O impacto da xestión do beneficio na rendibilidade empresarial
Autoría
A.A.M.
Máster Universitario en Economía
A.A.M.
Máster Universitario en Economía
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo analizar o impacto das prácticas de earnings management na rendibilidade empresarial das pequenas e medianas empresas (pemes) españolas. Concretamente, búscase estudar como inflúen tanto as prácticas baseadas nos axustes por devengo discrecionais (accruals earnings management) como as baseadas na manipulación de actividades reais (real earnings management) na rendibilidade sobre activos (ROA) e na rendibilidade sobre recursos propios (ROE). Para levar a cabo a investigación empréganse os modelos de Jones modificado (Dechow et al. (1995)) e de Roychowdhury (2006), co fin de obter unha medida de xestión de beneficios, e despois poder deseñar un modelo econométrico de datos de panel que explique a rendibilidade en función destas variables xunto con outras de control. Utilízase unha mostra con observacións de máis de cen pequenas e medianas empresas españolas no período 2000-2023. Os resultados amosan que tanto as prácticas baseadas nos accruals como as baseadas nas actividades reais teñen un efecto positivo e significativo sobre a rendibilidade económica e financeira, o que suxire que as pemes poden facer uso da xestión de beneficios para ver incrementados os seus resultados de forma artificial, pero sen infrinxir a normativa contable. Os nosos resultados son consistentes cos obtidos por Ayisi et al. (2021) para Ghana no período 2008-2019, e demostramos a súa robustez ao aplicar o seu estudo ao caso español e ao incluír o período do COVID-19, no que non se detectou ningún cambio de comportamento a raíz da pandemia.

Dirección
Iglesias Vázquez, Emma María (Titoría)
Iglesias Vázquez, Emma María (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)

Análisis económico financeiro e non financeiro de VIDRALA, S.A.
Autoría
A.P.B.G.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
A.P.B.G.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O obxectivo do presente traballo é realizar un análise económico financeiro de Vidrala S.A. co fin de estudar a situación actual da empresa e a súa vez comparala cun grupo de empresas pertencentes ao mesmo sector. O traballo divídese en 5 partes, iniciando coa presentación de Vidrala, seguido dun análise exterior e interior, para logo pasar ao análise económico financeiro. O traballo rematará cun análise do informe de sustentabilidade da compañía e as conclusións deste proxecto. Os resultados amosan que Vidrala mantén unha posición estable, reflectindo unha baixa probabilidade de quiebra, pero con fluctuacións na súa rentabilidade financeira. Cada unha das empresas analizadas neste traballo presentan situacións que reflecten os desafíos que enfronta a industria do vidro en España e o seu desenvolvemento ao longo do periodo 2019-2023.

Garrido Ruso, María (Titoría)
Garrido Ruso, María (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)

Medre Económico e Benestar Social: O caso de Nicaragua
Autoría
L.C.C.P.
Máster Universitario en Economía
L.C.C.P.
Máster Universitario en Economía
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o comportamento do medre e desenvolvemento económico en Nicaragua dende 1990 ata 2024, mediante unha perspectiva de estrutura histórica, cuantitativa e descritiva, tendo en conta o impacto, as causas e as consecuencias das transformacións políticas, sociais e económicas. A través do uso de datos dispoñibles do Banco Mundial e da revisión da literatura, identifícanse as principais características da economía nicaraguana, marcada por un proceso de transición cara a unha economía de servizos, cunha presenza potencial do turismo, e unha sostida apertura comercial, aínda que con persistentes desigualdades sociais e rexionais. Os resultados evidencian que o medre económico de Nicaragua foi positivo e acelerado nas últimas décadas, cunha taxa media de medre interanual do PIB real do 3,31 %, impulsado polas remesas, o consumo privado, o dinamismo do sector servizos, así como pola estabilidade política e macroeconómica acadada tras as reformas estruturais dos anos 90. Porén, este medre non foi acompañado dunha mellora proporcional nos indicadores de benestar social, especialmente no tocante á pobreza, equidade, educación e acceso a servizos básicos de saneamento. Esta análise, baseada nos resultados obtidos, propón o fortalecemento e cambio do modelo económico por unha economía baseada no turismo sustentábel como vía para mellorar o benestar, eliminar as fendas rexionais, aproveitar as vantaxes comparativas do país e fomentar unha maior participación social. Nese sentido, requírese que o Estado e o goberno de Nicaragua se centren en superar retos institucionais, como a feble inversión en infraestrutura, a alta informalidade laboral e as históricas desigualdades territoriais e sociais internas. Conclúese que un modelo de economía baseado nun turismo sustentábel e equitativo pode ser un motor de medre económico que, á súa vez, produza resultados no desenvolvemento e no benestar social para Nicaragua.

