A atención ás mulleres dende os servizos sociais: un análise documental
Autoría
N.A.M.
Grao en Educación Social
N.A.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao realiza unha análise documental sobre os recursos e servizos de atención ás mulleres no eido dos Servizos Sociais. Ao longo do traballo, examínase como se integra a perspectiva de xénero na normativa, nos programas, recursos e prácticas dos servizos sociais galegos, e avalíase a contribución da Educación Social. Do mesmo xeito, constátase como as políticas públicas e as intervencións socioeducativas contribúen á igualdade e ao empoderamento das mulleres, especialmente en situación de vulnerabilidade. Este proceso de procura documental incluiu a análise da normativa autonómica e estatal, informes institucionais e artigos científicos. Os resultados mostran que Galicia conta cun marco lexislativo avanzado, non obstante, seguen existindo retos na súa aplicación. Polo tanto, recoméndase reforzar a formación en xénero, mellorar o acceso a recursos e promover intervencións integrais, recoñecendo o potencial transformador da Educación Social nun modelo coordinado e dotado con máis recursos.

Dirección
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)

Aprendizaxe sobre a saúde mediante o uso das tecnoloxías e estudo do efecto que se podería causar na vida do alumnado
Autoría
C.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na análise de diversas ferramentas dixitais que poden facilitar ao alumnado unha aprendizaxe significativa no ámbito da saúde. O estudo busca extraer conclusións que resulten útiles para outros docentes, co fin de mellorar as prácticas educativas nesta área. Os obxectivos principais do traballo son identificar as ferramentas dixitais máis eficaces para a aprendizaxe de contidos relevantes relacionados coa saúde e analizar como a adquisición destes coñecementos inflúe na vida cotiá do alumnado. Para iso, emprégase unha metodoloxía de iniciación á investigación de traballo de campo, que inclúe unha revisión bibliográfica, unha proposta de intervención realizada nun centro, a avaliación dos resultados desta intervención no alumnado, e as conclusións do traballo. O traballo de campo levarase a cabo nun centro privado concertado, o que permitirá crear unha proposta de ensino innovadora e significativa mediante o uso das ferramentas dixitais para a aprendizaxe sobre a saúde.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)

Retratos do eu: o debuxo como expresión do autoconcepto na etapa de Educación Infantil
Autoría
Y.A.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Y.A.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 09:30
03.07.2025 09:30
Resumo
O autoconcepto infantil defínese como a percepción que o neno ten de si mesmo, constituíndo unha representación dinámica que comeza a desenvolverse dende os primeiros anos de vida. Pola súa banda, o debuxo infantil considérase unha forma de expresión gráfica mediante a cal os discentes comunican as súas emocións, pensamentos e comprensión da contorna. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo explorar a posible relación entre o autoconcepto do alumnado de Educación Infantil e as súas representacións gráficas, analizando a validez do debuxo como instrumento proxectivo das autopercepciones infantís. Para iso, realízase unha revisión da literatura científica publicada ata marzo de 2025 nas bases de datos ERIC, PsycINFO e Web of Science (WOS). Así mesmo, lévase a cabo unha investigación de campo cunha mostra de alumnado de Educación Infantil, na que se avalía o autoconcepto mediante instrumentos adaptados á súa etapa evolutiva, e analízanse as producións gráficas dos participantes. Os resultados obtidos apoian a existencia de preditores do autoconcepto nas producións gráficas infantís, como o tamaño da figura, a calidade do trazo ou os trazos corporais representados, o que pon de relevo a súa relevancia na análise do constructo do autoconcepto.

Guisande Couñago, María Adelina (Titoría)
Guisande Couñago, María Adelina (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Trigo Martínez, Cristina (Secretario/a)
OUTON OVIEDO, PAULA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Trigo Martínez, Cristina (Secretario/a)
OUTON OVIEDO, PAULA (Vogal)
A atención á diversidade nunha unidade de educación especial: un programa de intervención baseado no modelo inclusivo
Autoría
L.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 09:30
03.07.2025 09:30
Resumo
Na consolidación dunha sociedade cada vez máis plural e versátil, a escola eríxese como a institución encargada de acoller e valorar o atributo que de forma paradoxal conecta e distingue ao ser humano: a diversidade. Neste escenario, as Unidades de Educación Especial (UEEs) nos centros docentes ordinarios recóllense como unha posible modalidade de escolarización para o alumnado con Necesidades Educativas Especiais. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar un programa de intervención inclusivo adaptado ás necesidades do grupo-aula dunha UEE. A súa significatividade e consistencia reside na asunción das limitacións advertidas nunha UEE galega para crear unha proposta que mellore a súa acción educativa. Para isto, efectúase unha revisión lexislativa e bibliográfica da modalidade, acompañada dunha recollida de datos exhaustiva sobre as necesidades, bondades e barreiras dunha UEE no contexto galego. Seguidamente, preséntase o resultante programa de intervención, artellado polos correspondentes elementos clave e fundamentada nos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe. A través deste, preténdese visibilizar o labor desempeñado nas UEEs e apelar ao poder transformador da comunidade educativa cara un modelo educativo inclusivo.

Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS Cotitoría

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)

Análise da realidade educativa nunha unidade de educación especial: un estudo de caso
Autoría
L.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 10:00
04.07.2025 10:00
Resumo
No seo dun paradigma socioeducativo que avoga pola inclusión como modelo de atención á diversidade, as Unidades de Educación Especial (UEEs) en centros docentes ordinarios discírnense como unha posible modalidade de escolarización para o alumnado con Necesidades Educativas Especiais. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo visibilizar a realidade educativa que emana das UEEs galegas e valorar as súas bondades e limitacións na construción dun modelo educativo inclusivo. Para isto, o estudo enmárcase nunha investigación empírica de corte cualitativo e adhírese á tradición do Estudo de Caso. O número de participantes ascende a sete e emprégase a entrevista semiestruturada como instrumento de recollida de datos. A súa posterior análise efectúase co apoio do programa Atlas.ti (V.25). Os resultados revelan que as UEEs son concibidas como unha modalidade beneficiosa para aquel alumnado que así o precise. Os participantes consideran que a presenza destas unidades en centros ordinarios xesta actitudes e relacións positivas. Con todo, é preciso contar con recursos suficientes e cun claustro coordinado e comprometido. En definitiva, cómpre mellorar a formación e praxe docente para acadar unha educación máis xusta e inclusiva.

ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)

A influencia do contexto familiar no rendemento académico: unha revisión sistemática.
Autoría
L.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha revisión sistemática para analizar a influencia do contexto familiar no rendemento académico do alumnado de Educación Infantil e Primaria. A investigación aborda esta temática motivada polos desafíos actuais do sistema educativo español, evidenciados en resultados como os do estudo TIMSS 2023 e a persistente taxa de abandono educativo temperán. O estudo céntrase na identificación de factores familiares clave (nivel socioeconómico, estilos de crianza, implicación parental e diversas estruturas familiares). A análise da literatura revela que, alén das variables socioeconómicas, aspectos como as aspiracións parentais, unha crianza positiva e o clima do fogar son cruciais. Destácase a implicación parental no ámbito doméstico e os estilos de crianza democráticos como os máis beneficiosos, mentres que a influencia das estruturas familiares radica na calidade do apoio que ofrecen, con certas limitacións na solidez da información dispoñible. O traballo conclúe que o fracaso escolar é un problema sistémico que demanda unha activa colaboración entre escola e familia. Proponse a transformación da cultura escolar cara a un modelo bidireccional e o reforzo da orientación familiar. A elaboración deste TFG contribuíu ao desenvolvemento de competencias profesionais, salientando a relevancia do contexto familiar no éxito educativo e a necesidade de fortalecer a súa integración nas estratexias pedagóxicas.

ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
Tribunal
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titor do alumno)

Sentir, pensar e respectar. Deseño dun Programa para a prevención do acoso escolar mediante a Educación emocional no alumnado de Primaria.
Autoría
L.A.A.
Grao en Pedagoxía
L.A.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
O acoso escolar é unha forma de violencia caracterizada pola reiteración, a intencionalidade e o desequilibrio de poder que afecta á convivencia nos centros educativos, producindo un impacto negativo no desenvolvemento integral do alumnado. As condutas de acoso poden observarse desde idades temperás, incrementándose aos 11-13 anos. Neste contexto, a educación emocional demostrou ser unha medida eficaz para a prevención do acoso escolar dende as primeiras etapas. Así, a proposta “Sentir, pensar e respectar”, deseñada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, aplica a educación emocional como estratexia de prevención do acoso escolar. O programa está estruturado en catro sesións que se levan a cabo ao inicio do curso escolar, cunha duración de 50 minutos cada unha e unha frecuencia dunha por semana. As actividades incorporan enfoques participativos e dinámicos, como debates, xogos de rol e visionado de curtametraxes, que fomentan a comprensión emocional, a empatía e a resolución pacífica de conflitos. Incorpora unha avaliación inicial e final, así como unha avaliación do proceso. É importante que as futuras investigacións estuden formas emerxentes de acoso escolar, como o ciberacoso, que cada vez están máis presentes. Tamén se recomenda crear contidos adaptados a idades máis temperás e que a educación emocional pase a integrarse de maneira sistemática no currículo escolar, en lugar de tratalo como un contido transversal, para garantir intervencións máis profundas e continuas que contribúan a construír contornos escolares máis respectuosos, empáticos e libres de violencia.

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Mallo López, Sabela Carme (Titor do alumno)

A metodoloxía TPR (Total Physical Response) na aprendizaxe da lingua inglesa no primeiro ciclo de Educación Primaria: unha proposta didáctica para segundo curso de Educación Primaria.
Autoría
M.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.02.2025 17:00
03.02.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase no método de Resposta Física Total e na súa aplicación na ensinanza de inglés en Educación Primaria. O seu obxectivo principal é investigar como este método, que combina a actividade física coa aprendizaxe lingüística, pode mellorar a adquisición da lingua inglesa nun grupo de nenas e nenos de Educación Primaria. Ademais de incluír unha fundamentación teórica sobre este método e sobre os métodos máis relevantes na ensinanza de lingua estranxeira ao longo da historia, desenvolve unha proposta didáctica baseada no método TPR que se leva a cabo no primeiro ciclo de Educación Primaria, concretamente no segundo curso. A proposta avalía a eficacia deste método, observando o impacto na motivación, participación e comprensión do alumnado e amosa os beneficios de reducir a ansiedade na aula e fomentar un ambiente seguro e lúdico para a aprendizaxe do inglés. A investigación conclúe que a pesar dalgunhas limitacións, o TPR é unha ferramenta válida para a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira nos primeiros cursos de Educación Primaria.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titor do alumno)

O conto musical como recurso didáctico para a ensinanza da música en Educación Primaria: unha análise de contido
Autoría
A.A.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.A.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao centrarase na análise documental de contos musicais publicados en España, co obxectivo de explorar as súas características fundamentais e valorar o seu potencial como recurso didáctico na ensinanza musical en Educación Primaria. A través dunha metodoloxía cuantitativa de enfoque positivista, procederase nunha primeira instancia, á elaboración duns criterios de selección e unha correcta sistematización da busca dos contos, para garantir que estes se axusten ás necesidades que o estudo pretende resolver. Seguidamente, someteranse a unha rigorosa análise na cal se establecerán unha serie de categorías que permitan avalialos en aspectos tales como a estrutura formal, o contido musical ou a súa dimensión pedagóxica. Por último, expoñeranse as conclusións derivadas da análise, co propósito de determinar en que medida estas características permiten considerar aos contos musicais como un recurso efectivo, interdisciplinario e significativo para favorecer a ensinanza da música nesta etapa escolar.

DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Vogal)

Intervencións promovidas dende o centro educativo para fomentar a actividade física en educación infantil: unha revisión sistemática
Autoría
L.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 10:15
03.07.2025 10:15
Resumo
A inactividade física na etapa de Educación Infantil pode contribuír á aparición de problemas de saúde no alumnado, entre os que destaca a obesidade infantil. Asemade, numerosos estudos demostran que a promoción de actividade física dende o ámbito educativo é unha intervención chave para reverter esta situación. Por iso, este traballo ten como obxectivo identificar e analizar intervencións promovidas desde os centros educativos que busquen incrementar os niveis de actividade física do alumnado de Educación Infantil. Para abordalo, levouse a cabo unha revisión sistemática seguindo o establecido na Declaración PRISMA, realizando unha busca de estudos científicos en 3 bases de datos: Scopus, Web of Science e SportDiscus. Dos artigos recollidos, 10 cumpriron os criterios de inclusión establecidos e foron detalladamente analizados. Os resultados obtidos indican que o enriquecemento dos espazos, a integración do movemento nas aulas e a concienciación do alumnado incrementarán a súa actividade física. Con todo, trátase dunha cuestión aínda en desenvolvemento que presenta limitacións, destacando a falta de formación e concienciación do profesorado. Así, para sentar as bases dun estilo de vida fisicamente activo que perdure ata a adultez é importante que dende a escola se facilite o cumprimento dos índices de actividade física internacionalmente consensuados.

RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)
Análise da intervención do profesorado de educación primaria de Cambre (A Coruña) con persoas menores trans: un estudo de caso.
Autoría
L.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 17:00
04.07.2025 17:00
Resumo
A infancia trans é unha realidade que está cada vez máis presente na sociedade e no sistema educativo actual. Por iso, este traballo busca detectar e analizar as fortalezas e os aspectos a fortalecer na intervención con persoas menores trans no profesorado de Educación Primaria do CEIP Portofaro (Cambre, A Coruña). Para abordar este obxectivo, levouse a cabo unha investigación cualitativa empregando a técnica do estudo de caso, para o que se entrevistou a 8 docentes en activo de dito centro. Os resultados amosan un alto grao de descoñecemento sobre a intervención con persoas menores trans no eido educativo. Así, detéctase a falta de formación no relativo ao rol que deben adoptar, con respecto aos recursos aos que recorrer ou ás cuestións lexislativas establecidas na normativa nacional e autonómica. Non obstante, obsérvase nas mestras a predisposición a formarse e continuar aprendendo para atender ás necesidades das crianzas trans. En conclusión, é necesario aumentar a visibilidade das identidades trans nas escolas e nos centros de formación docente para garantir o abordaxe transversal das diversidade das persoas LGTBI e o benestar da infancia trans na etapa educativa de Educación Primaria.

AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
Tribunal
Santos González, María del Carmen (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Vogal)

Análise da relación entre a motivación docente e o clima social de aula do alumnado de Educación Primaria
Autoría
A.A.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.A.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Primaria desenvolve unha investigación de campo empírica, na cal se pretende analizar a relación entre a percepción da motivación, por parte dos/as docentes e a percepción do clima social da aula, por parte do alumnado. Esta investigación partirá dunha revisión bibliográfica e pretende analizar se hai, ou non, relación e en que dirección se ven afectadas cada unha das variables; para comprender certas situacións actuais do panorama educativo. A metodoloxía empregada versará sobre unha investigación cuantitativa, cun deseño descritivo e correlacional; que se poderá levar a cabo grazas á recollida de información, dunha mostra preseleccionada, mediante o uso de escalas estandarizadas. A aplicación dos instrumentos será de xeito presencial e, o tratamento dos datos obtidos será de carácter estadístico.
O presente traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Primaria desenvolve unha investigación de campo empírica, na cal se pretende analizar a relación entre a percepción da motivación, por parte dos/as docentes e a percepción do clima social da aula, por parte do alumnado. Esta investigación partirá dunha revisión bibliográfica e pretende analizar se hai, ou non, relación e en que dirección se ven afectadas cada unha das variables; para comprender certas situacións actuais do panorama educativo. A metodoloxía empregada versará sobre unha investigación cuantitativa, cun deseño descritivo e correlacional; que se poderá levar a cabo grazas á recollida de información, dunha mostra preseleccionada, mediante o uso de escalas estandarizadas. A aplicación dos instrumentos será de xeito presencial e, o tratamento dos datos obtidos será de carácter estadístico.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Vogal)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Vogal)
Trazando estratexias para a autonomía (TEA)
Autoría
R.A.G.
Grao en Pedagoxía
R.A.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao responde á modalidade de deseño dun proxecto de intervención, o cal centrarase na promoción da autonomía de nenos/as con TEA, orientado especialmente a servir de apoio ás súas familias, de xeito que conten cunha maior información sobre como potenciar a autonomía dos/as seus/súas fillos/as. Desta forma, os obxectivos que se procuran son, en primeiro lugar, achegarnos ao concepto do TEA e coñecer as súas características, facendo fincapé nas que respectan á autonomía. Tamén resultará esencial coñecer que factores diferencian a promoción da autonomía no caso das persoas con TEA en contraposición a aquelas que non se atopan neste espectro. Brindar apoio ás familias na educación dos/as seus/súas fillos/as con TEA será un dos aspectos fundamentais a traballar, así como promover, en última instancia, a autonomía destes menores.

Teijeiro Boo, Yesica (Titoría)
Teijeiro Boo, Yesica (Titoría)
Tribunal
Teijeiro Boo, Yesica (Titor do alumno)
Teijeiro Boo, Yesica (Titor do alumno)
A relación entre a gamificación e a Literatura Infantil e Xuvenil en Educación Primaria
Autoría
M.A.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.A.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao, titulado “A relación entre a gamificación e a Literatura Infantil e Xuvenil en Educación Primaria”, enmárcase dentro da modalidade ‘Investigación documental’ e ten como obxecto, tal como se adianta no seu título, o estudo da técnica de ensinanza-aprendizaxe denominada Gamificación e as posibles relacións coa Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), moi especialmente coa LIX galega.

NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)

Propostas de intervención educativa con menores estranxeiros non acompañados en España: unha revisión sistemática da literatura.
Autoría
A.A.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.A.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:45
01.07.2025 10:45
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na análise de propostas de intervención educativa dirixidas a menores estranxeiros non acompañados en España, un colectivo especialmente vulnerable dentro do contexto migratorio. O obxectivo principal é explorar e sintetizar a literatura existente para identificar boas prácticas educativas que favorezan a súa inclusión social, cultural e emocional, atendendo ás súas necesidades específicas. Para iso, empregarase unha metodoloxía de revisión sistemática da literatura, consultando bases de datos académicas e fontes especializadas. Realizarase unha selección de estudos relevantes aplicando criterios de inclusión baseados na actualidade, relevancia e calidade metodolóxica, co fin de analizar e categorizar as distintas intervencións documentadas. Ademais, examinaranse as estratexias empregadas en contextos educativos e sociais, destacando as que amosan maior efectividade na integración dos menores non acompañados. A través desta revisión, preténdese identificar patróns e lagoas nas intervencións actuais e formular recomendacións baseadas na evidencia para mellorar os procesos educativos e sociais que atenden a este colectivo. Este traballo contribúe ao desenvolvemento de modelos educativos máis inclusivos e adaptados ás realidades da diversidade cultural e á situación de vulnerabilidade.

A arte de dobrar papel: unha ensinanza afectiva da xeometría, da estatística e da probabilidade
Autoría
L.A.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.A.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 09:30
04.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo deseñar unha proposta didáctica para desenvolver competencias e alcanzar obxectivos relacionados coas áreas de xeometría, estatística e probabilidade que siga os enfoques metodolóxicos recomendados na literatura educativa e contribúa a mellorar o dominio afectivo do alumnado dunha aula de 5º e 6º de Educación Primaria cara ás matemáticas. Deste xeito, preténdese comprobar se, de acordo coa literatura, o dominio afectivo inflúe de maneira significativa no rendemento académico do alumnado, así como fomentar unha mellora da súa afectividade cara ás matemáticas, pois esta adoita ser negativa. Para iso, deseñouse e implementouse unha proposta didáctica que integra os sentidos espacial, estocástico e socioemocional a partir do emprego da papiroflexia como material manipulativo de interese para o alumnado. O efecto desta proposta avaliouse a través da análise dos resultados académicos do alumnado, de cuestionarios sobre as súas actitudes cara a materia e as emocións manifestadas durante as sesións. Os resultados mostran unha tendencia positiva tanto no rendemento académico como no dominio afectivo do alumnado como resultado da implementación de enfoques didácticos manipulativos que teñen en conta a afectividade do alumnado.

CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)

O desenvolvemento de hábitos saudables en Educación Infantil: unha ollada ao marco normativo e proposta didáctica a través de situacións de aprendizaxe.
Autoría
L.A.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.A.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 11:00
03.07.2025 11:00
Resumo
As situacións de aprendizaxe, introducidas pola LOMLOE, constitúen un novo marco metodolóxico a través do cal estruturar o proceso de ensino-aprendizaxe, orientado cara unha aprendizaxe máis competencial. A lexislación vixente e os organismos competentes, ante as necesidades da sociedade actual, tamén inciden na importancia da educación para a saúde e a promoción de hábitos saudables no ámbito educativo. O obxectivo deste traballo foi deseñar unha proposta didáctica cos enfoques metodolóxicos promovidos desde a lexislación educativa vixente para a promoción de hábitos saudables no segundo ciclo de Educación Infantil. Esta proposta didáctica concretouse no desenvolvemento dunha situación de aprendizaxe nunha aula de 6º de Educación Infantil, centrada na construción dun restaurante no recuncho do xogo simbólico, mediante actividades relacionadas coa alimentación saudable e a elaboración de receitas, así como na incorporación de descansos activos durante a xornada escolar. Os resultados revelaron que este enfoque ofrece un marco adecuado para fomentar a toma de conciencia e adquisición de hábitos saudables en Educación Infantil, así como para o traballo integral das tres áreas curriculares mediante actividades que favorecen a participación e a reflexión activa do alumnado.
As situacións de aprendizaxe, introducidas pola LOMLOE, constitúen un novo marco metodolóxico a través do cal estruturar o proceso de ensino-aprendizaxe, orientado cara unha aprendizaxe máis competencial. A lexislación vixente e os organismos competentes, ante as necesidades da sociedade actual, tamén inciden na importancia da educación para a saúde e a promoción de hábitos saudables no ámbito educativo. O obxectivo deste traballo foi deseñar unha proposta didáctica cos enfoques metodolóxicos promovidos desde a lexislación educativa vixente para a promoción de hábitos saudables no segundo ciclo de Educación Infantil. Esta proposta didáctica concretouse no desenvolvemento dunha situación de aprendizaxe nunha aula de 6º de Educación Infantil, centrada na construción dun restaurante no recuncho do xogo simbólico, mediante actividades relacionadas coa alimentación saudable e a elaboración de receitas, así como na incorporación de descansos activos durante a xornada escolar. Os resultados revelaron que este enfoque ofrece un marco adecuado para fomentar a toma de conciencia e adquisición de hábitos saudables en Educación Infantil, así como para o traballo integral das tres áreas curriculares mediante actividades que favorecen a participación e a reflexión activa do alumnado.
Dirección
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)
A educación en centros penitenciarios: unha revisión bibliográfica sistemática
Autoría
A.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Traballo de Fin de Grao no que se aborda o papel da educación en contextos penitenciarios a través dunha revisión bibliográfica e documental centrada en investigacións publicadas entre 2020 e 2025. A finalidade principal é analizar o alcance, as limitacións e as potencialidades doproceso educativo dentro das prisións, con especial énfase nos principais axentes implicados: docentes e internos, con atención á situación educativa das mulleres privadas de liberdade. A metodoloxía empregada segue as directrices do modelo PRISMA, co obxectivo de garantir a transparencia e o rigor nos procesos de identificación, selección e inclusión dos documentos revisados. A procura de información realizouse nas bases de datos Dialnet, Scopus e ProQuest, resultando na selección final un total de 19 documentos que cumpren cos criterios de inclusión establecidos para a análise.

SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titor do alumno)

Implicación familiar e rendemento académico do alumnado NEAE. Deseño dun Proxecto para Educación Primaria.
Autoría
C.A.G.
Grao en Pedagoxía
C.A.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
A análise da implicación familiar no proceso educativo do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) en Educación Primaria pon o foco nas barreiras que dificultan a súa participación e na importancia da colaboración escola-familia. A partir dun marco teórico amplo sobre estilos parentais, políticas inclusivas e retos familiares, deséñase o proxecto “Camiñamos xuntas: creando pontes entre escola, familia e alumnado NEAE”. Esta proposta busca fomentar a corresponsabilidade educativa mediante actividades participativas que recoñezan as fortalezas do alumnado, melloren a comunicación e impulsen unha cultura escolar máis inclusiva. O proxecto pretende ser unha ferramenta práctica para fortalecer os vínculos entre todos os axentes implicados no proceso educativo.

Mella Núñez, Igor (Titoría)
Mella Núñez, Igor (Titoría)
Tribunal
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Dificultades nas Ciencias Experimentais en Educación Primaria: Retos e Estratexias de Solución
Autoría
N.A.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.A.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Na seguinte investigación realizaráse un estudo sobre a eduación para a saúde na estapa de Educación Primaria, cunha atención especial á nutrición como piar fundamental. O obxectivo principal de investigación é analizar as dificultades que presentan os estudantes de 4º de Primaria en relación cos hábitos alimentarios e a comprensión dunha dieta equilibrada. Para iso, realizarase un diagnóstico inicial que permita identificar os principais obstáculos na aprendizaxe e aplicación de coñecementos sobre nutrición na aula. A partir destes resultados, deseñarase unha proposta de intervención educativa adaptada ás necesidades detectadas, con actividades didácticas orientadas a mellorar a concienciación e os hábitos alimenticios do alumnado. Finalmente, levarase a cabo unha avaliación de efectividade da intervención, medindo os cambios no nivel de coñecementos e actitudes do alumnado cara a unha alimentación saudable. Deste xeito, este estudo pretende achegar estratexias educativas que favorezan a adquisición de hábitos nutricionais axeitados dede idades temprás, contribuíndo ao benestar infantil e ao desenvolvemento dunha conciencia crítica sobre a importancia da saúde na vida cotiá.

Deseño dunha proposta de interveción sobre o folclore galego en Educación Primaria
Autoría
A.A.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.A.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de intervención educativa dirixida ao alumnado de 4º de Educación Primaria do CEP Altamira. A intervención enmárcase na área de Música e Danza e fundaméntase nos enfoques pedagóxicos constructivista e sociocultural. O obxectivo principal é favorecer o desenvolvemento da Competencia en Conciencia e Expresións Culturais, promovendo o coñecemento, valoración e respecto polo folclore galego como parte esencial da identidade colectiva. Preténdese así que as novas xeracións se acheguen ás manifestacións culturais de Galicia, as aprecien e sexan quen de comparala con outras culturas, sempre desde unha perspectiva de respecto e valoración positiva da diversidade cultural. O folclore preséntase como un conxunto de contidos de carácter transversal que permiten integrar saberes doutras áreas do currículo, favorecendo a aprendizaxe significativa, situada e contextualizada. A proposta fomenta a participación activa do alumnado, o traballo cooperativo e a vinculación coa contorna cultural próxima. En definitiva, o propósito final desta intervención é contribuír á preservación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial de Galicia no ámbito escolar.

