Ir o contido principal

Premio de Innovación Docente

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela quere fomentar e recoñecer a calidade da actividade docente do seu profesorado, recoñecendo a importancia da tarefa docente para a consecución dun ensino de calidade que contribúa á formación do estudantado nas competencias necesarias para o exercicio da súa profesión futura.

A través do Premio de Innovación Docente quérese recoñecer o esforzo do profesorado na posta en práctica de accións innovadoras para a mellora da docencia e o desenvolvemento das competencias.

III Premio de Innovación Docente
III Premio de Innovación Docente
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2025.