SURIS REGUEIRO, XOAN CARLOS (Titoría)
SURIS REGUEIRO, XOAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)
Análise económico financeira e non financeira de Grupo Leche Río S.A.
Autoría
D.D.I.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
D.D.I.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico financeira e non financeira de Grupo Leche Río S.A., unha das principais empresas do sector lácteo galego e estatal. Ao longo do período do 2019 a 2023 avaliouse a súa evolución interna, así como o seu posicionamento respecto ao seu rival máis directo, Leche Celta S.L., co propósito de elaborar un diagnóstico preciso e propoñer melloras fundamentadas. A investigación estrutúrase en tres bloques. En primeiro lugar, preséntase a empresa, ofrecendo a información máis relevante sobre a mesma. A continuación, desenvólvese unha análise externa e interna que permite obter unha visión detallada da súa posición no sector, servindo de base para a análise económico financeira comparativa co seu competidor, empregando os estados contables mediante porcentaxes verticais e horizontais e ratios financeiros. Finalmente, incorpórase unha análise non financeira que avalía o seu compromiso cos criterios ESG. Os resultados reflicten unha empresa cunha rendibilidade e capacidade investidora en crecemento, apoiada por unha estrutura sólida a longo prazo. Non obstante, presenta unha elevada dependencia do pasivo corrente e unha excesiva concentración en produtos de baixo marxe, como o leite líquido. Pola súa parte, o seu competidor amosa unha estrutura financeira máis equilibrada e unha maior transparencia en materia de sustentabilidade. Este estudo achega unha visión integral de Grupo Leche Río S.A., útil tanto para a comunidade académica como para profesionais do sector agroalimentario. Destaca a necesidade de reforzar a súa estrutura financeira a curto prazo, diversificar o seu portafolio de produtos e profesionalizar o seu compromiso coa sustentabilidade mediante un EINF.

Análise contable en tempos de crise: o caso de Pescados Rubén.
Autoría
M.D.P.E.O.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
M.D.P.E.O.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O desenvolvemento deste traballo ten como obxectivo realizar un diagnóstico económico e financeiro no contexto dun proceso de disolución empresarial. Para iso, analízanse tres empresas galegas que solicitaron voluntariamente o concurso de acredores, entrando en fase de disolución durante o período analizado, e que pertencen a un sector clave da economía galega como é o pesqueiro. As tres empresas galegas son Pescados Rubén, S.L. (en diante, Pescados Rubén), Megaliza, S.L. (en diante, Megaliza) e Congelados Sialco, S.L. (en diante, Sialco). Para as cales, analizaranse os seus estados contables correspondentes ao período comprendido entre 2019 e 2023. Este traballo organízase en tres bloques temáticos. O primeiro céntrase en caracterizar o sector pesqueiro a nivel europeo, nacional (España) e autonómico (Galicia). A continuación, a través dunha análise económico financeira, o segundo bloque de contido avalía desde unha perspectiva económico financeira as tres empresas galegas arriba indicadas, centrándose en Pescados Rubén e, como grupo de comparación, Megaliza e Sialco. En terceiro e último lugar, considerando globalmente toda a análise previa realizada a nivel cualitativo e cuantitativo, lévase a cabo un diagnóstico da situación empresarial das empresas avaliadas, e expóñense as principais conclusións do traballo, incluíndo as limitacións e posibles liñas de investigación futuras.

VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
Análise Económica e Financeira de Pharma Mar SA
Autoría
M.C.F.M.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
M.C.F.M.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise económica, financeira e non financeira de Pharma Mar SA, unha empresa española que cotiza en bolsa con sede en Madrid, cuxa actividade principal é a investigación, desenvolvemento, produción e comercialización de produtos bioactivos derivados do mar para tratamentos contra o cancro. En concreto, este traballo analiza os estados financeiros e non financeiros de Pharma Mar SA para o período 2019-2024, incluíndo un estudo comparativo con outras tres empresas farmacéuticas que cotizan en bolsa: Laboratorios Rovi, Laboratorios Reig Jofre e Faes Farma. A metodoloxía aplicada inclúe unha análise porcentual vertical e unha análise de tendencias horizontais tanto do balance como da conta de resultados. Tamén analiza a liquidez, a solvencia, o endebedamento e un estudo da rendibilidade. Finalmente, a avaliación do risco de quebra realizouse mediante o modelo Altman Z Score de 1968. En xeral, e a modo de resumo, os resultados mostran que Pharma Mar experimentou unha transformación significativa desde 2020, cunha mellora substancial na súa estrutura patrimonial. En 2019, o patrimonio da empresa representaba o 7,46 por cento dos seus activos, o que indica a súa alta dependencia do financiamento externo. A partir de 2020, este comezou a representar entre o 48 e o 60 por cento, mellorando significativamente a súa estrutura patrimonial. Observáronse melloras nos indicadores de liquidez, tesouraría e solvencia. Non obstante, a rendibilidade foi volátil durante o período analizado. En termos de sustentabilidade, este traballo demostra que Pharma Mar S.A. cumpre coa presentación dos seus Estados de Información Non Financeira, auditados externamente por KPMG Auditores SL. Pódese observar que implementou diversas estratexias relacionadas coa gobernanza, o medio ambiente e a sociedade. A empresa implementou diversas prácticas para fortalecer a ética empresarial, por exemplo, incorporando un código ético. Tamén estableceu, dentro dos salarios dos altos directivos, o cumprimento dos obxectivos incluídos no Plan de Sustentabilidade da empresa. Na área ambiental, céntrase na protección do medio mariño mediante a extracción de mostras seguindo protocolos internacionais. Tamén reduciu as emisións de CO2, mellorando a eficiencia enerxética e utilizando enerxías limpas. Finalmente, na área social, destacan as súas políticas de conciliación da vida laboral e persoal, as medidas de seguridade e saúde laboral, especialmente naquelas tarefas que implican maior risco, así como a diversidade cultural do seu persoal.