Loito por suicidio na familia: unha revisión sistemática desde a Educación Social
Autoría
M.A.V.
Grao en Educación Social
M.A.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 17:30
01.07.2025 17:30
Resumo
O presente traballo aborda a temática do suicidio, centrándose no loito experimentado pola familia e persoas próximas tras este tipo de perda. O suicidio preséntase como unha problemática de saúde pública a nivel mundial, onde non só ten impacto na persoa que toma esta decisión, senón tamén nas persoas máis próximas. A diferenza doutros tipos de loito, o loito por suicidio é un dos máis esquecidos e estigmatizados, caracterizado pola súa perda repentina, complexidade e intensidade emocional. O principal obxectivo é analizar, mediante unha revisión sistemática, o impacto do suicidio dun/ha familiar nos/as sobreviventes da familia. Desta maneira, os resultados evidencian unha ampla gama de reaccións emocionais, psicolóxicas e físicas como culpa, ansiedade, depresión, estrés, insomnio ou malestar xeral, ademais de illamento social debido ao estigma. Identifícanse estratexias adaptativas (autocoidado, resignificación ou espiritualidade) e desadaptativas (illamento, sobrecarga laboral ou consumo de substancias). Ademais, destácanse a participación en grupos de apoio como unha das intervencións mellor valoradas. En conclusión, destácase a necesidade de mellorar o acceso a recursos de apoio e proponse integrar a educación social no traballo de prevención, acompañamento e posvención do suicidio.

REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titor do alumno)

Dobre excepcionalidade: un reto educativo entre a hiperactividade e o talento
Autoría
S.A.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.A.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O alumnado que destaca por posuír habilidades e capacidades superiores para afrontarse a tarefas académicas, e que á vez presenta algunha outra dificultade, é coñecido como dobremente excepcional. Esta combinación entre fortalezas e necesidades pode provocar que ambas características se enmascaren mutuamente, dificultando a súa identificación e atención temperá e axeitada. Como consecuencia, é habitual que reciban un apoio insuficiente, o que repercute negativamente tanto no seu rendemento académico como no seu benestar emocional. A dobre excepcionalidade supón un reto significativo para o sistema educativo, xa que estes estudantes adoitan non contar con recursos suficientes para desenvolver o seu potencial. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar as características desta dobre condición (altas capacidades e TDAH), así como a súa presenza nas aulas de Educación Infantil, mediante unha revisión bibliográfica que permita comprender en profundidade a dobre excepcionalidade e contribuír a promover unha educación inclusiva que recoñeza e valore a diversidade de talentos e necesidades deste alumnado.

Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Tribunal
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titor do alumno)

Construíndo relacións saudables e responsables. Proxecto de intervención en educación afectivo-sexual con adolescentes.
Autoría
P.A.D.
Grao en Pedagoxía
P.A.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Esta proposta de Traballo de Fin de Grao (TFG) enmárcase dentro da modalidade de programa de intervención e ten como finalidade contribuír á formación afectivo-sexual da mocidade adolescente. Concretamente, o seu obxectivo principal é promover unha sexualidade saudable, respectuosa e libre de estigmas, ofrecendo ás mozas e aos mozos as ferramentas esenciais para construír relacións sans e tomar decisións informadas e responsables. O avance das novas Tecnoloxías da Relación, da Información e da Comunicación (TRIC), as desigualdades de xénero e a ausencia de educación sexual no currículo fan imprescindibles recursos que contribúan a unha educación afectivo-sexual saudable. Por iso, proponse unha intervención que contribúa non só ao benestar individual da mocidade, senón tamén á construción dunha sociedade máis inclusiva e consciente dos dereitos e responsabilidades no ámbito das relacións afectivo-sexuais.

GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
A nenez como exploradora e creadora: unha proposta de innovación pedagóxica arredor de personaxes da cultura galega.
Autoría
A.A.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.A.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
No currículo vixente para a etapa de educación infantil, recóllense unha serie de competencias transversais que lle permitan á nenez adquirir saberes grazas á exploración cuestionadora e creativa, e a interacción co medio. Neste TFG apóstase por deseñar e implementar unha unidade didáctica, que forma parte dunha proposta conxunta de innovación pedagóxica sobre personaxes propios da cultura galega. Búscase que a nenez desenvolva un proceso de descubrimento, observación e exploración de tradicións e costumes galegos, presentes en distintas formas da literatura de tradición oral. Formúlase como obxectivo principal que a nenez adopte unha actitude de respecto e valoración do medio. En primeiro lugar, elixirase unha selección de manifestacións orais. Despois, seleccionarase como metodoloxía unha baseada na aprendizaxe cooperativa, que aúne un compoñente lúdico e actividades de carácter práctico, manipulativo e vivencial, elaboradas a partir dos personaxes citados. Finalmente, ofreceranse os resultados acadados e a avaliación dos mesmos por medio dunha observación directa e unha lista de control (con criterios que se establecerán previamente segundo os contidos que se traballarán en cada actividade) para analizar as producións da nenez.

FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Análise da formación docente en atención á diversidade: unha revisión documental.
Autoría
I.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
I.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 10:45
04.07.2025 10:45
Resumo
presente Traballo de Fin de Grao (TFG), enmarcado na modalidade de revisión documental, ten como propósito analizar a congruencia entre a formación docente, as necesidades formativas do profesorado e a normativa vixente, con respecto á atención á diversidade. Con este obxectivo implementouse unha revisión bibliográfica sistemática da literatura (método PRISMA) e unha análise documental dende unha óptica tridimensional: analizouse o corpus de documentos científicos nas principais bases de datos, revisáronse os plans de formación docente, inicial e continua; e, revisáronse e avaliáronse os marcos lexislativos e normativos correspondentes ás competencias docentes en atención á diversidade no contexto galego. O resultado de dito estudo proporciona conclusións claras ante a necesidade de maior formación docente no que a atención á diversidade se refire, para poder desenvolver as disposicións lexislativas vixentes e avanzar cara unha educación inclusiva, xusta e de calidade.
presente Traballo de Fin de Grao (TFG), enmarcado na modalidade de revisión documental, ten como propósito analizar a congruencia entre a formación docente, as necesidades formativas do profesorado e a normativa vixente, con respecto á atención á diversidade. Con este obxectivo implementouse unha revisión bibliográfica sistemática da literatura (método PRISMA) e unha análise documental dende unha óptica tridimensional: analizouse o corpus de documentos científicos nas principais bases de datos, revisáronse os plans de formación docente, inicial e continua; e, revisáronse e avaliáronse os marcos lexislativos e normativos correspondentes ás competencias docentes en atención á diversidade no contexto galego. O resultado de dito estudo proporciona conclusións claras ante a necesidade de maior formación docente no que a atención á diversidade se refire, para poder desenvolver as disposicións lexislativas vixentes e avanzar cara unha educación inclusiva, xusta e de calidade.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
Unha proposta de innovación pedagóxica baseada na aprendizaxe a través da mitoloxía: As trasnadas e o mundo mitolóxico galego.
Autoría
I.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
I.A.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG), enmárcase na modalidade de deseño dunha proposta de innovación pedagóxica, nel se recolle o proxecto pedagóxico As trasnadas e o mundo máxico galego, levado a cabo nunha aula de segundo ciclo de educación infantil. O obxectivo principal deste traballo foi deseñar e implementar unha proposta pedagóxica que empregase a mitoloxía galega como recurso atractivo para conectar as crianzas coa súa cultura e identidade. E canto á metodoloxía empregada, no presente traballo inclúese un marco teórico sobre a cultura e mitoloxía galega e a súa presenza no currículo de infantil, unha análise de contexto e necesidades (mediante entrevistas a docentes e un grupo de discusión inicial), e o deseño e descrición da proposta levada a cabo. Os resultados de aprendizaxe obtidos demostraron a eficacia da mitoloxía galega como ferramenta pedagóxica para o desenvolvemento da identidade cultural nesta etapa educativa. Finalmente, nas conclusión recóllese o valor pedagóxico da mitoloxía na educación infantil, sobre todo, porque permite relacionar a motivación e interese do alumnado co súa propia cultura.

VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
Tribunal
VILLAR VARELA, MILENA (Titor do alumno)
VILLAR VARELA, MILENA (Titor do alumno)
Os Sistemas de Protección e a súa intervención cos fillos/as de proxenitores toxicómanos. As Casas de Familia
Autoría
M.V.B.I.
Grao en Educación Social
M.V.B.I.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao aborda a intervención socioeducativa centrada en adolescentes que viven en centros de protección, concretamente en Casas de Familia, debido a que proveñen de familias desestruturadas por causa das adiccións, especificamente con proxenitores alcólicos. Pártese dunha análise diagnóstica do contexto social, identificando as necesidades destes adolescentes, destacando a atención terapéutica, mellora da autoestima, xestión emocional e prevención do consumo de drogas. O marco teórico inclúe definicións sobre as Casas de Familia, o alcolismo, as adicións e o sistema de protección infantil, destacando a evolución lexislativa e o marco legal en Galicia e España. Tamén se revisan programas internacionais efectivos, que ofrecen modelos de intervención para familias con problemas de adicción. O obxectivo xeral é deseñar un programa de intervención socioeducativa que mellore a autoestima e as habilidades emocionais dos adolescentes, mediante actividades individualizadas e adaptadas ás súas necesidades. O proceso inclúe fases de observación, planificación, execución e avaliación, con recursos humanos, materiais e económicos. Finalmente, o traballo conclúe resaltando a importancia dos programas de intervención como ferramenta para promover o benestar e a integración social dos menores en situación de risco, así como propostas de mellora para futuras implementacións.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titor do alumno)

As cantigas e melodías tradicionais como recurso para o estudo da diversidade etnolingüística do galego na Educación Primaria
Autoría
M.B.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.B.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de grado presenta unha proposta didáctica para empregar as cantigas tradicionais galegas como recurso educativo para o estudo da diversidade lingüística do galego en Educación Primaria. A través dunha metodoloxía cualitativa, analízanse cantigas representativas das diferentes variantes dialectais do galego e deséñanse actividades didácticas que permiten ao alumnado familiarizarse coa riqueza fonética, léxica e cultural do idioma. O proxecto pon en valor o patrimonio oral galego e fomenta o respecto pola diversidade lingüística, ao tempo que proporciona un marco inclusivo para a atención á diversidade na aula. O uso das cantigas tradicionais favorece unha aprendizaxe significativa e contextualizada, ademais de potenciar a compresión e valoración das diferentes variantes xeográficas do galego.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)

Os mitos do amor romántico e as súas consecuencias nas relacións: unha mirada crítica desde a Educación Social
Autoría
L.B.T.
Grao en Educación Social
L.B.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:45
01.07.2025 11:45
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo analizar a construción do amor romántico na sociedade occidental contemporánea, especialmente nas persoas adolescentes. A través dunha revisión sistemática, identifícanse os factores que inflúen na súa configuración e as consecuencias da súa asunción nas relacións de parella. Tras a realización dun marco teórico sobre o estado da cuestión, analízanse nove documentos extraídos de bases de datos de relevancia como Dialnet, Scopus e Web of Science. Os resultados da análise conclúen que a construción deste ideal vese influenciada por múltiples factores: mitos románticos, clase social e etnia, idade, xénero, actitudes cara a igualdade, autoestima, tenencia de parella, relixiosidade, nivel de estudos, consumo de pornografía e estilos de amor. En relación ás consecuencias, atópase que a aceptación deste ideal está relacionada coa construción nas persoas adolescentes de relacións de parella desiguais e caracterizadas polo conflito, aumentando así a vulnerabilidade ante situacións de violencia e abuso. Así, detéctase a necesidade de desenvolver, desde o ámbito educativo, unha educación en relación ao amor romántico centrada en aspectos como a promoción da autoestima e a presentación de modelos de relación saudables, sendo así susceptible de ser desenvolta por profesionais da Educación Social.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
Os colonos de Xeoland: un xogo efectivo e afectivo
Autoría
E.B.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
E.B.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 10:15
04.07.2025 10:15
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é presentar unha proposta didáctica na área de matemáticas en Educación Primaria cuxo eixo principal xirará entorno á gamificación, comprobando así a súa eficacia nos procesos de ensinanza e aprendizaxe nesta materia tanto a nivel cognitivo como afectivo. En particular, traballaranse competencias relacionadas cos sentidos espacial, estocástico e socioafectivo presentes no currículo actual oficial. Revisando a bibliografía veremos como as matemáticas adoitan xerar no alumnado sentimentos negativos, provocándolle estrés o momento de enfrontarse a elas ao consideralas demasiado difíciles ou pouco motivantes. Neste contexto, a gamificación preséntase como unha ferramenta moi útil para desenvolver competencias matemáticas dunha forma efectiva e afectiva. Ademais, esta metodoloxía cobra especial importancia para o traballo da probabilidade, dado que se encontra presente de forma natural moitas veces nos propios xogos usuais. Así, co obxectivo de presentar unha proposta didáctica na que se traballen competencias relacionadas cos sentidos mencionados anteriormente crearase un xogo de mesa inspirado no famoso “Catán”. Esta proposta, será posta en práctica nunha aula. Utilizando diferentes procesos e instrumentos de avaliación, analizaremos a eficacia da intervención, comprobando a utilidade da gamificación como ferramenta útil no proceso de ensino e aprendizaxe das matemáticas en Educación Primaria.

Educación emocional na primeira infancia: Unha proposta educativa para 0-3 anos.
Autoría
S.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 09:30
01.07.2025 09:30
Resumo
O obxectivo principal do presente traballo é proporcionar unha serie de propostas de actividades manipulativas para realizar na aula e traballar o desenvolvemento da educación emocional con nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Educación Infantil (0-3 anos). Decidimos centrarnos na educación emocional xa que, na etapa de educación infantil, o ámbito emocional está presente en calquera momento dentro da aula; por isto, é necesario ter en conta como se tratan as emocións nestas primeiras experiencias educativas. Por outra parte, plantexamos unha proposta educativa xa que é necesario proporcionar recursos e ferramentas que sirvan para desenvolver esta educación e poder conformar persoas maduras emocionalmente. Por iso, teranse en conta as competencias emocionais centradas nas capacidades, actitudes e aptitudes que interveñen no proceso de tomar conciencia, interpretar e expresar de forma óptima as emocións que se manifestan. Por último, cabe destacar que nos centramos na primeira etapa do desenvolvemento xa que, tras investigar o tema, móstrase que a maioría dos artigos céntranse no Segundo Ciclo de Infantil, aínda que se debe traballar xa dende o comezo do desenvolvemento.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
Influencia das emocións sobre a motivación para a aprendizaxe do estudantado universitario
Autoría
S.B.A.
Grao en Pedagoxía
S.B.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Abarcar as emocións e a motivación no campo educativo é unha necesidade latente na actualidade. Concretamente, partimos dunha realidade na que a dimensión emocional tende a ser deslindada non só da educación, senón tamén do terreo motivacional de cada individuo. Loitando por favorecer un aumento da conciencia social e educativa acerca deste aspecto, o presente Traballo Fin de Grao persegue o obxectivo principal de analizar a influencia das emocións sobre os procesos motivacionais relacionados coa aprendizaxe no estudantado universitario do grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela. Para iso, iniciouse un proceso de investigación polo cal foi elaborado un cuestionario aplicado a 152 estudantes. De entre os resultados, faise destacar o bo nivel de identificación emocional fronte á dificultade para a xestión de numerosas emocións, como a ansiedade; a frecuente vivencia de emocións desagradables no ámbito académico, sinaladas como un factor con gran influencia sobre a motivación e, por tanto, sobre a aprendizaxe e unha vinculación clara entre as emocións agradables e a boa motivación para a realización de tarefas académicas que requiren, sobre todo, motivación intrínseca.

FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
Beneficios da danza convencional en nenos e nenas de 5 a 12 anos con autismo: unha revisión sistemática
Autoría
L.B.J.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.B.J.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 16:30
04.07.2025 16:30
Resumo
Os nenos e nenas con trastorno do espectro autista experimentan déficits motores, sociais, emocionais e cognitivos, e a práctica da actividade física demostrou producir melloras nestas áreas. Neste contexto, a danza, que incorpora un compoñente artístico e lúdico á actividade física, podería ofrecer beneficios adicionais na contorna escolar. Este traballo ten como obxectivo identificar os beneficios da danza convencional en escolares de 5 a 12 anos con autismo e coñecer a súa posible aplicación no ámbito educativo. O documento presenta unha revisión sistemática seguindo as pautas da metodoloxía PRISMA. Para a procura empregáronse tres bases de datos: Scopus, Web Of Science e PsycInfo, seleccionando finalmente 9 documentos para a análise cualitativa en profundidade. En todos os artigos analizados atópanse beneficios, clasificados en catro ámbitos: interacción social, no que coinciden a maioría deles, comportamental, autonomía e plano motor. Non se atoparon evidencias claras para afirmar que unhas intervencións obteñan mellores resultados que outras, pero en todas observáronse efectos positivos. Á vista das conclusións, parece que a danza convencional podería converterse nunha interesante ferramenta para favorecer a inclusión do alumnado con autismo en escolas ordinarias.

MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Presidente/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Secretario/a)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Vogal)

Inclusión educativa e continuidade da aprendizaxe do alumnado con enfermidade
Autoría
A.B.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.B.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 17:30
01.07.2025 17:30
Resumo
A inclusión educativa do alumnado con enfermidades crónicas ou de longa duración garante o dereito á educación de maneira equitativa e flexible, eliminando barreiras e adaptando o sistema educativo as súas necesidades físicas, emocionais e sociais. O obxectivo deste traballo é analizar a contribución da Pedagoxía Hospitalaria á educación inclusiva dos nenos e das nenas hospitalizados/as ou convalecentes. Para iso, realizouse unha revisión documental mediante a busca sistemática en distintas bases de datos académicas, seleccionando documentos oficiais e verificados. Entre os resultados obtidos, a Pedagoxía Hospitalaria identifícase como unha disciplina clave para asegurar a continuidade educativa destes/as rapaces/as, estruturándose en distintas áreas de intervención, como as aulas hospitalarias, a atención domiciliaria, as aulas hospitalarias de día e o ensino virtual. Ademais, destácase a relevancia de estratexias psicoeducativas específicas para minimizar o impacto da enfermidade, sendo fundamental a cooperación de tódolos axentes implicados para a pronta recuperación deste grupo de estudantes, así como na consecución dunha educación de calidade e o seu desenvolvemento integral. Finalmente, como liñas de investigación futuras proponse a realización de estudos empíricos sobre intervencións educativas e a avaliación de necesidades formativas do profesorado para optimizar a súa capacidade de resposta ante as dificultades derivadas da doenza.

A (Des)Educación Afectivo-Sexual en España: retos para as/os mestras/es de Educación Primaria
Autoría
Z.B.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Z.B.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 09:30
04.07.2025 09:30
Resumo
Unha das grandes preocupacións na sociedade actual é o acceso sen control a contidos pornográficos a través de internet. Unha inquedanza exacerbada á luz das evidencias que apuntan á escasa formación en materia sexo-afectiva das/os mais cativas/os. Neste senso o obxectivo deste traballo é dobre: identificar a prevalencia e as variables asociadas ao consumo de pornografía en menores, así como, analizar a formación en Educación Afectivo-Sexual das/os estudantes de Educación Primaria en España. A través dunha revisión sistemática (PRISMA) identificáronse 9 artigos centrados nesta problemática, á que se engadiu unha análise dos plans de estudo dos graos de Educación Primaria en España, co obxectivo de avaliar a presenza de contidos de educación afectivo-sexual na formación do profesorado. Os resultados evidencian unha limitada incorporación da educación afectivo-sexual nos currículos actuais, así como unha notable exposición das/os menores á pornografía dende idades temperás. En consecuencia, é imprescindíbel seguir educando a todo o alumnado en educación afectivo-sexual e seguir avanzando na incorporación de contidos rigorosos e adecuados tanto no currículo escolar como na formación docente.

ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)

A discapacidade auditiva no alumnado de Educación Primaria: unha revisión.
Autoría
L.B.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.B.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
A discapacidade auditiva é unha condición con severas consecuencias sobre o desenvolvemento e a aprendizaxe, cuxo abordaxe supón demandas que exceden os recursos do profesorado. A pesar da relevancia desta cuestión, a información dispoñible sobre a discapacidade auditiva en Educación Primaria continúa sendo escasa. O obxectivo principal deste traballo foi examinar a conceptualización, prevalencia, identificación, repercusións sobre o proceso de aprendizaxe, estratexias a trasladar ás aulas de Educación Primaria e aspectos emocionais vinculados á perda auditiva. Para iso, realizouse unha revisión da literatura científica publicada ata abril de 2025, utilizando as bases de datos PsycInfo, ERIC, Scopus e Web of Science. As palabras clave empregadas foron discapacidade auditiva, perda auditiva, Educación Primaria, inclusión e Implantes Cocleares, as cales axudaron a seleccionar os 53 artigos incluídos nesta revisión. Os resultados revelan que a discapacidade auditiva é unha das discapacidades sensoriais máis comúns, e poñen de manifesto a importancia da identificación temperá, onde os cribados escolares desempeñan un papel central. Destacase a utilidade dos Implantes Cocleares para a adquisición de habilidades comunicativas e competencias escolares centrais (a lectora, a adquisición de vocabulario e a matemática). Ademais, propóñense estratexias dirixidas ao profesorado para mellorar a adquisición destas competencias, e para manexar os aspectos socioemocionais vinculados á perda auditiva.

BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titor do alumno)

Matemáticas e arte: unha proposta interdisciplinar en Educación Infantil.
Autoría
L.B.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.B.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
A crenza xeneralizada de que as matemáticas son confusas e difíciles pode ter un impacto significativo nas nosas concepcións educativas, influíndo así nas prácticas docentes dentro das aulas de Educación Infantil. Para poder atender a esta problemática, proponse unha secuencia didáctica de carácter interdisciplinar que integra os contidos matemáticos coa arte. Esta proposta busca non solo facilitar a comprensión de conceptos matemáticos, senón tamén espertar o interese e a curiosidade dos nenos e nenas cara estes contidos. De este modo, o presente Traballo de Fin de Grao consiste na elaboración dunha proposta de intervención cuxa metodoloxía sigue un corte cualitativo. A mostra está formada por un grupo multinivel de alumnas e alumnos de Educación Infantil dun Centro Rural Agrupado. Nesta liña, o obxectivo da proposta é ofrecer unha ferramenta en forma de secuencia didáctica que permita ao alumnado adquirir aprendizaxes que poidan ser xeneralizados, sustentándose sobre os pilares da Modelización Matemática Temperá (MMT). Dita proposta foi valorada a través do instrumento Rubric for Evaluating Mathematical Modelling Processes (REMMP), o que mostrou que os resultados obtidos poderían servir de referencia para novos deseños didácticos nos que se vexan implicadas as matemáticas e a arte.

SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
Análise curricular en Educación Primaria O traballo por competencias en perspectiva
Autoría
R.B.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.B.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo tivo como propósito estudar, a través da análise documental, a situación educativa actual confrontando a posible coexistencia de dous enfoques educativos: o condutista e o competencial, co fin de tratar de comprender a perspectiva curricular adoptada e a súa evolución no tempo, en base ao estipulado teoricamente nas diferentes lexislacións e a súa expresión na práctica, dende a Lei Orgánica de Educación ata a actual Lei Orgánica de Modificación da Lei Orgánica de Educación. Realizouse unha análise do máis destacado das mesmas, en especial do Perfil de Saída e das situacións de aprendizaxe e confrontouse a perspectiva adoptada polo actual currículo fronte á realidade das condicións do profesorado, que dificultan a súa práctica e a posibilidade de facer realidade o enfoque competencial, do que se ofreceu un marco conceptual, facendo especial fincapé no aumento de control a través da burocracia e rendición de contas. Todos estes condicionantes, xunto con outros como a falta de formación, o mantemento dunha estrutura curricular por materias e a falta de medios, así como a politización e intereses empresariais na Educación, permitiron evidenciar a complexidade de intentar levar á práctica unha perspectiva curricular da que a propia lei aporta escasa información e condicións.

FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titor do alumno)

Nenos e nenas saudables, futuros responsables: Análise da alimentación infantil en contextos escolares.
Autoría
N.B.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.B.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao investiga o papel dos comedores escolares e das familias na creación de hábitos saudables en nenos e nenas na etapa de Educación Infantil na provincia de Pontevedra. O estudo sinala como unha alimentación adecuada inflúe positivamente no desenvolvemento físico, emocional e mental infantil, e destaca o entorno escolar como un espazo clave para fomentar estilos de vida saudables, dado o uso xeneralizado do comedor escolar na sociedade actual. Para iso, a investigación baséase en leis, plans e proxectos educativos vixentes en España sobre alimentación infantil, e realiza unha recollida de datos a través dun breve cuestionario telemático dirixido a familias con nenos e nenas que cumpren dous requisitos: estar escolarizados e facer uso do comedor escolar. Para rematar, proponse unha serie de actividades prácticas para Educación Infantil, enfocadas en ensinar de forma lúdica a importancia dunha alimentación saudable.

ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA (Titoría)
ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA (Titoría)
Tribunal
ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA (Titor do alumno)

Coeducar para transformar: Unha proposta dende a Educación Social
Autoría
A.B.L.
Grao en Educación Social
A.B.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
La cuestión de género constituye un elemento fundamental que influye, desde hace décadas, en múltiples dimensiones de la vida cotidiana, afectando tanto a las relaciones sociales como a las oportunidades de desarrollo de cada persona. En este contexto, el presente Trabajo de Fin de Grao tiene como objetivo fundamental el diseño y presentación de una propuesta de intervención educativa centrada en la promoción de la coeducación en Educación Primaria, partiendo de una perspectiva de género. Dicha intervención está dirigida al alumnado de un centro de enseñanza primaria, con el propósito de fomentar la reflexión crítica sobre los estereotipos y prejuicios de género que persisten en la sociedad actual. Para eso, se elaboraron una serie de actividades dinámicas que buscan promover valores como la igualdad, el respeto y la inclusión desde edades tempranas. Además, se pretende contribuir a la construcción de un espacio educativo más equitativo. En definitiva, este trabajo aspira a ser una aportación significativa a la transformación educativa y social desde la perspectiva de la Educación Social, poniendo en valor la importancia de una educación basada en la igualdad y en la justicia social como base para lograr una adecuada inclusión social.

MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)

Educación para a saúde, normalización lingüística e Intelixencia Artificial: proposta didáctica
Autoría
A.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 18:30
02.07.2025 18:30
Resumo
Esta proposta educativa dirixida ao alumnado de 6º de Primaria busca abordar dúas problemáticas actuais: a perda de hábitos de vida saudables e o descenso do uso da lingua galega entre as novas xeracións. Para iso, intégrase a Intelixencia Artificial (IA) como ferramenta pedagóxica innovadora, creativa e motivadora. A través da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo (ApS), o alumnado investiga temas como nutrición, hixiene, sono, sedentarismo ou actividade física, e crea mensaxes visuais e campañas de sensibilización en galego, empregando ferramentas de IA para xerar contido dixital. Estes materiais son presentados a cursos inferiores e as familias, fomentando o compromiso social, a empatía e a responsabilidade cidadá. O proxecto favorece o desenvolvemento de competencias lingüísticas, dixitais, artísticas e sociais, promovendo a creatividade, a autoestima e o pensamento crítico. A proposta articúlase arredor de eventos significativos como o Día Mundial da Saúde ou o Día das Letras Galegas, rematando cunha xornada de portas abertas. A avaliación combínase mediante rúbricas de observación sistemática e coavaliación entre iguais. Ao empregar a IA en galego, o proxecto contribúe á normalización da lingua e sitúaa ao mesmo nivel ca outras no ámbito tecnolóxico actual.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA Cotitoría

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)

A educación emocional como recurso de prevención do acoso escolar en educación infantil. Pequenas emocións, grandes cambios.
Autoría
P.C.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.C.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O acoso escolar é o desequilibrio de poder establecido por accións baseadas na violencia. A educación emocional demostrou ser unha medida fundamental para a prevención do acoso escolar. Os programas centrados na prevención do acoso escolar a través da educación emocional é recomendable aplicalos dende idades temperás, comezando idealmente na educación infantil. Este traballo presenta o programa “Pequenas emocións, grandes cambios” destinado ao alumnado do primeiro curso do segundo ciclo de Educación Infantil do C.E.I.P. Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela). Este consta de oito sesións centradas no recoñecemento, expresión e regulación emocional, a mellora da autoestima, a empatía e a resolución pacífica de conflitos. A metodoloxía empregada baséase na Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), con actividades vivenciais, lúdicas e adaptadas ao desenvolvemento dos cativos. Aínda que non foi aplicado, prevese que a intervención favoreza un clima de aula positivo e relacións interpersoais saudables dende idades temperás. Por último, sublíñase a importancia de integrar a educación emocional non só no deseño das programacións de maneira transversal, senón tamén de forma extraescolar contando coa colaboración das familias.

