Ir o contido principal

Concurso de pintura CreArte

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais apostou desde sempre polo fomento da arte galega, prestándose como depósito e adquirindo durante moitos anos obras de arte coas que na actualidade todos os membros da comunidade universitaria e de fóra dela podemos gozar. A longa tradición do noso centro, pioneiro no apoio á creación artística e ao coleccionismo, levou a creación no ano 2011 do concurso de pintura CreArte na Universidade, un premio dirixido inicialmente a todos os membros da comunidade universitaria, e aberto a toda a sociedade desde a edición 2014-2015.

cadro gañador edición 2025
cadro gañador edición 2025
Convocatoria 2025

XIV Edición (2025)

Cadros gañadores en edicións anteriores

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2025.