Fondos de investimento según o SFDR
Autoría
D.G.C.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
D.G.C.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza o comportamento real dos fondos de investimento sostibles clasificados baixo os artigos 6, 8 e 9 do Regulamento de Divulgación en materia de Finanzas Sostibles (SFDR) da Unión Europea. O obxectivo principal é avaliar se as diferencias normativas entre categorías se traducen en diferencias substanciais tanto en termos de sustentabilidade, a través de indicadores ESG proporcionados por Morningstar, como de rendemento financeiro. Para iso, realízase un análisis comparativo centrado en métricas clave como o Carbon Risk Score, o Sustainability Score, a designación Low Carbon e o nivel de ESG Engagement, así como en indicadores financeiros como a rentabilidade bruta e neta, o alpha e o Sharpe ratio. Ademais, incorpórase o enfoque de Morningstar Sustainalytics para identificar estratexias explícitas de investimento ESG, incluíndo temáticas, exclusións e participación activa.

Otero González, Luis Alberto (Titoría)
Otero González, Luis Alberto (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
A Vulnerabilidad Financeira e a Incusión Financeira Dixital
Autoría
E.G.T.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
E.G.T.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Esta investigación analiza a relación entre a inclusión financeira dixital (IFD) e a vulnerabilidade financeira (VF) dos fogares en España, no contexto da crecente dixitalización dos servizos financeiros e a persistente desigualdade económica. A financiación financeira directa (IFD) refírese ao acceso a transaccións financeiras, xa sexan bancarias ou non bancarias, mediante tecnoloxía dixital, como internet ou dispositivos móbiles (OCDE, 2018). Pola súa banda, a VF neste traballo mediuse como a falta de aforro das familias para afrontar unha emerxencia de gasto. O estudo baséase nunha revisión da literatura que mostra relacións opostas entre IFD e VF. Por unha banda, as institucións financeiras de desenvolvemento poden facilitar o acceso e facer que certos produtos e servizos financeiros sexan máis accesibles, axudando a reducir a vulnerabilidade financeira e a impulsar a capacidade económica das familias. Por outra banda, nas economías desenvolvidas, a FDI pode asociarse cun comportamento impulsivo, fomentando un consumo excesivo que aumenta o risco de sobreendebedamento, o que á súa vez podería empeorar a situación da volatilidade. A investigación emprega datos da Enquisa Global Findex de 2021 do Banco Mundial, que proporciona información sobre a inclusión financeira dos fogares en máis de 120 países. Neste traballo, seleccionamos a submostra española como mostra de estudo, composta por 1.000 entrevistas representativas da poboación adulta do país. A nivel empírico, a análise combina a análise descritiva e a estimación de modelos probit binomiais para avaliar a asociación entre a IDF e as diferentes formas de VF. Os resultados amosan que ter realizado ou recibido pagamentos dixitais está asociado cunha menor probabilidade de estar nunha situación de violencia de xénero. Polo tanto, os resultados amosan que o financiamento flexible contribúe a fortalecer a resiliencia financeira das persoas, mesmo en economías desenvolvidas como España. Isto probablemente se deba a que fai que o acceso a produtos e servizos financeiros básicos sexa máis asequible e accesible que as canles tradicionais. Non obstante, os coeficientes estimados tamén suxiren unha posible relación positiva entre o uso de certos medios dixitais (como Internet) e a falta (obxectiva) de aforro en caso de emerxencia. Noutras palabras, o acceso a produtos e servizos financeiros a través de internet podería ter un efecto negativo na capacidade de aforro, quizais debido a unha menor percepción da dor de pagar. Conxuntamente, os achados reforzan a idea de que a IFD pode desempeñar un papel relevante na redución da FV, especialmente cando se basea no uso habitual e consciente de ferramentas dixitais como internet. Non obstante, o impacto destas tecnoloxías varía dependendo da canle utilizada e das características sociodemográficas do fogar, o que suxire a necesidade de establecer estratexias personalizadas para unha dixitalización financeira máis inclusiva.

FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Titoría)
Tribunal
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Presidente/a)
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Vogal)

O Camiño Primitivo e o seu Impacto nas Comunidades Locais: Percepción dos Residentes, Convivencia cos Peregrinos e Oportunidades de Desenvolvemento
Autoría
P.G.P.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
P.G.P.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
O Camiño Primitivo atraeu, desde o S IX, a cantidades de peregrinos de diferentes partes do mundo. Na actualidade, este itinerario é un dos destinos turísticos máis populares de España e entre os roteiros relixiosos máis importantes do mundo segundo a OMT, rexistrado como primeiro Itinerario Cultural Europeo en 1987 e como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1993 como explica o Plan turístico Nacional de Xacobeo (PLAN TURÍSTICO NACIONAL XACOBEO 2021 - 2022). No presente traballo realízase unha análise e un diagnóstico das características do Camiño Primitivo, onde mostraremos as causas do aumento do número de peregrinos nos últimos anos, así como, as consecuencias que está a provocar no territorio. Para o que teremos en conta factores como as novas tendencias turísticas, o impacto ambiental, a promoción realizada ao Camiño ou a mellora das vías de acceso. Así como, as consecuencias e impacto dos peregrinos nas áreas de influencia deste roteiro desde o punto de vista social, económico e ambiental. As causas e consecuencias do impacto turístico no Camiño Primitivo abarcan planos moi diversos e complexos xa que engloban todo tipo de actividades dos distintos sitios que percorre este itinerario de peregrinación.

MIRAMONTES CARBALLADA, ANGEL (Titoría)
MIRAMONTES CARBALLADA, ANGEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)

Análise de datos e toma de decisións dos peregrinos chineses na ruta de peregrinación
Autoría
Z.H.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Z.H.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
O Camiño de Santiago está a recibir cada vez máis turistas chineses, e a tendencia é clara. Desde as motivacións relixiosas tradicionais ata motivacións complexas como a exploración cultural, a procura espiritual e o crecemento persoal. Os turistas chineses achegan oportunidades económicas ás cidades ao longo da ruta, pero tamén supoñen desafíos para manter a autenticidade cultural. Explorar as interaccións dos turistas coas comunidades locais obtendo información sobre as súas experiencias persoais, motivacións e comportamentos. Proporcionar apoio teórico e referencia práctica para a xestión do turismo sostible e a protección cultural da ruta de peregrinación no contexto da globalización.

Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
Rutas cinematográficas como ferramenta de desenvolvemento turístico: do modelo andaluz a unha proposta para Galicia.
Autoría
E.J.L.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
E.J.L.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o turismo cinematográfico como unha modalidade en auxe dentro do turismo cultural. En primeiro lugar, estúdase o papel do cinema como xerador de imaxinarios colectivos e como recurso patrimonial. A continuación, revísase o concepto de turismo cinematográfico, as súas motivacións, características e evolución no contexto das novas plataformas dixitais. Como estudo de caso, examínase o modelo desenvolvido pola comunidade autónoma de Andalucía “Andalucía: destino de cine”, avaliando a súa estrutura institucional, as rutas propostas e as ferramentas dixitais. A partir deste modelo, analízase a situación actual do turismo cinematográfico en Galicia, identificando unha oferta escasa e cunha feble presenza institucional. Ante esta carencia, o traballo propón unha rede de rutas cinematográficas para Galicia, estruturadas en tres itinerarios temáticos (urbano, interior e litoral), baseada en localizacións destacadas e rodaxes recentes. A proposta incorpora criterios de sustentabilidade e participación institucional. Este traballo adopta unha metodoloxía cualitativa, con revisión bibliográfica e análise de caso.

CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titoría)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
A vulnerabilidade financieira en España: un enfoque xeracional
Autoría
S.L.F.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
S.L.F.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Nun contexto global marcado pola crecente inestabilidade económica, a vulnerabilidade financeira emerxe como unha das principais preocupacións que afectan o benestar dos fogares. Este fenómeno reflicte a dificultade de moitas familias para afrontar as súas obrigacións económicas sen comprometer as súas necesidades básicas, especialmente fronte a situacións imprevistas. Neste contexto, o estudo dos determinantes da vulnerabilidade financeira cobra gran relevancia, especialmente o papel que desempeña a idade, unha variable da que, a pesar de ser amplamente analizada, non se logrou captar por completo o seu interesante poder explicativo. Neste sentido, os obxectivos do presente traballo son, por unha banda, analizar a relación entre a idade e o nivel de vulnerabilidade financeira e, doutra banda, explorar como se comportan os determinantes da vulnerabilidade financeira nas diferentes cohortes xeracionais. Con este fin, emprégase unha mostra extraída da Enquisa de Competencias Financeiras para España conformada por 7.764 persoas e referida ao período 2021-2022. Os resultados obtidos evidencian unha relación clara entre a idade e a vulnerabilidade financeira que toma forma de U invertida, sendo as persoas de mediana idade (entre 56 e 60) as máis vulnerables en termos financeiros. Ademais, achouse que mentres algúns determinantes da vulnerabilidade financeira (como os ingresos, os préstamos ou os comportamentos financeiros saudables) manteñen o seu rol en todas as xeracións, outros (como o nivel educativo ou os shocks de saúde), resultan explicativos só en determinadas cohortes xeracionais.