Proxecto de intervención sobre as redes sociais e o seu impacto nos adolescentes
Autoría
A.C.G.
Grao en Pedagoxía
A.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar o impacto que teñen as redes sociais na adolescencia, prestando especial atención ao modo no que estas inflúen na construción da autoestima e do autoconcepto dos mozos e mozas. Enmárcase dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención socioeducativa, e estrutúrase en dúas partes principais. A primeira parte consiste nunha revisión teórica e documental, na que se abordan conceptos fundamentais como a adolescencia, a autoestima e o autoconcepto, así como o papel que xogan as redes sociais na configuración destes elementos. Esta revisión servirá de base para contextualizar o problema, identificar riscos e oportunidades, e xustificar a necesidade dunha intervención educativa específica. A segunda parte céntrase no deseño dunha proposta de intervención dirixida ao alumnado de 3º da ESO, coa finalidade de promover un uso máis consciente, crítico e saudable das redes sociais. A intervención pretende ofrecer ferramentas para analizar de forma reflexiva os contidos dixitais, tomar conciencia da influencia que estes exercen sobre a percepción de si mesmos, e fomentar unha mirada máis realista, autónoma e respectuosa sobre a propia identidade.

González Blanco, María (Titoría)
González Blanco, María (Titoría)
Tribunal
González Blanco, María (Titor do alumno)

O teatro na aprendizaxe da Lingua Estranxeira (Inglés)
Autoría
N.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A aprendizaxe dunha segunda lingua é un proceso lento e complexo, que precisa de numerosas estratexias para que resulte moito máis ameno e entretido. O teatro na aula de lingua estranxeira é un recurso moi valioso que pode aplicarse en diferentes contextos e que ten numerosos beneficios. O teatro, ademais de favorecer o desenvolvemento de todas as competencias do idioma, ofrece múltiples posibilidades de traballo dunha forma lúdica e atractiva. É unha ferramenta que se pode adaptar a todas as idades e tamén aos intereses individuais do alumnado. Tamén permite axudar a que o alumnado perda ese medo a expresarse de forma oral, así como mellorar a súa entoación e a pronuncia. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é investigar sobre o valor do teatro na aprendizaxe da lingua estranxeira, neste caso do inglés. Para iso, o traballo seguirá a modalidade de deseño dunha proposta de intervención, que se levará a cabo nunha aula de Educación Primaria no caso de ser posible.

González Álvarez, Elsa María (Titoría)
González Álvarez, Elsa María (Titoría)
Tribunal
González Álvarez, Elsa María (Titor do alumno)

O Sexting como Reto Educativo: Análise de Materiais Dixitais dende unha Perspectiva Pedagóxica
Autoría
Y.C.S.
Grao en Pedagoxía
Y.C.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
A crecente preocupación polo sexting como práctica dixital de risco entre a mocidade, vinculada a condutas como o ciberacoso, a sextorsión ou o grooming, maniféstase nun contexto sociocultural caracterizado pola hipersexualización, a fenda xeracional e o acceso temperán ás tecnoloxías dixitais.O presente Traballo busca ofrecer unha análise sobre como se está abordando esta realidade nas contornas educativas e que tipo de materiais hai a disposición para facerlle fronte. A través da aplicación dun instrumento avaliativo, preténdese analizar a calidade, a actualidade e a pertinencia dos materiais didácticos dixitais que abordan o fenómeno do sexting na adolescencia, co propósito de valorar a súa eficacia como instrumentos educativos e preventivos no marco das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Para tal fin, procedeuse ao deseño e aplicación dunha guía de avaliación que permitise realizar unha análise sistemática destes recursos. A estratexia metodolóxica elexida para a interpretación dos resultados foi a análise de contido, unha técnica cualitativa que facilita a a súa comprensión e categorización. Entre as principais conclusións, resaltan a necesidade de actualizar este tipo de contidos e materiais enmarcados nunha sociedade dixital en constante cambio, e que ademáis, sexan atractivos e motivadores para os seus destinatarios/as.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titor do alumno)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titor do alumno)
Prevención e detección do maltrato infantil na escola. O papel do profesorado.
Autoría
M.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O maltrato infantil continúa sendo unha problemática de gran relevancia social que afecta a nenos e nenas en todo o mundo, moitas veces de xeito silencioso e invisible. Isto dificulta a súa detección e supón un desafío para o profesorado, que, polo seu contacto diario co alumnado, desempeña un papel crucial na prevención e detección temperá destes casos. A escola é un dos primeiros axentes de socialización na infancia, polo que se converte nun entorno privilexiado desde o cal intervir de forma temperá. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar o papel do profesorado na prevención, detección e intervención fronte ao maltrato infantil no ámbito escolar. Para iso, emprega unha metodoloxía baseada na revisión documental de fontes especializadas, consultando bibliografía en diversas bases de datos. A investigación afonda nos tipos de maltrato, os factores de risco, a prevalencia, as estratexias de detección e prevención no contexto educativo, etc. Ademais, analízanse as políticas, protocolos e medidas existentes nas institucións educativas, subliñando a importancia da formación do persoal docente como piar fundamental para unha intervención efectiva e unha resposta temperá ante posibles casos de maltrato infantil.

Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Titor do alumno)

Intervencións psicoeducativas sobre as habilidades socioemocionais de alumnado de Educación Infantil con TEA: unha revisión sistemática
Autoría
C.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 12:15
03.07.2025 12:15
Resumo
Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) son trastornos do neurodesenvolvemento caracterizados por dificultades na comunicación e interacción social e na flexibilidade das condutas ou pensamentos. Ante o incremento de diagnósticos, a escaseza de especialistas nos centros educativos e o avance cara a unha escola inclusiva, resulta esencial formar aos docentes de Educación Infantil para dar resposta ás necesidades educativas específicas deste alumnado. Un dos principais retos neste contexto é o desenvolvemento das habilidades socioemocionais, frecuentemente afectadas nestas crianzas. Porén, a evidencia dispoñible de intervencións aplicadas por mestres/as nesta etapa educativa é limitada, e ata onde se coñece, non existen estudos de revisión previos que analicen a súa eficacia. Por este motivo, o obxectivo do presente traballo é determinar a eficacia dos programas de intervención psicoeducativa en habilidades socioemocionais dirixidos ao alumnado con TEA en Educación Infantil. Así, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada nas bases de datos ERIC, PsycINFO e Web Of Science, da cal se seleccionaron 11 estudos que cumprían cos criterios de inclusión e exclusión establecidos. Os resultados destes estudos revelaron beneficios nas competencias socioemocionais, na interacción social, na atención conxunta, na resolución de conflitos e na regulación condutual, entre outras.

Intervencións psicoeducativas sobre as habilidades socioemocionais de alumnado de Educación Primaria con TEA: unha revisión sistemática
Autoría
C.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 12:00
04.07.2025 12:00
Resumo
Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) son trastornos do neurodesenvolvemento caracterizados por dificultades na comunicación e interacción social e na flexibilidade das condutas ou pensamentos. Ante o aumento de diagnósticos, a escaseza de especialistas nos centros educativos e o impulso cara a unha escola inclusiva resulta esencial formar aos docentes de Educación Primaria para abordar as necesidades educativas específicas deste alumnado. Un dos principais retos é o desenvolvemento das habilidades socioemocionais, frecuentemente afectadas nestas crianzas. Porén, a evidencia de intervencións aplicadas por mestres/as en Educación Primaria é escasa e non existen, no noso coñecemento, estudos de revisión previos que analizaran a súa eficacia. Por iso, o obxectivo deste traballo é determinar a eficacia dos programas de intervención psicoeducativa en habilidades socioemocionais para o alumnado con TEA en Educación Primaria. Así, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada nas bases de datos ERIC, PsycINFO e Web Of Science, entre a que se seleccionaron 11 estudos axeitados ao obxectivo e aos criterios de inclusión e exclusión aplicados. Os resultados dos mesmos revelaron beneficios nas competencias socioemocionais, a interacción social, a resolución de conflitos e a regulación e adaptabilidade condutual, entre outras.

Promoción de hábitos de vida saudables na etapa de Educación Infantil
Autoría
V.C.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
V.C.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao establece unha proposta de intervención para axudar aos nenos e nenas de Educación Infantil a adquirir hábitos de vida saudables. Este propón unha serie de actividades (oito en total) que axudarán ao alumnado a interiorizar determinados hábitos e contidos dun xeito moito máis divertido e interesante. Nesta proposta tamén se subliña a importancia de desenvolver estes hábitos dende pequenos, ao tempo que destaca o fundamental que é facelo en colaboración coas familias e co resto da sociedade.
Este Traballo Fin de Grao establece unha proposta de intervención para axudar aos nenos e nenas de Educación Infantil a adquirir hábitos de vida saudables. Este propón unha serie de actividades (oito en total) que axudarán ao alumnado a interiorizar determinados hábitos e contidos dun xeito moito máis divertido e interesante. Nesta proposta tamén se subliña a importancia de desenvolver estes hábitos dende pequenos, ao tempo que destaca o fundamental que é facelo en colaboración coas familias e co resto da sociedade.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Mulleres xitanas: construindo horizontes de cambio dende unha mirada pedagóxica
Autoría
M.C.V.
Grao en Pedagoxía
M.C.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 09:30
02.07.2025 09:30
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que se presenta nas seguintes páxinas responde á modalidade de iniciación á investigación de campo. A través dun estudo de caso colectivo, búscase contribuír á visibilización das realidades das mulleres xitanas en Galicia, analizando as mesmas, estudando as potencialidades dos seus Fondos de Coñecemento e identificando programas específicos para mulleres xitanas da Fundación Secretariado Xitano de Vigo desde un enfoque afastado do déficit con perspectiva de xénero e respecto pola diversidade cultural. Utilizando a entrevista semiestructurada como instrumento de recollida de información, unha mostra plural e heteroxénea configurada por seis mulleres xitanas, permite a quen desexe achegarse a este estudo coñecer a historia dun pobo co que a sociedade española ten unha débeda histórica, revelando o importante papel da muller xitana na transformación da súa comunidade. Xunto a unha breve aproximación ao feminismo xitano, o presente traballo conclúe recoñecendo a diversidade que caracteriza ás mulleres e reivindicando o deber de colaboración que os organismos públicos teñen para contribuír á súa loita pola igualdade de xénero e a preservación étnico-racial, poñendo en valor os seus saberes e liderados.

LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

As Competencias Transversais como ferramenta de reinserción sociolaboral no contexto penitenciario
Autoría
C.C.B.
Grao en Pedagoxía
C.C.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 09:30
01.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o papel que teñen as competencias transversais (“soft skills”) como vía para a reinserción sociolaboral da poboación penitenciaria en España. A través dunha metodoloxía cualitativa e documental, analízase o perfil sociodemográfico das persoas privadas de liberdade -que están en réxime penitenciario-, así como os factores que inflúen nas súas respectivas vidas. O estudo aborda o impacto do encarceramento na integración social e na saúde mental destas persoas, así como a importancia do emprego como motor de cambio para a reinserción. Préstase especial atención ás competencias transversais -como a comunicación, o traballo en equipo e a xestión emocional-, destacando o seu potencial para mellorar a empregabilidade e a autonomía desta poboación penitenciaria. Os resultados evidencian que a incorporación de programas educativos integrais, que combinen formación técnica e desenvolvemento de habilidades sociais, é fundamental para favorecer unha reinserción efectiva e sostida no tempo. Conclúese reivindicando a educación como motor de transformación social e a necesidade de aplicar políticas penitenciarias orientadas á inclusión e á dignidade destas persoas.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
As malas na literatura infantil: Un estudo sobre as vilás no álbum ilustrado
Autoría
M.C.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.C.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 09:30
03.07.2025 09:30
Resumo
O álbum ilustrado ocupa un lugar relevante na literatura infantil pola súa capacidade para combinar texto e imaxe na construción do relato. Este Traballo de Fin de Grao céntrase na figura da vilá dentro deste xénero, co obxectivo de analizar a súa presenza e caracterización, tanto a nivel físico como psicolóxico. Para iso, realizouse primeiro unha revisión bibliográfica sobre conceptos clave relacionados co álbum ilustrado e a definición de vilá. A continuación, procedeuse á selección das obras a analizar. Tras comprobar que nas obras premiadas dos últimos dez anos apenas había representación de vilás, elaborouse un corpus específico no que estas figuras estivesen presentes. Desenvolveuse un instrumento de análise de datos baseado nun cuestionario con preguntas abertas e pechadas, que permitiu analizar as características das vilás identificadas. A investigación, de natureza cualitativa, deu lugar a unha categorización destas personaxes e á súa posterior interpretación á luz do marco teórico. As conclusións finais evidencian a escasa presenza de vilás no álbum ilustrado contemporáneo e propoñen liñas de análise futuras sobre o tratamento das antagonistas femininas na literatura infantil.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)

O tratamento da violencia interpersoal en educación primaria. Proposta interdisciplinar entre historia e literatura.
Autoría
M.C.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.C.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como temática principal o tratamento da prevención da violencia interpersoal na educación primaria. Pártese dunha busca bibliográfica sobre a consideración de que a través duns contidos innovadores propios do coñecemento histórico, social e da literatura, o alumnado poderá comprender e actuar con maior criterio fronte a este tipo de violencia. Neste sentido dáse importancia a cuestións como a renovación de contidos, a transposición didáctica e a interdisciplinariedade. Este marco teórico abre paso ao deseño dunha actuación didáctica centrada no alumnado de sexto curso de educación primaria, que leva á práctica as cuestións teóricas recollidas previamente. Por último, extráense as conclusións nas que se reflexiona sobre as vantaxes, limitacións e perspectivas futuras do modelo proposto.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titor do alumno)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)

A figura da muller na industria dos videoxogos.
Autoría
S.C.P.
Grao en Pedagoxía
S.C.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao realízase unha análise profunda acerca da forma na que a industria dos videoxogos tratou a figura feminina ó longo dos anos. Analízanse distintos conceptos como a historia dos videoxogos ou o público obxectivo ao que tradicionalmente se dirixiu a industria, así como as causas disto. Identifícanse moitos dos aspectos que condicionan a presencia feminina no ámbito. Destacan a comercialización, a masculinización da industria, a hipersexualización ou a socialización excluinte. Finalmente, preséntanse propostas que poden ser de axuda para diminuir a desigualdade existente no sector a través de distintos métodos pedagóxicos.

O Papel das Familias Acolledoras na Educación e o Desenvolvemento Emocional dos/as Menores en Situación de Desamparo: Un Estudo de Caso
Autoría
S.C.M.
Grao en Educación Social
S.C.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
As familias de acollida desempeñan unha función fundamental na sociedade, especialmente no benestar dos/as nenos/as en situacións de vulnerabilidade. Neste contexto, resulta preciso reforzar a súa formación para garantir unha atención emocional e educativa axeitada. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é describir os procesos de desenvolvemento social e educativo dos/as menores en situación de desamparo dende a perspectiva das familias de acollida. Neste senso, optouse pola modalidade de iniciación do traballo de campo, concretamente, un estudo de caso. Os datos foron recollidos mediante dúas entrevistas semiestruturadas, que permitiron coñecer a perspectiva de dúas familias con ampla traxectoria no acollemento, co obxectivo de describir a súa visión e indagar sobre posibles áreas de mellora nestes procesos. Con isto, os resultados realzan o valor da educación emocional e da resiliencia dentro das estruturas familiares, como elementos chave para reforzar o desenvolvemento persoal e a inclusión social dos/as menores. Como liñas futuras de investigación, proponse profundar no coñecemento sobre o acollemento familiar e avanzar cara ao axuste das intervencións socioeducativas dirixidas tanto ás familias como aos/ás menores que forman parte desta medida.

MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)

A influencia das redes sociais nos casos de violencia sexual en adolescentes
Autoría
L.C.S.
Grao en Educación Social
L.C.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo procura analizar a influencia que teñen as redes sociais na violencia sexual en adolescentes mediante unha revisión bibliográfica centrada no estado español. Os resultados indican que o uso das redes aumenta a partir dos 13 anos e está fortemente marcado por diferenzas de idade e xénero. Plataformas como TikTok, Instagram e Youtube non só funcionan como espazos de socialización, senón tamén como medios onde se reproducen dinámicas patriarcais e se visibilizan prácticas de risco como o sexting ou o consumo de pornografía, e neste contexto as rapazas resultan especialmente vulnerables ás violencias machistas dixitais. A investigación conclúe que é necesario promover a alfabetización mediática e a educación afectivo-sexual desde unha perspectiva crítica, atendendo especialmente aos perfís máis expostos ás desigualdades de xénero.

NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Ciberacoso cero. Proxecto de prevención para o Ciberacoso nos primeiros ciclos da Educación Secundaria Obrigatoria.
Autoría
T.C.S.
Grao en Pedagoxía
T.C.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
O ciberbullying trátase dunha forma de acoso con alta prevalencia e que está en constante aumento, alimentándose das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Este tipo de acoso está moi presente, sobre todo na adolescencia. Por estes motivos o presente Traballo de Fin de Grao (TFG), ten como obxectivo deseñar un programa de prevención para previr o ciberacoso, fomentando unha cultura de respecto a través de actividades de sensibilización, formación e acompañamento. Todo isto para implementar con alumnado dos primeiros ciclos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O programa está constituído por tres módulos, compostos por unha variedade de actividades deseñadas para abordar o fenómeno do ciberacoso dende unha perspectiva integral. Estas actividades teñen como obxectivo principal promover a concienciación e sensibilización do alumnado sobre esta problemática, dotándoos de coñecementos básicos sobre os seus riscos e consecuencias. Para isto impulsarase a aprendizaxe dunha serie de habilidades socioemocionais e estratexias de actuación para previlo e abordalo. Por outra banda, este proxecto conta cun sistema de avaliación estruturado. Mediante unha serie de instrumentos e métodos, permítenos medir tanto o grao de implicación e aprendizaxe do alumnado como a eficacia global do programa. Grazas a isto, poderemos identificar áreas de mellora. De cara ao futuro, resulta fundamental garantir a continuidade e ampliación de programas centrados nesta temática, adaptándoos a novas necesidades e as novas tecnoloxías que poidan xurdir. Sería necesario abarcar tanto ao alumnado, como as familias, profesorado e toda a comunidade educativa, fomentando un enfoque cooperativo e inclusivo. Tamén resultaría beneficioso traballar dunha forma interdisciplinaria, establecendo redes de colaboración entre centros educativos, entidades especializadas e outros profesionais, co obxectivo de crear recursos e boas prácticas que contribúan á prevención efectiva do ciberacoso nas aulas.

Estilos educativos parentais, apego e a súa relación co acoso escolar: Unha análise documental
Autoría
P.C.J.
Grao en Educación Social
P.C.J.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
O acoso escolar é un fenómeno caracterizado por un comportamento agresivo, intencional, repetitivo e por un desequilibrio de poder entre as persoas implicadas. Está relacionado con factores como os estilos educativos parentais empregados polas figuras coidadoras e polo tipo de apego que o ou a menor constrúe con elas. Desta forma, ambos elementos relaciónanse directamente coa forma na que as nenas e nenos se relacionan cos seus iguais. O obxectivo principal deste traballo foi analizar a relación entre os estilos educativos parentais, o apego e a súa influencia na implicación no acoso escolar. A metodoloxía empregada foi a investigación documental, baseada nunha revisión bibliográfica con procura de termos en inglés nas bases de datos Scopus, Web of Science (WOS) e PsycINFO. Algúns termos empregados foron parenting styles, attachment e bullying, xunto cos seus sinónimos. Os resultados revelaron a relación entre os estilos educativos parentais, o apego e o acoso escolar, evidenciando que o estilo democrático e o apego seguro actúan como factores protectores fronte á implicación en situacións de acoso escolar. En cambio, o estilo autoritario, neglixente e o permisivo relaciónanse cunha maior implicación.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)
Importancia da Educación Social nos centros escolares: Análise das percepcións de profesionais da Educación en España
Autoría
L.C.V.
Grao en Educación Social
L.C.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 11:30
03.07.2025 11:30
Resumo
A escola constitúe un espazo fundamental para o desenvolvemento integral das persoas, polo que resulta imprescindible incorporar profesionais capaces de atender ás dimensións sociais, emocionais e relacionais do alumnado. Neste contexto, a figura da educadora e o educador social xorde como un perfil clave, aínda non institucionalizado en moitas comunidades autónomas. O presente estudo analiza o seu papel no ámbito educativo, evidenciando a necesidade da súa incorporación estable aos centros escolares. Para iso, desenvolveuse unha investigación de carácter mixto empregando o cuestionario como técnica principal, o que permitiu recoller datos tanto cuantitativos como cualitativos sobre as percepcións dos e das profesionais educativas. Participaron profesionais da Educación Social, así coma outros e outras profesionais do ámbito escolar, permitindo contrastar opinións sobre a utilidade, impacto e función desta figura. Os resultados amosan unha valoración maioritariamente positiva, mesmo en centros onde a Educación Social non está presente, destacando o seu labor en áreas como a prevención do acoso escolar, o apoio emocional e o traballo coas familias. A modo de conclusión, reivindícase o potencial transformador da Educación Social para avanzar cara a escolas máis xustas, inclusivas e sensibles á realidade social do alumnado

A Expresión Corporal na Aula Infantil: Un Camiño cara a Intelixencia Emocional
Autoría
S.D.C.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.D.C.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 09:30
01.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado trata de elaborar unha proposta de innovación enfocada en desenvolver as emocións a través dunha ferramenta básica para a formación integral: a Expresión Corporal. Para iso, recollerase a literatura sobre as emocións que existe na educación así como o que establece o curriculum que actúa como guía do docente. Os principais obxectivos desta proposta serán conseguir unha conexión entre a teoría da Intelixencia Emocional, o que comenta o curriculum e as prácticas pedagóxicas en Educación Infantil centradas na Expresión Corporal. Tendo en conta o comentado anteriormente, comezarase cunha procura de información dende o punto de vista teórico, un repaso do que establece o curriculum para logo recoller algúns exemplos de boas prácticas e elaborar unha proposta.

Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
O hábito lector na Educación Primaria. Conceptualización e estratexias didácticas para o seu desenvolvemento na aula
Autoría
L.P.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.P.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:30
02.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar o hábito lector na etapa de Educación Primaria. A lectura constitúe unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento cognitivo, emocional e social do alumnado, pero a consolidación dun hábito lector estable e voluntario continúa a ser un dos principais desafíos no ámbito educativo. Esta dificultade débese, en boa medida, á complexidade do hábito lector, condicionado por factores como a motivación, o contexto familiar, o papel do profesorado e as dinámicas escolares. Mediante unha revisión documental, conceptualízase o hábito lector, examínanse os principais factores que inflúen na creación deste. Así mesmo, analízase a presenza do hábito lector nas políticas educativas actuais. Por último, indágase nas estratexias didácticas que favorecen a súa promoción, facendo fincapé na importancia da motivación.

Análise de Youtube e Tiktok desde a perspectiva de xénero: unha Investigación Acción Participativa coa preadolescencia en Galicia
Autoría
L.C.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.C.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
As plataformas de xestión de redes sociais (PXRS) de formato vídeo introdúcense na vida dos/das preadolescentes como un novo axente de socialización. Por este motivo, o presente traballo busca analizar as PXRS de vídeo máis empregadas polo alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Cardeal Quiroga Palacios (A Coruña) dende unha perspectiva de xénero, así como promover o seu uso e consumo responsable mediante o deseño e elaboración de accións audiovisuais colectivas. Co fin de acadar este obxectivo realizouse unha Investigación Acción Participativa cun total de 24 participantes e empregando as técnicas de observación participante, foro de escoita da comunidade, análise de contido, dramatización e árbore social. Os resultados situaron a Youtube e Tiktok como as plataformas máis consumidas e evidenciaron o seu funcionamento mercantil, que fomenta a adopción de identidades de xénero estereotipadas. Identifícanse múltiples problemáticas relacionadas co uso destas plataformas, tales como a creación de identidades falsas, a presenza de diferenzas e desigualdades de xénero, a imitación e a comparación. Así mesmo, propóñense transformacións entre as que destacan 5 accións audiovisuais de sensibilización. Resulta necesario tratar esta temática desde a escola dun xeito máis profundo e prolongado.

AÑON LOUREIRO, LORENA (Titor do alumno)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titor do alumno)
Olimpíada inclusiva: unha unidade didáctica de educación física significativa
Autoría
P.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no papel da Educación Física como espazo clave para favorecer a inclusión e atender á diversidade no contexto da Educación Primaria. A partir dunha revisión teórica e da reflexión sobre a práctica docente durante o Practicum II, explórase o enfoque da Educación Física Significativa como vía para construír experiencias educativas persoalmente relevantes e socialmente inclusivas. Entendendo a diversidade como un valor e non como unha limitación, deféndese unha concepción da inclusión baseada na participación, o recoñecemento e o sentimento de pertenza de todo o alumnado. Tomando como punto de partida a análise do caso dunha alumna con discapacidade visual e auditiva, preséntase a unidade didáctica “Xogos con sentido: olimpíada inclusiva”, dirixida ao alumnado de 6º curso. Esta proposta busca traducir os principios da Educación Física Significativa en accións pedagóxicas accesibles, cooperativas e motivadoras, que favorezan a participación activa, o benestar emocional e o sentimento de pertenza de todo o grupo, especialmente do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

Lectura e Inclusión: unha proposta para a aula de Educación Infantil
Autoría
M.C.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.C.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 16:00
02.07.2025 16:00
Resumo
Se ben é certo que estamos asistindo a un cambio progresivo na maneira de entender os procesos de ensino- aprendizaxe, a escola que temos segue estando moi lonxe de dar unha resposta equitativa e xusta ao dereito do alumnado de participar, sentirse recoñecido e aprender sen barreiras. Nesta realidade educativa, que poderíamos denominar de crise, a lectura preséntase como unha ferramenta capaz de acoller a todos os aprendices independentemente das súas características. Con todo, no día a día das aulas, o acceso a este recurso está cargado de barreiras e exclusións. Sendo así, o presente TFG ten como obxectivo presentar unha proposta de innovación enfocada garantir que todas as crianzas, independentemente das súas características, teñan acceso ao propio imaxinario e á dimensión lectora baixo un prisma de calidade. Nela procurarase non axustarse ao representativo enfoque terapéutico senón, proporcionar acceso ao imaxinario e á dimensión lectora baixo un prisma de calidade. Isto é, dende un enfoque dinámico, experimental e multisensorial que permita tanto o acceso a textos diversos por medio de múltiples formas, formatos e situacións coma a valoración da evolución das crianzas en base ao crecemento persoal experimentado durante o proceso.

