrativos como no aspecto xogable para crear unha experiencia única e inmersiva que poida ser viable e realizable no futuro.
Dirección
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Titoría)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
VAZ ALVAREZ, MARTIN (Vogal)
Reportaxe multimedia sobre a influenza das redes sociais na saúde mental e na autopercepción corporal no deporte e o fitness
Autoría
M.L.N.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.L.N.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
“Deportistas 2.0” é unha peza xornalística presentada en forma de reportaxe multimedia sobre a afectación das redes sociais na saúde mental e na autopercepción corporal en relación ao ámbito deportivo e o fitness. O proxecto céntrase no posible impacto a nivel psicolóxico que o consumo destes contidos dixitais pode provocar á hora de practicar exercicio físico de maneira saudable, como a constante comparación corporal, motivación efímera, sentimento de non ser válido ou mesmo depresión, ansiedade ou trastornos alimenticios. O traballo abrangue dende os procesos mentais que levan a consumir redes sociais, practicar exercicio físico e relacionar ambas actividades ata as consecuencias dun ensamblaxe prexudicial entre estes dous ámbitos, analizando coas voces de expertos e persoas deportistas usuarias de redes sociais os desencadeantes, funcionamento e efectos desta correlación actividade física - comunidade dixital.
“Deportistas 2.0” é unha peza xornalística presentada en forma de reportaxe multimedia sobre a afectación das redes sociais na saúde mental e na autopercepción corporal en relación ao ámbito deportivo e o fitness. O proxecto céntrase no posible impacto a nivel psicolóxico que o consumo destes contidos dixitais pode provocar á hora de practicar exercicio físico de maneira saudable, como a constante comparación corporal, motivación efímera, sentimento de non ser válido ou mesmo depresión, ansiedade ou trastornos alimenticios. O traballo abrangue dende os procesos mentais que levan a consumir redes sociais, practicar exercicio físico e relacionar ambas actividades ata as consecuencias dun ensamblaxe prexudicial entre estes dous ámbitos, analizando coas voces de expertos e persoas deportistas usuarias de redes sociais os desencadeantes, funcionamento e efectos desta correlación actividade física - comunidade dixital.
Dirección
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
Bang!: Reportaxe multimedia sobre a evolución do triple no baloncesto europeo na última década
Autoría
E.L.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
E.L.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
27.06.2025 10:30
27.06.2025 10:30
Resumo
Este traballo de fin de grao consiste na elaboración dunha reportaxe multimedia cunha cobertura tamén nas redes sociais X, YouTube, Instagram e TikTok, denominada Bang. O proxecto, abordado desde o xornalismo especializado deportivo na rama do baloncesto, trata de analizar a través dos datos unha realidade frecuente nas competicións profesionais como é a nova tendencia a prol dun maior uso do tiro desde a liña de tres puntos. A investigación non só quere chegar a explicar con datos, senón que busca tamén a realidade tanxible do que provocou nos profesionais da materia, desde os xogadores, protagonistas maioritarios do cambio, coma adestradores e analistas. Buscar algo máis alá do que pode ver o espectador, chegar ao traballo invisible que fan os profesionais e as solucións tácticas que atopan, observar os novos perfis de xogadores que chegaron, darlle valor ao nivel mental que se necesita para asumir un tiro e as posibles vías de futuro que poida ter a tripla.
Este traballo de fin de grao consiste na elaboración dunha reportaxe multimedia cunha cobertura tamén nas redes sociais X, YouTube, Instagram e TikTok, denominada Bang. O proxecto, abordado desde o xornalismo especializado deportivo na rama do baloncesto, trata de analizar a través dos datos unha realidade frecuente nas competicións profesionais como é a nova tendencia a prol dun maior uso do tiro desde a liña de tres puntos. A investigación non só quere chegar a explicar con datos, senón que busca tamén a realidade tanxible do que provocou nos profesionais da materia, desde os xogadores, protagonistas maioritarios do cambio, coma adestradores e analistas. Buscar algo máis alá do que pode ver o espectador, chegar ao traballo invisible que fan os profesionais e as solucións tácticas que atopan, observar os novos perfis de xogadores que chegaron, darlle valor ao nivel mental que se necesita para asumir un tiro e as posibles vías de futuro que poida ter a tripla.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
“AS NOITES”. Ideación e materialización da linguaxe audiovisual de formatos de ficción
Autoría
A.A.L.B.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
A.A.L.B.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
As Noites é unha mediametraxe de ficción en branco e negro que explora temas como a ausencia de amor, o medo ao paso do tempo, a incerteza, a recuperación persoal e a soidade, sen perder de vista a esperanza de superación. A obra pon un énfase especial na importancia da saúde mental, a autoestima e os riscos do illamento, construíndo unha experiencia audiovisual íntima e subxectiva. A través da historia de Alba, a curtametraxe aborda o proceso de loito e os efectos da perda na vida cotiá, amosando un ciclo de nostalxia, culpa e desesperación. Combinando unha narrativa clásica con elementos experimentais, As Noites preséntase como unha proposta ambigua que equilibra a accesibilidade emocional coa complexidade formal.
As Noites é unha mediametraxe de ficción en branco e negro que explora temas como a ausencia de amor, o medo ao paso do tempo, a incerteza, a recuperación persoal e a soidade, sen perder de vista a esperanza de superación. A obra pon un énfase especial na importancia da saúde mental, a autoestima e os riscos do illamento, construíndo unha experiencia audiovisual íntima e subxectiva. A través da historia de Alba, a curtametraxe aborda o proceso de loito e os efectos da perda na vida cotiá, amosando un ciclo de nostalxia, culpa e desesperación. Combinando unha narrativa clásica con elementos experimentais, As Noites preséntase como unha proposta ambigua que equilibra a accesibilidade emocional coa complexidade formal.
Dirección
Castello Mayo, Enrique (Titoría)
Castello Mayo, Enrique (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Unha pegada imborrable: Cambados e as feridas do narcotráfico
Autoría
R.M.A.
Grao en Xornalismo (3ªed)
R.M.A.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
26.06.2025 16:30
26.06.2025 16:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao afonda nas repercusións sociais e económicas do narcotráfico na vila galega de Cambados, cuxa historia recente estivo marcada de maneira profunda por esta problemática dende finais do século XX. A investigación céntrase en analizar como esta actividade ilegal condicionou o día a día da veciñanza, transformou a percepción da identidade local e influíu na proxección exterior da comunidade. O proxecto inclúe unha peza audiovisual que compila relatos en primeira persoa e datos significativos, co propósito de amosar as múltiples caras dunha realidade complexa. Ao tempo que se recoñece o impacto negativo deixado polo narcotráfico, tamén se destaca a capacidade da poboación para reconstruír o seu relato e loitar contra o estigma. O traballo busca así achegar unha ollada crítica e honesta sobre unha ferida aínda aberta, que segue presente na memoria colectiva e que define, en parte, o pasado e o presente deste territorio.
Este Traballo de Fin de Grao afonda nas repercusións sociais e económicas do narcotráfico na vila galega de Cambados, cuxa historia recente estivo marcada de maneira profunda por esta problemática dende finais do século XX. A investigación céntrase en analizar como esta actividade ilegal condicionou o día a día da veciñanza, transformou a percepción da identidade local e influíu na proxección exterior da comunidade. O proxecto inclúe unha peza audiovisual que compila relatos en primeira persoa e datos significativos, co propósito de amosar as múltiples caras dunha realidade complexa. Ao tempo que se recoñece o impacto negativo deixado polo narcotráfico, tamén se destaca a capacidade da poboación para reconstruír o seu relato e loitar contra o estigma. O traballo busca así achegar unha ollada crítica e honesta sobre unha ferida aínda aberta, que segue presente na memoria colectiva e que define, en parte, o pasado e o presente deste territorio.
Dirección
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)