Análise comparativo dos modelos de desenvolvemento turístico en Santiago de Compostela e Innsbruck: propostas para unha xestión sostible baesada en boas prácticas
Autoría
S.K.M.M.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
S.K.M.M.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Esta tese de máster analiza comparativamente os modelos de desenvolvemento turístico de Santiago de Compostela e Innsbruck, co obxectivo de identificar estratexias sostibles, participativas e adaptables que permitan transformar o actual modelo turístico compostelán nun máis resiliente, descentralizado e compatible coa calidade de vida urbana. Nun contexto onde moitas cidades patrimoniais enfrontan os efectos adversos da saturación turística, esta investigación adopta un enfoque territorial, crítico e propositivo, orientado á construción de solucións replicables baseadas en boas prácticas internacionais.

Lois González, Rubén Camilo (Titoría)
Lois González, Rubén Camilo (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
Análise económica, financeira e non financeira de Bodegas Martín Códax SAU
Autoría
L.A.M.C.P.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
L.A.M.C.P.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a situación económico financeira de Bodegas Martín Códax S.A.U., en adiante BMC, durante o período 2020 a 2023, avaliando a súa evolución e comparándoa con outras dúas empresas do sector vitivinícola de Galicia: Terras Gauda e Adega Condes de Albarei. Mediante unha análise rigorosa dos estados contables, ratios financeiras e económicas e a análise de tendencias, buscouse coñecer a situación na que se atopa BMC dentro do sector. Entre as conclusións, destácase que BMC conta cunha estrutura financeira sólida e estable ao longo dos anos analizados, amosando un bo nivel de autofinanciamento e unha rendibilidade positiva sostida. Ademais, a empresa demostra unha xestión eficaz do seu ciclo de produción e comercialización. Presenta un equilibrio entre crecemento e balance financeiro, situándose como unha das marcas líderes da D.O. Rías Baixas, destacando fronte ás súas competidoras. Así mesmo, con base na información non financeira da empresa, conclúese que BMC posúe un grande compromiso coa sustentabilidade e coa responsabilidade social.
O obxectivo deste traballo é analizar a situación económico financeira de Bodegas Martín Códax S.A.U., en adiante BMC, durante o período 2020 a 2023, avaliando a súa evolución e comparándoa con outras dúas empresas do sector vitivinícola de Galicia: Terras Gauda e Adega Condes de Albarei. Mediante unha análise rigorosa dos estados contables, ratios financeiras e económicas e a análise de tendencias, buscouse coñecer a situación na que se atopa BMC dentro do sector. Entre as conclusións, destácase que BMC conta cunha estrutura financeira sólida e estable ao longo dos anos analizados, amosando un bo nivel de autofinanciamento e unha rendibilidade positiva sostida. Ademais, a empresa demostra unha xestión eficaz do seu ciclo de produción e comercialización. Presenta un equilibrio entre crecemento e balance financeiro, situándose como unha das marcas líderes da D.O. Rías Baixas, destacando fronte ás súas competidoras. Así mesmo, con base na información non financeira da empresa, conclúese que BMC posúe un grande compromiso coa sustentabilidade e coa responsabilidade social.
Dirección
Garrido Ruso, María (Titoría)
Garrido Ruso, María (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
VERI*FACTU e a revolución do cumprimento fiscal: un novo paradigma para autónomos e PEMEs
Autoría
A.N.F.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
A.N.F.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Nun contexto onde a transformación dixital e a transparencia fiscal adquiren unha importancia crecente, o sistema VERI*FACTU preséntase como unha ferramenta clave na modernización do control tributario en España para combater a fraude fiscal. Este sistema, impulsado pola AEAT, ten como finalidade garantir a integridade dos rexistros de facturación dende a súa orixe, mediante o control directo do software utilizado por empresas e autónomos. O presente traballo ten como obxectivo analizar en profundidade o marco normativo que regula VERI*FACTU. Para iso, examínase o funcionamento técnico do sistema e avalíase o seu impacto potencial sobre as PEMEs e traballadores autónomos, principais suxeitos obrigados. Así mesmo, o informe inclúe unha revisión comparada con outros modelos de facturación vixentes a nivel nacional e internacional, así como unha estimación dos custos e aforros que supón a implementación do sistema. A análise complétase coa achega de entrevistas cualitativas a profesionais do ámbito fiscal e empresarial, co fin de incorporar unha visión práctica da adopción do sistema. En conxunto, preténdese valorar a eficacia do modelo proposto e a súa adecuación aos principios de transparencia, legalidade e simplificación administrativa no marco do sistema tributario español. O estudo pon de manifesto a gran transformación que supón o novo sistema VERI*FACTU, ao introducir un cambio estrutural no funcionamento do conxunto do tecido empresarial español.