PARADA GAÑETE, ANA (Titoría)
PARADA GAÑETE, ANA (Titoría)
Tribunal
PARADA GAÑETE, ANA (Titor do alumno)
PARADA GAÑETE, ANA (Titor do alumno)
A actividade física e o rendemento escolar no alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática
Autoría
M.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 16:00
04.07.2025 16:00
Resumo
A actividade física é un piar fundamental no desenvolvemento dunha vida plena. Concretamente, no ámbito educativo, numerosos estudos sinalan a súa influencia positiva no rendemento escolar. Por conseguinte, o obxectivo deste Traballo de Fin de Grao foi analizar a influencia que poden ter as intervencións con actividade física sobre o rendemento escolar do alumnado de Educación Primaria. Con este fin, desenvolveuse unha revisión sistemática, baixo a guía da declaración PRISMA. Inicialmente, levouse a cabo unha busca documental en tres bases de datos: Web of Science, Scopus e SportDiscus; de todos os artigos extraídos, oito cumpriron os criterios de inclusión establecidos. Tras a análise de datos, os resultados mostraron un vínculo favorable entre a actividade física e o rendemento escolar. Concretamente, reportouse, entre outros indicadores, un incremento na capacidade atencional de entre o 8.85% e o 30.17%, un nivel de satisfacción co proceso de aprendizaxe do 91% e unha mellora no ambiente e benestar da aula, percibida por un 74.40% do alumnado. Do mesmo xeito, identificáronse beneficios positivos da práctica de actividade física sobre tres aspectos clave do rendemento escolar: as funcións cognitivas, os factores afectivos e os compoñentes sociais. En consecuencia, parece convinte integrar a actividade física no contexto educativo, co fin de fortalecer a aprendizaxe do alumnado e potenciar o seu desenvolvemento global.

Proposta dende a Educación Social para a inclusión da perspectiva de xénero en institucións de atención á primera infancia.
Autoría
M.C.C.
Grao en Educación Social
M.C.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
06.02.2025 16:00
06.02.2025 16:00
Resumo
O proxecto Conto con tod@s expón unha intervención socioeducativa destinada a fomentar a igualdade de xénero e a diversidade en institucións de atención á primeira infancia. Este Traballo de Fin de Grao combina os principios da educación en valores coa perspectiva de xénero, integrando actividades lúdicas e participativas como o contacontos e talleres creativos. O proxecto busca erradicar estereotipos de xénero desde as primeiras etapas da vida, facilitando unha contorna inclusiva onde nenos e nenas poidan desenvolverse plenamente. Ademais, promove a implicación das familias e o persoal educativo, destacando a colaboración como un eixo esencial para garantir o éxito das intervencións. Mediante unha metodoloxía baseada na participación activa, a creatividade e o traballo en equipo, trabállanse contidos como o feminismo, os roles de xénero e a diversidade. As actividades están deseñadas para ser accesibles e significativas, adaptadas ás características psicoevolutivas dos e das menores. Este proxecto non só reforza o papel do educador social como axente transformador, senón que tamén propón unha solución práctica para integrar a perspectiva de xénero en contextos educativos, contribuíndo ao desenvolvemento de comunidades máis igualitarias e respectuosas.

DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titor do alumno)

Competencia motriz en escolares e variables contextuais: un estudo correlacional
Autoría
S.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 17:15
04.07.2025 17:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analizou a relación entre a competencia motriz en escolares e diversas variables familiares e contextuais, a través dun enfoque correlacional que combinou a avaliación directa das habilidades motrices, mediante a aplicación Alfamov, coa recollida de información parental a través dun cuestionario. A mostra estivo composta por nenos e nenas en idade escolar pertencentes a distintos centros educativos. Os resultados reflectiron un incremento progresivo da competencia motriz coa idade, en consonancia co desenvolvemento evolutivo típico. Ademais, identificáronse diferenzas significativas nas puntuacións das habilidades locomotrices en función da práctica deportiva regular e da área de residencia. En concreto, os/as participantes que realizaban actividade física e aqueles/as residentes en contornas urbanas presentaron un maior nivel de competencia motriz ca os seus homólogos sen práctica deportiva regular ou residentes en contornas rurais. Estas conclusións puxeron de manifesto a importancia de fomentar a práctica de actividade física dende idades temperás e a necesidade de garantir o acceso equitativo a espazos e recursos que favorezan o desenvolvemento motor, especialmente no medio rural.

Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Tribunal
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Presidente/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Secretario/a)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Vogal)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Presidente/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Secretario/a)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Vogal)
Inmersión lingüística nas linguas minorizadas: o caso da escola Semente Compostela
Autoría
A.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar a función da inmersión lingüística nos territorios onde existe unha lingua minorizada, enfocando o caso da lingua galega a través da escola Semente Compostela. Para iso, en primeiro lugar, trátase a evolución histórica do galego e os feitos que provocaron a actual situación sociolingüística en Galicia. Amais, analízase o uso da lingua galega no sistema educativo e o marco lexislativo que o ampara. Tras iso, realízase un estudo de escolas asociativas que seguen o modelo de inmersión lingüística en diferentes partes do mundo, somerxéndonos no coñecemento das calandretas, as diwan e as ikastolas. Este estudo permítenos realizar comparacións co modelo establecido en Galicia, que é o eixo do traballo. Así, afondamos no proxecto das Escolas de Ensino Galego Semente, especialmente en Semente Compostela, como escola comprometida coa defensa da lingua e da identidade propias.

Implicacións do Tempo de Pantalla na Atención e Memoria: Revisión e Análise
Autoría
P.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 10:00
04.07.2025 10:00
Resumo
Os dispositivos dixitais impregnaron toda realidade existente, incluída a educación. É innegable que, nas últimas décadas, o tempo fronte a eles incrementouse exponencialmente, constatándose déficits na atención e memoria. Por iso, o obxectivo deste TFG é analizar e valorar se o tempo fronte ás pantallas afecta a procesos cognitivos como a memoria e a atención, e se iso se reflicte no rendemento académico. Consultáronse as bases de datos de PubMed, SCOPUS, PsycINFO e ERIC. Os resultados obtidos tanto en estudos lonxitudinais como transversais indican unha tendencia predominante cara ao déficit nos procesos de memoria e atención, así como un efecto negativo no rendemento académico. En conclusión, ponse de relevo os danos derivados do uso excesivo dos dispositivos dixitais sobre a atención e memoria, así como a súa repercusión no desempeño académico. Finalmente, propóñense unhas pautas e estratexias dirixidas tanto ás institucións educativas como ás familias, orientadas á prevención e á intervención posterior.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Educación para o desenvolvemento sostible como ferramenta de transformación social na Educación Primaria a propósito da LOMLOE.
Autoría
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.02.2025 12:30
03.02.2025 12:30
Resumo
Este traballo analiza a integración da Educación para o Desenvolvemento Sostible na Educación Primaria, centrando a súa capacidade como ferramenta de transformación social no marco da LOMLOE. A través dunha revisión bibliográfica, abórdanse o concepto de sostibilidade, a súa evolución e a súa incorporación no currículo educativo español, destacando a súa conexión cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A sostibilidade ten unha presenza crecente na Educación Primaria, reflectida en materias como Educación en Valores Cívicos e Éticos, pero enfronta desafíos como a insuficiente formación docente e enfoques educativos superficiais. A LOMLOE fomenta a transversalidade dos ODS, vinculándoos con competencias clave como o pensamento crítico, a cidadanía global e a empatía. A EDS confírmase como unha ferramenta poderosa para a transformación social, ao conectar a aprendizaxe con problemáticas globais como o cambio climático e a desigualdade. Porén, a formación docente require fortalecerse, con maior énfase en metodoloxías activas e interdisciplinares. Este traballo resalta que, aínda que a LOMLOE representa un avance significativo, o éxito destas iniciativas depende do compromiso institucional, a preparación docente e a aplicación de propostas pedagóxicas innovadoras que promovan unha cidadanía crítica e responsable.

LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titor do alumno)

Alén da cisheteronormatividade: reinterpretar as coplas tradicionais galegas desde unha perspectiva queer.
Autoría
I.C.P.
Grao en Pedagoxía
I.C.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao busca vincular a tradición oral da nosa terra coas representacións pedagóxicas e as disidencias sexuais do noso pasado, realizando unha análise das coplas tradicionais galegas como ferramenta educativa desde unha perspectiva queer. A investigación parte da posibilidade de reinterpretar o patrimonio cultural galego, considerando as metodoloxías queer como estratexia para a ensinanza da música tradicional e, particularmente, das coplas. Así, preténdese valorar o interese destas metodoloxías, facer visíbeis as disidencias sexuais históricas silenciadas e integrar as coplas como recurso didáctico queer. A metodoloxía empregada no estudo é de carácter cualitativo, combinando a análise documental das fontes teóricas e estudos previos, entrevistas a informantes, docentes e artistas do panorama musical galego e a interpretación das propias coplas. Esta aproximación permitirá analizar as posibilidades das coplas como recurso pedagóxico ao servizo dunha educación máis inclusiva e representativa. Os resultados buscan dar visibilidade á cultura e ao patrimonio común da Galiza, así como á importancia de estudar as disidencias sexuais do noso pasado para comprender a realidade galega e as opresións vividas. Consecuentemente, pretendemos contribuír á reformulación dos enfoques pedagóxicos no ensino da música tradicional galega.

PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)

A gamificación como ferramenta para a ensinanza da lingua castelá en Educación Primaria. Proposta de gamificación: Detectives mans á obra
Autoría
M.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao expón unha proposta de innovación educativa, na que se emprega a metodoloxía da gamificación para motivar ao alumnado no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos grupos consonánticos. Está dirixida ao alumnado de 1º de Educación Primaria dun colexio público de Santiago de Compostela. A finalidade deste proxecto é introducir na aula unha metodoloxía diferente, observar como funciona e se resulta atractiva e satisfactoria para o alumnado mentres adquiere uns contidos curriculares (neste caso, relacionados cos grupos consonánticos do español). Para iso, ponse en práctica un proxecto gamificado baseado na Pantera Rosa. A análise dos datos revela que a gamificación é unha metodoloxía que beneficia o proceso de ensinanza-aprendizaxe, conseguindo que sexa máis signficativo e aumentado a motivación do alumnado.

RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)

Breakouts educativos: innovación na ensinanza do inglés para Educación Primaria
Autoría
E.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 10:45
04.07.2025 10:45
Resumo
Este TFG consiste nun traballo de investigación sobre o uso do breakout educativo na aula. O obxectivo principal é coñecer o impacto que ten o uso deste recurso no alumnado de Educación Primaria para observar se a motivación do alumnado aumenta ao facer uso deste tipo de recursos con respecto a outros máis tradicionais. O traballo está composto de tres partes fundamentais: (i) un marco teórico no que se define e caracteriza o breakout educativo; (ii) a descrición da metodoloxía, que consiste en, por un lado, unha secuencia didáctica baseada nun breakout educativo implementado nunha aula de inglés de 5º de Educación Primaria e, por outro, unha serie de cuestionarios que avalían tanto os coñecementos previos como os finais do alumnado, así como unha enquisa para coñecer as súas impresións sobre o uso deste recurso; e (iii) a análise dos resultados desta posta en práctica. A análise dos datos revela que, aínda que o grupo experimental e o de control mostran un rendemento positivo e non se detectan diferenzas significativas entre eles neste aspecto, o primeiro presenta un nivel de motivación considerablemente maior.
Este TFG consiste nun traballo de investigación sobre o uso do breakout educativo na aula. O obxectivo principal é coñecer o impacto que ten o uso deste recurso no alumnado de Educación Primaria para observar se a motivación do alumnado aumenta ao facer uso deste tipo de recursos con respecto a outros máis tradicionais. O traballo está composto de tres partes fundamentais: (i) un marco teórico no que se define e caracteriza o breakout educativo; (ii) a descrición da metodoloxía, que consiste en, por un lado, unha secuencia didáctica baseada nun breakout educativo implementado nunha aula de inglés de 5º de Educación Primaria e, por outro, unha serie de cuestionarios que avalían tanto os coñecementos previos como os finais do alumnado, así como unha enquisa para coñecer as súas impresións sobre o uso deste recurso; e (iii) a análise dos resultados desta posta en práctica. A análise dos datos revela que, aínda que o grupo experimental e o de control mostran un rendemento positivo e non se detectan diferenzas significativas entre eles neste aspecto, o primeiro presenta un nivel de motivación considerablemente maior.
Dirección
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
O acoso escolar e o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)
Autoría
L.C.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.C.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG), consiste nunha revisión bibliográfica sobre o acoso escolar, prestando especial énfase ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Esta revisión realizouse coa finalidade de coñecer a importancia do acoso escolar nas aulas, así como a importancia da súa prevención, xa que é un fenómeno que cada vez está máis presente na nosa sociedade, a pesar de levar existindo dende sempre. Os obxectivos principais deste TFG son poder definir e contextualizar o concepto de acoso escolar, os seus implicados principais e os seus principais tipos, explicar o significado das NEAE no sistema educativo actual, así como analizar a relación entre estes e a probabilidade de sufrir acoso escolar, analizar a teoría do espectador e as causas e consecuencias que presenta este tipo de violencia.

GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
Balonmán como ferramenta de xestión emocional.
Autoría
R.D.F.
Grao en Educación Social
R.D.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado plantea un proxecto de intervención socioeducativo centrado no uso do balonmán como ferramenta para o desenvolvemento emocional dos adolescentes. Partiendo da crecente preocupación polos problemas de saúde mental e das dificultades emocionais que atrevesan os xóvenes, proponse unha intervención estructurada en varias sesións distribuídas ao longo dunha tempada deportiva. A través de dinámicas específicas integradas no contexto do deporte en equipo, trabállanse competencias como a autorregulación emocional, a empatía, a autoestima e a cohesión grupal. O obxectivo principal é facilitar que os/as adolescentes transfiran as habilidades adquiridas ao ámbito cotiá, refozando o seu benestar persoal e as súas relacións interpersoais. O deseó do proxecto susténtase nun marco teórico interdisciplinar que une a educación emocional, a intervención socioeducativa e os beneficios psicosociais do deporte. Aunque o proxecto non se aplicará, platéase con rigor metodolóxico e vocación transformadora, demostrando o potencial da Educación Social para actuar en contextos deportivos dende unha perspectiva formativa e inclusiva.

A evolución da música urbana: do estigma a ferramenta de transformación social.
Autoría
C.D.C.L.
Grao en Educación Social
C.D.C.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este estudo, baseado nunha revisión documental, parte da cuestión de comprender o papel que desempeña a música na construción da identidade, especialmente durante a adolescencia. Centraráse no análise da evolución da música urbana desde a súa orixe en contextos marxinais ata a súa consolidación como ferramenta de expresión comunitaria. Así mesmo, reconceptualízase a educación musical desde a perspectiva da Educación Social, non só como contido para uns/unhas poucos/as, senón como medio educativo accesible a calquera persoa. Para iso, estúdanse os beneficios individuais e colectivos que pode achegar a nivel pedagóxico, e establécense as iniciativas existentes a nivel estatal que integren á música urbana na súa actividade educativa. Finalmente, propónse liñas e propostas de mellora que promovan a inclusión desta ferramenta no ámbito socioeducativo, recoñecendo a súa capacidade para fomentar a inclusión, a interculturalidade, e en xeral, o desenvolvemento integral dos/das rapaces/as.

MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titor do alumno)

Mitos do amor romántico e a súa influencia na educación afectiva da infancia e a xuventude
Autoría
C.D.V.
Grao en Pedagoxía
C.D.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 09:30
01.07.2025 09:30
Resumo
O presente traballo realiza unha revisión sistemática sobre os mitos do amor romántico e a súa influencia na socialización afectiva e a educación emocional na infancia e na adolescencia. Destácase que o amor romántico está socialmente construído e sustentado por certos mitos que poden xerar expectativas irreais e relacións tóxicas ou daniñas. A investigación analiza como estes mitos afectan ao benestar emocional da mocidade, especialmente en etapas clave como a infancia e a adolescencia, e resalta a importancia de implementar propostas educativas e programas de educación afectiva para promover relacións igualitarias, libres de estereotipos de xénero. Ademais, reflexiona sobre a necesidade de estratexias pedagóxicas que desmonten estes mitos e fomenten unha socialización afectiva baseada no respecto, na igualdade e na empatía.

A gamificación para a ensinanza de xeometría en 3º de educación primaria.
Autoría
S.D.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.D.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grao (TFG) consiste na proposta dunha serie de actividades, dirixidas para o alumnado de 3º de Educación Primaria, centrada no proceso de aprendizaxe das Matemáticas, máis concretamente da xeometría. Esta proposta foi deseñada seguindo dúas metodoloxías activas: o traballo cooperativo e a gamificación educativa. Empezarase describindo as bases e características destas dúas metodoloxías e, posteriormente, falarase sobre a propia proposta, que contén unha serie de actividades presentadas en forma de retos que o alumnado deberá superar traballando cooperativamente. O obxectivo deste TFG é demostrar como a combinación do traballo cooperativo con actividades que conteñen elementos propios do xogo mellora o proceso de ensinanza-aprendizaxe das Matemáticas.

CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
Tribunal
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titor do alumno)

Actividades con vermes de seda en educación infantil
Autoría
C.D.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.D.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar unha implementación sobre os vermes de seda baseada na observación directa e a aprendizaxe por indagación nunha aula de Educación Infantil. A investigación desenvolveuse seguindo un enfoque cualitativo cunha metodoloxía de investigación- intervención, nunha aula de 5º de educación infantil con 9 alumnos e alumnas. Durante a proposta analizáronse tanto as concepcións iniciais dos nenos e nenas, como a súa evolución e as aprendizaxes adquiridas. As diferentes actividades ofreceron contidos relacionados coas ciencias naturais e as necesidades básicas destes pequenos seres vivos. Os resultados mostran como o alumnado formulou preguntas e hipóteses, observou a evolución e construíu coñecementos científicos a través de experiencias reais. A partir de este traballo, ponse de manifesto a importancia de potenciar o ensino das ciencias naturais desde idades temperás mediante experiencias vinculadas ao mundo que lles rodea.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titor do alumno)

Os xogos tradicionais como estratexia para fomentar a actividade física en Educación Infantil
Autoría
M.D.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.D.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 09:00
01.07.2025 09:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grado ten como obxectivo fomentar a actividade física en Educación Infantil a través dos xogos populares e tradicionais, co fin de promover o desenvolvemento motor dos nenos e nenas e previr problemas de sedentarismo e saúde na infancia. Esta problemática é maior co paso dos anos polo que é importante que os docentes promovan unha actividade física para evitar problemas de saúde e, á súa vez, favorecer o desenvolvemento de habilidades motrices grosas, da coordinación e do equilibrio, parte fundamental nesta etapa. A realización deste traballo constará dunha parte de investigación na que se terán en conta autores que estudaron os temas relacionados co xogo infantil, os xogos tradicionais e o impacto destes no desenvolvemento motor e físico dos nenos e nenas. E, doutra parte, de deseño dunha proposta de intervención para as aulas do segundo ciclo de Educación Infantil, co obxectivo de incentivar a actividade física a través dos xogos populares, tradicións que se están perdendo con maior frecuencia nas aulas actuais. Ademais, revisarase o currículo actual que destaca a importancia de fomentar a actividade física e o desenvolvemento motriz nestas idades a través da expresión corporal, habilidades motoras e a interacción social.

A diversidade familiar dende os ollos da nenez galega: unha Investigación-Acción-Participación
Autoría
M.D.D.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.D.D.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 17:45
04.07.2025 17:45
Resumo
A transformación social provocou a diversificación da institución familiar, mais a representación dos novos modelos familiares na Literatura Infantil e Xuvenil continúa sendo limitada. Con base no anterior, e debido ao rol que a literatura ten na socialización das crianzas, formúlase unha Investigación-Acción-Participación, baseada na metodoloxía cualitativa. O seu obxectivo xeral é analizar a concepción e os tipos de familia que percibe o alumnado de Educación Primaria así como a súa representación na literatura infantil dun xeito participativo e, en base ao anterior, promover a concienciación sobre a diversidade familiar. Concretamente, foron 12 as crianzas e 37 as unidades de análise involucradas na investigación. As principais técnicas empregadas foron a observación participante, o foro de discusión e a análise de contido. Os resultados mostran como as crianzas presentan unha concepción da familia afastada do ideal tradicional, mais contan cun coñecemento limitado da diversidade familiar e reproducen prexuízos e estereotipos que perpetúan a idealización da familia nuclear. Esta, ademais, é a máis representada nos libros analizados, onde destaca a escasa presenza doutras tipoloxías familiares. En definitiva, resulta necesario contribuír á concienciación e á visibilización desta realidade dende a educación.

A prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes para a mellora da saúde mental. Proposta de intervención socioeducativa.
Autoría
S.M.D.L.
Grao en Educación Social
S.M.D.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A abordaxe integral cos recursos necesarios para a completa intervención no eido da saúde mental segue sendo un asunto de primer nivel de atención. A tipoloxía do presente traballo é un proxecto de intervención educativa centrado no contexto escolar, pois é considerada unha institución primaria no desenvolvemento persoal e social. A intervención será baseada na implementación dun taller socioeducativo ao longo do curso escolar 2025/2026 con alumnado de Educación Secundaria Obligatoria. Os obxectivos que serán perseguidos será a información plena sobre os riscos do consumo así como a promoción de prácticas saudables e sostibles. Os resultados esperados son a comprensión e sensibilización sobre a importancia da saúde mental, así como tamén coñecer os riscos ós que poden estar expostos/as reafirmando a súa posición actitudinal sobre o mesmo. As prácticas traballadas a partir do desenvolvemento do proxecto son escollidas para a adopción posterior por parte dos/as participantes como recursos cotiás para rexeitar o consumo e propiciar unha actitude crítica fronte o mesmo. Este proxecto é de gran interese podendo ser o inicio dun taller educativo ampliado a máis localizacións da contorna así como tamén pode ser adoptado por diversas institucións con valor educativo.

RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría

RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)

O debuxo infantil como ferramenta para analizar a expresión emocional de nenos e nenas en Educación Infantil.
Autoría
L.D.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.D.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O debuxo infantil constitúe unha ferramenta valiosa e amplamente empregada para comprender as emocións e o mundo interior do alumnado na etapa de Educación Infantil. A través desta expresión lúdica e espontánea, os nenos e nenas comunican os seus pensamentos, emocións e sentimentos que, en moitas ocasións, non logran verbalizar. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo poñer en valor o debuxo infantil como un recurso fundamental para afondar no coñecemento integral do alumnado, con especial atención á súa esfera emocional. Para isto, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura existente no tema, recollendo as aportacións de diversos autores especializados no mesmo, co fin de analizar a relevancia do debuxo e a súa evolución durante a etapa de Educación Infantil. Posteriormente, realizouse un estudo cualitativo a partir da análise dunha mostra de debuxos realizados por nenas e nenos de entre 3 e 6 anos. A partir desta observación, discutíronse os resultados obtidos, establecendo unha comparación crítica coas aportacións teóricas recollidas na revisión bibliográfica.

Guisande Couñago, María Adelina (Titor do alumno)

A mediación penitenciaria: ferramenta de reinserción e resolución de conflitos no ámbito carcerario.
Autoría
S.E.L.
Grao en Educación Social
S.E.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O obxectivo principal que pretende este Traballo de Fin de Grao é analizar o estado actual da mediación penitenciaria en Galicia, abordando a metodoloxía empregada para a súa implementación, así como os beneficios e os retos que presenta. Este estudo enmarcarase nun traballo de iniciación á investigación de campo, comezando cun marco teórico que contextualiza os conflitos no ámbito penitenciario, as vías alternativas de resolución e o marco lexislativo que as sustenta, afondando especialmente na mediación como estratexia resolutiva. A recollida de información levouse a cabo mediante catro entrevistas semiestruturadas, contando coa participación de profesionais do eido penal e persoas privadas de liberdade. Os resultados obtidos permiten deducir que a mediación non se está aplicando de forma óptima, identificándose diversos factores que condicionan o seu impacto positivo. Ademais, evidénciase unha notable discrepancia nas experiencias expresadas polos dous colectivos entrevistados, así como unha percepción negativa por parte das persoas internas, que expoñen que tal e como se aplica actualmente esta ferramenta non resulta útil nin efectiva. Estas diferenzas manifestan a necesidade de reformular o enfoque actual da mediación penitenciaria, promovendo unha maior sensibilización e formación neste eido, co fin de garantir unha maior implicación tanto institucional como das persoas internas.

BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titoría)
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titoría)
Tribunal
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titor do alumno)

O impacto dos estereotipos de xénero na distribución e organización do patio escolar na Educación Primaria. Unha revisión de alcance.
Autoría
P.E.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.E.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 10:15
04.07.2025 10:15
Resumo
O patio escolar é un espazo educativo significativo onde as interaccións entre nenos e nenas a miúdo reproducen dinámicas desiguais. Este Traballo de Fin de Grao presenta unha revisión de alcance cuxo obxectivo é analizar a influencia dos estereotipos de xénero na distribución do espazo no patio escolar durante a etapa de Educación Primaria. Para iso, utilizouse a metodoloxía PRISMA, que garante un proceso sistemático e rigoroso na selección e análise das fontes. A través do estudo identificáronse programas, intervencións e políticas orientadas a reducir estas desigualdades. Ponse especial atención en como as dinámicas do patio, un espazo habitualmente pouco supervisado, tenden a reproducir esquemas tradicionais de xénero, onde os nenos ocupan o centro mediante prácticas como o fútbol, mentres que as nenas quedan relegadas ás marxes. Así mesmo, analízanse tanto estudos con intervencións como aqueles que non as inclúen, sendo ambos relevantes para visibilizar a persistencia do problema e as limitacións institucionais para abordalo de forma efectiva.
O patio escolar é un espazo educativo significativo onde as interaccións entre nenos e nenas a miúdo reproducen dinámicas desiguais. Este Traballo de Fin de Grao presenta unha revisión de alcance cuxo obxectivo é analizar a influencia dos estereotipos de xénero na distribución do espazo no patio escolar durante a etapa de Educación Primaria. Para iso, utilizouse a metodoloxía PRISMA, que garante un proceso sistemático e rigoroso na selección e análise das fontes. A través do estudo identificáronse programas, intervencións e políticas orientadas a reducir estas desigualdades. Ponse especial atención en como as dinámicas do patio, un espazo habitualmente pouco supervisado, tenden a reproducir esquemas tradicionais de xénero, onde os nenos ocupan o centro mediante prácticas como o fútbol, mentres que as nenas quedan relegadas ás marxes. Así mesmo, analízanse tanto estudos con intervencións como aqueles que non as inclúen, sendo ambos relevantes para visibilizar a persistencia do problema e as limitacións institucionais para abordalo de forma efectiva.
Dirección
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)
Pegadas e formas: unha proposta artEducativa con materiais naturais para as aulas galegas.
Autoría
J.E.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.E.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:15
03.07.2025 10:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, enmarcado na modalidade de deseño dunha proposta de innovación pedagóxica, desenvolve unha intervención educativa para o segundo ciclo de Educación Infantil, baseada nunha instalación artística que integra a arte e a natureza como eixos centrais da aprendizaxe. En primeiro lugar, realízase unha revisión de diversas fontes teóricas e experiencias pedagóxicas que fundamentan a proposta, afondando no papel dos espazos na educación e na importancia da arte e da natureza na aula. A través da ferramenta da escenografía habitada, construída con materiais naturais e pensada dende unha perspectiva estética e sensorial, búscase transformar o espazo da aula nun lugar de exploración creativa, libre e vivencial. A proposta pretende reforzar o vínculo das crianzas coa contorna próxima, valorando os elementos efémeros, a memoria do material natural e o equilibrio das formas, mediante propostas que promoven a autonomía, a experimentación e a transformación constante do espazo. Deste xeito, preténdese estimular a curiosidade, a expresión estética e a capacidade de observación das crianzas, respectando os seus ritmos e intereses, favorecendo o pensamento crítico e a autonomía. O traballo pecha cunha reflexión sobre o camiño percorrido, as aprendizaxes adquiridas e as conclusións derivadas do proxecto.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Trigo Martínez, Cristina (Secretario/a)
OUTON OVIEDO, PAULA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Trigo Martínez, Cristina (Secretario/a)
OUTON OVIEDO, PAULA (Vogal)
Creadoras invisibles: mulleres a través da arte en Educación Infantil.
Autoría
S.F.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.F.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
A arte empregouse dende os inicios como vehículo para reflectir e criticar unha realidade política, cultural e social. No entanto, se nos fixamos na figura das mulleres percatarémonos de que foron invisibilizadas por mor dunha consideración que amosaremos como errada segundo a cal a súa arte é inferior. Así pois, as autoras foron vistas dende a historia como imitadoras, e non como as creadoras que realmente son. Podemos dicir que foron totalmente apartadas do relato histórico da arte debido a que se excluía a súa participación, do mesmo modo que se marxinalizaban as súas obras. Ora ben, isto non deixa de ser a problemática que queremos abarcar, mais para introducirnos nela precisamos realizar en primeiro lugar un esbozo do que podemos considerar como arte e explicar a través desa exposición por que as mulleres tamén son creadoras e, consecuentemente, a súa arte é xustamente iso, unha arte ao mesmo nivel que a arte dos varóns. Por todo isto, faise necesaria unha intervención pola cal o alumnado comprenda e non repita este patrón histórico que leva a esquecer ás mulleres artistas.

FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Atendendo á dobre excepcionalidade: unha proposta de intervención fundamentada no Deseño Universal para a Aprendizaxe
Autoría
L.F.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.F.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao baséase no deseño dunha proposta de intervención centrada no caso dun alumno con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, concretamente con TEA e altas capacidades, tratándose así dun caso de dobre excepcionalidade. Dita proposta ten como núcleo os principios do Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), téndoos presentes ao longo do plantexamento e creación do proxecto, xa que se entende como un modelo esencial para atender á diversidade. A proposta céntrase, a través de metodoloxías innovadoras e inclusivas, na mellora da área socioemocional do alumno, sendo esta fundamental para lograr unha mellora significativa na súa calidade de vida. Dende o eido educativo, resulta primordial ofrecerlle ás crianzas a oportunidade de desenvolverse de forma integral, logrando así unha inclusión plena na sociedade. É por iso polo que todo o deseño se centra no aproveitamento das potencialidades do alumno para mellorar as súas dificultades, levando a cabo así un traballo que parte da súa área de interese, a lóxico-matemática. Deste xeito, a motivación do alumno e a súa participación na aula ordinaria, dende un prisma individualizado e adaptado as súas características e necesidades, son vertentes primordiais que impulsan que esta proposta poida ser efectiva.

CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)

Os/as adolescentes como axentes de cambio para un futuro máis aberto e igualitario no ámbito das discapacidades sensoriais.
Autoría
I.F.P.
Grao en Educación Social
I.F.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 12:30
02.07.2025 12:30
Resumo
A discapacidade sensorial é unha condición que afecta a un gran número de persoas, e, aínda que existen normativas que permiten garantir a súa inclusión na vida social, a sensibilización da poboación non é moi efectiva cando non existe un caso próximo á persoa. Desta maneira, plantéxase un proxecto de intervención socioeducativa nun centro escolar, pois valórase a importancia da sensibilización a idades temperás, momento no que o desenvolvemento persoal e social é máximo. O proxecto implementarase no curso escolar 2025/2026 con alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria no CPI Plurilingüe Alfonso VII. Os obxectivos principais son sensibilizar á poboación moza sobre as barreiras e facilitadores que afectan á vida diaria deste colectivo, así como proporcionar ferramentas de comunicación con estas persoas. Ao rematar o curso escolar, espérase unha maior concienciación sobre o tema tratado e o desenvolvemento dun pensamento crítico cara a eliminación de barreiras e á mellora da inclusión social das persoas con discapacidade sensorial. Pódese concluír destacando a relevancia do papel dos/as adolescentes nos procesos de sensibilización, xa que constitúen a xeración que modelará a sociedade no futuro e terá a capacidade de transformar as dinámicas que aínda persistiron ao longo do tempo.
A discapacidade sensorial é unha condición que afecta a un gran número de persoas, e, aínda que existen normativas que permiten garantir a súa inclusión na vida social, a sensibilización da poboación non é moi efectiva cando non existe un caso próximo á persoa. Desta maneira, plantéxase un proxecto de intervención socioeducativa nun centro escolar, pois valórase a importancia da sensibilización a idades temperás, momento no que o desenvolvemento persoal e social é máximo. O proxecto implementarase no curso escolar 2025/2026 con alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria no CPI Plurilingüe Alfonso VII. Os obxectivos principais son sensibilizar á poboación moza sobre as barreiras e facilitadores que afectan á vida diaria deste colectivo, así como proporcionar ferramentas de comunicación con estas persoas. Ao rematar o curso escolar, espérase unha maior concienciación sobre o tema tratado e o desenvolvemento dun pensamento crítico cara a eliminación de barreiras e á mellora da inclusión social das persoas con discapacidade sensorial. Pódese concluír destacando a relevancia do papel dos/as adolescentes nos procesos de sensibilización, xa que constitúen a xeración que modelará a sociedade no futuro e terá a capacidade de transformar as dinámicas que aínda persistiron ao longo do tempo.
Dirección
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
O patrimonio inmaterial da escola: o entroido como ferramenta didáctica
Autoría
A.F.D.
Grao en Pedagoxía
A.F.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o potencial pedagóxico do Entroido como ferramenta didáctica nos centros educativos de Galicia. A investigación aborda a importancia do patrimonio cultural inmaterial na construción da identidade e na educación, centrando o foco na festividade do Entroido como expresión viva da cultura galega. A través dunha metodoloxía cuantitativa, recóllense percepcións do profesorado sobre o uso educativo desta celebración, así como actividades, recursos e materiais empregados nos centros. Os resultados evidencian un alto grao de participación e valoración positiva do Entroido como recurso que fomenta a identidade cultural, a motivación e o desenvolvemento integral do alumnado. O traballo destaca a necesidade de integrar o Entroido de forma máis sistemática no currículo escolar.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Lecturas que conectan mundos: xénero e multiculturalidade na literatura infantil e xuvenil. Unha proposta para a aula de inglés en Educación Primaria
Autoría
E.F.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.F.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
No marco lexislativo e no contexto educativo actual, a literatura infantil preséntase como unha ferramenta didáctica clave para fomentar tanto a aprendizaxe dunha lingua estranxeira como a adquisición de valores relacionados coa igualdade, a tolerancia, o respecto pola diversidade e a loita contra os estereotipos sexistas. A través deste Traballo de Fin de Grao proponse un proxecto educativo anual innovador no eido da ensinanza do inglés como lingua estranxeira no terceiro ciclo de Educación Primaria. A proposta baséase na lectura de álbums ilustrados escritos por mulleres e protagonizados por nenas que desafían os estereotipos de xénero, cun enfoque intercultural que inclúe literatura afrodescendente, asiática e occidental. O corpus literario seleccionado permite traballar temas como a autoaceptación, a integración cultural, o empoderamento feminino e a construción da identidade. As actividades deseñadas buscan fomentar a reflexión, a observación crítica, o desenvolvemento da competencia intercultural e a aplicación destas aprendizaxes ao desenvolvemento das catro destrezas lingüísticas (writing, listening, reading e speaking). Así mesmo, preténdese contribuír á erradicación de estereotipos de xénero e actitudes sexistas, promovendo unha educación máis inclusiva, equitativa e comprometida coa diversidade.

González Bernárdez, Sara (Titoría)
González Bernárdez, Sara (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)
Deconstruíndo a normatividade marica. Un estudo de casos sobre as formas de relacionarse afectivamente entre varóns do colectivo LGTBIQA+
Autoría
M.F.D.L.I.
Grao en Pedagoxía
M.F.D.L.I.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao toma a forma dun estudo de campo que busca describir as normas que organizan as relacións entre homes maricas novos. Cales son os códigos? Que formas se consideran adaptativas? Que reproducen estas relacións respecto da norma heterosexual? Que implicacións teñen os costumes asumidos á hora de construír estas relacións? Que calan os corpos? Que tabús se ocultan e cales non? En definitiva, que implica pertencer a este colectivo á hora de vincularse de forma romántica e sexual. Así, a través dunha metodoloxía cualitativa, e empregando a entrevista en profundidade como técnica, recolleranse os relatos de diferentes homes maricas novos, co fin de achegar evidencias que nos permitan aproximarnos á súa realidade relacional e considerar, desde unha pedagoxía queer, como incorporala á educación; e máis concretamente, á educación afectiva.
O presente Traballo de Fin de Grao toma a forma dun estudo de campo que busca describir as normas que organizan as relacións entre homes maricas novos. Cales son os códigos? Que formas se consideran adaptativas? Que reproducen estas relacións respecto da norma heterosexual? Que implicacións teñen os costumes asumidos á hora de construír estas relacións? Que calan os corpos? Que tabús se ocultan e cales non? En definitiva, que implica pertencer a este colectivo á hora de vincularse de forma romántica e sexual. Así, a través dunha metodoloxía cualitativa, e empregando a entrevista en profundidade como técnica, recolleranse os relatos de diferentes homes maricas novos, co fin de achegar evidencias que nos permitan aproximarnos á súa realidade relacional e considerar, desde unha pedagoxía queer, como incorporala á educación; e máis concretamente, á educación afectiva.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
Educación inclusiva e TEA: Análise da práctica actual dende a perspectiva das familias.
Autoría
N.F.E.
Grao en Educación Social
N.F.E.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 12:45
03.07.2025 12:45
Resumo
O trastorno do espectro autista é unha condición do neurodesenvolvemento que afecta ás capacidades de interacción social e comunicación interpersoal e que aparece nas primeiras etapas da infancia que dificulta a inclusión do individuo no ámbito social e educativo. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é analizar a situación de catro menores diagnosticados/as con TEA de grao de apoio 1 en centros de ensino ordinario da provincia da Coruña. Optouse polo uso dunha metodoloxía cualitativa, utilizando entrevistas semiestruturadas coa finalidade de coñecer a realidade educativa do alumnado con TEA dende a perspectiva das familias. Os resultados mostran que entre as principais barreiras que identifican as familias encóntrase a carencia de formación específica dos profesionais, a escaseza de recursos e a falta de concienciación social sobre o TEA, as súas características e necesidades. Remátase o estudo discutindo sobre as posibles liñas de investigación a seguir para obter unha análise completa, así como sobre a necesidade de realizar modificacións na acción educativa para asegurar a inclusión do alumnado con TEA.
O trastorno do espectro autista é unha condición do neurodesenvolvemento que afecta ás capacidades de interacción social e comunicación interpersoal e que aparece nas primeiras etapas da infancia que dificulta a inclusión do individuo no ámbito social e educativo. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é analizar a situación de catro menores diagnosticados/as con TEA de grao de apoio 1 en centros de ensino ordinario da provincia da Coruña. Optouse polo uso dunha metodoloxía cualitativa, utilizando entrevistas semiestruturadas coa finalidade de coñecer a realidade educativa do alumnado con TEA dende a perspectiva das familias. Os resultados mostran que entre as principais barreiras que identifican as familias encóntrase a carencia de formación específica dos profesionais, a escaseza de recursos e a falta de concienciación social sobre o TEA, as súas características e necesidades. Remátase o estudo discutindo sobre as posibles liñas de investigación a seguir para obter unha análise completa, así como sobre a necesidade de realizar modificacións na acción educativa para asegurar a inclusión do alumnado con TEA.
Dirección
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)
Revisión de estratexias educativas para a superación de dificultades de aprendizaxe das Ciencias Naturais en Educación Primaria.
Autoría
S.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Ante a falta de preparación da sociedade actual para facer frente aos retos do século XXI, este traballo xorde da necesidade de mellorar a calidade da ensinanza das Ciencias da Natureza na etapa de Educación Primaria, a través da que se debe tratar de superar dita situación e na que se detectan dificultades nos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Así pois, co obxectivo de identificar as principais barreiras que dan lugar a esta situación e de propor vías que conduzan á superación das mesmas, levouse a cabo a presente investigación, a cal se enmarca na modalidade de revisión documental. Logo, en base á análise da bibliografía consultada, recóllense neste traballo as dificultades relacionadas tanto co alumnado como cos docentes da etapa de primaria. Como resposta a estas tamén se inclúen as estratexias e ferramentas a través das que se pode facer frente ás mesmas, contribuíndo ao desenvolvemento dunha educación científica máis reflexiva, motivadora e conectada coa realidade do alumnado.

A música e o desenvolvemento emocional na aula de primaria: deseño dunha proposta de intervención para o terceiro ciclo
Autoría
L.F.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.F.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:15
01.07.2025 11:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao abordarei a música xunto cas emocións. A música é unha forma de expresar emocións que poden ser difíciles de verbalizar. Tanto os compositores como os oíntes poden empregala para comunicar sentimentos como alegría, tristeza ou nostalxia. Na Educación Primaria é un aspecto importante porque a música permítenos experimentar e vivenciar as emocións como unha maneira de comprendelas e comprendernos. Ademais, os cativos e as cativas aprenden a desenvolver unha sensibilidade emocional que fomenta habilidades como a empatía e a autorregulación. A metodoloxía de traballo consistirá principalmente en deseñar unha proposta de intervención. No tocante aos obxectivos, tratarei os seguintes, entre outros: identificar os factores que explican a conexión entre a música e as emocións; e examinar como os elementos da música inciden na percepción emocional.

GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)

Proxecto VIVE: Valores Inclusivos para unha Vida Educativa
Autoría
A.F.F.M.
Grao en Educación Social
A.F.F.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao subliña a relevancia do xogo e as dinámicas participativas como ferramentas fundamentais para o desenvolvemento socioemocional e a mellora da convivencia na adolescencia. O problema investigado é a necesidade de estratexias educativas innovadoras que fomenten a expresión emocional, a empatía e o respecto mutuo no ámbito escolar. Preséntase unha proposta de intervención de carácter teórico-práctico, centrada na implementación de actividades lúdicas grupais. Os achados suxiren que estas metodoloxías activas facilitan a creación de espazos seguros, a cohesión grupal e o fomento de valores inclusivos. Conclúese que o uso sistemático do xogo no contexto educativo é esencial para empoderar o alumnado, fortalecer as súas competencias socioemocionais e construír contornas escolares máis respectuosas e equitativas.

Análise de Contido de Ferramentas Educativo-Musicais con Intelixencia Artificial (IA)
Autoría
P.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:45
03.07.2025 12:45
Resumo
A selección de recursos educativos axeitados e innovadores está a cobrar cada vez máis importancia na tarefa docente, especialmente no marco dunha sociedade cada vez máis plural e diversa. A Intelixencia Artificial (IA) proponse durante os últimos anos como unha solución á adaptación curricular e á personalización do ensino en todas as áreas educativas. Porén, a aplicación da IA no ámbito educativo e, mais concretamente, no ámbito musical, continúa a ser un campo emerxente, o que pon de manifesto a necesidade de estudos que analicen as súas potencialidades e limitacións. Neste contexto, artellamos o noso Traballo de Fin de Grao co obxectivo de dar conta da situación desta tecnoloxía no marco da educación musical en Educación Primaria. Realízase así unha análise de contido de ferramentas educativo-musicais con IA partindo da busca de dous repositorios especializados que foron seleccionados a través do uso responsable e fundamentado de cinco chatbots. Os resultados obtidos no proceso de revisión farán deste traballo un recurso de interese para todos aqueles docentes de música, presentes e futuros, que queiran achegarse ao estado da cuestión e coñecer diferentes exemplos prácticos de como levar a IA ás súas aulas.

Educación con sentido: unha ollada pedagóxica ás Boas prácticas de entidades galegas.
Autoría
N.F.P.
Grao en Pedagoxía
N.F.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
Na actualidade, a búsqueda da eficiencia, eficacia e calidade nos sistemas educativos favoreceu a implementación de Boas Prácticas en numerosos centros e entidades educativas. Moitas destas prácticas teñen como obxectivo potenciar competencias transversais no alumnado, promovendo valores de inclusión e igualdade, aínda que tamén existen propostas menos fundamentadas que non responden a necesidades reais, acadando intervencións máis superficiais. Neste traballo analízanse Boas prácticas desenvoltas en diferentes entidades de Galicia, empregando un marco teórico sustentado en achegas pedagóxicas. Esta análise pretende visibilizar ditas prácticas e valorar a súa incidencia na formación de competencias transversais, contribuíndo así á reflexión e mellora da calidade educativa no contexto galego. Ademais, ofrécense propostas e futuras liñas de investiación nas cales é imprescindible que as administracións educativas garanticen recursos, formación continua das educadoras e educadores e sistemas de avaliación de recoñecemento que impulsen a transferibilidade e sostenibilidade destas iniciativas.

A Historia de España actual: presenza na educación primaria e análise dunha actuación didáctica.
Autoría
A.F.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.F.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 11:00
04.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda unha investigación educativa no contexto do Prácticum II de Educación Primaria, sendo o seu obxectivo principal analizar as competencias sociais e cívicas que pode desenvolver no alumnado o estudo do pasado histórico recente a través de cuestións socialmente conflitivas. Neste caso abórdase a cuestión da memoria a partir do franquismo e o seu tratamento no proceso de transición democrática centrada na perspectiva das vítimas da longa ditadura . A devandita investigación deriva da análise de distintos documentos producidos polo alumnado no marco dunha actuación didáctica que, partindo da necesidade de innovar nos contidos, ofrece tamén procedementos con vocación innovadora, sen desbotar a necesaria exposición de ideas. Confírmanse os seguintes resultados: o alumnado mostra 1) un alto nivel de satisfacción coa actuación; 2) capacidade de interiorizar e dar sentido aos novos saberes adquiridos; e 3) capacidade para desenvolver unha competencia crítica ante a cultura do silencio e a memoria histórica, podendo situarse no presente e proxectarse cara o futuro.
Este Traballo de Fin de Grao aborda unha investigación educativa no contexto do Prácticum II de Educación Primaria, sendo o seu obxectivo principal analizar as competencias sociais e cívicas que pode desenvolver no alumnado o estudo do pasado histórico recente a través de cuestións socialmente conflitivas. Neste caso abórdase a cuestión da memoria a partir do franquismo e o seu tratamento no proceso de transición democrática centrada na perspectiva das vítimas da longa ditadura . A devandita investigación deriva da análise de distintos documentos producidos polo alumnado no marco dunha actuación didáctica que, partindo da necesidade de innovar nos contidos, ofrece tamén procedementos con vocación innovadora, sen desbotar a necesaria exposición de ideas. Confírmanse os seguintes resultados: o alumnado mostra 1) un alto nivel de satisfacción coa actuación; 2) capacidade de interiorizar e dar sentido aos novos saberes adquiridos; e 3) capacidade para desenvolver unha competencia crítica ante a cultura do silencio e a memoria histórica, podendo situarse no presente e proxectarse cara o futuro.
Dirección
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)
A educación emocional como medida de prevención do acoso escolar
Autoría
S.F.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.F.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
O acoso escolar é unha forma de maltrato reiterada no tempo que se da entre iguais baseado no desequilibrio de poder. Como mostran diversos estudos, unha das principais estratexias para previr tales comportamentos é a educación emocional. Non obstante, todavía son poucos os programas que empregaron o traballo das emocións como medida de prevención do acoso escolar en educación infantil. Así, neste traballo preséntase o programa “Educar para No Herir”, que parte da educación emocional para previr futuros casos de bullying. A súa finalidade é que se aprenda a identificar e xestinar as emocións e favorecer a construción dunha boa autoestima, o que permitirá mellorar a convivencia, e a resolución pacífica de conflictos. Se presentan un total de 7 sesións, distribuídas ao longo dun mes onde se traballan as competencias emocionais e que ten como destinatarios o alumnado de 5º de infantil. Mediante a súa aplicación, espérase mellorar a convivencia nas aulas e reducir os actos violentos que podan desencadear en casos de acoso escolar.

O impacto da educación emocional parental no desenvolvemento infantil
Autoría
Y.F.T.
Grao en Educación Social
Y.F.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
As emocións atópanse presentes e son transmitidas polas persoas dende o intre en que nacen, constituíndo un elemento clave na construción da personalidade, na interacción coa sociedade e na toma de decisións. Polo tanto, o afecto e apoio transmitido pola familia, como principal axente de socialización, conforman a base sobre a que as persoas se desenvolven ao longo das súas vidas. Por isto, o presente traballo, de revisión bibliográfica, ten como obxectivo analizar a influencia da educación emocional por parte dos proxenitores no desenvolvemento dos fillos e fillas.
As emocións atópanse presentes e son transmitidas polas persoas dende o intre en que nacen, constituíndo un elemento clave na construción da personalidade, na interacción coa sociedade e na toma de decisións. Polo tanto, o afecto e apoio transmitido pola familia, como principal axente de socialización, conforman a base sobre a que as persoas se desenvolven ao longo das súas vidas. Por isto, o presente traballo, de revisión bibliográfica, ten como obxectivo analizar a influencia da educación emocional por parte dos proxenitores no desenvolvemento dos fillos e fillas.
Dirección
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Animación á lectura en lingua galega no primeiro curso de educación primaria
Autoría
A.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase no fomento da lectura en lingua galega no alumnado do primeiro curso de educación primaria, etapa clave para a adquisición de hábitos lectores e para o desenvolvemento da competencia lingüística. A través dun enfoque activo e motivador, preséntase unha intervención didáctica que combina metodoloxías lúdicas e inclusivas, favorecendo a implicación do alumnado e as súas familias no proceso lector. Así mesmo, reflexiónase sobre o papel das bibliotecas escolares, de aula e de carácter público como axentes fundamentais para a creación dunha sociedade lectora, así como sobre a importancia da normalización lingüística dende os primeiros anos de escolarización. O traballo inclúe unha avaliación do alumnado e unha valoración docente baseada na práctica educativa desenvolvida, co obxectivo de analizar as aprendizaxes e os desafíos detectados como futura docente. Este traballo pretende, en definitiva, poñer en valor o poder transformador da lectura e a necesidade de que a escola actúe como motor da promoción do galego, garantindo espazos e propostas que contribúan á presenza viva e afectiva na vida cotiá do alumnado.

Da man. Deseño dun programa interxeracional dirixido a persoas adultas con EA e estudantes de 5º de Educación Primaria.
Autoría
F.F.G.
Grao en Pedagoxía
F.F.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:15
01.07.2025 11:15
Resumo
Os beneficios dos programas interxeracionais (PI) foron demostrados de forma reiterada en diversos estudos. Actualmente son unha estratexia crecente para promover a inclusión social e o benestar entre xeracións, fomentando a comunicación, o apoio mutuo e a redución do idadismo. A súa implementación en persoas con enfermidades neurodexenerativas, como o Alzheimer, mellora a súa calidade de vida e participación social. Este traballo presenta o deseño dun PI dirixido a persoas maiores con Enfermidade de Alzheimer en fases iniciais e alumnado de 5º Educación Primaria. O programa desenvólvese nun centro de día e componse de seis sesións participativas e multisensoriales. As actividades están orientadas a estimular a comunicación emocional e a memoria, así como a favorecer vínculos afectivos significativos entre xeracións. A avaliación realízase mediante cuestionarios pre e post intervención e observación continua. Como orientacións de futuro, recoméndase ampliar a duración do programa para favorecer a consolidación dos vínculos interxeracionais. Ademais, suxírese ampliar a participación a outros cursos escolares para potenciar a sensibilización e a inclusión desde diversas idades. Finalmente, é recomendable continuar a investigación ao redor da aplicación dos PI en distintos contextos e o seu impacto a longo prazo

O impacto do TDAH nas habilidades sociais: análise de programas de intervención
Autoría
A.F.B.
Grao en Pedagoxía
A.F.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao céntrase en coñecer a influencia do Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) no desenvolvemento das habilidades sociais dos/as nenos/as, así como analizar programas de intervención orientados á mellora das devanditas habilidades no contexto de Educación Primaria. Por tanto, o principal obxectivo é coñecer como afecta o TDAH nas habilidades sociais dos/as nenos/as de educación primaria, así como analizar os programas de intervención que abordan o desenvolvemento das habilidades sociais neste alumnado. A modalidade metodolóxica empregada é a de investigación documental baseada, fundamentalmente, na procura e análise sistematizada de documentos e artigos de carácter científico, co propósito de dar conta do estado da cuestión e dos enfoques educativos existentes en relación con este tipo de intervencións.

CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titor do alumno)

Nutrición e aprendizaxe en Educación Infantil: Unha proposta didáctica STEAM para fomentar hábitos saludables.
Autoría
M.F.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.F.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 09:00
01.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) no Grao en Mestre/a en Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo principal deseñar unha proposta didáctica innovadora que integre a educación nutricional a través da metodoloxía STEAM. Para iso, elabórase unha unidade didáctica titulada Comemos, aprendemos e creamos: Nutrición con corazón, centrada na creación dun menú saudable para o comedor escolar. Ao longo de 15 sesións, o alumnado participa en actividades vivenciais e manipulativas como visitas, entrevistas e creacións artísticas. A proposta deseñouse segundo o Decreto 150/2022 e baséase no enfoque construtivista e nas metodoloxías activas.

RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titor do alumno)

O álbum ilustrado como ferramenta para a posta en valor do rural e do galego
Autoría
C.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 17:45
02.07.2025 17:45
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao explora o uso do álbum ilustrado como ferramenta educativa para poñer en valor o rural galego e a lingua galega na etapa de Educación Infantil. Partindo dunha fundamentación teórica na que se analiza a situación sociolingüística de Galicia, as implicacións didácticas, a importancia dunha contorna rica e o valor pedagóxico do álbum ilustrado; deseñouse unha proposta de intervención desenvolvida nun CRA con alumnado de entre tres e oito anos. Levouse a cabo unha intervención consistente na creación colectiva dun álbum ilustrado en galego, a partir de actividades secuenciadas que integraban a exploración da contorna, análise de álbums, expresión oral e escrita, ilustración e colaboración familiar e comunitaria. A proposta fomentou unha aprendizaxe significativa, activa, creativa e cooperativa coa que se desenvolve a identidade cultural. Os resultados mostran alta motivación nas crianzas, maior conciencia sobre o valor do rural e unha actitude positiva cara ao uso da lingua galega; demostrando que o álbum ilustrado é unha ferramenta eficaz e significativa para integrar aprendizaxes e reforzar o sentimento de pertenza.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
A afectividade no tratamento da xeometría ao redor da Realidade Mixta
Autoría
A.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A necesidade de innovar en educación segue sendo unha das principais preocupacións no ámbito pedagóxico, e de especial interese para a gran maioría de docentes, en activo e en formación. Este cambio metodolóxico resulta na procura de actividades atractivas e motivadoras, moitas delas cun enfoque STEM e a incorporación de tecnoloxías emerxentes. Este estudo analiza as emocións de futuros mestres e mestras de Educación Primaria a través da realización de actividades de achegamento á xeometría con Realidade Mixta, dentro do contexto universitario. Para iso, foron deseñadas unha serie de propostas que se levaron a cabo na aula co fin de facilitar a experiencia inmersiva que ofrecen as lentes de realidade virtual MetaQuest 3s, á vez que se traballasen contidos xeométricos co software NeoTrie VR. Os resultados indican, por unha banda, a pluralidade de emocións experimentadas durante a posta en práctica, predominantemente positivas, e, doutra banda, a curiosidade e a predilección cara ao descubrimento e uso deste tipo de recursos, aínda sendo descoñecido para a gran maioría.