Backlash: “Eles revólvense porque nosoutras avanzamos” Análise do antifeminismo en España
Autoría
C.M.P.
Grao en Xornalismo (3ªed)
C.M.P.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
Backlash: “Eles revólvense porque nosoutras avanzamos” é unha reportaxe multimedia na que se fala sobre o antifeminismo en España. Céntrase, principalmente, na influencia deste fenómeno entre a poboación moza e na súa expansión a través da coñecida como manosfera, un conglomerado de espazos virtuais heteroxéneos nos que se difunden estes discursos. Esta peza xornalística conta con varios apartados que descompoñen en profundidade a auxe do antifeminismo nos últimos anos. As temáticas tratadas van dende as redes sociais e a desinformación ata a política ou as propostas de solución a este problema.
Backlash: “Eles revólvense porque nosoutras avanzamos” é unha reportaxe multimedia na que se fala sobre o antifeminismo en España. Céntrase, principalmente, na influencia deste fenómeno entre a poboación moza e na súa expansión a través da coñecida como manosfera, un conglomerado de espazos virtuais heteroxéneos nos que se difunden estes discursos. Esta peza xornalística conta con varios apartados que descompoñen en profundidade a auxe do antifeminismo nos últimos anos. As temáticas tratadas van dende as redes sociais e a desinformación ata a política ou as propostas de solución a este problema.
Dirección
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Máis Aló do Canon: Destiel e a Arte do Queerbaiting.
Autoría
X.M.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
X.M.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
25.06.2025 12:00
25.06.2025 12:00
Resumo
Este estudo analiza o fenómeno do queerbaiting a través da relación entre Dean Winchester e Castiel na serie Supernatural (2005 a 2020), considerada un caso emblemático nas representacións queer nos medios populares. Mediante unha metodoloxía cualitativa (análise narrativa, de audiencias e declaración públicas) examínanse os recursos narrativos que suxiren unha posible relación romántica entre ambos personaxes sen confirmala explicitamente. Así mesmo, estúdanse as reaccións e interpretacións do fandom na plataforma X (antes Twitter), destacando o impacto emocional e social desta ambigüidade. O traballo revela as limitacións da ficción televisiva para integrar narrativas queer auténticas, sinalando a tendencia a aludir sen afirmar, o que pode perpetuar estereotipos e frustracións. A investigación propón avanzar cara a representacións máis inclusivas e responsables que respondan ás expectativas do público queer e contribúan á transformación das normas culturais na ficción. Desta forma, o estudo achega ferramentas útiles aos estudos culturais e de xénero para analizar a representación queer e os seus efectos nos medios de comunicación.

PEREZ PEREIRO, MARTA (Vogal)

Análise das Estratexias de Comunicación e Marketing do RC Celta: Proposta de Plan de Mellora
Autoría
P.M.B.
Grao en Xornalismo (3ªed)
P.M.B.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza as estratexias comunicativas e de márketing do RC Celta, con vistas a propoñer unha serie de melloras que optimicen a acción relativa aos medios e social do club. A través dunha análise dos contidos publicados pola entidade nos seus perfís oficiais de TikTok, Instagram, X e YouTube, examínanse as tendencias no uso de plataformas sociais por parte de clubs deportivos e identifícanse trazos característicos do caso do RC Celta. O rendemento nas redes mídese mediante unha observación cuantitativa das publicacións, integrada na propia análise. En vistas a completar o traballo, optouse por realizar un estudo da campaña Non pode ser máis de aquí, coa que o club anunciou a súa nova camiseta para a tempada 2024/25. Mediante unha análise cualitativo e cuantitativo de contido e unha revisión documental, mídese o impacto da estratexia dende diferentes dimensións: dixital, cultural, económica, deportiva e social. Finalmente, o estudo identifica oportunidades para fortalecer o vínculo do club cos seus afeccionados e para xerar maior repercusión nas súas acciones, propoñendo unha serie de medidas baseadas na identidade cultural, na cohesión social e na transformación dixital.

Organización dun festival cultural en Navia de Suarna: Dinamización cultural e promoción da identidade local
Autoría
L.M.C.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
L.M.C.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:45
09.07.2025 11:45
Resumo
SoaSuarna é un proxecto de deseño e produción dun festival cultural no rural galego, concretamente en Navia de Suarna (Lugo). A proposta parte da vontade de revitalizar a vida cultural nesta contorna, poñendo en valor o talento local e creando espazos de encontro a través da música, a artesanía e actividades participativas. O traballo inclúe unha análise teórica sobre o fenómeno da festivalización, a cultura no rural e a xestión cultural, así como unha memoria práctica da organización e execución do proxecto. O festival busca construír comunidade, fomentar a cultura galega emerxente e apostar por modelos sostibles e participativos de produción cultural.

TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Estratexia de comunicación dixital do Camiño de Santiago
Autoría
L.M.G.
Grao en Xornalismo
L.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
A presente investigación ten como finalidade analizar as contornas dixitais en que ten presenza o Camiño de Santiago, particularmente a web oficial e as redes sociais corporativas (Facebook, Instagram, X e YouTube). Partindo dunha contextualización teórica sobre o márketing e os medios sociais, examínase a evolución histórica do Camiño e a súa proxección como produto turístico e cultural. A metodoloxía empregada combina técnicas de análise cuantitativa e cualitativa, co obxectivo de avaliar a eficacia comunicativa das estratexias de comunicación dixital empregadas.

Entre a gloria e a duda: A Copa Intertoto do RC Celta e a súa oficialidade
Autoría
C.M.G.
Grao en Xornalismo
C.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2025 11:00
25.06.2025 11:00
Resumo
No verán do ano 2000, o Real Club Celta de Vigo xogou unha competición europea clasificatoria para a Copa da UEFA: A Copa Intertoto, un torneo que xa desapareceu. Nese mesmo verán, o clube vigués proclamouse campión ao vencer na final ao Zenit de Sanpetersburgo. Mais non foi campión en solitario, xa que o formato do torneo permitia varios gañadores. Ademais do Celta, o VfB Stuttgart da Alemania e mais o Udinese Calcio da Italia tamén obtiveron o título, isto levou a controversia arredor da oficialidade e prestixio do mesmo. Nesta reportaxe de investigación, imos explorar a historia desta singular competición e analizaremos cal foi o estatus e importancia que se lle deu no seu momento. Tamén faremos unha reflexión sobre como evolucionou a percepción do mesmo co paso do tempo. Por outra banda, faremos un repaso dos anos dorados do Real Club Celta de Vigo, para logo comparalo con estado actual do clube, desta maneira entenderáse mellor a importancia e relevancia do logro. Como obxectivo final debemos responder as seguintes cuestións: ¿Ten o Celta un título oficial? E, se fora o caso, ¿Tratase do único clube de fútbol masculino que o logrou en toda Galicia?