GAYA MORENO, JAIME (Titoría)
GAYA MORENO, JAIME (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Secretario/a)
CANTORNA AGRA, SARA (Vogal)
Análise Económico Financeira e Non Financeira de Merlin Properties SOCIMI, S.A.
Autoría
N.N.A.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
N.N.A.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Merlin Properties é unha empresa española líder no sector inmobiliario non residencial, especializada na adquisición, promoción e arrendamento de activos como oficinas, centros comerciais, loxística e centros de datos. Deste xeito, o obxectivo principal deste traballo é analizar a súa situación económico financeira e non financeira no período 2020 a 2024, marcado polas consecuencias da pandemia e os consecuentes cambios na política monetaria europea. Para iso, estúdanse en detalle os seus estados contables e compárase a súa evolución coa de Inmobiliaria Colonial, o seu principal competidor. Neste sentido, a análise permite identificar fortalezas relevantes, como unha estrutura patrimonial equilibrada, unha política progresiva de redución de débeda e un nivel de liquidez que reforza a súa capacidade de adaptación fronte a contornas inestables. Ao mesmo tempo, detéctanse aspectos que requiren atención, como a dependencia de recursos non operativos para financiar a súa explotación, a volatilidade da rendibilidade e a ausencia dun plan estratéxico de sostibilidade plenamente definido. As conclusións destacan que, aínda que Merlin conseguiu manter unha posición sólida e afrontar con éxito os cambios do contorno, aínda debe avanzar en aspectos clave. Entre eles, é necesario subliñar a xeración de resultados máis estables, a mellora da rendibilidade financeira e a definición dunha estratexia de sostibilidade e máis visible que permita fortalecer a súa reputación fronte a outros operadores do sector.

RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Presidente/a)
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Vogal)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Presidente/a)
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Vogal)
Análise Económico-Financeira e Non Financeira de Pangaea Oncology, S.A.
Autoría
S.N.G.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
S.N.G.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Pangaea Oncology, S.A. é unha empresa española biotecnolóxica cotizada no BME Growth, especializada en oncoloxía de precisión, que articula o seu modelo de negocio arredor da integración de servizos clínicos personalizados, diagnóstico molecular avanzado e investigación biomédica. O seu posicionamento estratéxico, nun sector intensivo en innovación e con elevadas barreiras de entrada, convértea nun caso de especial interese para a análise financeira. O obxectivo deste traballo é examinar a situación económico financeira de Pangaea Oncology durante o período 2020 2024. Para iso, analízanse as súas contas anuais individuais mediante análises porcentuais, de tendencias e de ratios clave. Así mesmo, co fin de contextualizar o seu desempeño, incorpórase unha análise comparativa con dúas compañías do mesmo sector e CNAE: Oryzon Genomics e Biotechnology Assets. Os resultados reflicten un crecemento sostido do activo e un fortalecemento da estrutura patrimonial, acompañado dunha evolución favorable da súa situación financeira. Porén, obsérvase unha rentabilidade persistentemente negativa, condicionada polos longos ciclos de maduración, os altos custos fixos e a limitada xeración de ingresos recorrentes, propios do sector biotecnolóxico. En conxunto, Pangaea Oncology configúrase como unha compañía en expansión, cunha estrutura financeira fortalecida, pero aínda pendente de transformar ese crecemento en resultados sostibles. A súa consolidación dependerá da capacidade para mellorar as marxes operativas, acadar rentabilidades positivas e manter o equilibrio financeiro nun contorno altamente innovador e esixente.

A Inclusión Financieira Dixital como determinante da Vulnerabilidade Financieira en España
Autoría
T.P.M.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
T.P.M.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é estudar como a inclusión financeira dixital (IFD) se relaciona coa vulnerabilidade financeira (VF) das familias en España. A IFD defínese como o acceso e o uso de produtos e servizos financeiros mediante medios dixitais, como internet ou dispositivos móbiles (OCDE, 2018). Nalgúns sectores, a IFD percíbese como unha oportunidade para mellorar o nivel de vida da sociedade facilitando o acceso das familias a produtos financeiros diversificados (Liu et al., 2023). Non obstante, a IF coexiste co aumento da VF das familias. Baseándose na revisión da literatura, identificáronse dúas posibles relacións entre os dous fenómenos. Por unha banda, a IFD pode axudar a máis persoas a acceder a produtos/servizos financeiros diversificados a un custo máis accesible, reducindo a VF. Por outra banda, nos países economicamente desenvolvidos, a IFD pode impulsar o gasto excesivo por parte dos individuos, o que podería levar a un maior endebedamento e empeorar a situación financeira das persoas. Este estudo utiliza principalmente datos da segunda edición da Enquisa de Competencias Financeiras realizada polo Banco de España. En concreto, emprega unha mostra de 7.764 adultos, de entre 18 e 80 anos, realizada entre finais de 2021 e mediados de 2022. A información derivada desta mostra utilízase para construír un índice de VF continuo similar ao de Voith e Mauser (2024), que se emprega como variable dependente nas regresións que inclúen o uso de aplicacións para transaccións financeiras e a relación cos bancos a través de medios dixitais como as principais variables relacionadas co IED. Os resultados mostran que o IED está xeralmente asociado a unha VF menor nos fogares españois. As persoas que usan aplicacións non bancarias para realizar pagamentos e que interactúan dixitalmente cos seus bancos a través dun ordenador ou unha tableta tenden a ter niveis máis baixos de VF. Non obstante, tamén hai evidencia de que o uso de aplicacións bancarias pode aumentar os niveis de VF dos fogares.