Comprender, acompañar e xestionar. Proposta de intervención para a xestión dos celos na infancia.
Autoría
N.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Os celos infantís son unha emoción común que experimentan moitos nenos e nenas durante os seus primeiros anos de vida. Estas emocións poden xurdir por diversas razóns, como a chegada dun novo membro á familia, as comparacións realizadas na contorna escolar ou familiar ou a maneira na que reciben a atención de figuras importantes para eles e elas. Aínda que os celos son unha resposta natural, se non se xestionan de forma axeitada poden impactar de forma negativa no desenvolvemento emocional, social e psicolóxico destes nenos e nenas, chegando mesmo a ter repercusións académicas. Por esta razón, este Traballo de Fin de Grao busca ofrecer unha ferramenta tanto teórica como práctica para abordar esta temática dende unha perspectiva integral. Ademais, ten como obxectivo principal fomentar estratexias que permitan aos dous axentes socializadores máis importantes nos primeiros anos de vida dos nenos e nenas, a familia e a escola, traballar de maneira conxunta, promovendo un enfoque colaborativo entre eles.

Conectados á vida. Un proxecto de alfabetización dixital para persoas maiores no rural de Galicia.
Autoría
N.G.P.
Grao en Pedagoxía
N.G.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Un dos grandes desafíos na actualidade é o envellecemento da poboación, unha realidade especialmente acentuada no rural galego, onde factores como a dispersión xeográfica ou a falta de recursos e iniciativas impiden o desenvolvemento persoal e a participación social das persoas maiores. Neste contexto e dende unha reflexión sobre o lugar que ocupa este grupo xeneracional na sociedade actual nace Conectados á vida, un proxecto de intervención socioeducativa dirixido ás persoas de 65 anos ou máis que residen no Concello de Catoira, cuxo obxectivo é fomentar o envellecemento activo a través da alfabetización dixital. Cunha duración de seis semanas, a proposta ofrece sesións formativas centradas en áreas como as relacións sociais, as emocións, a cultura ou a alfabetización financeira, integradas de maneira transversal mediante o uso das TIC. Ca colaboración do Concello e de profesionais externos que enriquecen a experiencia, promóvese un enfoque participativo e inclusivo, recoñecendo ás personas maiores como protagonistas activos do seu proceso vital e de aprendizaxe, así como o seu dereito para seguir formándose e participando activamente na sociedade.

Retos para a inclusión escolar do alumnado migrante. Barreiras culturais e lingüísticas
Autoría
L.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 19:00
04.07.2025 19:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao enmárcase na tipoloxía de investigación documental (revisión bibliográfica sistemática), e ten o propósito de investigar cales son as barreiras culturais e lingüísticas que inflúen no proceso de inclusión do alumnado migrante no sistema educativo español. Así mesmo, e dende un paradigma inclusivo, profundase nas estratexias educativas e nas competencias docentes necesarias para promover a participación plena do estudantado migrante no proceso de ensinanza e aprendizaxe. Ademais, a análise abrangue tamén os mecanismos de comunicación entre as familias e a escola, entendéndoos como un aspecto clave para a correcta integración deste alumnado. Deste xeito, a investigación aborda de forma global os distintos axentes implicados no proceso educativo co propósito de proporcionar unha visión integral dos mesmos e identificar os factores claves que condicionan a eficacia das medidas inclusivas. A presente investigación documental levouse a cabo tendo en conta os principios de rigor, confiabilidade e exhaustividade, aplicando o método PRISMA para a realización de revisións bibliográficas sistemáticas.
O presente Traballo de Fin de Grao enmárcase na tipoloxía de investigación documental (revisión bibliográfica sistemática), e ten o propósito de investigar cales son as barreiras culturais e lingüísticas que inflúen no proceso de inclusión do alumnado migrante no sistema educativo español. Así mesmo, e dende un paradigma inclusivo, profundase nas estratexias educativas e nas competencias docentes necesarias para promover a participación plena do estudantado migrante no proceso de ensinanza e aprendizaxe. Ademais, a análise abrangue tamén os mecanismos de comunicación entre as familias e a escola, entendéndoos como un aspecto clave para a correcta integración deste alumnado. Deste xeito, a investigación aborda de forma global os distintos axentes implicados no proceso educativo co propósito de proporcionar unha visión integral dos mesmos e identificar os factores claves que condicionan a eficacia das medidas inclusivas. A presente investigación documental levouse a cabo tendo en conta os principios de rigor, confiabilidade e exhaustividade, aplicando o método PRISMA para a realización de revisións bibliográficas sistemáticas.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
Santos González, María del Carmen (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Vogal)
Santos González, María del Carmen (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Vogal)
Arte e natureza, unha proposta de innovación pedagóxica para fomentar a aprendizaxe sostible.
Autoría
L.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O Presente Traballo de Fin de Grao enfócase en dous ámbitos pouco explorados na educación infantil: a educación artística e a natureza; esenciais para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas na primeira etapa educativa. Deste xeito, a metodoloxía artística permítelle ás crianzas expresarse libremente e desenvolver a súa creatividade e imaxinación, mentres que o contacto coa natureza fomenta habilidades de observación, sensibilidade medioambiental e aprendizaxe experiencial para fomentar o seu respecto e coidado. Así mesmo, a riqueza da contorna natural das áreas rurais brindan oportunidades únicas para que os nenos e nenas interactúen co medio ambiente. Tendo en consideración unha base teórica, fundada a partir de diversas fontes bibliográficas, e tomando como base o currículo de educación infantil en Galicia, créase unha proposta didáctica innovadora que integra ambas áreas.

Educación emocional sobre o duelo e a morte en Educación Primaria. Proxecto de Intervención.
Autoría
B.G.G.
Grao en Pedagoxía
B.G.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
O duelo e a morte son experiencias inevitables na vida de calquera persoa, aínda que seguen sendo consideradas un tabú social, en gran parte por mor do descoñecemento, especialmente no eixo educativo. Por este motivo, A Educación emocional sobre o duelo e a morte en Educación Primaria, é o título dun deseño de intervención, cuxa finalidade é romper devandito tabú e poder favorecer, así, ao desenvolvemento integral do alumnado. Esta proposta está destinada a alumnos/as de 5o e 6o de Primaria, pero tamén ás súas familias e ao profesorado que os acompaña. Por todo o presentado, o proxecto busca fortalecer as competencias emocionais do alumnado que poidan comprender, expresar e xestionar as súas emocións ante unha perda. Así, a intervención que dispón dunha duración equivalente a un trimestre, fundaméntase na importancia da aprendizaxe continua e vivencial. Ademais, cabe destacar que tamén conta coa colaboración de profesionais externos/as para poder conseguir vincular a temática cara a unha realidade máis próxima.

O uso da lingua galega e a súa presenza na Educación Infantil. Análise de dúas propostas de escola.
Autoría
I.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2025 10:15
05.02.2025 10:15
Resumo
Dende a entrada do século XXI, o mundo evolucionou vertixinosamente, mudando as nosas vidas a un ritmo frenético. Os avances tecnolóxicos e a dixitalización que vivimos nas últimas décadas deixaron obsoletos referentes históricos como foron, por exemplo, as tres grandes revolucións industriais. Así, as novas xeracións non son capaces de concibir unha sociedade sen tarxetas de crédito, códigos QR ou redes sociais. Posiblemente, sexa esta a gran condición que mudou ás sociedades actuais, interferindo nas formas de relación e de comunicación humanas, e manténdonos conectados as 24 horas. Irremediablemente, este feito condicionou a diversificación e mellora das destrezas lingüísticas da cidadanía, facendo posible que as persoas coñezan e dominen diferentes idiomas, independentemente da residencia, nacionalidade ou cultura. Centrándonos no contexto inmediato, este aspecto “positivo” da nosa sociedade actual pode estar afectando, de xeito decisivo, á vitalidade e perseveranza do noso idioma. Pode a crecente pluralidade converterse nunha ameaza para a lingua galega? Así, o presente traballo tratará de dar resposta a esta cuestión, afondando na realidade da situación galega e da súa lingua, sobre todo dende o ámbito familiar e escolar; á vez que se analizarán diferentes formas de resistencia e estratexias para o mantemento e revitalización lingüística.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
O impacto da socialización de xénero na autoeficacia en Educación Primaria: unha revisión sistemática.
Autoría
A.G.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Esta revisión bibliográfica examina o impacto da socialización de xénero na autoeficacia en Educación Primaria. O obxectivo principal foi sintetizar o estado actual da investigación sobre as diferenzas na autoeficacia percibida entre nenas e nenos, e como os estereotipos de xénero e as expectativas sociais inflúen nos seus logros académicos. A metodoloxía empregada seguiu un proceso de revisión sistemática, buscando e seleccionando artigos científicos publicados principalmente nos últimos seis anos, con especial atención á etapa de Educación Primaria. Os resultados revelan que, a pesar da ausencia de diferenzas significativas na capacidade inherente, existen brechas de xénero na autoeficacia desde idades temperás, particularmente en áreas como as STEM. A investigación amosa unha predominancia de estudos en educación superior e en disciplinas STEM, o que suxire a necesidade de máis investigación en etapas iniciais e noutras áreas do coñecemento. A socialización de xénero, a través das expectativas de educadoras, o currículo oculto e a falta de referentes femininos, contribúe a que as nenas subestimen as súas capacidades e os seus logros en certos ámbitos, mentres que os nenos poden sobreestimar os seus. Conclúese que a intervención temperá na Educación Primaria é crucial para mitigar o impacto negativo da socialización de xénero na autoeficacia. É fundamental que as prácticas educativas promovan un ambiente inclusivo e equitativo que desafíe os estereotipos de xénero, fomentando a autoeficacia nas crianzas e recoñecendo o valor de todos os logros académicos, independentemente do xénero.

Lazos invisibles: o álbum ilustrado como vínculo lector entre o alumnado e as familias.
Autoría
T.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
T.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 10:15
03.07.2025 10:15
Resumo
Nun tempo no que a relación entre escola e familia require novos espazos de encontro, a lectura compartida aparece como unha oportunidade única para fortalecer vínculos e dar sentido á experiencia educativa máis alá das aulas. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo propoñer e analizar unha intervención didáctica deseñada para fomentar o achegamento afectivo e lector entre o alumnado de Educación Infantil e as súas familias, empregando o álbum ilustrado como recurso central. A proposta, desenvolvida nun contexto real, estruturouse en cinco sesións cun enfoque vivencial e emocional, favorecendo a implicación das familias e a creación de experiencias lectoras compartidas. A intervención foi valorada a través de técnicas cualitativas e cuantitativas, o que permitiu obter unha visión global do seu desenvolvemento e identificar elementos clave para a súa continuidade e mellora.Os resultados, aínda condicionados polo número limitado de sesións e participantes, evidencian a boa acollida da proposta e a súa capacidade para xerar reflexións, emocións e novas disposicións cara á lectura. Malia os límites temporais, este traballo amosa o potencial transformador da lectura como acto compartido de conexión, comunicación e afecto.

O impacto de programas de intervención en educación emocional no alumnado de Educación Primaria: unha revisión.
Autoría
T.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
T.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A educación emocional constitúe un piar fundamental no desenvolvemento integral do alumnado, especialmente durante a etapa de Educación Primaria, na que se consolidan moitas das competencias sociais e persoais que inflúen no benestar das persoas. Ante o aumento de preocupacións relacionadas coa saúde mental infantil e a convivencia escolar, a escola preséntase como un espazo privilexiado para a promoción das habilidades socioemocionais. Neste contexto, os programas de educación emocional téñense convertido nunha ferramenta cada vez máis presente nas aulas. Porén, non existen, no noso coñecemento, revisións que analicen especificamente o impacto de programas socioemocionais cando son aplicados por mestres e mestras na etapa de Educación Primaria. O presente traballo tivo como obxectivo revisar e valorar o impacto de programas de educación emocional implementados por docentes en Educación Primaria. Así pois, realizouse unha revisión sistemática na literatura científica publicada ata marzo de 2025, a través das bases de datos ERIC, Psycinfo, Web of Science e Teacher Reference Center. Finalmente, seleccionáronse 12 documentos para a súa análise. Os resultados das intervencións foron alentadores, amosando melloras en competencias tales como a regulación emocional, a conciencia emocional ou as habilidades prosociais, entre outras.

O galego nas aulas: proposta de intervención educativa nun centro de Educación Infantil.
Autoría
M.G.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.G.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2025 17:00
30.06.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal crear unha proposta didáctica co fin de normalizar o galego dentro das aulas de Educación Infantil. Baseándonos neste obxectivo, traballaremos cun enfoque inclusivo, partindo das posibles diversidades lingüísticas que poidan coexistir. Preténdese promover a aprendizaxe da lingua galega dende idades moi temperás, propiciando así o desenvolvemento dos nenos e nenas. Búscase a concienciación da importancia de preservar a lingua, non só no alumnado senón tamén nas familias. Con todo, este traballo realizarase mediante unha proposta de intervención educativa dentro dun centro escolar. Analizarase primeiramente o entorno externo de onde se sitúa o colexio, para posteriormente realizar a proposta que se adecúe á situación. Empregarase unha metodoloxía activa e participativa, sendo os nenos e nenas quenes constrúan a súa propia aprendizaxe. Ao longo da proposta realizarase unha avaliación continua mediante a observación e, finalmente, avaliarase que os nenos e nenas sexan competentes na aprendizaxe da lingua.

A vulnerabilidade socioeducativa nos centros de menores: un estudo de caso
Autoría
L.G.F.
Grao en Educación Social
L.G.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 18:00
02.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de intervención socioeducativa individualizada para unha menor institucionalizada no centro de protección Príncipe Felipe (Pontevedra). A porcentaxe de ingreso nos centros residenciais de menores aumentou un 5,5% segundo os últimos datos publicados por Aldeas Infantiles no ano 2024. A vulnerabilidade socioeducativa que leva implícita esta situación non conta cunha única explicación causal, sendo necesario analizar e avaliar a situación dende un enfoque sociocomunitario, describindo e analizando todos os factores que podan interferir na súa correcta socialización e desenvolvemento físico e psíquico, pois os menores contan cun maior risco de sufrir dano físico, emocional ou social, por circunstancias familiares, económicas, ambientais ou sociais. Como resultado, establécese como obxectivo xeral do traballo o deseño de estratexias de intervención dende a perspectiva da Educación Social, que permitan ao menor comprender a súa realidade social e adaptarse correctamente á mesma, ao mesmo tempo que incidir transversalmente en todos aqueles ámbitos e competencias nos que presente dificultades a través dunha metodoloxía e pedagoxía activa, lúdica e tecnolóxica.

Papel da familia no desenvolvemento educativo do alumnado con dislexia: Unha revisión sistemática
Autoría
R.G.L.
Grao en Pedagoxía
R.G.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade coñecer e analizar o papel que asume a familia no desenvolvemento educativo dos/as escolares con dislexia. Para iso, mediante a revisión e análise de diferentes documentos achegados por diversas bases de datos, analízase cal é a forma na que as familias participan en colaboración coa escola, así como o papel que asume o/a docente nestes casos. Esta análise permite identificar as principais barreiras que asumen ambos axentes, salientando a importancia dunha acción conxunta para o éxito escolar do/a alumno/a. Deste xeito, a revisión de diferentes estudos e investigacións permitiu coñecer a falta de comprensión e escasa formación que existe -especialmente desde a escola- cara a este trastorno. Isto, da man do descoñecemento existente por parte das familias ante os efectos emocionais derivados desta dificultade, supón un obstáculo significativo que repercute directamente ao benestar social e emocional do/a escolar, así como tamén ao seu rendemento académico. A realización desta análise evidencia a necesidade de reforzar a colaboración entre familia e escola como aspecto fundamental para favorecer o éxito escolar do alumnado diagnosticado de dislexia.

MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Tribunal
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titor do alumno)

A Memoria a través da obra gráfica de Castelao
Autoría
A.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 12:15
04.07.2025 12:15
Resumo
Investigación sobre como a obra gráfica de Castelao se pode relacionar con diversos aspectos da vida social, cultural e económica do primeiro terzo do século XX, materializada nunha proposta de actividades nas que se emprega a obra de dito autor como aproximación á arte como ferramenta de denuncia destas realidades.
Investigación sobre como a obra gráfica de Castelao se pode relacionar con diversos aspectos da vida social, cultural e económica do primeiro terzo do século XX, materializada nunha proposta de actividades nas que se emprega a obra de dito autor como aproximación á arte como ferramenta de denuncia destas realidades.
Dirección
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)
O fanzine como recurso arteducativo en Educación Primaria.
Autoría
M.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A comprensión de quen somos e do noso lugar na comunidade é un aspecto clave no desenvolvemento humano dende a infancia. Neste sentido, a educación artística pode desempeñar un papel fundamental, proporcionando ferramentas para a reflexión e a expresión da nosa identidade individual e colectiva. Este traballo propón o uso do fanzine como recurso pedagóxico innovador, vinculado aos proxectos colaborativos, para fomentar o diálogo e a conexión coa contorna e a inclusión. Para iso, impleméntase unha proposta nunha clase de 3º de Educación Primaria en Pontevedra, adicada a estudar o interese do fanzine como recurso arteducativo nas aulas. O obxectivo final é demostrar como a arte colaborativa pode transformar a dinámica da aula e contribuír a crear unha comunidade máis unida e reflexiva.

Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
Trigo Martínez, Cristina (Titor do alumno)

A educación como instrumento para a mellora da participación das mulleres do rural no marco do asociacionismo e movementos sociais: Unha revisión bibliográfica
Autoría
M.G.A.
Grao en Educación Social
M.G.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
A educación, contemplase como un instrumento privilexiado na loita polas desigualdades sociais, así como unha ferramenta estratéxica para o cambio social e considerase, ten un poder chave para reverter posibles situacións de desvantaxe que se estean a desenvolver na sociedade. Por iso, no referente á problemática da participación feminina das mulleres do rural, no marco acoutado do asociacionismo e movementos sociais, créese, que a educación podería ser chave para mellorala e transformala. É por iso, que neste traballo fin de grado, a través da metodoloxía da revisión bibliográfica, afondouse nesta realidade, na procura de construír unha relación estratéxica e sólida entre educación e a participación social das mulleres do rural, así como establecer chaves e estratexias para con ela, baseadas en experiencias e estudos previos validados. Para iso, debulláronse e analizáronse todos os factores que interferían nesta realidade, e chegouse a varias conclusións, a máis significativa é que pode afirmarse que existe unha relación estratéxica entre educación e empoderamento, pois a literatura analizada destaca que sen educación non hai empoderamento real e sostible e que a educación é un factor esencial para acadar autonomía, liberdade de movemento, acceso a recursos e participación social e política.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)

A educación en valores como forma de fomentar a diversidade.
Autoría
M.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Actualmente atopámonos ante unha sociedade moi globalizada na que na idea dun único modelo de alumno estándar está obsoleta. As aulas de hoxe en día compóñense de nenos e nenas de distintas culturas, xéneros, capacidades, niveis socioeconómicos etc, que conforman unha realidade plural para a que os docentes debemos estar preparados. A través deste estudo trátase de abordar a forma na que os valores fan de ponte cara a unha concepción positiva e inclusiva desta diversidade. Os principais obxectivos que se buscan alcanzar son a utilización dos valores como medio para mellorar a convivencia na aula, a formación dun alumnado capaz de desenvolverse respectuosa e integralmente na sociedade actual e a promoción da diversidade. Para lograr isto, séguese unha metodoloxía de traballo onde tras unha exposición inicial da situación dos valores e a diversidade hoxe en día, pásase a unha revisión documental, tras a cal segue unha análise do exposto, achegando unha interpretación reflexiva sobre o obxecto de estudo.

ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

Análise do uso de recursos dixitais para o ensino e aprendizaxe do alumnado con discapacidade visual
Autoría
Z.G.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Z.G.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
A discapacidade visual xera barreiras de acceso á información que impiden ao alumnado que a padece desenvolverse de maneira igualitaria no ámbito educativo. Por isto, as novas tecnoloxías xogan un papel fundamental ao evitar que isto aconteza e permitir que estes alumnos/as poidan ter unha maior autonomía e participación activa na aula. Só así se pode conseguir unha educación equitativa e inclusiva, na que todos os discentes presentan as mesmas oportunidades para aprender. Así pois, este TFG, que segue a modalidade de iniciación á investigación documental, ten como obxectivo analizar o uso destas ferramentas tecnolóxicas, coa fin de chegar a unha conclusión final sobre a súa relevancia dentro do proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado con estas características. Para logralo recollerei información sobre a discapacidade visual e recursos dixitais, así como tamén, sobre experiencias persoais e investigacións levadas a cabo cos mesmos.

PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)

A relevancia da educación emocional e da música nos procesos de aprendizaxe en educación infantil.
Autoría
I.G.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.G.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao nace co obxectivo de profundar na relación que existe entre a educación emocional e a música. En concreto, preténdese analizar como as emocións inflúen nos procesos de ensino-aprendizaxe en educación infantil e de que maneira a música pode contribuír positivamente ao desenvolvemento das mesmas. Dentro do amplo concepto de música, búscase resaltar o papel das cancións como medio eficaz para adquirir ou mellorar diversas competencias emocionais a través de letras e melodías. Así, este traballo descríbese como unha investigación documental fundamentada tanto na lexislación educativa actual como na lectura de diversos artigos, libros e proxectos relacionados co tema. Polo tanto, a revisión bibliográfica está baseada en información fiable e relevante, priorizando fontes académicas e especializadas. A partir de toda a información recadada, conclúese que a vinculación da educación emocional e a música en procesos de ensinanza-aprendizaxe resulta altamente beneficiosa para o alumnado, incrementando a súa motivación, mellorando habilidades de atención e concentración, facilitando a exteriorización de emocións e fomentando o alcance dun desenvolvemento integral por medio de metodoloxías activas. As cales, aseguran a vivencia de experiencias significativas e permiten adaptarse ás características persoais dos nenos e nenas.

Situación escolar do alumnado de etnia xitana en Educación Primaria en España
Autoría
S.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
A presenza en España de comunidades culturalmente diferenciadas, como é o caso do pobo xitano, puxo de manifesto as limitacións do sistema educativo á hora de dar resposta a contextos marcados pola pluralidade. A segregación escolar é unha realidade persistente que afecta negativamente á equidade educativa e ao rendemento académico do estudantado máis vulnerable. No caso do alumnado xitano, esta situación vese agravada por factores históricos de discriminación, marxinación social e prexuízos institucionalizados. Nesta liña, o presente estudo pretende analizar a diversidade cultural e a segregación escolar no sistema educativo español, centrando a atención no alumnado xitano, a través dunha revisión teórica de diversas investigacións científicas e informes institucionais.

ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titor do alumno)

A música e o baile tradicional dende unha perspectiva terapéutica. Proposta de intervención para o 2º ciclo de educación infantil.
Autoría
C.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao afonda no potencial terapéutico e pedagóxico da música e o baile tradicional na etapa de educación infantil, explorando a súa aplicación e beneficios no desenvolvemento integral do alumnado nos seus primeiros anos de formación. O traballo comeza cun achegamento á música e ao baile para poder integralas dentro da proposta didáctica que xira arredor da pedagoxía terapéutica. O obxectivo deste traballo é ofrecer unha proposta de intervención que promova o benestar emocional, mental, físico e social dos individuos, empregando a música e o baile tradicional como ferramentas terapéuticas.
O presente traballo de Fin de Grao afonda no potencial terapéutico e pedagóxico da música e o baile tradicional na etapa de educación infantil, explorando a súa aplicación e beneficios no desenvolvemento integral do alumnado nos seus primeiros anos de formación. O traballo comeza cun achegamento á música e ao baile para poder integralas dentro da proposta didáctica que xira arredor da pedagoxía terapéutica. O obxectivo deste traballo é ofrecer unha proposta de intervención que promova o benestar emocional, mental, físico e social dos individuos, empregando a música e o baile tradicional como ferramentas terapéuticas.
Dirección
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)
A maternidade en prisión: unha revisión dende a Educación Social
Autoría
T.G.S.
Grao en Educación Social
T.G.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo céntrase na maternidade en prisión, unha realidade condicionada por discriminacións de xénero, así como pola escaseza e precariedade dos espazos destinados a garantir o benestar das nais e dos seus fillos. Preténdese realizar un achegamento á súa situación e ás posibles intervencións dende a Educación Social para mellorar a súa calidade de vida e garantir os seus dereitos. A modalidade para a realización do traballo é a investigación documental. Por esta razón, faise uso de bases de datos, motores de busca e repositorios institucionáis. A pesar da existencia de lexislación con perspectiva de xénero no ámbito penitenciario, seguimos atopando indicios de discriminacións. No caso da maternidade, as discriminacións aínda se fan máis visibles e, resulta moi complexo poder criar aos/ás menores dentro dos centros penitenciarios. As condicións de vida, tanto para as nais coma para as crianzas, producen consecuencias no desenvolvemento e posterior reinserción social. En este contexto, a presenza de educadores/as sociais é fundamental, achegan ferramentas e apoios necesarios tanto durante o período de reclusión como na preparación para a saída e reintegración na sociedade. A información obtida mostra que se debe seguir avanzando cara a mellora do sistema penitenciario e fomentar o emprego de medidas alternativas á pena privativa de liberdade no caso das mulleres que son nais.

QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titor do alumno)

O alumnado de primaria fronte a un ensino interdisciplinario do cambio climático: coñecemento e desenvolvemento do pensamento crítico.
Autoría
N.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo segue a modalidade de achegamento á investigación educativa. Baseado nunha actuación didáctica innovadora, pretende poñer en valor a necesidade de abordar o cambio climático desde unha perspectiva interdisciplinaria e crítica, coa finalidade de fomentar no alumnado de 6º de Educación Primaria unha conciencia socioambiental fundamentada no pensamento reflexivo e comprometido. A actuación desenvolveuse nun colexio público da Ría de Muros e na investigación primou a metodoloxía cualitativa, centrada na observación e na análise das intervencións do alumnado en debates e actividades reflexivas, co obxectivo de avaliar o impacto global da proposta sen realizar valoracións individualizadas. Os resultados evidencian que o alumnado non só mellorou a súa comprensión sobre o cambio climático, senón que tamén desenvolveu unha maior capacidade crítica, actitudes de responsabilidade e disposición a actuar ante os retos ambientais. Esta experiencia demostra que a escola pode e debe ser un espazo transformador, capaz de conectar o currículo coa realidade próxima e global do alumnado. Así, este estudo reafirma a importancia de integrar de forma sistemática a educación socioambiental no ensino obrigatorio, apostando por enfoques participativos que impulsen unha cidadanía activa, crítica e consciente dos desafíos do século XXI.

Educación sexual e adolescencia: importancia do papel da familia e da educación social no desenvolvemento da sexualidade.
Autoría
N.G.B.
Grao en Educación Social
N.G.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Na actualidade, a sexualidade continúa sendo un tema tabú e con moitos prexuízos ao seu redor, polo que a educación sexual debe formar parte da formación de todas as persoas, sobre todo na adolescencia, debido a que nesta etapa xorden moitas preguntas e dúbidas sobre diversos temas vinculados á sexualidade. Esta investigación ten como obxectivo principal identificar de que forma a familia axuda a resolver dúbidas sobre a sexualidade e a importancia de recibir unha educación sexual de calidade durante a adolescencia. Ademais, este traballo amosa como unha comunicación aberta e efectiva na contorna familiar pode influír positivamente na toma de decisións e nos comportamentos sexuais dos e das adolescentes, así como a información e os valores poden axudar á prevención de riscos e ao fomento dunha sexualidade responsable e segura. Finalmente, tamén se presentan recomendacións por parte da Educación Social que poden contribuír á mellora da formación en sexualidade nesta etapa de desenvolvemento.