13.02.2025 09:00

LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
Memoria EnFesta: Ideación dun evento cultural e audiovisual centrado na memoria do lugar
Autoría
U.M.G.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
U.M.G.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
Por que unha aldea próxima á capital de Galicia quedaría á marxe de programación cultural e audiovisual? Quizais porque a ausencia de iniciativas culturais é propia de moitos espazos rurais convertidos na periferia inmediata das cidades, como é o caso da parroquia de Enfesta. Memoria EnFesta é un evento cultural que pretende reverter esta situación a través de talleres e actividades que a veciñanza poida compartir en comunidade, así como da creación dun arquivo fotográfico e dixital que preserve a memoria do lugar, nun intento por evitar que as historias do rural non sexan esquecidas no tempo. Este proxecto parte dunha revisión bibliográfica que permite a ideación e o desenvolvemento dos contidos, co obxectivo de deseñar un evento audiovisual na súa totalidade. É por iso que se inclúe un dossier de venda, que se presenta como o produto resultante deste traballo.
Por que unha aldea próxima á capital de Galicia quedaría á marxe de programación cultural e audiovisual? Quizais porque a ausencia de iniciativas culturais é propia de moitos espazos rurais convertidos na periferia inmediata das cidades, como é o caso da parroquia de Enfesta. Memoria EnFesta é un evento cultural que pretende reverter esta situación a través de talleres e actividades que a veciñanza poida compartir en comunidade, así como da creación dun arquivo fotográfico e dixital que preserve a memoria do lugar, nun intento por evitar que as historias do rural non sexan esquecidas no tempo. Este proxecto parte dunha revisión bibliográfica que permite a ideación e o desenvolvemento dos contidos, co obxectivo de deseñar un evento audiovisual na súa totalidade. É por iso que se inclúe un dossier de venda, que se presenta como o produto resultante deste traballo.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
A conflitividade entre o POUM e o PCE na Guerra Civil española. Análise a través dos seus xornais La Batalla e Mundo Obrero
Autoría
R.M.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
R.M.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
24.06.2025 09:00
24.06.2025 09:00
Resumo
A conflitividade entre o POUM e o PCE no transcurso da Guerra Civil é un dos sucesos máis determinantes do bando republicano. Neste traballo, que se centra na análise histórico-crítica de xornais, búscase analizar a rivalidade entre ambos partidos amosando un enfrontamento que xa se desenvolvera con anterioridade á chegada da propia guerra, durante a segunda República española. A análise xirará en torno aos xornais de La Batalla publicados entre o 11 de outubro de 1935, día no que se converte en órgano oficial do POUM, e o 27 de maio de 1937, día no que se publica o último número do mesmo. Ao mesmo tempo, serán analizadas as publicacións do órgano do PCE Mundo Obrero. O obxectivo principal radica en amosar que pensaba cada partido do contrario coa finalidade de analizar os conflitos que acabarían xerando a desaparición do POUM e que serían claves no marco da loita armada. Para a obtención da información acudiuse a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica no caso de La Batalla e ao Kiosco digital de la Guerra Civil española para Mundo Obrero. Nos resultados deste estudo obtivemos a información de que o PCE acostumaba referirse aos seus rivais como trotskistas ou axentes do fascismo e o POUM fundamentaba as súas críticas en chamalos stalinistas e republicanos. Puido descubrirse no estudo o papel determinante que xogaría a URSS no conflito, primeiro, como elemento do que dependía o PCE e segundo, como axente principal dos ataques cara o POUM e da súa consecuente desaparición.

LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
O hyperpop en España
Autoría
E.M.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
E.M.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:30
23.06.2025 10:30
Resumo
Neste traballo preséntase Hyperpop3ra, unha reportaxe multimedia e transmedia cultural que explora o subxénero musical do hyperpop en España. O proxecto constrúe a súa narrativa a través de diferentes plataformas de redes sociais (Instagram, Tiktok e Youtube) para finalizar nunha web que combina entrevistas, videos curtos e fotografías. A reportaxe analiza as singularidades técnicas e estéticas, a orixe, os artistas e os espacios dedicados á posta en práctica deste subxénero. Este texto contextualiza as bases do xornalismo especializado e xornalismo cultural, analiza as tendencias do xornalismo dixital e do xornalismo musical para describir a metodoloxía empregada no proxecto multimedia. Detállase o traballo de produción, gravación, edición e maquetación, para difundir unha web musical. Ademais da publicación de contidos multimedia en diferentes formatos e plataformas, entre abril e xuño de 2025.

O futbol modesto en Asturias
Autoría
P.M.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
P.M.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
24.06.2025 12:00
24.06.2025 12:00
Resumo
O fútbol é o deporte con máis seguidores en todo o mundo. A popularidade cultivada desde os seus inicios provoca que, a día de hoxe, haxa miles de competicións federadas e millóns de equipos amateurs. O Principado de Asturias non é unha excepción. Esta pequena rexión situada no norte de España ten unha gran tradición futbolística cuxos inicios se remontan a finais do S.XIX. Tras décadas afastados do foco mediático, “Los Buenos Al Prao” chega para darlle voz aos protagonistas que defenden a súa camiseta todas as fins de semana e recoller testemuños descoñecidos das súas historias.
O fútbol é o deporte con máis seguidores en todo o mundo. A popularidade cultivada desde os seus inicios provoca que, a día de hoxe, haxa miles de competicións federadas e millóns de equipos amateurs. O Principado de Asturias non é unha excepción. Esta pequena rexión situada no norte de España ten unha gran tradición futbolística cuxos inicios se remontan a finais do S.XIX. Tras décadas afastados do foco mediático, “Los Buenos Al Prao” chega para darlle voz aos protagonistas que defenden a súa camiseta todas as fins de semana e recoller testemuños descoñecidos das súas historias.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Arquivo dunha ollada: Foto Sandine como testemuño da memoria fotográfica de Santiago de Compostela
Autoría
H.M.D.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
H.M.D.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:45
09.07.2025 11:45
Resumo
A historia fotográfica galega e o estudio Foto Sandine converxen neste traballo, que responde á necesidade de investigación sobre a memoria fotográfica de Galicia. Ponse en valor a figura clave de Foto Sandine, como un establecemento emblemático da cidade de Santiago de Compostela, destacando o seu papel esencial na documentación e conservación do patrimonio e da memoria visual da cidade. Dende as últimas décadas do século XX ata as primeras do XXI, este estudio exerceu como testemuña de múltiples transformacións sociais, históricas, tecnolóxicas e culturais, amosando unha gran capacidade de adaptación a esta constante evolución. O traballo baséase nunha investigación sobre o contexto de florecemento e consolidación da fotografía, dos primeiros profesionais e dos estudios permanentes na actual capital galega, e nunha análise sobre a traxectoria vital e profesional da familia Sandine.

Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Tiro porque me toca: curtametraxe documental de animación a través do arquivo familiar
Autoría
J.N.B.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
J.N.B.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Quen non sentou algunha vez a escoitar as historias dos seus avós? Tiro porque me toca é unha curtametraxe documental de animación que recupera e pon en valor os relatos de tres personaxes maiores que nos trasladan á Compostela de mediados do século XX. Mediante o xogo, elemento que se erixe na curtametraxe como vehículo para a transmisión interxeracional da memoria, chegamos ás súas anécdotas persoais, cargadas de humor e costumismo. Estas historias recréanse recorrendo ao arquivo fotográfico familiar e á animación, que pretende xerar unha narrativa atractiva para todos os públicos, apelando especialmente á infancia. Con esta premisa, Tiro porque me toca márcase un obxectivo principal: abordar as lembranzas familiares e persoais para promover o rexistro e a pervivencia destas historias, que contribúen á construción da memoria colectiva e do patrimonio inmaterial de Santiago de Compostela. Á marxe da proposta creativa, o proxecto complétase cunha vertente teórica, na que se analizan diferentes aspectos relacionados coa creación documental.

REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
A construción dunha nova mirada fotodocumental: Adra Pallón e Lumes
Autoría
L.O.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
L.O.M.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
O presente estudo analiza o retrato do despoboamento rural galego que fai o fotógrafo lucense Adra Pallón na súa obra Lumes. Esta investigación pon o énfase no compromiso social que adquire a figura do fotógrafo documental nas sociedades que retrata. A través dunha metodoloxía cualitativa preténdese adiviñar como inflúe este traballo no panorama fotográfico galego, cales son as súas características e obxectivos e que relación ten coa realidade e cos suxeitos que fotografía. Conclúese que a iniciativa de Pallón constitúe unha renovación da escena fotográfica documental en Galicia. Un traballo pensado con meticulosidade e que medra dunha necesidade persoal, mais que busca referencias no pasado e se relaciona con outras disciplinas do saber. O obxectivo deste fotógrafo non é provocar un cambio real, senón homenaxear aos protagonistas.
O presente estudo analiza o retrato do despoboamento rural galego que fai o fotógrafo lucense Adra Pallón na súa obra Lumes. Esta investigación pon o énfase no compromiso social que adquire a figura do fotógrafo documental nas sociedades que retrata. A través dunha metodoloxía cualitativa preténdese adiviñar como inflúe este traballo no panorama fotográfico galego, cales son as súas características e obxectivos e que relación ten coa realidade e cos suxeitos que fotografía. Conclúese que a iniciativa de Pallón constitúe unha renovación da escena fotográfica documental en Galicia. Un traballo pensado con meticulosidade e que medra dunha necesidade persoal, mais que busca referencias no pasado e se relaciona con outras disciplinas do saber. O obxectivo deste fotógrafo non é provocar un cambio real, senón homenaxear aos protagonistas.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
Tratamento informativo de Galicia nos documentais do tardofranquismo
Autoría
F.P.S.
Grao en Xornalismo
F.P.S.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2025 10:30
25.06.2025 10:30
Resumo
O NO-DO era unha das principais canles de comunicación do goberno franquista. A través deste organismo producíanse noticiarios e documentais. Neste Traballo de Fin de grao analizouse a produción documental do NO-DO durante o tardofranquismo, do 1969 ao 1975, para descubrir como era a súa representación de Galicia. Para iso seleccionáronse os 26 documentais que tratan sobre Galicia e, a través dunha ficha de análise, detectáronse as características do discurso e a linguaxe audiovisual das pezas. Os resultados amosaron que a imaxe e o son dos documentais estaban completamente supeditados ao discurso do Réxime. As realidades política, económica e social agochábanse baixo unha estética moderna pero reivindicativa do tradicional. A meirande parte dos contidos estaban destinados á promoción turística a través da arquitectura histórica, as praias e o folclore galegos. A análise conclúe que o NO-DO non empregaba os documentais para retratar a vida da cidadanía senón que usaba os seus mecanismos para significar a Galicia como un lugar ao que peregrinar.

O Fútbol femenino
Autoría
C.P.E.
Grao en Xornalismo (3ªed)
C.P.E.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
“O fútbol feminino: pasado, presente e futuro” é unha reportaxe multimedia que trata sobre a iniciación, evolución, normalización e os futuros obxectivos desta disciplina. Este proxecto céntrase no estado do deporte en España e, máis concretamente, en terras galegas. O fútbol feminino é un deporte en auxe. O paso dos anos favoreceu a súa expansión e normalización pero o camiño non foi doado. Como reflexo da situación da muller na época, este deporte chegou a estar prohibido para o xénero feminino. En 1895 un grupo de mulleres, en Inglaterra, decidiron sentar as bases e comezar a achandar o camiño dunha nova disciplina. Con todo, a sombra do seu homólogo masculino sempreestá presente neste desenvolvemento: críticas, insultos e unha constante subestimación do nivel das xogadoras está á orde do día. Elas conseguiron sobrepoñerse e avanzar cara unha normalización, conseguindo que en sete tempadas aumentárase nun 60,43% o número de licencias activas en Galicia. Inda queda moito camiño que recorrer, as máis pequenas son o futuro da disciplina na que se reclama unha maior aposta e atención da espectadora para seguir medrando.

I.P.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
I.P.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Quen non sentou algunha vez a escoitar as historias dos seus avós? Tiro porque me toca é unha curtametraxe documental de animación que recupera e pon en valor os relatos de tres personaxes maiores que nos trasladan á Compostela de mediados do século XX. Mediante o xogo, elemento que se erixe na curtametraxe como vehículo para a transmisión interxeracional da memoria, chegamos ás súas anécdotas persoais, cargadas de humor e costumismo. Estas historias recréanse recorrendo ao arquivo fotográfico familiar e á animación, que pretende xerar unha narrativa atractiva para todos os públicos, apelando especialmente á infancia. Con esta premisa, Tiro porque me toca márcase un obxectivo principal: abordar as lembranzas familiares e persoais para promover o rexistro e a pervivencia destas historias, que contribúen á construción da memoria colectiva e do patrimonio inmaterial de Santiago de Compostela. Á marxe da proposta creativa, o proxecto complétase cunha vertente teórica, na que se analizan diferentes aspectos relacionados coa creación documental.
Quen non sentou algunha vez a escoitar as historias dos seus avós? Tiro porque me toca é unha curtametraxe documental de animación que recupera e pon en valor os relatos de tres personaxes maiores que nos trasladan á Compostela de mediados do século XX. Mediante o xogo, elemento que se erixe na curtametraxe como vehículo para a transmisión interxeracional da memoria, chegamos ás súas anécdotas persoais, cargadas de humor e costumismo. Estas historias recréanse recorrendo ao arquivo fotográfico familiar e á animación, que pretende xerar unha narrativa atractiva para todos os públicos, apelando especialmente á infancia. Con esta premisa, Tiro porque me toca márcase un obxectivo principal: abordar as lembranzas familiares e persoais para promover o rexistro e a pervivencia destas historias, que contribúen á construción da memoria colectiva e do patrimonio inmaterial de Santiago de Compostela. Á marxe da proposta creativa, o proxecto complétase cunha vertente teórica, na que se analizan diferentes aspectos relacionados coa creación documental.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
O financiamento dos medios públicos autonómicos españois: evolución das subvencións recibidas durante o período 2013-2023
Autoría
R.P.V.
Grao en Xornalismo (3ªed)
R.P.V.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:30
23.06.2025 10:30
Resumo
Neste traballo de Fin de Grao estudouse a evolución do financiamento público dunha selección de sete medios públicos autonómicos españois durante o período 2013-2023, a partir das contas anuais consolidadas dos seus gobernos autonómicos. Realizouse unha análise da literatura para compoñer un marco teórico que contextualice e introduza a investigación, que foi realizada cun método cuantitativo, a partir da análise de 75 documentos das sete corporacións escollidas -Cataluña, País Vasco, Andalucía, Galicia, Madrid, Valencia y Aragón-. Os resultados mostran como os medios autonómicos aumentan o orzamento e as subvencións de maneira gradual sen atender a obxectivos, cumprindo co pactado nos Contrato Programa. Ademais as crises económicas afectan en gran medida aos PSM, obrigando a realizar reestruturacións económicas e a destinar partidas extraordinarias a cubrir as perdas.

Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)

Verdade fronte a viralidade: o efecto dominó da desinformación nas redes sociais e o reto dos medios de comunicación en tempos de crise. Análise comparativa entre a pandemia de Covid-19 e a DANA en Valencia de 2024.
Autoría
I.P.N.
Grao en Xornalismo (3ªed)
I.P.N.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
25.06.2025 11:00
25.06.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase en realizar unha investigación comparativa, analizando e explicando o fenómeno da desinformación dende o punto de vista xurídico, durante dúas crises diferentes: a pandemia da Covid-19 e a DANA en Valencia de 2024. A finalidade do traballo é observar e examinar a cobertura de ambos fenómenos tanto nos medios de comunicación como o papel das redes sociais, a través das plataformas de verificación, na difusión da desinformación. O obxectivo é estudar como e onde se difunden as desinformacións no contexto destas crises, e así considerar os aspectos legais relacionados co dereito á información veraz, á honra e á rectificación.

AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Vogal)
Ida e Volta
Autoría
A.P.N.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
A.P.N.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
03.07.2025 16:00
03.07.2025 16:00
Resumo
Desde fai anos a sociedade e a historia de Galicia ven moi vinculadas ao movemento e a emigración. Xa sea por familiares cercanos ou coñecidos, a maioría dos galegos teñen lazos co estranxeiro ou se ven afectadas directamente por estes movementos migratorios. Cos ollos postos no presente, estes cambios seguen influenciando a vida diaria de miles de persoas. Cada vez é menos estraño ir andando pola rúa e atoparnos con xente de outras nacionalidades. A maioría deles non son turistas, chegaron a Galicia para asentarse e buscar un futuro mellor para eles e as súas familias. Con este traballo o que se pretende é crear un proxecto transmedia que axude a crear unha comunidade de persoas emigrantes. Levar a cabo diferentes proxectos interconectados entre si que ofrezan un lugar seguro e cómodo onde estas persoas poidan contas as súas vivencias e preocupacións. Estre proxecto estará apoiado por unha páxina web onde se publicarán diferentes entrevistas de creación propia, redes sociais que conten con publicacións máis cortas e interesantes e eventos presenciais, que se irán desenvolvendo e medrando co paso do tempo.
Desde fai anos a sociedade e a historia de Galicia ven moi vinculadas ao movemento e a emigración. Xa sea por familiares cercanos ou coñecidos, a maioría dos galegos teñen lazos co estranxeiro ou se ven afectadas directamente por estes movementos migratorios. Cos ollos postos no presente, estes cambios seguen influenciando a vida diaria de miles de persoas. Cada vez é menos estraño ir andando pola rúa e atoparnos con xente de outras nacionalidades. A maioría deles non son turistas, chegaron a Galicia para asentarse e buscar un futuro mellor para eles e as súas familias. Con este traballo o que se pretende é crear un proxecto transmedia que axude a crear unha comunidade de persoas emigrantes. Levar a cabo diferentes proxectos interconectados entre si que ofrezan un lugar seguro e cómodo onde estas persoas poidan contas as súas vivencias e preocupacións. Estre proxecto estará apoiado por unha páxina web onde se publicarán diferentes entrevistas de creación propia, redes sociais que conten con publicacións máis cortas e interesantes e eventos presenciais, que se irán desenvolvendo e medrando co paso do tempo.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
O consumo informativo da mocidade ante situacións de crise: estudo de caso a partir da emerxencia da DINA de Valencia
Autoría
I.R.C.
Grao en Xornalismo (3ªed)
I.R.C.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
O 29 de outubro de 2024 produciuse a DINA de Valencia, un fenómeno meteorolóxico extremo que causou máis de 200 vítimas mortais e graves danos materiais en moitos dos concellos que conforman a Comunidade Valenciana. A magnitude do evento converteu a súa cobertura mediática nun tema prioritario para os principais medios de comunicación españois, nun contexto marcado pola sobrecarga informativa, a inmediatez e unha alta carga audiovisual. Baseándose neste escenario, esta investigación busca comprender a dinámica do consumo de noticias por parte dos mozos durante situacións de crise, prestando especial atención á preferencia entre canles de televisión públicas e privadas. Tamén se consideran factores como a fiabilidade percibida dos diferentes medios de comunicación e o impacto da desinformación. Este proxecto, baseado nunha metodoloxía que combina entrevistas semiestruturadas en profundidade con mozos españois con perfís diversos e unha análise de contido de programas informativos de Antena 3 e La 1, revela que os mozos non priorizan ningunha canle específica á hora de obter información en contextos críticos, senón que recorren principalmente ás redes sociais, aínda que tenden a ver máis a televisión durante eventos graves. Ademais, percibiron unha cobertura mediática centrada na vitimización, tanto narrativa como visualmente.

Cancro Diario
Autoría
R.R.C.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
R.R.C.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao aquí presente consiste na realización da curtametraxe Cancro Diario, coa súa conseguinte cobertura nunha conta de Instagram na que se subiron, de maneira periódica, estatísticas e informacións acerca do cancro e dos adolescentes. A peza conta a historia de Olivia Martínez, unha moza de 20 anos á que o diagnóstico de cancro lle paraliza toda a súa rutina e a súa contorna. Para poder palialo refúxiase nas súas amigas e na súa cámara dixital. Nas conseguintes publicacións en redes sociais foise falando da necesaria axuda das profesionais da psicoloxía e da contorna positiva para coas pacientes.
O Traballo de Fin de Grao aquí presente consiste na realización da curtametraxe Cancro Diario, coa súa conseguinte cobertura nunha conta de Instagram na que se subiron, de maneira periódica, estatísticas e informacións acerca do cancro e dos adolescentes. A peza conta a historia de Olivia Martínez, unha moza de 20 anos á que o diagnóstico de cancro lle paraliza toda a súa rutina e a súa contorna. Para poder palialo refúxiase nas súas amigas e na súa cámara dixital. Nas conseguintes publicacións en redes sociais foise falando da necesaria axuda das profesionais da psicoloxía e da contorna positiva para coas pacientes.
Dirección
Castello Mayo, Enrique (Titoría)
Castello Mayo, Enrique (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Sportwashing en Oriente Medio. Fútbol e xeopolítica.
Autoría
M.R.F.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
M.R.F.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
O ‘Sportwashing’ ou lavado deportivo é unha estratexia de comunicación política consistente en branquear a imaxe ou mellorar a reputación de entidades ou persoas a través do deporte. Aínda que os seus métodos viñéronse utilizando desde o século XX, no século XXI os réximes de Oriente Medio (Arabia Saudita, Catar e Emiratos Árabes Unidos) convertéronse en verdadeiros protagonistas no exercicio destas prácticas. En definitiva, este traballo supón unha aproximación á evolución histórica da materia, atendendo aos seus antecedentes históricos na Italia fascista ou a Arxentina de Videla, aos seus modelos de aplicación e ás súas implicacións nas dinámicas xeopolíticas en Oriente Medio. Ademais, propón e materializa un proxecto de audio de infoentretenimiento que cumpre os obxectivos divulgativos con rigor xornalístico e académico.

FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Titoría)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Vogal)

Análise da programación de RTVE (2021 - 2024): estratexias, impacto e cumprimento coa misión de servizo público
Autoría
D.R.L.
Grao en Xornalismo (3ªed)
D.R.L.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
RTVE incorporou á grella da 1 múltiples contidos entre 2021 e 2024, elaborando así unha estratexia fundamentada na retransmisión de grandes eventos deportivos e de diversos programas de entretemento, ficción e información e actualidade, despois de que en 2021 a canle xeneralista presentará a súa cota de pantalla anual máis baixa dos últimos anos. A presente investigación pretende analizar como os contidos que RTVE introduciu na programación da 1 como novidade entre 2021 e 2024 contribuíron á misión de servizo público que xustifica a existencia da corporación española, como influíron estes novos contidos nos índices de audiencia da canle xeneralista e que opinión ten a audiencia sobre a súa emisión na canle pública.
RTVE incorporou á grella da 1 múltiples contidos entre 2021 e 2024, elaborando así unha estratexia fundamentada na retransmisión de grandes eventos deportivos e de diversos programas de entretemento, ficción e información e actualidade, despois de que en 2021 a canle xeneralista presentará a súa cota de pantalla anual máis baixa dos últimos anos. A presente investigación pretende analizar como os contidos que RTVE introduciu na programación da 1 como novidade entre 2021 e 2024 contribuíron á misión de servizo público que xustifica a existencia da corporación española, como influíron estes novos contidos nos índices de audiencia da canle xeneralista e que opinión ten a audiencia sobre a súa emisión na canle pública.
Dirección
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)
Viñen por verte: desenvolvemento dunha serie documental sobre a cadea de transmisión na poesía popular oral galega.
Autoría
S.S.B.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
S.S.B.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 12:30
09.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao propón a creación da serie documental Viñen por verte, unha obra audiovisual en tres capítulos que afonda na tradición oral galega desde unha perspectiva histórica, emocional e simbólica. A proposta nace dun estudo profundo da cadea de transmisión deste patrimonio inmaterial, centrado nas recollidas desenvolvidas na década de 1990, clave para conservar unha memoria colectiva que estivo a piques de desaparecer tralo impacto da ditadura franquista e a ruptura co mundo rural. O eixo condutor da serie é Rumboia, unha personaxe simbólica que encarna a tradición oral galega e guía a narrativa entre o pasado, o presente e o futuro. Mediante entrevistas, arquivos audiovisuais e actuacións musicais, constrúese un relato que destaca o valor do traballo das persoas compiladoras e da transmisión oral, abordando o debate do acceso ao arquivo á par que reivindica o papel fundamental das portadoras da memoria colectiva, as mulleres.
Este Traballo de Fin de Grao propón a creación da serie documental Viñen por verte, unha obra audiovisual en tres capítulos que afonda na tradición oral galega desde unha perspectiva histórica, emocional e simbólica. A proposta nace dun estudo profundo da cadea de transmisión deste patrimonio inmaterial, centrado nas recollidas desenvolvidas na década de 1990, clave para conservar unha memoria colectiva que estivo a piques de desaparecer tralo impacto da ditadura franquista e a ruptura co mundo rural. O eixo condutor da serie é Rumboia, unha personaxe simbólica que encarna a tradición oral galega e guía a narrativa entre o pasado, o presente e o futuro. Mediante entrevistas, arquivos audiovisuais e actuacións musicais, constrúese un relato que destaca o valor do traballo das persoas compiladoras e da transmisión oral, abordando o debate do acceso ao arquivo á par que reivindica o papel fundamental das portadoras da memoria colectiva, as mulleres.
Dirección
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
O Real Club Celta de Vigo e os medios de comunicación: Análise da relación entre a fonte informativa e os profesionais
Autoría
M.S.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.S.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 11:45
08.07.2025 11:45
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza a relación profesional entre o Departamento de Comunicación do RC Celta de Vigo e os xornalistas que cobren a información do primeiro equipo. A través dun enfoque empírico, estúdanse as dinámicas comunicativas entre ambas as partes nun contexto marcado pola transformación dos medios e a profesionalización da comunicación deportiva. O traballo ofrece unha mirada crítica sobre como se constrúen e negocian estas relacións nun club de fútbol de tamaño intermedio, destacando tensións, estratexias e mecanismos de colaboración. Así mesmo, abórdanse os cambios recentes na xestión comunicativa do club e o seu impacto no acceso á información e na percepción dos profesionais dos medios de comunicación. O estudo contribúe a comprender os retos actuais da comunicación deportiva e a importancia dunha relación transparente e profesional entre clubs e medios.
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza a relación profesional entre o Departamento de Comunicación do RC Celta de Vigo e os xornalistas que cobren a información do primeiro equipo. A través dun enfoque empírico, estúdanse as dinámicas comunicativas entre ambas as partes nun contexto marcado pola transformación dos medios e a profesionalización da comunicación deportiva. O traballo ofrece unha mirada crítica sobre como se constrúen e negocian estas relacións nun club de fútbol de tamaño intermedio, destacando tensións, estratexias e mecanismos de colaboración. Así mesmo, abórdanse os cambios recentes na xestión comunicativa do club e o seu impacto no acceso á información e na percepción dos profesionais dos medios de comunicación. O estudo contribúe a comprender os retos actuais da comunicación deportiva e a importancia dunha relación transparente e profesional entre clubs e medios.
Dirección
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
MIDON MIGUEZ, MANUEL (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
Traballo de investigación sobre a brecha de xénero no xornalismo deportivo
Autoría
A.S.B.
Grao en Xornalismo (3ªed)
A.S.B.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 09:00
23.06.2025 09:00
Resumo
O xornalismo deportivo sufriu grandes transformacións a todos os niveis ao longo dos últimos anos. A estes cambios non lles é allea unha das grandes problemáticas, tanto do xornalismo como de moitos outros sectores sociais: a situación das mulleres. Os movementos sociais da última década foron de gran axuda na procura de melloras. Este estudo pretende analizar a representación de xénero nos diferentes medios de comunicación, comparar a situación coa de finais do século pasado e comezos do actual, así como coñecer o punto de vista da audiencia. Para iso, realizouse unha análise de contido, unha enquisa e cinco entrevistas semiestruturadas a diferentes xornalistas deportivas, tanto galegas como do panorama estatal. Os resultados reflicten o avance significativo acadado ata o de agora, pero tamén a necesidade de continuar a loita para rematar coa desigualdade que hoxe en día aínda persiste no xornalismo deportivo.
O xornalismo deportivo sufriu grandes transformacións a todos os niveis ao longo dos últimos anos. A estes cambios non lles é allea unha das grandes problemáticas, tanto do xornalismo como de moitos outros sectores sociais: a situación das mulleres. Os movementos sociais da última década foron de gran axuda na procura de melloras. Este estudo pretende analizar a representación de xénero nos diferentes medios de comunicación, comparar a situación coa de finais do século pasado e comezos do actual, así como coñecer o punto de vista da audiencia. Para iso, realizouse unha análise de contido, unha enquisa e cinco entrevistas semiestruturadas a diferentes xornalistas deportivas, tanto galegas como do panorama estatal. Os resultados reflicten o avance significativo acadado ata o de agora, pero tamén a necesidade de continuar a loita para rematar coa desigualdade que hoxe en día aínda persiste no xornalismo deportivo.
Dirección
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
Ao ritmo de golpes
Autoría
T.S.B.
Grao en Comunicación Audiovisual
T.S.B.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Este proxecto consiste na ideación dunha miniserie de ficción dramática e a produción do seu episodio piloto. Ao Ritmo de Golpes narra a historia de cinco mulleres, Carme, Malena, Majo, Ana e Cecilia, dende a perspectiva dunha ollada feminina que presenta aos personaxes como autónomos, con voz propia e traxectorias vitais complexas, baseándonos nas teorías de autoras como Janice Loreck ou Laura Mulvey. A narrativa estrutúrase en dúas liñas temporais: unha no presente e outra no pasado. Ana e Cecilia, as personaxes do presente, son as fillas de Carme e Malena, respectivamente. A través dun descubrimento, inician a investigación sobre a relación que unía ás súas nais durante a época da Movida Viguesa, entrelazando esa investigación coa liña temporal pasada presente en pantalla. A serie aborda unha historia de amor secreta entre Malena e Carme, e como esta relación condiciona a vida actual delas e tamén a das súas fillas. Cecilia e Ana, a través dun traballo da universidade, desvelan liortas, enredos amorosos e desgrazas familiares pasadas que permanecen latentes no presente de varias personaxes. O proxecto iniciou cun proceso de co-creación do arco de tempada, onde se definiron todos os puntos chave da relación amorosa e subtramas que compoñerían a historia. Unha vez establecidas esas tramas, optouse unha narrativa non lineal, que conta a historia do final ao principio. A partir de ese esquema, desenvolveuse o guión do primeiro capítulo, que correspondería co episodio presentado xunto con este documento.

