Musicoterapia nas aula de Educación Infantil
Autoría
A.A.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]

Data da defensa
18.07.2025 10:30
18.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grado ten como obxectivo o deseño dunha proposta de intervención sobre a musicoterapia nas aulas de Educación Infantil. Partimos dunha revisión bibliográfica e facemos unha aproximación á presencia da música na escola e aos ámbitos da musicoterapia, centrándonos no educativo para a elaboración da nosa proposta, seguindo o eixo principal. Con este traballo preténdese fomentar a conciencia e o interese sobre a influencia que a música exerce no benestar emocional das crianzas, favorecendo o autocoñecemento, identificación e expresión das emocións así como o desenvolvemento das habilidades necesarias para a súa regulación.

Dirección
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)

A inserción laboral dos graduados universitarios en Educación: Desafíos e oportunidades no mercado laboral actual.
Autoría
S.B.G.
Grao en Pedagoxía
S.B.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo principal a análise dos factores que determinan a empregabilidade dos graduados e graduadas universitarias nas titulacións de educación (Mestre/a en Educación Infantil e Primaria, Ed. Social e Pedagoxía). Para iso, levouse a cabo un estudo por medio da revisión documental, accedendo a diversas fontes académicas asociadas a dito ámbito. Recolleuse, clasificouse e analizouse información para producir un estudo no que se atenderon as diferencias existentes, tanto formativas como en termos de inserción laboral, entre os graos mencionados, identificáronse os factores clave que inciden no acceso ao mercado profesional e o papel da universidade no mesmo, analizouse a realidade na cal se sitúan a través estatísticos, e por último, recolléronse as oportunidades e as barreiras presentes neste proceso, ademais dalgunhas propostas de mellora. Os resultados obtidos mostran certas diferenzas en función da titulación á que se fai referencia, pero simultaneamente numerosos patróns que se repiten e afectan a estas conxuntamente. A multitude de condicionantes ás que se ven sometidas, barreiras e oportunidades, necesidade do apoio da universidade, as principais saídas profesionais, etc..., son algúns dos elementos que se extraen a modo concluínte neste estudo e o cal requiriu dun gran esforzo dada a dificultade que este conleva. Ante isto, existe a imperiosa necesidade de seguir avanzando no estudo desta temática ca fin de contribuír a mellora da inserción laboral das persoas tituladas nos graos de educación.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
A migración autónoma de menores estranxeiros marroquís: desafíos e propostas socioeducativas.
Autoría
M.C.R.
Grao en Educación Social
M.C.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o fenómeno da migración autónoma de menores estranxeiros (MENAs) marroquís cara a España, centrando o seu estudo nos desafíos e oportunidades que atopan dentro do sistema de protección. A través dunha revisión bibliográfica crítica, identifícanse os factores estruturais, socioeconómicos e normativos que impulsan esta mobilidade, salientando a desigualdade persistente entre Marrocos e Europa, así como a estigmatización mediática e institucional que sofren estes menores. O obxectivo xeral do traballo é analizar os principais obstáculos que dificultan a súa inclusión e protección efectiva, e propoñer estratexias socioeducativas que favorezan o seu desenvolvemento integral. A metodoloxía empregada baséase na análise documental, recorrendo a marcos teóricos como o da asimilación segmentada para comprender a interacción entre as traxectorias migratorias dos menores e os contextos de acollida. O estudo revela deficiencias no sistema español, como a fragmentación das políticas, o trato desigual entre comunidades autónomas e a ausencia de medidas que recoñezan a axencia e resiliencia destes nenos e adolescentes. Finalmente, propóñense prácticas educativas inclusivas e reformas institucionais que promovan unha integración respectuosa cos seus dereitos e coas culturas de orixe, concluíndo que a mellora da súa situación pasa por un enfoque integral que combine perspectiva xurídica, social e pedagóxica.

