
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC ten unha moi extensa colección de arte galega contemporánea que non se coñece suficientemente. Por iso imos organizas varias visitas guiadas con prazas limitadas os días 15 de maio (ás 12.30 h), 12 de xuño (ás 17.00 h) e 16 de xullo (ás 12.30 h) de 2025.
As visitas son totalmente gratuítas. Para apuntarse só é preciso enviar un correo a ecoade.decanato [at] usc.es (ecoade[dot]decanato[at]usc[dot]es) con asunto "Visita patrimonio artístico" e indicar que día se prefire para facer a visita. As visitas están abertas a calquera persoa de fóra ou dentro da USC.