X.T.N.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
X.T.N.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:45
09.07.2025 11:45
Resumo
SoaSuarna é un proxecto de deseño e produción dun festival cultural no rural galego, concretamente en Navia de Suarna (Lugo). A proposta parte da vontade de revitalizar a vida cultural nesta contorna, poñendo en valor o talento local e creando espazos de encontro a través da música, a artesanía e actividades participativas. O traballo inclúe unha análise teórica sobre o fenómeno da festivalización, a cultura no rural e a xestión cultural, así como unha memoria práctica da organización e execución do proxecto. O festival busca construír comunidade, fomentar a cultura galega emerxente e apostar por modelos sostibles e participativos de produción cultural.
SoaSuarna é un proxecto de deseño e produción dun festival cultural no rural galego, concretamente en Navia de Suarna (Lugo). A proposta parte da vontade de revitalizar a vida cultural nesta contorna, poñendo en valor o talento local e creando espazos de encontro a través da música, a artesanía e actividades participativas. O traballo inclúe unha análise teórica sobre o fenómeno da festivalización, a cultura no rural e a xestión cultural, así como unha memoria práctica da organización e execución do proxecto. O festival busca construír comunidade, fomentar a cultura galega emerxente e apostar por modelos sostibles e participativos de produción cultural.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
“Cámaras de eco en redes sociais: unha revisión do impacto dos algoritmos na polarización dixital”.
Autoría
B.U.G.
Grao en Xornalismo
B.U.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
26.06.2025 16:30
26.06.2025 16:30
Resumo
Este traballo de fin de grao presenta unha revisión bibliográfica sistematizada sobre o impacto dos algoritmos de recomendación e personalización na formación das cámaras de eco e dos filtros burbulla no contexto das redes sociais dixitais. Partindo do concepto formulado por Eli Pariser en 2011, analízase como os algoritmos condicionan a exposición á información, favorecendo contidos homoxéneos e afíns ás preferencias previas do usuario, o que pode derivar en procesos de polarización ideolóxica, radicalización e desinformación. A través da análise da literatura científica existente, o traballo propón examinar os principais debates académicos arredor deste fenómeno, avaliar a existencia real das cámaras de eco e os filtros burbulla, e valorar as consecuencias sociais e políticas derivadas do uso destes sistemas algorítmicos.
Este traballo de fin de grao presenta unha revisión bibliográfica sistematizada sobre o impacto dos algoritmos de recomendación e personalización na formación das cámaras de eco e dos filtros burbulla no contexto das redes sociais dixitais. Partindo do concepto formulado por Eli Pariser en 2011, analízase como os algoritmos condicionan a exposición á información, favorecendo contidos homoxéneos e afíns ás preferencias previas do usuario, o que pode derivar en procesos de polarización ideolóxica, radicalización e desinformación. A través da análise da literatura científica existente, o traballo propón examinar os principais debates académicos arredor deste fenómeno, avaliar a existencia real das cámaras de eco e os filtros burbulla, e valorar as consecuencias sociais e políticas derivadas do uso destes sistemas algorítmicos.
Dirección
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Estratexias comunicativas dixitais de Nude Project para fidelizar á Xeración Z.
Autoría
A.V.P.
Grao en Xornalismo (3ªed)
A.V.P.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a estratexia de comunicación dixital da marca española de moda streetwear Nude Project, enfocándose na súa capacidade para crear comunidade coa Xeración Z a través dos seus contidos en redes sociais. Mediante unha metodoloxía mixta, que combina unha análise de contido e unha enquisa dirixida ao público centennial, estúdanse os recursos que utiliza para xerar compromiso en Instagram, TikTok e Youtube. Así mesmo, examínase a percepción que os usuarios teñen da mesma. Grazas a esta investigación, reflexiónase sobre o papel da narrativa dixital e os valores transmitidos como elementos para fortalecer a conexión emocional entre marca e audiencia.
Este Traballo de Fin de Grao analiza a estratexia de comunicación dixital da marca española de moda streetwear Nude Project, enfocándose na súa capacidade para crear comunidade coa Xeración Z a través dos seus contidos en redes sociais. Mediante unha metodoloxía mixta, que combina unha análise de contido e unha enquisa dirixida ao público centennial, estúdanse os recursos que utiliza para xerar compromiso en Instagram, TikTok e Youtube. Así mesmo, examínase a percepción que os usuarios teñen da mesma. Grazas a esta investigación, reflexiónase sobre o papel da narrativa dixital e os valores transmitidos como elementos para fortalecer a conexión emocional entre marca e audiencia.
Dirección
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)
Vizoso García, Ángel Antonio (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)
O tratamento e cobertura do suicidio nos medios de comunicación
Autoría
M.V.C.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.V.C.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 11:45
08.07.2025 11:45
Resumo
O suicidio representa un grave problema de saúde pública. En España rexistráronse 4.116 suicidios en 2023. Trátase dunha cuestión tradicionalmente silenciada nos medios, mais investigacións recentes afirman que comunicar sobre suicidio de forma adecuada pode ser unha medida de prevención e sensibilización, dada a influencia que exerce o xornalismo na opinión pública. Este Traballo de Fin de Grao analiza o tratamento que se realizou do suicidio entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 nos dous principais xornais de Galicia: Faro de Vigo e La Voz de Galicia, co obxectivo de verificar o cumprimento do establecido pola ética española e europea sobre a correcta cobertura desta cuestión. Para iso, esta investigación empregou un estudo de caso articulado a través de entrevistas en profundidade a profesionais sanitarios e comunicadores, e dunha análise de contido fundamentalmente cuantitativa para a que se realizou unha ficha de análise integrada por once variables, extraídas gran parte delas das guías sobre o tratamento do suicidio. Os resultados amosan unha cobertura variada en ambos medios de comunicación, mais sen ter maioritariamente en conta o recomendado polas guías, os profesionais sanitarios ou sen a sensibilidade necesaria para abordar o suicidio.
O suicidio representa un grave problema de saúde pública. En España rexistráronse 4.116 suicidios en 2023. Trátase dunha cuestión tradicionalmente silenciada nos medios, mais investigacións recentes afirman que comunicar sobre suicidio de forma adecuada pode ser unha medida de prevención e sensibilización, dada a influencia que exerce o xornalismo na opinión pública. Este Traballo de Fin de Grao analiza o tratamento que se realizou do suicidio entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 nos dous principais xornais de Galicia: Faro de Vigo e La Voz de Galicia, co obxectivo de verificar o cumprimento do establecido pola ética española e europea sobre a correcta cobertura desta cuestión. Para iso, esta investigación empregou un estudo de caso articulado a través de entrevistas en profundidade a profesionais sanitarios e comunicadores, e dunha análise de contido fundamentalmente cuantitativa para a que se realizou unha ficha de análise integrada por once variables, extraídas gran parte delas das guías sobre o tratamento do suicidio. Os resultados amosan unha cobertura variada en ambos medios de comunicación, mais sen ter maioritariamente en conta o recomendado polas guías, os profesionais sanitarios ou sen a sensibilidade necesaria para abordar o suicidio.