González Blanco, María (Titoría)
González Blanco, María (Titoría)
Tribunal
González Blanco, María (Titor do alumno)

Inclusión do alumnado con discapacidade auditiva nas propostas musicais da aula de Educación Infantil
Autoría
P.D.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.D.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
Este TFG céntrase na elaboración e deseño dunha proposta didáctica que promova a inclusión do alumnado con calquera grao de discapacidade auditiva na aula ordinaria de Educación Infantil, máis concretamente nas propostas musicais desenvoltas dentro desta aula. O obxectivo principal é elaborar pautas e estratexias que permitan unha participación plena deste tipo de alumnado nas propostas musicais, tendo en conta, polo tanto, ás súas necesidades específicas. Para iso, é preciso identificar as necesidades do alumnado con diversidade funcional auditiva, co fin de promover unha inclusión real e efectiva. Amais, tratarase de crear unha concepción afastada do audiocentrismo da música, explorando outros sentidos e métodos que permitan unha experiencia musical accesible para todos e todas, neste caso centrándonos no alumnado con discapacidade auditiva. A metodoloxía para o desenvolvemento deste traballo fin de grao basearase nunha revisión documental e teórica que inclúe a análise de proxectos, artigos de revistas académicas, lexislación e materiais didácticos pertinentes. Relizarase entón, unha análise que servirá de base para a creación dunha proposta didáctica práctica e adaptable ás diferentes realidades da aula de Educación Infantil.

LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)

Desenvolvemento das habilidades emocionais a través da Educación Física en Educación Primaria
Autoría
A.D.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.D.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo aborda a educación emocional como un compoñente clave para o desenvolvemento integral do alumnado de Educación Primaria. Nun contexto onde o benestar emocional é cada vez máis relevante, exponse a necesidade de integralo sistematicamente na educación formal. Con este fin, deséñase unha proposta didáctica na área de Educación Física, dirixida ao curso de 3º de Primaria, que combina o traballo emocional e deportivo de forma lúdica a través de xogos e actividades. O obxectivo é que o alumnado traballe as súas emocións nas clases de Educación Física, utilizando o xogo, o movemento e as dinámicas cooperativas como ferramentas clave, aproveitando as oportunidades que esta materia ofrece para traballar as emocións. O traballo comeza cunha fundamentación teórica que destaca a importancia da educación emocional e o seu vínculo coa Educación Física. A continuación, detállanse os compoñentes da unidade didáctica: contextualización, xustificación, metodoloxía e elementos curriculares, como obxectivos, contidos, competencias clave e criterios de avaliación. Finalmente, preséntase o sistema de avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe, mediante o cal o alumnado poderá descubrir, comprender, xestionar e traballar as súas emocións de forma consciente e significativa.

Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
As princesas Disney: dos estereotipos á igualdade e a súa posible influencia no alumnado de Educación Infantil.
Autoría
P.F.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.F.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
É necesario aplicar un pensamento crítico das películas Disney no que se refire aos modelos de xénero que ofrece aos nenos e ás nenas da etapa de Educación Infantil, considerando a importancia destas idades para o asentamento das bases da súa forma de ver e entender o mundo que lles rodea. Este estudo reflexiona sobre os estereotipos e roles de xénero e como estes afectan e transmítense na sociedade. Como unhas películas de debuxos animados poden ter tantos compoñentes capaces de marcar os comportamentos dos/as nenos/as. Este traballo valora en que medida as películas, concretamente as de Disney, perpetúan ou transforman a representación feminina e os roles de xénero ao longo das xeracións. Analizouse unha película de cada unha das etapas de Disney (etapa clásica, renacemento de Disney e segundo renacemento) para observar a evolución que estas teñen ao longo dos anos e como tentaron adaptarse ás evolucións sociais, á liberdade de xénero e á autonomía e independencia da figura feminina na sociedade actual.

FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

O período de adaptación no 2º ciclo de educación infantil. Deseño dunha proposta de innovación a partir de actividades artístico-musicais.
Autoría
M.F.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.F.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 11:30
18.07.2025 11:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao analízase o período de adaptación no Segundo ciclo de Educación Infantil, un proceso complexo que supón para o alumnado de tres anos afastarse da sua contorna de referencia e esbilidade emocional para incorporarse a unha contona escolar que lles resulta descoñecida. Preséntase un enfoque teórico e unha intervención práctica coa finalidade de mellorar unha transición que pode resultar estresante para os nenos e nenas, analizando diferentes factores que infúen no proceso, como son as familias, a formación do profesorado, a intervención dos centros e a escolarización previa no primeiro ciclo. A proposta de innovación céntrase nas ferramentas musicais como recurso pedagóxico que fomente un clima tranquilo de estabilidade emocional, ao tempo que favoreza a expresión, a estruturación de rutinas e a creación de vínculos afectivos. A proposta deseñada aliñase co currículo, presentando unha metodoloxía flexible e inclusica mediante a aplicación de actividades musicais planificadas que respecten os ritmos individuais e estean centradas no desenvolvemento integral do alumnado. As principais conclusión xiran arredor da necesidade de reflexionar sobre o período de adaptación, replantexalo e melloralo dada a súa importancia.

Escola e comunidade ante a diversidade cultural: unha proposta innovadora dende as comunidades de aprendizaxe.
Autoría
U.F.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
U.F.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Vivimos nunha sociedade cada vez máis diversa e globalizada polo que a escola enfrenta o reto de atender a un alumnado culturalmente heteroxéneo. Este traballo de fin de grao analiza o modelo das comunidades de aprendizaxe como resposta educativa a diversidade cultural na etapa de educación infantil. A través dunha revision teórica fundamentada no aprendizaxe dialógico, a pedagoxía crítica e a teoría sociocultural, reflexionase sobre a necesidade de transformar os centros educativos en espazos máis inclusivos, participativos e democráticos. Como proposta de intervencion, preséntase a creación do prototipo dunha aplicación dixital chamada hola mundo, cuyo obxectivo é fomentar a diversidade cultural e participación familiar dende edades tempranas, alineada cos principios das comunidades de aprendizaxe. Esta ferramenta educativa busca ser unha ponte entre as escolas e as familias, promovendo o respecto as distintas culturas a través do uso pedagóxico da tecnoloxía. Adoptase unha metodoloxía basada no design thinking que permite crear solucións innovadoras dende a empatía, colaboración e inclusion.

GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
A perda do galego como idioma para a socialización infantil: o papel da escola
Autoría
F.G.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
F.G.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 19:15
18.07.2025 19:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a preocupación pola diminución do uso do galego como lingua habitual entre os nenos e nenas. O propósito é analizar de que maneira se emprega o galego, tanto dentro do ámbito escolar como nos momentos de interacción social fóra da aula e propoñer medidas que impulsen o seu uso diario. O galego, como parte esencial da identidade cultural de Galicia, precisa ser preservado a través das novas xeracións para asegurar a súa continuidade no tempo. Actualmente, o castelán converteuse na lingua predominante, incluso en áreas rurais onde tradicionalmente se falaba o galego, o que sinala a necesidade de desenvolver novas iniciativas que reforcen o idioma galego. Para iso, esta investigación realizará observacións e entrevistas a profesorado, familias e menores de distintos contextos sociais, co fin de identificar as causas que están a provocar este cambio lingüístico e, a partir delas, deseñar propostas que contribúan a reverter esta situación.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
Judo na aula de infantil: Proposta de intervención para o desenvolvemento psicomotor e emocional
Autoría
J.I.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.I.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de intervención teórica para a etapa de Educación Infantil baseada na práctica do judo como ferramenta pedagóxica. A proposta estrutúrase en oito sesións deseñadas para promover o desenvolvemento psicomotor, emocional e social do alumnado de 5º e 6º de Infantil. A través de dinámicas lúdicas, técnicas básicas de judo e xogos cooperativos, preténdese mellorar o control corporal, a autorregulación emocional e as habilidades sociais. A intervención está adaptada á diversidade do alumnado e incorpora principios de inclusión e educación emocional.

MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)

Obradoiro para familias: motivar os/as adolescentes en tempos de desmotivación
Autoría
M.L.P.
Grao en Pedagoxía
M.L.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
17.07.2025 16:00
17.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao preséntase como unha proposta de intervención socio-educativa dirixida a familias con fillos e fillas adolescentes que presentan desmotivación escolar. O obxectivo principal é fomentar a implicación familiar como factor de prevención ante o baixo rendemento académico, a través dun obradoiro de seis sesións. A proposta aborda a motivación dende unha perspectiva pedagóxica, emocional e comunicativa, combinando dinámicas prácticas, momentos de reflexión e ferramentas aplicables no fogar. Estrutúrase en cinco actividades principais: diagnóstico inicial, formación práctica sobre hábitos de estudo, mellora da comunicación afectiva, fortalecemento do vínculo coa escola e avaliación final. Establécense funcións diferenciadas para os perfís profesionais implicados e descríbense os mecanismos de coordinación e seguimento, tanto internos como institucionais. A intervención está deseñada para ser replicable en centros educativos ou servizos municipais e busca mellorar a relación entre familia, escola e adolescencia.

REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titor do alumno)

Actividades con pequenos seres vivos na aula de Educación Infantil.
Autoría
N.L.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.L.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grado é deseñar e aplicar unha proposta didáctica sobre pequenos seres vivos, concretamente miñocas, para posteriormente determinar en que medida o alumnado de Educación Infantil é quen de construír un modelo precursor de ser vivo, así como de implicarse en prácticas científicas, todo isto seguindo un método cualitativo. Neste estudo de casos, compararanse e analizaranse as producións e verbalizacións, recollidas a través de grabacións de audio e de notas de campo, dos suxeitos presentes ao longo das dúas semanas de duración da proposta. Os/as participantes foron nove alumnos e alumnas tanto do segundo ciclo de Educación Infantil coma do primeiro ciclo de Educación Primaria, pertencentes a un Centro Rural Agrupado situado no interior de Galicia. Os resultados obtidos amosan como cambian os modelos das crianzas tras a investigación científica, consistente na secuencia observación-predición-comprobación-discusión, e construtor do coñecemento científico.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titor do alumno)

A fotografia como narración, ficción e documento.
Autoría
P.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste no deseño dunha proposta de innovación pedagóxica centrada na creación dun álbum ilustrado a partir de imaxes recolectadas polo propio alumnado en Educación Infantil. Esta foi aplicada de maneira parcial nunha aula real dun colexio urbano galego, con nenos e nenas de 4 e 5 anos. Nas actividades que se levaron a cabo cumprironse obxetivos como promover a autonomía do alumnado, desenvolver a súa creatividade, adquirir destrezas tanto no ámbito narrativo como fotográfico e potenciar o seu pensamento crítico. Esta experiencia integra metodoloxías activas dende un enfoque constructivista. Ademáis, traballanse as TIC, contribuíndo aos estandares pedagóxicos actuais, desempeñando aspectos tecnóloxicos e desenvolvendo competencias desta índole no alumnado.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
DIAZ SEOANE, ANGELES Cotitoría
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
DIAZ SEOANE, ANGELES Cotitoría
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titor do alumno)

Análise dos usos lingüísticos na Educación Infantil en contextos urbanos: o papel da escola na conservación e a transmisión interxeracional da lingua propia.
Autoría
M.E.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.E.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 20:00
18.07.2025 20:00
Resumo
Este traballo analiza os usos lingüísticos do galego na etapa de Educación Infantil nun centro urbano galego, co obxectivo de avaliar o papel que desepeña a escola como axente de transmisión interxeracional da lingua propia. A partir dunha metodoloxía cualitativa baseada na observación directa e en cuestionarios ao profesorado, identifícase unha clara predominancia do castelán nas interacción cotiás do alumnado, mesmo en contextos onde o profesorado emprega o galego como lingua vehicular. As causas desta realidade son múltiples: presión social, falta de recursos, escasa implicación das familias ou interpretación restritivas da normativa vixente. As conclusión apuntan a necesidade de implementar políticas lingüísticas máis ambiciosas, formación específica para o profesorado, materiais adaptados e dinámicas de inmersión temperá. Así mesmo, recóllense propostas de mellora co obxectivo de transformar a escola nun espazo de normalización real da lingua galega desde os primeiros anos de escolarización.