Efectos da reforma da licenza parental na brecha salarial de xénero: evidencias de España
Autoría
L.P.
Máster Universitario en Economía
L.P.
Máster Universitario en Economía
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
Reducirá o permiso parental igualitario a brecha salarial entre homes e mulleres? Desde 2020, España implementou un permiso obrigatorio de 4 meses tanto para sacerdotes como para nais. Este cambio na regulación permite o deseño dun experimento baseado na natureza. A literatura suxire que a discriminación de xénero ten unha forte relación coas políticas de permiso parental. Dado que as mulleres historicamente tiveron que soportar a carga do proceso de crianza dos fillos, especialmente nos primeiros meses do seu nacemento, os empresarios poderían reflectir o seu maior permiso parental nos seus salarios, ofrecéndolles así salarios menos altos ou pagándolles un salario máis baixo. Dado que a reforma iguala o período de permiso tanto para homes como para mulleres, calquera incentivo para a discriminación vinculado aos períodos de permiso deixaría de existir, o que nos permite esperar que a diferenza entre xéneros se axuste no período posterior á reforma. A metodoloxía de diferenzas en diferenzas aplicada aquí permite comparar homes e mulleres antes e despois da reforma, estimando a redución da brecha salarial entre homes e mulleres. Tras estudar máis de 400.000 traballadores en España en diferentes períodos, 2018 e 2022, este estudo demostra que a brecha entre traballadores e traballadoras se reduciu a entre o 1,0 % e o 1,4 %. Ademais, este resultado amplíase para capturar a posible discriminación relacionada coa maternidade, o que demostra como a reforma se viu afectada pola chamada penalización por maternidade. Unha vez máis, o modelo indica unha redución do 39,4 % na penalización salarial experimentada polas nais recentes tras a aplicación da reforma. Estes resultados confírmanse con outras probas de robustez, que suxiren un resultado eficaz da reforma na redución da discriminación entre traballadores e traballadoras no mercado laboral.

FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)
Aplicación de Redes Neuronais para a Evaluación do Risco de Crédito en Préstamos P2P
Autoría
M.R.F.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
M.R.F.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O auxe dos préstamos Peer-to-Peer (P2P) consolidou unha alternativa de financiamento máis accesible, aínda que expón desafíos relevantes para a xestión do risco de crédito debido á asimetría informativa entre prestatarios e investidores. O estudo parte dunha revisión teórica sobre o funcionamento dos préstamos P2P e os retos asociados á xestión do risco crediticio neste contexto, destacando a necesidade de modelos robustos capaces de captar relacións non lineais e patróns complexos. Na práctica, emprégase unha mostra representativa da base de datos de Lending Club, sometida a un rigoroso proceso de preprocesamento de datos, validación cruzada e, no caso dun dos modelos, aplicación de técnicas específicas para abordar o desequilibrio entre clases. O obxectivo principal é analizar e comparar a capacidade predictiva das redes neuronais fronte a un referente clásico na industria financeira como a Regresión Logit. Os resultados obtidos evidencian as limitacións predictivas dos modelos confeccionados. Estas limitacións comprometen a súa aplicación directa na selección de préstamos, incorrendo en riscos operativos ou exclusión financeira. Finalmente, preséntanse as conclusións da revisión bibliográfica e da aplicación práctica, así como as limitacións e algunha proposta de investigación futura que complemente o abordado.

Regulación do capital bancario e os seus efectos a curto prazo
Autoría
A.R.R.
Máster Universitario en Economía
A.R.R.
Máster Universitario en Economía
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo de fin de máster é dobre. Por unha banda, descríbese a importancia da regulación do capital na actividade bancaria, analizando como esta incide na estabilidade do sistema financeiro e na dinámica da economía real, en particular sobre a provisión de crédito e o investimento. Revísase a literatura existente para entender as tensións entre a solidez financeira e a actividade económica, destacando os beneficios estruturais e os posibles custos de transición asociados a un aumento nos requisitos de capital. En segundo lugar, o traballo céntrase no estudo detallado do modelo de regulación do capital bancario desenvolvido por Mendicino et al. (2020). Expóñense as súas principais características, supostos e condicións de equilibrio, así como os mecanismos a través dos cales a política de capital impacta no comportamento dos bancos e na economía agregada. A análise revela que elevar os requisitos de capital mellora a estabilidade financeira ao reducir o risco de bancarrotas, pero tamén xera efectos contractivos a curto prazo sobre o crédito e o investimento. Por iso, ponse especial énfase na importancia do deseño temporal das reformas regulatorias: unha implementación máis gradual dos novos requisitos permite suavizar os custos de axuste, ao facilitar que as entidades financeiras reforcen a súa posición patrimonial sen frear bruscamente a súa actividade crediticia.

RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Presidente/a)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Vogal)
Xeodestinos de interior e de costa: análise comparativa e proposta de reclasificación baseada en datos socioeconómicos e turísticos
Autoría
L.S.L.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
L.S.L.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo propón unha clasificación alternativa dos municipios turísticos de Galicia, cuestionando a validez dos xeodestinos oficiais: A Mariña Lucense e a Ribeira Sacra. A través dun análisis estatístico multivariante (análise factorial e clúster xerárquico), examínanse variables demográficas, socioeconómicas, turísticas e de accesibilidade para identificar agrupacións municipais máis coherentes estruturalmente. Os resultados evidencian a heteroxeneidade interna dos xeodestinos vixentes e apuntan á necesidade dunha reconfiguración baseada nas dinámicas territoriais reais. A Mariña presenta un modelo costeiro con elevada estacionalidade e forte presenza de turismo residencial, mentres que a Ribeira Sacra exhibe un perfil rural, marcado polo envellecemento poboacional e o turismo de interior. Xunto ao análise cuantitativo, realízase unha reflexión crítica sobre a planificación turística en Galicia, apoiada en fontes académicas e institucionais. Deféndese que as políticas públicas deberían fundamentarse en criterios obxectivos e non exclusivamente administrativos, co fin de promover un desenvolvemento territorial máis eficiente. O estudo aporta unha metodoloxía reproducible para outras rexións e abre o debate sobre a adecuación dos instrumentos actuais de ordenación. Conclúe con recomendacións para reformular os xeodestinos cunha base empírica e recoñece as limitacións coma punto de partida para investigacións futuras

MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titoría)
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Secretario/a)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Vogal)
Análise económico-financeira e non financeira de Audax Renovables, S.A.
Autoría
P.S.M.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
P.S.M.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo realizar unha análise económica-financeiro e non financiero da empresa Audax Renovables, S.A., dedicada á produción e comercialización de enerxía renovable. Ten a súa sede en Badalona, Barcelona. O obxectivo desta análise é realizar un diagnostico da situación económico-financeira da compañía. Esta levarase a cabo en base aos catro últimos anos (2020-2024), e os resultados obtidos dos diferentes cocientes calculados compararanse cun grupo de comparación composto por empresas cuxas características son similares. Ademais, analizarase a información non financeira para un diagnóstico máis completo. Como conclusión, a análise realizada reflicte unha situación xeral favorable, con algún aspecto negativo a ter en conta, como sería o elevado nivel de endebedamento que presenta, ou a ausencia de medidas preventivas fronte á contaminación ou a favor da economía circular.

MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS Cotitoría
MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS Cotitoría
Tribunal
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Presidente/a)
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Vogal)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Presidente/a)
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Vogal)
Análise económico-financeira e non financeira de Banco Santander S.A.
Autoría
A.T.S.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
A.T.S.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo analiza a situación económico-financeira e non financeira de Banco Santander S.A. durante o período 2020-2024, co obxectivo de avaliar o seu desempeño fronte a competidores clave (BBVA, CaixaBank, Banco de Sabadell e Bankinter) e ao sector bancario español. Ao tratarse dunha entidade bancaria, a análise difire da dunha empresa convencional. Para acadar o obxectivo, empregouse información financeira e non financeira obtida do Banco de España e das páxinas web corporativas, aplicando análise porcentual, de tendencias e ratios económico-financeiros. As principais conclusións destacan a posición de liderado en volume de activos de Banco Santander S.A. no sector, cunha estrutura diversificada e cunha menor dependencia dos activos a custo amortizado fronte ao sector, así como unha maior exposición a activos de maior risco. Tamén se destaca a eficiencia operativa e a sólida liquidez e solvencia de Banco Santander S.A. fronte aos seus competidores. Por último, avalíanse o maior risco crediticio e de quebra que presenta Banco Santander S.A. respecto ao seu sector. En relación coa sustentabilidade, conclúese que a súa puntuación nos ratings ESG diminuíu nos dous últimos anos, sendo a súa principal debilidade o piar de gobernanza. En canto á competencia, lidera os piares de criterio ambiental e social, pero atópase moi por debaixo en gobernanza, o que fai que na súa puntuación global non sexa o máis destacado do sector. Número de palabras: 16.158

MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL Cotitoría