Dirección
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
LOURIDO LOUREIRO, IRENE SANDRA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Creación dunha curtametraxe de ficción ambientada na Galiza do século XX
Autoría
B.V.D.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
B.V.D.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.07.2025 10:15
09.07.2025 10:15
Resumo
O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficcion, titulada O Zoar, para a que se desenvolveu unha proposta visual interesante e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais. O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficcion, titulada O Zoar, para a que se desenvolveu unha proposta visual interesante e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais. O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficcion, titulada O Zoar, para a que se desenvolveu unha proposta visual interesante e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais.
O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficcion, titulada O Zoar, para a que se desenvolveu unha proposta visual interesante e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais. O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficcion, titulada O Zoar, para a que se desenvolveu unha proposta visual interesante e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais. O traballo consiste na creación dunha curtametraxe de ficcion, titulada O Zoar, para a que se desenvolveu unha proposta visual interesante e axeitada e tomando inspiración de diversas fontes culturais.
Dirección
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL (Vogal)
Tiro porque me toca: curtametraxe documental de animación a través do arquivo familiar
Autoría
C.V.N.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
C.V.N.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Quen non sentou algunha vez a escoitar as historias dos seus avós? Tiro porque me toca é unha curtametraxe documental de animación que recupera e pon en valor os relatos de tres personaxes maiores que nos trasladan á Compostela de mediados do século XX. Mediante o xogo, elemento que se erixe na curtametraxe como vehículo para a transmisión interxeracional da memoria, chegamos ás súas anécdotas persoais, cargadas de humor e costumismo. Estas historias recréanse recorrendo ao arquivo fotográfico familiar e á animación, que pretende xerar unha narrativa atractiva para todos os públicos, apelando especialmente á infancia. Con esta premisa, Tiro porque me toca márcase un obxectivo principal: abordar as lembranzas familiares e persoais para promover o rexistro e a pervivencia destas historias, que contribúen á construción da memoria colectiva e do patrimonio inmaterial de Santiago de Compostela. Á marxe da proposta creativa, o proxecto complétase cunha vertente teórica, na que se analizan diferentes aspectos relacionados coa creación documental.
Quen non sentou algunha vez a escoitar as historias dos seus avós? Tiro porque me toca é unha curtametraxe documental de animación que recupera e pon en valor os relatos de tres personaxes maiores que nos trasladan á Compostela de mediados do século XX. Mediante o xogo, elemento que se erixe na curtametraxe como vehículo para a transmisión interxeracional da memoria, chegamos ás súas anécdotas persoais, cargadas de humor e costumismo. Estas historias recréanse recorrendo ao arquivo fotográfico familiar e á animación, que pretende xerar unha narrativa atractiva para todos os públicos, apelando especialmente á infancia. Con esta premisa, Tiro porque me toca márcase un obxectivo principal: abordar as lembranzas familiares e persoais para promover o rexistro e a pervivencia destas historias, que contribúen á construción da memoria colectiva e do patrimonio inmaterial de Santiago de Compostela. Á marxe da proposta creativa, o proxecto complétase cunha vertente teórica, na que se analizan diferentes aspectos relacionados coa creación documental.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Estudio Visual: Voces e expresións da moda galega contemporánea
Autoría
A.V.D.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
A.V.D.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Neste traballo preséntase Estudio Visual, unha columna xornalística bilingüe especializada en moda que busca poñer en foco aos novos creativos do panorama de moda en Galicia. A través dunha páxina web interactiva, integrada por textos e imaxes dixitais e analóxicas, materialízase este proxecto que nace coa intención de crear un espazo para os diálogos sobre moda, creatividade e sostibilidade. En primeiro lugar, ofrécese un percorrido histórico polo xornalismo dixital e especializado, así como das novas tendencias na comunicación de moda e nas redes sociais. En segundo lugar, especifícanse as rutinas e os procesos que posibilitaron a concreción do proxecto nunha páxina web. Finalmente, detállase a estratexia en redes sociais que segue a iniciativa para acadar difusión e crear comunidade arredor da moda gallega.
Neste traballo preséntase Estudio Visual, unha columna xornalística bilingüe especializada en moda que busca poñer en foco aos novos creativos do panorama de moda en Galicia. A través dunha páxina web interactiva, integrada por textos e imaxes dixitais e analóxicas, materialízase este proxecto que nace coa intención de crear un espazo para os diálogos sobre moda, creatividade e sostibilidade. En primeiro lugar, ofrécese un percorrido histórico polo xornalismo dixital e especializado, así como das novas tendencias na comunicación de moda e nas redes sociais. En segundo lugar, especifícanse as rutinas e os procesos que posibilitaron a concreción do proxecto nunha páxina web. Finalmente, detállase a estratexia en redes sociais que segue a iniciativa para acadar difusión e crear comunidade arredor da moda gallega.
Dirección
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
Estudo da comunicación dunha entidade deportiva: o Real Oviedo e a súa relación cos medios
Autoría
J.V.F.
Grao en Xornalismo (3ªed)
J.V.F.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
25.06.2025 12:30
25.06.2025 12:30
Resumo
A comunicación está intimamente relacionada co deporte e creceu exponencialmente ao longo do século XXI. Os clubes diríxense cada vez máis a un público máis amplo, e isto implica unha maior responsabilidade en termos de comunicación, así como a necesidade dun maior investimento. Non obstante, existen poucos artigos académicos que aborden estas cuestións en profundidade no mundo do fútbol. Este traballo analiza como se leva a cabo a comunicación nunha organización profesional, neste caso o Real Oviedo. Para iso, analizamos o seu plan de comunicación e como se executa, así como as diferentes accións que leva a cabo e o nivel de satisfacción coa súa política de comunicación tanto entre os seus seareiros como entre os xornalistas que a cobren a diario. Isto faise co fin de identificar posibles fallos ou posibles áreas de mellora na súa estratexia de comunicación.