O desenvolvemento ao aire libre en Educación Infantil: beneficios para o crecemento integral do neno/a
Autoría
J.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo visibilizar os beneficios do contacto coa natureza no desenvolvemento integral do alumnado de Educación Infantil. Como futura docente, parto da preocupación polo estilo de vida actual da infancia, marcado polo uso excesivo das pantallas, o sedentarismo e o escaso tempo ao aire libre. Dende un enfoque teórico e experiencial, argumentase que o xogo na natureza favorece o desenvolvemento motor, cognitivo, emocional e social, ademais de potenciar a autonomía, a creatividade e o benestar. Para iso, realizouse unha revisión teórica sobre o papel da natureza na educación e a súa relación coa pedagoxía activa. Tamén se analiza o papel do docente como mediador e facilitador da aprendizaxe significativa en espazos exteriores. O estudo destaca a importancia de repensar os contornos escolares e a práctica educativa para integrar a natureza como un recurso habitual e valioso, en coherencia cos principios da LOMLOE e as recomendacións de organismos internacionais como a OMS ou a UNESCO.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)

Avaliación dun método de ensinanza práctico da meteoroloxía escolar.
Autoría
A.O.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.O.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao, preséntase unha reflexión a modo de iniciación á investigación, sobre unha proposta experimental destinada a mellorar a aprendizaxe na aula de Educación Primaria mediante o estudo da meteoroloxía. O obxectivo principal é analizar unha intervención específica, baseada nos conceptos básicos da meteoroloxía, onde se promove o desenvolvemento de habilidades de observación, rexistro de datos, pensamento crítico e analítico, por medio da interpretación e observación diaria de datos meteorolóxicos. Abordáronse os conceptos teóricos básicos da meteoroloxía, e o uso dos instrumentos de medición no contexto da ciencia escolar, a partir das representacións mentais previas do alumnado, levando á aula desta forma, unha proposta práctica e contextualizada. Para avaliar a eficacia da proposta, empregouse unha avaliación cualitativa e cuantitativa onde se comparan os resultados da avaliación inicial e da avaliación final. Resultados que reflectiron o logro dos obxectivos formulados, cunha mellora notable nos resultados da avaliación final.

Educación emocional en aulas hospitalarias a través da literatura infantil
Autoría
L.O.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.O.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 17:00
17.07.2025 17:00
Resumo
O presente traballo céntrase na realidade dos nenos e nenas hospitalizados, colectivo que pasa desapercibido mesmo entre os profesionais da educación. O documento propón un deseño dun proxecto de intervención e innovación socioeducativa a través dunha metodoloxía construtivista definida lúdica, participativa e global. Dado que a educación é un dereito fundamental do neno, é esencial coñecer os procedementos e recursos necesarios para garantir un ensino de calidade en contextos hospitalarios. Ademais, destácase a importancia da educación emocional nesta contorna, e, a través desta metodoloxía e utilizando a ferramenta da literatura infantil como vía de traballo poderemos identificar e xestionar emocións, desenvolver a empatía e desenvolver valores esenciais, así como ferramentas para xestionar situacións cotiás, á vez que estimulan habilidades cognitivas como a memoria, a atención, a creatividade e a sensibilidade. Despois desta investigación e deseño pódese concluír que educar emocionalmente é fundamental, e que as aulas hospitalarias non deben só ensinar, senón tamén acompañar e coidar.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
A intelixencia artificial como ferramenta para optimizar as entrevistas de traballo nos recursos humanos
Autoría
O.P.F.
Grao en Pedagoxía
O.P.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na análise do uso da Intelixencia Artificial (IA) e da Intelixencia Artificial Xenerativa (IAX) nos procesos de selección de persoal, desde unha perspectiva pedagóxica. Estrutúrase en tres bloques principais: en primeiro lugar, un marco teórico onde se recollen as investigacións actuais sobre a relación entre a Pedagoxía Laboral e o uso da IA/IAX nos Recursos Humanos; en segundo lugar, unha investigación cualitativa baseada en entrevistas a profesionais do ámbito da selección de persoal, co fin de coñecer a súa experiencia, percepcións e usos reais destas tecnoloxías; e, por último, unha proposta de mellora que aposta por un uso pedagóxico, ético e consciente da IA e IAX, tanto no eido da orientación como da formación laboral. O obxectivo principal é reflexionar sobre como estas ferramentas poden contribuír á mellora dos procesos de selección sen perder a dimensión humana e formativa, e propoñer vías para a súa integración responsable desde a educación e a formación profesional.

DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
Motivar para aprender: o ensino do inglés en Educación Primaria mediante dinámicas gamificadas
Autoría
R.M.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.M.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao lévase a cabo unha proposta de innovación pedagóxica destinada ao ensino do inglés como segunda lingua estranxeira nas aulas de Educación Primaria. O interese do traballo proxéctase cara a investigación e incorporación de dinámicas gamificadas que permiten achegar ao alumnado a unha ensinanza que nace da motivación e do desexo intrínseco de aprender. Polo tanto, este estudo enfoca a gamificación como unha estratexia lúdica con potencial transformador, cuxa eficacia se pretende comprobar mediante unha proposta de aplicación executada en terceiro curso de primaria. Explóranse, deste xeito, as vantaxes pedagóxicas que ofrece a gamificación, e valóranse de maneira obxectiva os resultados conforme ao desenvolvemento e adquisición de competencias lingüísticas, así como a implicación do estudantado. En definitiva, este traballo demostra que a gamificación é unha vía eficaz para favorecer unha actitude positiva cara á aprendizaxe. Así mesmo, permite xerar un ambiente participativo na clase e consolídase como un enfoque práctico cun alto potencial pedagóxico, capaz de transformar a aula tradicional.

RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)

Impacto das redes sociais no desenvolvemento socioemocional e académico do alumnado de Educación Primaria
Autoría
L.P.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.P.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 13:00
18.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o impacto das redes sociais no ámbito académico e socioemocional do alumnado de 6º de Educación Primaria nun centro educativo de Galicia. O obxectivo principal é identificar os patróns de uso das TIC, especialmente das redes sociais, e analizar as percepcións do alumnado sobre o seu benestar emocional, rendemento académico e relacións sociais no contexto dixital. Para isto, deseñouse un cuestionario estruturado en tres bloques temáticos: emocional, académico e social. Os resultados amosan unha exposición frecuente e pouco crítica ás redes sociais, así como sinais de baixa autoestima, distracción escolar e dificultades na xestión emocional. A partir desta análise, o centro do traballo é a elaboración dunha proposta pedagóxica de intervención titulada Conectámonos dende a responsabilidade, orientada ao alumnado, profesorado e familias. Esta proposta céntrase nun enfoque preventivo, emocional e colaborativo para fomentar unha cidadanía dixital responsable e empática. O estudo conclúe coa necesidade de reforzar a alfabetización dixital e emocional dende idades temperás, consolidando a escola como un espazo fundamental para o desenvolvemento ético e o acompañamento no uso das tecnoloxías. A proposta destaca pola súa aplicabilidade práctica e carácter integral, involucrando toda a comunidade educativa.

GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
Rómulo De Carvalho / António Gedeão e o Ensino: Historia, Literatura e Ciencia
Autoría
V.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende abordar a obra de António Gedeão, pseudónimo literario do científico e pedagogo portugués Rómulo de Carvalho (1906 a 1997), en cuxa bibliografía destacan estudos como os seguintes: História do Ensino em Portugal (1986), no que o autor revisa os sistemas de ensino ao longo de varios períodos históricos; As origens de Portugal: historia contada a uma criança (1998), no que presenta a historia da nacionalidade lusa mediante estratexias didácticas que pretenden captar a atención do público infantil; varios volumes de divulgación científica publicados entre 1952 e 1962 na colección Ciência para gente nova; e libros de versos como ferramenta educativa da ciencia. A partir destas fontes de información analizaremos, contextual e comparativamente, as aportacións de dita figura no ámbito da historia educativa e, así mesmo, da innovación pedagóxica na realidade escolar da súa época. Baseándonos nos textos citados e outros auxiliares, realizaremos un informe xustificado do carácter precursor da obra de Rómulo de Carvalho /António Gedeão na promoción dunha formación interdisciplinaria que aproxima historia, literatura e ciencia. Como tentaremos demostrar, algúns dos seus poemas poderán integrarse eficazmente na aula como modelo do potencial educativo do texto literario para a iniciación á aprendizaxe científica.

MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Titoría)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Metodoloxía Cualitativa de estudo de caso de investigación na acción: A materia e as súas propiedades
Autoría
P.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG), de carácter investigador, ten como obxectivo analizar as concepcións que posúe o alumnado de 3º curso de Educación Primaria sobre o concepto da materia e as súas propiedades, a través dun enfoque cualitativo baseado en entrevistas individualizadas. Con este propósito, deseñáronse unha serie de actividades didácticas contextualizadas que permitiron recoller e valorar as representacións mentais do alumnado, combinando dinámicas participativas, experimentación práctica e avaliación mediante rúbricas. A investigación levou a cabo durante o período de prácticas nun centro educativo de Santiago de Compostela e estruturouse ao redor dun deseño de caso único. A análise das respostas obtidas realizouse mediante categorización inductiva e aplicación dunha rúbrica de desempeño. Os resultados obtidos mostran que o uso de exemplos próximos e materiais manipulativos facilita a comprensión do concepto da materia e promove unha aprendizaxe máis significativa. Esta experiencia evidencia, ademais, a importancia da avaliación cualitativa para detectar concepcións erróneas, axustar o ensino e mellorar a práctica docente.

Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade na Formación Académica no Sistema Universitario Español
Autoría
M.S.L.
Grao en Pedagoxía
M.S.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A liña temática na que se enxire a proposta do TFG ten como referencia Educación Ambiental e a Cultura da Sustentabilidade, na mesma ponse de manifesto a necesidade dunha formación universitaria pedagóxica dos profesionais da educación, singularmente da Pedagoxía, poñendo énfase na procura de alternativas ás problemáticas (contaminación) que xeran a crise ambiental (cambio climático, exceso de residuos, gases de efecto invernadeiro, prásticos, etc). O traballo enfatiza a importancia de dotar aos futuros profesionais da pedagoxía de ferramentas teóricas e prácticas que permitan facer fronte ao principais desafíos ambientais atuais por medio da EACS. Ademais, a visibilización do do papel da pedagoxía como ciencia mediadora entre o coñecemento científico e a transformación social impulsando unha cidadanía crítica e comprometida. A metodoloxía inclúese dentro da modalidade de inciación á investigación documental. A revisión da literatura científica revela que a implementación da EACS no Grao de Pedagoxía das Universidades públicas de españa é moi dispar e, xeralmente, non se inclúe dentro do plan de estudos.

CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titor do alumno)

Monte Pindo
Autoría
L.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
17.07.2025 17:00
17.07.2025 17:00
Resumo
O Monte Pindo é un macizo granítico situado na provincia de A Coruña, e máis concretamente na zona da Costa da Morte. A gran variedade de flora e fauna e, sobre todo a presenza de especies endémicas e especies en perigo de extinción fan deste lugar unha zona única, razón pola que no ano 2014 foi incluído no programa de Rede Natura 2000. O Monte Pindo destaca tamén polo seu rico patrimonio xeomorfolóxico, sendo o lugar de Galicia con maior cantidade de rochas antropomorfas. En 2013, o gran incendio que asolou este espazo, provocou graves pérdidas de biodiversidade e danos irreparables no terreo, que aínda son visibles na actualidade. Toda esta información será empregada para que o alumnado, mediante actividades e visitas ao Monte Pindo, adquira as competencias sobre este tema. As actividades consistirán na creación dunha enciclopedia coas especies avistadas na visita, unha modelización sobre a erosión do terreo, unha análise do crecemento de dúas especies de árbore distintas e finalmente a identificación dunha liña temporal de imaxes do Monte Pindo.

Escola Tradicional e Escola Nova: Dúas miradas sobre a Educación
Autoría
L.T.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.T.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar e comparar os diferentes modelos educativos utilizados na actualidade, co fin de comprender as súas características fundamentais e enfoques metodolóxicos. A partir desta análise teórica, deséñase unha proposta de intervención pedagóxica dirixida á etapa de Educación Infantil, seleccionando o modelo educativo que mellor se adapte ás necesidades e características propias do alumnado, neste caso, a metodoloxía Montessori.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titor do alumno)