A identidade das persoas migrantes: Unha revisión sobre o impacto do comunitario na construción do sentido de pertenza.
Autoría
C.H.D.S.
Grao en Educación Social
C.H.D.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
A excesiva delimitación dos ámbitos de intervención propios da Educación Social, convida a desatender o valor do comunitario nos procesos de inclusión social. Desde esta óptica, xorde a inquietude de analizar a evidencia científica sobre o papel do comunitario en relación co identitario. A tal fin, a través do presente traballo, fundamentarase teoricamente a necesidade de intervir desde esta perspectiva, concretamente coas persoas migrantes. Neste sentido, configúrase o obxectivo xeral do presente Traballo de Fin de Grao (TFG): analizar a evidencia científica sobre a influenciae papel do comunitario nos procesos de creación de sentimento de pertenza eidentificación coa contorna das persoas migrantes. Para alcanzar o devandito obxectivo, o presente traballo enmarcase na modalidade de iniciación á revisión sistemática, nainformación existente sobre este fenómeno socioeducativo para coñecer o estado da arte e a realidade social na que se inscribe en aras de identificar as súas potencialidades e dificultades e poñer de relevo o valor do comunitario nos procesos identitarios e de inclusión social.

Proxecto de intervención empregando o cine de animación como recurso na materia de Educación Plástica e Visual 6 Ed. Primaria
Autoría
L.I.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.I.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2025 11:30
05.02.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de grao consiste nun proxecto de intervención no que se emprega o cinema de animación como un recurso para a materia de Educación Plástica e Visual. Para iso, no marco teórico abórdase a historia da técnica de animación desde os seus inicios ata o seu momento actual, pasando polos diferentes tipos de técnicas utilizadas para a realización de curtos, así como tamén os diferentes acontecementos, épocas e etapas máis importantes da mesma. Seguidamente, abórdase o seu posible papel como medio de aprendizaxe dentro do actual marco curricular da LOMLOE. Ademais, esta técnica de cinema é a máis adecuada para o alumnado de Educación Primaria, tendo en conta as súas características psicolóxicas e emocionais. Esta fundamentación teórica integra unha proposta didáctica que podería implementarse nunha programación anual da materia Educación Plástica e Visual, ao longo de todo un trimestre académico. Para a realización do presente traballo de fin de grao realizouse unha procura documental, tanto de artigos académicos como de diferentes páxinas web e libros relacionados coa temática da animación. Para o deseño do proxecto de intervención educativo, téntase achegar ao alumnado de Educación Primaria a animación dun modo máis interactivo e didáctico, tal e como sería coa realización dun curto animado

Análise dos beneficios e desafíos do uso de videoxogos na atención á diversidade nas aulas de Educación Primaria.
Autoría
A.I.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.I.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:20
02.07.2025 11:20
Resumo
Na actualidade, os videoxogos convertéronse nunha ferramenta con múltiples posibilidades educativas, incrementando progresivamente a súa presencia nas aulas de primaria. Este Traballo de Fin de Grao enfocouse na análise tanto dos beneficios coma dos desafíos que implica esta innovadora metodoloxía de aprendizaxe. Ademais, examinouse o impacto positivo que ten na atención á diversidade o emprego de videoxogos, tanto serios coma comerciais. Para isto, seguiuse unha metodoloxía de investigación documental, aportando información destacable sobre esta área, a cal se complementa coa busca e análise de experiencias educativas reais, aportando resultados interesantes sobre os videoxogos e o alumnado NEAE. Como achado principal, destácase a capacidade dos videoxogos, sempre que están acompañados dunha boa programación e planificación, para xerar motivación e propiciar un ambiente favorable para a ensinanza. O seu uso permite o desenvolvemento e traballo, tanto de aspectos xerais como de habilidades específicas, ao mesmo tempo que fomentan a socialización e mellora das relacións interpersoais entre o alumnado.

O conto musical como recurso para a Lingua e Literatura e a Educación Musical. Proxecto interdisciplinar en Educación Primaria.
Autoría
A.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2025 11:00
06.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao tratará o conto musical como recurso para un proxecto interdisciplinario entre a Lingua e Literatura e a Educación Musical en Educación Primaria. O conto musical constitúe un enlace entre a linguaxe verbal e a musical, o que supón unha ferramenta moi útil para a formación do alumnado. A través do conto acompañado pola música, estarase incentivando a atención e a imaxinación dos nenos/as. Ademais a nivel musical a asociación de sons a situacións relatadas en contos, produce unha estimulación dentro do ámbito auditivo. Os obxectivos que se buscan alcanzar a través deste traballo serían: investigar a importancia do conto musical na Educación Primaria e o aporte á aprendizaxe do alumnado como recurso para un proxecto interdisciplinario. Para o desenvolvemento deste traballo aplicarase unha modalidade de deseño dunha proposta de intervención de carácter interdisciplinario que irá acompañado dun marco teórico fundamentado nunha indagación bibliográfica sobre o tema.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titor do alumno)

Desenvolvemento da intelixencia emocional en Educación Infantil: Deseño e implementación dunha proposta didáctica.
Autoría
L.I.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.I.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao parte da importancia de que os nenos e nenas aprendan a recoñecer, expresar e xestionar as súas emocións durante o seu proceso de formación como persoas e desenvolvemento da súa futura personalidade. Traballar as emocións en idades temperás favorece a prevención e xestión de conflitos, así como o desenvolvemento persoal, social e académico, mellorando a autorregulación e o benestar emocional dos nenos e nenas. Por ese motivo, considérase fundamental a posta en práctica de propostas e actividades vinculadas coa educación emocional no período de educación infantil. Tendo en conta estas consideracións, no TFG desenvolverase unha proposta didáctica acerca do desenvolvemento da intelixencia emocional para unha aula de 4º de Educación Infantil.

Hábitos de alimentación infantil e coñecementos dos proxenitores/as.
Autoría
A.I.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.I.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Unha alimentación infantil adecuada e equilibrada é fundamental para un desenvolvemento físico, mental e emocional favorable, ademais de que é indispensable para que as crianzas establezan hábitos saudables que fomenten o seu benestar e preveñan futuras enfermidades. Por esta razón, este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal avaliar os coñecementos que teñen actualmente os pais e nais sobre a alimentación infantil e sobre como facer que esta sexa saudable e equilibrada para os seus fillos e fillas, analizando hábitos e factores que influencian na elección que fan dos alimentos. Desta forma, preténdese estudar a información que teñen as familias sobre a nutrición, mediante a resposta a un cuestionario, e a súa posterior análise detallada. Así mesmo, esta investigación permitirá identificar aquelas áreas onde estes adultos teñen máis dificultades, ou se o seu coñecemento é escaso ou erróneo. Finalmente, deseñarase unha proposta de intervención centrada tanto nas crianzas como nas familias, co fin de mellorar os coñecementos e prácticas relacionadas coa alimentación infantil.

Recontando e Recantando. Proposta Didáctica sobre a música tradicional galega
Autoría
I.I.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.I.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 12:45
04.07.2025 12:45
Resumo
Este traballo aborda a música tradicional galega como elemento esencial na conformación da identidade cultural, establecendo pontes entre a educación, a investigación e a antropoloxía. Analízase o seu papel como transmisora de valores culturais e identitarios, así como a relevancia de artistas e agrupacións que contribuíron á súa conservación. A música tradicional preséntase, ademais, como unha ferramenta educativa de gran valor, capaz de fomentar competencias transversais no alumnado. A metodoloxía combina unha revisión bibliográfica exhaustiva co deseño e implementación dunha proposta didáctica deseñada para o alumnado de 6º de Educación Primaria. A revisión teórica explora conceptos clave relacionados coa música tradicional galega e, por outra banda, a proposta didáctica, baseada nas pedagoxías de Orff e Kodály, aposta por unha aprendizaxe activa, lúdica e colaborativa. Por último, coa implementación da proposta inténtase demostrar a eficacia do presente traballo. A incorporación da música tradicional galega na educación contribúe á valorización do patrimonio cultural galego, fortalece o sentido de pertenza e identidade do alumnado e fomenta o respecto pola diversidade cultural desde unha perspectiva crítica e integradora.

O recreo escolar para fomentar a actividade física en educación primaria: unha revisión sistemática
Autoría
C.J.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.J.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 19:00
04.07.2025 19:00
Resumo
Actualmente, a inactividade infantil converteuse nunha gran ameaza para a saúde pública das crianzas en idade escolar, que, maioritariamente, non alcanzan as recomendacións diarias de actividade física establecidas pola Organización Mundial da Saúde. A escola é un axente relevante para afrontar este desafío, pois os infantes pasan gran parte do seu día neste espazo. Porén, ao falar de actividade física nas escolas adóitase pensar nas sesións de Educación Física, mais o recreo escolar podería consolidarse como un campo de acción estratéxico. Emporiso, este Traballo de Fin de Grao ten como principal obxectivo identificar e analizar intervencións aplicadas durante o recreo escolar, baseadas no respecto do xogo libre e autoxestionado, que contribúan a incrementar os niveis de actividade física do alumnado de educación primaria. Así, tomando como referencia a declaración PRISMA para a realización de revisións sistemáticas buscáronse artigos científicos en bases de datos internacionais: Scopus, Web of Science e SPORTDiscus; dos cales 8 cumpriron cos criterios de inclusión establecidos. Os resultados obtidos determinan que as intervencións no patio escolar aportan melloras nos niveis de actividade física de ata un 13,6% na AFMV, apreciándose nalgúns dos estudos un maior incremento nas nenas (+2,5%) e no alumnado máis novo (p=0.09).

Un lazo interxeracional: perspectiva docente sobre o papel do vínculo avós-netos en educación infantil
Autoría
C.J.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.J.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Nunha sociedade na que as familias multixeracionais teñen cada vez unha maior presenza, a figura dos avós e avoas emerxe como un elemento de gran importancia no desenvolvemento dos máis pequenos, destacando o profesorado como testemuña privilexiada do impacto destas dinámicas familiares nos primeiros anos de vida. Neste senso, o presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar, dende a perspectiva de diferentes docentes de educación infantil dun centro escolar rural, como esta relación interxeracional pode influír no desenvolvemento educativo, emocional e social do alumnado, así como o papel da escola na súa promoción. Para conseguir este obxectivo, realizouse unha investigación de tipo cualitativo, deseñando unha entrevista semiestruturada ad hoc para o presente estudo. Este instrumento aplicouse a cinco docentes de educación infantil que imparten docencia en aulas multigrado con alumnado de 3-6 anos, buscando recoller as súas experiencias e observacións sobre como este vínculo se reflexa nos centros educativos. Os resultados amosan que este vínculo segue a ser un elemento clave no desenvolvemento infantil, o cal se manifesta nas dimensións emocional, social, educativa e cognitiva, recoñecéndose a escola como un axente idóneo para reforzar e manter esta relación interxeracional.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titor do alumno)

Alzheimer e Educación Social: Actuacións técnicas a través da música
Autoría
C.J.L.
Grao en Educación Social
C.J.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pretende estudar a música, como recurso dentro das Terapias Non Farmacolóxicas (TNF) para tratar ás persoas diagnosticadas con Alzheimer. Co emprego da música actívanse unha serie de procesos neuronais que inflúen no benestar das persoas. De aí xorde o obxectivo xeral do traballo: analizar os beneficios da música como recurso para a intervención non farmacolóxica en persoas con Alzheimer. Para isto, realizouse unha revisión sistemática de 11 fontes bibliográficas publicadas entre 2015 e 2025, nas bases de datos Scopus, Dialnet e Web of Science. Os resultados mostraron o beneficio da música para reducir os niveis de ansiedade, facilitar a aprendizaxe e a memoria autobiográfica, mellorar a interacción social e orientación espazotemporal, etc. Non obstante, non se mostrou melloría na redución da depresión nin na memoria inmediata. A pesar disto, a música supón unha ferramenta favorable para tratar o deterioro cognitivo provocado polo Alzheimer, nas intervención socioeducativas realizadas polos/as profesionais da Educación Social.

Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría

Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)
Escritura creativa en inglés na educación primaria: unha proposta didáctica para 6º curso
Autoría
R.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 16:30
02.07.2025 16:30
Resumo
A introdución da escritura creativa na área de lingua estranxeira (inglés) na etapa de educación primaria, pode resultar unha estratexia enriquecedora para potenciar a competencia escrita e o gusto pola lingua e a expresión persoal. Neste TFG proponse unha unidade didáctica para 6º curso de primaria, baseada en técnicas de escritura creativa adaptadas. A proposta parte dunha base teórica sólida, sustentada nos principios do enfoque comunicativo e orientado á acción recollidos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e no Decreto 155/2022 do currículo galego; e constitúe unha ferramenta práctica e motivadora para a mellora da escrita.
A introdución da escritura creativa na área de lingua estranxeira (inglés) na etapa de educación primaria, pode resultar unha estratexia enriquecedora para potenciar a competencia escrita e o gusto pola lingua e a expresión persoal. Neste TFG proponse unha unidade didáctica para 6º curso de primaria, baseada en técnicas de escritura creativa adaptadas. A proposta parte dunha base teórica sólida, sustentada nos principios do enfoque comunicativo e orientado á acción recollidos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e no Decreto 155/2022 do currículo galego; e constitúe unha ferramenta práctica e motivadora para a mellora da escrita.
Dirección
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
Tribunal
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titor do alumno)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titor do alumno)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
As estratexias de Pensamento Visual (VTS) e as Maletas Pedagóxicas: Metodoloxías para promover a aprendizaxe activa e a inclusión
Autoría
M.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado busca promover o uso de varios recursos artísticos e das Estratexias de Pensamento Visual (VTS), para poder chegar á inclusión. Preséntase un proxecto interdisciplinario que integra diversas áreas do currículo, mediante o uso da maleta pedagóxica. O obxectivo principal é ofrecer ao alumnado novas formas de aprender que resulten máis atractivas, participativas e eficaces, contribuíndo a unha mellora real da práctica educativa e alonxarse das metodoloxías tradicionais. A maleta pedagóxica actúa como detonante para promover o interese e a motivación do alumnado, situándoo no centro do proceso educativo. A través de actividades manipulativas e experimentais, favorécese a construción de aprendizaxes significativos, adaptados aos intereses e necesidades do grupo.

Arte e contorna. Procedementos artísticos para traballar a contorna en Educación Primaria.
Autoría
A.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A relación entre a arte e a contorna é fundamental abordala na Educación Primaria. Neste traballo tómase de referencia a obra de Eileen Adams, quen destaca a importancia da arte no proceso educativo, tratándose dunha ferramenta para investigar, comprender e transformar a contorna construída, proporcionando ao alumnado experiencias significativas. Para levar á escola esta proposta didáctica achega actividades prácticas que integran a observación, a exploración da contorna e a expresión artística, promovendo unha aprendizaxe significativa. Búscase que o alumnado recoñeza e aprecie a súa riqueza cultural, mentres desenvolve a súa capacidade para interpretar, crear y comunicar a través da arte. A metodoloxía empregada é a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) trátase dunha metodoloxía educativa activa onde os discentes adquiren coñecementos e habilidades a través de proxectos reais, fomentando a investigación, a creatividade e a resolución de problemas. A proposta didáctica plantexada neste traballo vai dirixida ao cuarto curso e materia de Educación Plástica e Visual pero ao tratarse de xeito transversal tamén será traballada en Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Educación Física.

Patios dinámicos como espazos para a inclusión e a diversidade en Educación Infantil
Autoría
A.L.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.L.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2025 17:00
02.07.2025 17:00
Resumo
A educación inclusiva nace como un modelo educativo pensado para responder á heteroxeneidade de características do alumnado, presentando a diversidade como un elemento valioso para a aprendizaxe e a socialización de todas as crianzas. Actualmente, a inclusión está enriquecendo paulatinamente as aulas e prácticas docentes, mais para que se consiga unha verdadeira inclusión escolar, esta debe estenderse a todos os espazos e tempos das escolas. Así, o patio debe deixar de ser un simple lugar de ocio para concibirse como un espazo deseñado especificamente para xogar e aprender, que potencie a convivencia e acolla todo tipo de diversidades. Este traballo de fin de grao, dentro da modalidade de deseño dun proxecto, ten como obxectivo presentar unha proposta de patio inclusivo e dinámico para Educación Infantil, na que se evidencie a importancia de crear espazos educativos de socialización e aprendizaxe para todo o alumnado; no que todas e todos teñan garantido o seu dereito a participar e xogar de maneira individual e colectiva, adaptándose ás súas capacidades e intereses.

O maltrato infantil: programas de prevención dende o ámbito educativo
Autoría
A.L.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.L.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
A violencia e o maltrato á infancia son unha realidade actual. As altas taxas e a prevalencia desta problemática social, así como as consecuencias físicas e psicolóxicas negativas sufridas polas vítimas a curto e longo prazo, demostran a gran importancia da prevención do maltrato infantil. Neste punto, a escola érguese como un factor crucial na protección da infancia, debido a que a meirande parte das crianzas acoden diariamente a centros educativos, polo que o profesorado debe ter a formación e os recursos necesarios para poder previr estas situacións e saber detectalas. Por iso, este TFG, da modalidade iniciación á investigación documental, ten como obxectivos valorar á escola e ao profesorado como axentes de protección da infancia e analizar a eficacia de diferentes programas escolares para a prevención do maltrato infantil. Para a súa realización, levouse a cabo unha busca exploratoria de información para obter unha visión xeral do tema de estudo; e revisouse a literatura científica publicada en relación á temática nas bases de datos Dialnet, ERIC, Scopus, WOS e PsycInfo. Os resultados evidenciaron melloras nos coñecementos e habilidades das crianzas en relación á prevención do maltrato infantil.

Cultura endóxena e educación patrimonial. Un proxecto de Aprendizaxe-Servizo en Educación Primaria
Autoría
V.L.A.
Grao en Pedagoxía
V.L.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 17:30
01.07.2025 17:30
Resumo
Na actualidade é un feito extendido que a difusión da lingua galega, e con ela a súa cultura e patrimonio, están a experimentar unha época de déficit na sociedade galega, máis concretamente na xuventude, según os estudos da Real Academia Galega e outras fontes de recollida de información, coma o Instituto Galego de Estadística. Así mesmo, estase a dar maior coñecemento, investigación e expansión da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo entre os/as profesionais da educación. De aquí surxe a idea deste Traballo Final de Grao: a combinación entre unha proposta pedagóxica, que está en auxe nos sistemas educativos, coa educación patrimonial galega, un ámbito educativo o cal veremos a continuación que se está a descoidar. Co obxectivo de deseñar unha proposta de intervención, a cal fomente a divulgación cultural e os valores cívicos nas crianzas, buscarase planificar un proxecto a partir do que dar pé a construír unha rede de apoio e identidade patrimonial entre a rapazada participante, en tanto que un reflexo da comunidade á que pertencen.

A Educación Emocional: Unha ferramenta para previr situacións conflitivas dende a primeira infancia.
Autoría
A.L.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.L.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao ten como obxectivo profundizar na educación emocional como unha ferramenta para previr situacións conflitivas dende a primeira infancia. O desenvolvemento emocional na etapa de Educación Infantil é fundamental para ensinar ao noso alumnado a importancia de coñecer e xestionar as súas emocións. A investigación realizada pretende indagar na perspectiva do profesorado en relación aos límites e posibilidades da educación emocional nun contexto concreto. Prestarase especial atención a cómo se considera que esta pode axudar a previr enfrontamentos na aula e fomentar no alumnado habilidades e valores como a empatía, o respecto, a comunicación ou a tolerancia. Para a realización de este estudo empregouse unha metodoloxía cualitativa. A docente que colaborou na investigación foi previamente seleccionada, seguindo criterios acordes coa pretensión do estudo. Os datos foron recollidos a través dunha entrevista, e a información obtida foi sometida a unha análise de contido para a elaboración do informe final que recolle, ademais de dito análise, as conclusións. Pretendeuse obter información sobre as concepcións e a descripción de prácticas dunha docente acerca da educación emocional na etapa de Educación Infantil, prestando atención a súa visión sobre a importancia da educación emocional como unha ferramenta para a prevención de conflitos nas aulas.

FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titoría)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titoría)
Tribunal
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titor do alumno)

Acoso escolar e Necesidades Educativas Especiais: Unha Revisión Sistemática das súas Características en Educación Primaria en España.
Autoría
U.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O acoso escolar, definido como un abuso intencionado e repetido de poder entre iguais, é un tema cada vez máis recurrente e preocupante na actualidade. Este abuso adoita realizarse principalmente cara as persoas que presentan algún tipo de diferenza con respecto ós seus iguais; e no actual contexto de avance cara a unha educación inclusiva, esta diversidade, se non se atende adecuadamente, podería chegar a ser un factor de risco para o bullying. Desta forma, ó longo desta revisión sistemática, analizaranse as investigación existentes sobre o acoso escolar e as NEE, para comprobar se realmente existe unha prevalencia de acoso escolar neste alumnado e analizar as características nos diferentes roles e manifestacións do bullying no contexto da Educación Primaria en España.
O acoso escolar, definido como un abuso intencionado e repetido de poder entre iguais, é un tema cada vez máis recurrente e preocupante na actualidade. Este abuso adoita realizarse principalmente cara as persoas que presentan algún tipo de diferenza con respecto ós seus iguais; e no actual contexto de avance cara a unha educación inclusiva, esta diversidade, se non se atende adecuadamente, podería chegar a ser un factor de risco para o bullying. Desta forma, ó longo desta revisión sistemática, analizaranse as investigación existentes sobre o acoso escolar e as NEE, para comprobar se realmente existe unha prevalencia de acoso escolar neste alumnado e analizar as características nos diferentes roles e manifestacións do bullying no contexto da Educación Primaria en España.
Dirección
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
Tribunal
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titor do alumno)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titor do alumno)
Educando para a igualdade: Abordando o racismo na aula de primaria desde unha perspectiva galega.
Autoría
I.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:45
02.07.2025 11:45
Resumo
O obxectivo principal da educación non é só ensinar contidos teóricos, se non fomentar valores tales como o respecto e a empatía. Por iso, vanse tratar estes conceptos coa introdución e estudo da diversidade cultural e todo o que esta engloba, máis concretamente o racismo. Así, ensinaráselle ao alumnado desde unha idade temperá a respectar e entender as diferenzas de todo tipo e que estas só nos fan comprender o iguais que somos. Para traballar todo o exposto preséntase unha proposta didáctica baseada en metodoloxías innovadoras e experimentais que fomentará, entre outras cousas, o pensamento crítico do alumnado para comprender de primeira man a realidade do racismo.
O obxectivo principal da educación non é só ensinar contidos teóricos, se non fomentar valores tales como o respecto e a empatía. Por iso, vanse tratar estes conceptos coa introdución e estudo da diversidade cultural e todo o que esta engloba, máis concretamente o racismo. Así, ensinaráselle ao alumnado desde unha idade temperá a respectar e entender as diferenzas de todo tipo e que estas só nos fan comprender o iguais que somos. Para traballar todo o exposto preséntase unha proposta didáctica baseada en metodoloxías innovadoras e experimentais que fomentará, entre outras cousas, o pensamento crítico do alumnado para comprender de primeira man a realidade do racismo.
Dirección
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titor do alumno)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titor do alumno)
O acompañamento socioeducativo no modelo Housing First: análise dun programa
Autoría
I.L.C.
Grao en Educación Social
I.L.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A temática sobre a que versa o presente traballo de fin de grao é o modelo Housing First, destinado á atención de persoas en situación de senfogarismo que foron expulsadas sistematicamente das estruturas de intervención tradicionais. O obxectivo xeral céntrase en analizar o modelo Housing First como estratexia de intervención socioeducativa para a mellora da calidade de vida de persoas en situación de senfogarismo. Este traballo encádrase na modalidade de iniciación á investigación de campo e atopa os seus cimentos metodolóxicos no enfoque cualitativo. Para dar resposta aos obxectivos específicos leváronse a cabo catro entrevistas semiestructuradas coa persoa responsable da coordinación e xestión e tres das profesionais do programa Primer la Llar da cidade de Barcelona. Os resultados obtidos neste estudo revelan como o enfoque socioeducativo que asumen as profesionais do programa defínese segundo os criterios do acompañamento socioeducativo centrado na persoa. Ademais, a conxunción entre acceso a unha vivenda alcanzable sen condicións, acompañamento social individualizado e traballo en rede é un factor determinante en termos de mellora da calidade de vida das persoas que participan en Primer la Llar.

Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Tribunal
Varela Crespo, Laura María (Titor do alumno)

O noso recuncho saudable. Proxecto de aprendizaxe servizo para a colaboración co concello e a veciñaza nun programa de alimentación saudable
Autoría
S.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
A alimentación xoga un papel principal nas nosas vidas, ao longo das diferentes etapas que a compoñen, polo que fomentar hábitos alimentarios saudables dende idades temperás, debería convertirse en algo imprescindible. A situación con respecto ás enfermidades derivadas dunha alimentación inadecuada é especialmente alarmante, polo que é preciso intervir dende todos os ámbitos. Dende a escola deben planificarse propostas dirixidas á promoción e á educación para a saúde, con experiencias que favorezan a adquisición de hábitos saudables. Este traballo de Fin de Grao (TFG) xorde neste contexto. Logo de realizar unha revisión bibliográfica sobre conceptos como a alimentación saudable, a obesidade e o sobrepeso, a promoción da saúde e a metodoloxía da aprendizaxe servizo para a educación en hábitos saudables, elaborouse unha proposta de intervención baseada na metodoloxia de aprendizaxe servizo. Esta proposta ten como finalidade promover hábitos alimentarios saudables entre o alumnado e a comunidade, a través da colaboración da escola co concello na creación dun espazo comunitario que funcione como punto de información e de reflexión sobre alimentación saudable.

O impacto da violencia de xénero na infancia: unha análise desde a Educación Social
Autoría
C.L.R.
Grao en Educación Social
C.L.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
Este traballo analiza o impacto da violencia de xénero na infancia desde a perspectiva da Educación Social. A través dunha revisión documental, abórdanse as raíces estruturais e culturais da violencia de xénero, así como a súa incidencia e manifestacións na sociedade. A continuación, analízanse as consecuencias da exposición da infancia á violencia de xénero e as diversas implicacións no seu desenvolvemento, destacando a invisibilización institucional da infancia como vítima e a forma en que estas vivencias afectan á construción da súa identidade. Posteriormente, procédese cun breve repaso sobre a normativa existente para a protección das mulleres e a infancia, describindo o papel fundamental da Educación Social na prevención, detección e intervención destes casos. Tras iso, expóñense as estratexias que recomenda a literatura na intervención socioeducativa neste ámbito e descríbense diferentes iniciativas sensibles ao xénero e ao trauma que se desenvolveron en España. O traballo finaliza cunha serie de conclusións que subliñan a necesidade de reforzar a prevención, ampliar os recursos, garantir a formación especializada dos/as profesionais e incorporar de maneira efectiva a voz e os dereitos da infancia, co obxectivo de avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias.

BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Presidente/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)

Explorando a gamificación como ferramenta na ensinanza de inglés en educación primaria.
Autoría
L.L.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.L.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a aplicación da gamificación como metodoloxía innovadora na ensinanza do inglés como lingua estranxeira na Educación Primaria. A través dunha proposta didáctica titulada “A Day at the Farm”, empregáronse dinámicas lúdicas baseadas en recompensas, puntos e desafíos para fomentar a motivación, a participación activa e a aprendizaxe significativa do alumnado. A intervención desenvolveuse durante tres semanas con tres grupos de segundo de primaria, integrando elementos como cancións, xogos interactivos, actividades dixitais, representacións teatrais e unha proba escrita final. O deseño incorporou medidas de inclusión para o alumnado con necesidades educativas específicas. Os resultados obtidos, avaliados mediante unha proba obxectiva e a observación directa, amosan unha mellora no rendemento académico, así como na actitude e implicación do alumnado, sen embargo, non garante que con outras metodoloxías os resultados académicos fosen diferentes. Observouse un aumento na participación, na cooperación entre iguais e unha maior disposición á aprendizaxe do idioma. O uso do xogo como ferramenta educativa demostrou ser eficaz non só para mellorar os resultados académicos, senón tamén para favorecer a autonomía e a integración do grupo. Conclúese que a gamificación é unha estratexia metodolóxica altamente recomendable en contextos escolares diversos.

Análise dos programas das materias vencelladas ao campo da Educación Ambiental nas titulacións de Grao en Educación Social das universidades públicas españolas
Autoría
E.L.A.
Grao en Educación Social
E.L.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda unha análise dos programas das materias vencelladas á Educación Ambiental nas titulacións de Grao en Educación Social das universidades públicas españolas. Máis alá de realizar unha mera análise do currículo, preténdese obter unha radiografía xeral da situación actual destas materias, identificando as potencialidades e puntos febles con respecto á formación das futuras e futuros profesionais da Educación Social no campo socioambiental. A investigación desenvólvese seguindo unha metodoloxía mixta, analizándose as características básicas de cada unha das materias, mais tamén aspectos esenciais tales como os contidos temáticos, a literatura científica, as competencias previstas e os enfoques metodolóxicos empregados. Deste xeito, os resultados amosan unha clara necesidade de afondar na integración da Educación Ambiental e demais disciplinas afíns como materias de carácter obrigatorio nos Graos de Educación Social, co fin de proporcionar as a aos futuros profesionais unha formación integral acorde cos retos educativos derivados da crise ambiental e a necesidade de construír unha transición socio-ecolóxica que permita reaxustar, con criterios de xustiza social e ambiental, o devir das sociedades humanas aos límites biofísicos do noso planeta.

MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titoría)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titoría)
Tribunal
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titor do alumno)

A importancia da participación con nenos/as con Trastorno do Espectro Autista en campamentos deportivos no medio natural.
Autoría
M.L.G.
Grao en Educación Social
M.L.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha iniciativa de carácter socioeducativo sobre a importancia da participación de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en campamentos deportivos realizados en contornas naturais. Esta proposta realizarase as dúas primeiras semanas dos meses xullo e agosto, e contara coa implicación activa das familias. Tras unha revisión bibliográfica e o deseño dunha intervención orientada á inclusión socioeducativa reflexiónase sobre os beneficios que este tipo de actividades expostas ten para os menores con TEA a nivel social, emocional e persoal. Así mesmo, destácase o papel crave que teñen as familias a través da súa participación, xa que, considérase que son referentes de apoio para os seus fillos/as. O proxecto o que plantea é unha proposta de intervención inclusiva para desenvolver en campamentos ordinarios co obxectivo de que estes se convertan nun espazo integrador, no que se fomente a igualdade, a socialización, a autonomía, o disfrute do lecer na natureza e a fortaleza de vínculos familiares, todo isto desde unha perspectiva de educación non formal e comunitaria.
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha iniciativa de carácter socioeducativo sobre a importancia da participación de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en campamentos deportivos realizados en contornas naturais. Esta proposta realizarase as dúas primeiras semanas dos meses xullo e agosto, e contara coa implicación activa das familias. Tras unha revisión bibliográfica e o deseño dunha intervención orientada á inclusión socioeducativa reflexiónase sobre os beneficios que este tipo de actividades expostas ten para os menores con TEA a nivel social, emocional e persoal. Así mesmo, destácase o papel crave que teñen as familias a través da súa participación, xa que, considérase que son referentes de apoio para os seus fillos/as. O proxecto o que plantea é unha proposta de intervención inclusiva para desenvolver en campamentos ordinarios co obxectivo de que estes se convertan nun espazo integrador, no que se fomente a igualdade, a socialización, a autonomía, o disfrute do lecer na natureza e a fortaleza de vínculos familiares, todo isto desde unha perspectiva de educación non formal e comunitaria.
Dirección
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
Análise de videoxogos en Educación Secundaria dende unha perspectiva pedagóxica
Autoría
M.L.A.
Grao en Pedagoxía
M.L.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.02.2025 13:00
04.02.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Final de Grao, cuxa modalidade é a dunha investigación de campo, foi realizado desde unha perspectiva pedagóxica centrándose na análise de videoxogos a través dunha guía específica para avalialos como ferramentas educativas. Examináronse 5 Serious Games seleccionados pola súa relevancia pedagóxica e a súa capacidade para promover a aprendizaxe en diferentes áreas e cuxos/as destinatarios/as son o alumnado de Educación Secundaria. Este estudo incluíu a análise de aspectos técnicos e pedagóxicos de cada xogo. Identificáronse tanto aspectos positivos como desafíos na implementación destes videoxogos no proceso educativo e na aula, destacando o seu potencial para mellorar a motivación, o compromiso e a compresión dos estudantes, entre outros aspectos. Saliéntase acerca da importancia dunha formación adecuada para os/as educadores/as no uso efectivo dos videoxogos en clase. Este TFG proporciona unha visión integral de como os videoxogos poden ser aproveitados como ferramentas pedagóxicas para enriquecer o proceso de Ensino-Aprendizaxe no contexto educativo actual.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titor do alumno)

A corresponsabilidade e a coparentalidade: análise desde a óptica da Educación Social
Autoría
A.L.C.
Grao en Educación Social
A.L.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 11:30
03.07.2025 11:30
Resumo
Nos últimos anos a sociedade sufriu modificacións nas estruturas familiares coa incorporación da muller ao mercado laboral, promovendo cambios no que atinxe ás responsabilidades do fogar. Neste senso, a corresponsabilidade e a coparentalidade promoven a implicación e a distribución equitativa sobre estas tarefas, incentivando -ou non- a igualdade de xénero na sociedade actual. Partindo desta realidade, o obxectivo deste traballo é analizar as variables que configuran a evolución da corresponsabilidade e a coparentalidade familiar nas últimas dúas décadas en España. Deste modo, esta investigación documental desenvolveuse a través dunha análise eminentemente descritiva de carácter cuantitativa centrada en fontes secundarias, recadando cifras da realidade investigada. Os resultados amosan que, a pesar dos avances sociais, culturais, educativos, laborais e lexislativos, a desigualdade continúa sendo a tónica dominante no que atinxe ao reparto dos coidados e das responsabilidades familiares, posto que a carga de traballo fóra e dentro dos fogares e os salarios repercuten negativamente na vida das mulleres. En consecuencia, é necesario educar á sociedade nunha pedagoxía feminista, a fin de promover unha sociedade máis igualitaria e xusta, a través da sensibilización, concienciación, acompañamento e, en definitiva, intervencións pedagóxicas que impliquen á Educación Social nos diferentes ámbitos de acción socioeducativa.

Gamificación e perspectiva de xénero na aula de matemáticas: proposta de intervención
Autoría
M.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na creación e na análise dunha intervención didáctica baseada na gamificación e na integración da perspectiva de xénero na aula. Céntrase maioritariamente na área de Matemáticas e está dirixida ao alumnado do cuarto curso de Educación Primaria. Esta proposta foi levada a cabo no CEIP Plurilingüe de Vite I durante o Practicum II. O seu obxectivo principal é analizar se as metodoloxías activas, en concreto a gamificación, inflúen na motivación, a comprensión e a equidade no proceso de ensino-aprendizaxe. Debido a cuestións de privacidade, non se mostran datos reais acerca dos resultados obtidos pero, a través da observación na aula e o marco teórico, chegaranse a conclusións relevantes.

Estereotipos de xénero na era dixital: influencia e reprodución nas redes sociais
Autoría
L.M.B.
Grao en Educación Social
L.M.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 12:45
03.07.2025 12:45
Resumo
A era dixital, especialmente o espectro das redes sociais, convertéronse nun novo escenario de socialización máis que reproduce modelos culturais historicamente aceptados. Este traballo céntrase en analizar a perpetuación dos estereotipos de xénero a través dos/as creadores/as de contido (influencers) con máis impacto no plano nacional, desde un enfoque pedagóxico feminista. A fin de dar resposta a este obxectivo, examínanse os perfís dos/as 10 influencers españois con maior audiencia, avaliando tanto as súas publicacións como os post realizados con maior impacto, no marco temporal do último ano. Os resultados apuntan que se continúan reproducindo os roles e rasgos tradicionais a través dos/as referentes dixitais, así como as expectativas binarias referidas ao ideal de masculinidade e feminidade. Igualmente, detéctase que as personalidade máis influíntes no prisma nacional reforzan os ideais estereotípicos acerca da apariencia física, intereses, ocupacións e comportamentos asociados a cada xénero. Unha tendencia reforzada polas manifestacións realizadas pola audiencia que tamén se amparan neste marco estereotipado. En definitiva, resulta de vital importancia o desenvolvemento de accións socioeducativas ancoradas na pedagoxía feminista para fomentar representacións máis inclusivas e igualitarias no entorno dixital, incorporando a figura da Educación Social nesta labor.

Explorando os métodos de escritura chinos
Autoría
J.M.
Grao en Pedagoxía
J.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 09:00
01.07.2025 09:00
Resumo
Nos últimos anos, o avance da globalización provocou un maior interese pola aprendizaxe da lingua chinesa. En España aumentou substancialmente a porcentaxe de persoas interesadas en aprender esta lingua, formando grupos específicos a favor do seu ensino e aprendizaxe. Porén, debido ás marcadas diferenzas entre as culturas oriental e occidental, así como á representación da escritura a través de caracteres pictográficos, a súa aprendizaxe supón un importante reto para as persoas que son novas nesta lingua. Este traballo fin de grao pretende deseñar, desenvolver e avaliar un proxecto de intervención dirixido ao alumnado do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela co fin de mellorar o nivel de redacción dos participantes.

A intervención musical como ferramenta para a reinserción de persoas privadas de liberdade
Autoría
I.M.B.
Grao en Educación Social
I.M.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao xorde do interese persoal da autora e da experiencia práctica adquirida nunha prisión galega, onde puido observar a realidade penitenciaria e o papel da educación social no tratamento das persoas internas. Este traballo ten como principal obxectivo o de contribuír, mediante un discurso reflexivo e crítico, á posta en valor da educación musical como estratexia de reinserción social nas persoas privadas de liberdade. Para iso, optouse por empregar unha metodoloxía baseada na investigación documental, o que permitiría a recompilación e análise de información que sería estruturada en catro bloques: o sistema penitenciario español, o papel da educación social nos centros penitenciarios, a intervención musical nas prisións e a educación musical como ferramenta de inclusión e reinserción social. Tras esta busca neste campo de estudo, destacamos que, malia o recoñecemento do dereito á educación e á cultura, a presenza da música nas prisións continúa a ser escasa e pouco estruturada. Non obstante, a intervención musical evidencia múltiples beneficios nas persoas tanto a nivel individual como grupal. Do mesmo xeito, reivindícase a súa utilidade como ferramenta de reinserción social e a importancia do rol da educadora social no tratamento penitenciario.

MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA Cotitoría
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA Cotitoría
Tribunal
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titor do alumno)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titor do alumno)

Aldeas Infantiles SOS. O caso de Galicia
Autoría
C.M.M.
Grao en Educación Social
C.M.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A modalidade elixida para o desenvolvemento deste Traballo de Fin de Grao é a de revisión documental e análise de caso. O obxectivo principal deste estudo é analizar o modelo de intervención de Aldeas Infantiles SOS en Galicia desde unha perspectiva pedagóxica, valorando o seu papel na atención á infancia e á adolescencia en situación de vulnerabilidade. A protección infantil e a garantía dos dereitos constitúen unha conquista que cómpre preservar en calquera contexto, especialmente naqueles onde as dificultades estruturais, familiares e sociais requiren respostas educativas sostidas e coordinadas. Neste sentido, Aldeas Infantiles SOS articula unha proposta que vai máis alá da mera cobertura de necesidades básicas e do asistencialismo, centrando a súa intervención na construción de contornos afectivos, no acompañamento individualizado e na promoción do desenvolvemento integral a través de accións preventivas e protectoras. Ao longo deste traballo realízase unha contextualización teórica, histórica e normativa do modelo da organización, descríbense os seus principais programas e analízase a súa fundamentación pedagóxica, baseada en principios como a educación na vida cotiá, a pedagoxía do coidado e o enfoque baseado nos dereitos. Finalmente, expóñense conclusións e propostas de mellora que permiten reflexionar sobre a investigación realizada.

Maltrato infantil e formación dos/as pedagogos/as Análisis de necesidades.
Autoría
A.M.A.
Grao en Pedagoxía
A.M.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar o grao de formación que reciben os/as estudantes do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela en relación cos malos tratos infantís. Partindo da relevancia que ten o sistema educativo na prevención, detección e intervención ante este fenómeno, deseñouse un estudo de tipo descritivo, mediante a aplicación dun cuestionario mixto a unha mostra de 86 estudantes de primeiro e cuarto curso. O obxectivo principal foi valorar se o alumnado dispón de ferramentas suficientes para identificar situacións de malos tratos infantís e actuar en consecuencia desde a súa futura praxe profesional. Ademais, abórdanse cuestións como os coñecementos previos do alumnado, a súa percepción sobre a formación recibida e as temáticas que consideran necesarias para a súa preparación neste ámbito. Os resultados mostran unha sensibilización xeral sobre o problema, pero tamén falta de información sobre leste, o que evidencia a necesidade dunha maior presenza de contidos relacionados coa protección infantil no plan de estudos. O traballo conclúe cunha reflexión crítica e propostas de mellora orientadas ao fortalecemento da formación pedagóxica nesta área.

O álbum infantil en galego como ferramenta de inclusión e promoción lingüística na Educación Infantil
Autoría
A.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 17:00
02.07.2025 17:00
Resumo
Nun contexto de crecente globalización e perda de transmisión interxeracional do galego, este traballo de Fin de Grao explora o uso do álbum ilustrado infantil como ferramenta didáctica para promover a inclusión da diversidade cultural e fomentar a lingua galega dende as primeiras etapas educativas. A investigación combina unha revisión teórica cunha proposta de intervención nunha aula multicultural de Educación Infantil. A análise das actividades realizadas permite avaliar a eficacia do álbum como recurso pedagóxico para traballar valores como a empatía, o respecto e a identidade lingüística de maneira lúdica e significativa.
Nun contexto de crecente globalización e perda de transmisión interxeracional do galego, este traballo de Fin de Grao explora o uso do álbum ilustrado infantil como ferramenta didáctica para promover a inclusión da diversidade cultural e fomentar a lingua galega dende as primeiras etapas educativas. A investigación combina unha revisión teórica cunha proposta de intervención nunha aula multicultural de Educación Infantil. A análise das actividades realizadas permite avaliar a eficacia do álbum como recurso pedagóxico para traballar valores como a empatía, o respecto e a identidade lingüística de maneira lúdica e significativa.
Dirección
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
Historias silenciadas. A censura da literatura infantil e xuvenil nas aulas de Educación Primaria
Autoría
L.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 12:00
04.07.2025 12:00
Resumo
En pleno século XXI, pode chegar a parecer que a censura na literatura infantil e xuvenil é propia do pasado e exclusiva dos gobernos conservadores. Porén, esta percepción non se axusta á realidade, xa que hoxe en día, como consecuencia do afán excesivo por protexer á infancia, nos enfrontamos a un novo tipo de censura: a censura do “politicamente correcto”. De xeito silencioso, esta censura coacciona cada vez máis, entre outros colectivos, ao profesorado, quen se ve coartado á hora de seleccionar obras literarias axeitadas para o seu alumnado. Partindo desta premisa, procedeuse a realizar unha revisión sistemática da literatura científica publicada sobre o tema en diferentes bases de datos, para logo analizar, por unha banda, as implicacións da censura contemporánea na literatura infantil e xuvenil dende unha perspectiva educativa; e, por outra, ofrecer orientacións que favorezan a actuación docente fronte ás prácticas censoras.

CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Infancias dixitais na escola. O impacto da exposición ás pantallas no desenvolvemento do alumnado de Educación Infantil
Autoría
L.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.M.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 13:00
03.07.2025 13:00
Resumo
A omnipresencia das pantallas converteuse nun elemento central na sociedade contemporánea. Así, a infancia que inicia actualmente a súa escolarización creceu nun entorno sociocultural plenamente dixitalizado. Estas crianzas, coñecidas como “nativas dixitais”, están expostas a unha interacción constante con dispositivos electrónicos. Este traballo presenta unha revisión sistemática da literatura científica publicada ata abril de 2025 nas bases de datos ERIC, PsycINFO, Web of Science e Dialnet. O obxectivo principal foi analizar as consecuencias da exposición ás pantallas no desenvolvemento infantil, así como ofrecer recomendacións destinadas ao profesorado para promover un uso responsable da tecnoloxía na etapa educativa inicial. Os estudos indican que o impacto dos dispositivos dixitais no desenvolvemento infantil está estreitamente condicionado polas prácticas concretas de uso e polo contexto no que se producen. Un uso inadecuado pode afectar negativamente ao desenvolvemento, mentres que un emprego consciente e mediado pode resultar beneficioso. Por tanto, resáltase a necesidade de incorporar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ámbito educativo desde unha perspectiva crítica e humanizadora, co fin de promover o desenvolvemento integral da infancia. Esta integración debe estar acompañada dunha formación adecuada do profesorado, así como da implicación activa das familias, para garantir un uso saudable da tecnoloxía.

Integración de series e películas na ensinanza do inglés en Educación Primaria.
Autoría
I.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 19:00
01.07.2025 19:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o uso pedagóxico das series e películas como recurso didáctico na ensinanza do inglés na Educación Primaria. A partir dunha revisión teórica, explóranse os beneficios lingüísticos, motivacionais e culturais que achega o uso de contidos audiovisuais na aula. A exposición a materiais auténticos permite ao alumnado desenvolver a comprensión oral, ampliar o seu vocabulario e familiarizarse con diferentes acentos e rexistros do idioma, o que favorece unha competencia comunicativa máis realista. Ademais, examínase como estes recursos poden incrementar a motivación e a participación do alumnado, ao conectar cos seus intereses e fomentar unha aprendizaxe significativa. O traballo inclúe propostas metodolóxicas baseadas no enfoque comunicativo e na aprendizaxe por tarefas, así como criterios para a selección e explotación didáctica de material audiovisual adaptado á idade. Como aplicación práctica, preséntase unha proposta de intervención deseñada para unha aula do quinto curso de Educación Primaria, que integra series e películas en actividades centradas na comprensión e produción oral, seguindo os fundamentos teóricos expostos. Empregadas de forma contextualizada, estas ferramentas enriquecen a aprendizaxe do inglés e favorecen o seu uso funcional en contextos escolares.

PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Titoría)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Titor do alumno)

Afondando nas culturas profesionais docentes: un estudo con profesorado de educación secundaria.
Autoría
P.M.C.
Grao en Pedagoxía
P.M.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende levar a cabo unha investigación de campo centrada en afondar nas culturas profesionais docentes con profesorado de educación secundaria. Realizáronse entrevistas semiestruturadas a seis docentes, co fin de coñecer a súa perspectiva sobre as relacións entre o profesorado e o ambiente de traballo no seu centro educativo. Ademais, analízanse as experiencias dos/as profesionais para poder comprender cal é a cultura docente que máis está presente no ensino secundario e as necesidades que eles/as detectan co fin de formular propostas xerais de actuación.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
Tribunal
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)
O mindfulness como ferramenta de autocoñecemento e autocoidado en adultos/as e profesionais. Unha proposta socioeducativa dende á Educación Social.
Autoría
S.M.G.
Grao en Educación Social
S.M.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este proxecto, nace coa finalidade de poder visibilizar a costura como unha ferramenta socioeducativa innovadora coa que poder traballar as nosas emocións a través do mindfulness, técnica a través da cal conectar co momento presente e coa importancia de coidarse para poder coidar. Cada vez en maior medida, debido aos ritmos de vida actuais, é máis transcendental incorporar na nosa rutina diaria e ter presente nos diversos contextos cotiáns a práctica do mindfulness, como unha estratexia para identificar e poder manexar correctamente as nosas emocións, para que non nos perxudiquen, senón que o seu significado sírvannos para poder coñecernos e mellorar a relación con nós mesmos/as e coa comunidade que nos rodea. Por iso, para lograr ese estado meditativo e de conexión co momento presente plantexamos a costura como medio idóneo, recoñecida polos seus diversos beneficios para reducir os niveis de ansiedade e estrés, sanando a nosa alma e o noso corazón. A elaboración e posterior entrega duns coxíns solidarios, representa un acto simbólico onde as creadoras entregan o que foi o seu elemento de sanación para que poida sanar a outra persoa. Ese amor expresado en cada coxín e en cada puntada, fai que aumente a nosa unión coa comunidade e nos faga valorar a importancia da xestión das nosas emocións, como medio de expresión, liberación e sanación.

Conecta Emocións: Proxecto para a expresión emocional en infantes con Trastorno Espectro Autista
Autoría
V.M.G.
Grao en Educación Social
V.M.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de grao (TFG) ten como finalidade desenvolver un proxecto de intervención para fomentar competencias emocionais e habilidades sociais en persoas con diversidade funcional, concretamente en nenos e nenas diagnosticados/as con TEA (Trastorno Espectro Autista). O obxectivo principal deste TFG é mellorar as competencias emocionais e as habilidades sociais dos/as menores con TEA, aportando ferramentas e creando un espazo seguro para un bo desenvolvemento persoal e social a través da creación de recursos materiais que mesturan varios elementos sensoriais e visuais que serven para a regulación, comprensión e expresión emocional destes menores. Para a realización de este TFG, realízase unha revisión bibliográfica que fundamenta toda a posterior creación e deseño do proxecto de intervención. En dita revisión recóllese a información necesaria para analizar as necesidades e características que este colectivo pode ter e adaptar o noso proxecto a estas. Por último, o proxecto ten unha natureza innovadora pola incorporación dun sistema de linguaxe alternativo como o Makaton e do emprego de materiais reciclados para a creación dos recursos materiais.
Este traballo de fin de grao (TFG) ten como finalidade desenvolver un proxecto de intervención para fomentar competencias emocionais e habilidades sociais en persoas con diversidade funcional, concretamente en nenos e nenas diagnosticados/as con TEA (Trastorno Espectro Autista). O obxectivo principal deste TFG é mellorar as competencias emocionais e as habilidades sociais dos/as menores con TEA, aportando ferramentas e creando un espazo seguro para un bo desenvolvemento persoal e social a través da creación de recursos materiais que mesturan varios elementos sensoriais e visuais que serven para a regulación, comprensión e expresión emocional destes menores. Para a realización de este TFG, realízase unha revisión bibliográfica que fundamenta toda a posterior creación e deseño do proxecto de intervención. En dita revisión recóllese a información necesaria para analizar as necesidades e características que este colectivo pode ter e adaptar o noso proxecto a estas. Por último, o proxecto ten unha natureza innovadora pola incorporación dun sistema de linguaxe alternativo como o Makaton e do emprego de materiais reciclados para a creación dos recursos materiais.
Dirección
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GIL, ALEXANDRA MIROSLAVA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
Un mar de problemas: creación dun conto interactivo para alumnado con dislexia integrado dentro dunha proposta didáctica
Autoría
A.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:40
02.07.2025 11:40
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao está centrado na necesidade de mellorar as habilidades de comprensión lectora do alumnado de Educación Primaria con dislexia, empregando ferramentas que favorezan a súa motivación e participación activa no proceso de aprendizaxe a través da creación dun conto interactivo que pretende facilitar o acceso ao texto e manter o interese do alumnado. Neste traballo, que adopta a modalidade de deseño dun proxecto de intervención educativa mediante a creación dunha unidade didáctica que inclúe un conto interactivo, tamén se recollerá unha pequena mostra bibliográfica para conceptualizar o termo de dislexia e comprender as necesidades que presenta dita dificultade. Este conto intégrase dentro dunha unidade didáctica sobre a contaminación mariña, dando a oportunidade de traballar a comprensión lectora ao mesmo tempo ca os contidos curriculares. Por tanto, este traballo pon de manifesto a importancia de empregar recursos adaptados na aula, contribuindo ao avance cara unha escola máis equitativa.

Subxectividade de xénero e simboloxía hexemónica nos espazos dixitais. Unha revisión sistemática
Autoría
R.M.M.
Grao en Pedagoxía
R.M.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Nos últimos tempos deuse unha revolución tecnolóxica marcada pola aparición de internet e das Tecnoloxías de Información e Comunicación, que provocaron unha nova forma de comunicarse. Como consecuencia, a mocidade desenvolveu espazos de interacción, participación e de información nas redes sociais e nos diferentes contextos que ofrece a World Wide Web. Os espazos dixitais actualmente conforman, dado a súa influencia na adolescencia, un novo espazo de socialización prioritario para este grupo de idade, mentres interceden ao resto da poboación. Simultaneamente e parcialmente favorecido pola expansión dixital, os movementos feministas e de reivindicación da igualdade de xénero tomaron relevancia, co fortalecemento destacado do novidoso movemento queer. Neste senso, vólvese prioritario coñecer o impacto dos espazos dixitais na configuración da subxectividade de xénero das mulleres, na súa interacción, participación e convivencia neste espazos. O presente traballo, por tanto, realiza unha revisión sistemática da literatura cunha mostra de 23 artigos para coñecer o estado do arte respecto da subxectividade de xénero da muller e a súa configuración en contacto cos espazos dixitais. Concluíndo nunha importante influencia dos espazos dixitais na reprodución de estruturas hexemónicas de xénero patriarcais, ademais da destacada hostilidade destes contextos para coa muller.

GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Titoría)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Titor do alumno)

Atención ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista na Ensinanza do Inglés no cuarto curso de Educación Primaria: Propostas Didácticas
Autoría
S.M.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.M.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na prestación de apoio ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na materia de Lingua Estranxeira (Inglés) no cuarto curso de Educación Primaria. O obxectivo principal é crear unha proposta de ensino inclusiva, centrada nas necesidades deste alumnado. Baseándose nunha revisión lexislativa e metodolóxica, preséntanse tres unidades didácticas para todo o alumnado e, de forma independente, móstranse medidas de flexibilidade ordinarias para adaptar estas unidades a unha nena con TEA. Aínda que a proposta non se implementou nunha aula, valórase a súa coherencia coa lexislación vixente e o seu potencial para promover unha aprendizaxe equitativa. Pretende servir como unha ferramenta útil para que o profesorado enriqueza o seu traballo docente.

LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titor do alumno)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titor do alumno)
Actividades POE sobre magnetismo en Educación Infantil
Autoría
M.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo pretende describir e analizar como 19 nenos e nenas de 4-5 anos constrúen modelos precursores e explicacións sobre magnetismos, grazas á implementación dunha proposta didáctica baseada na estratexia POE (Predición-Observación-Explicación). Ao longo de tres sesións, os participantes abordaron contidos relacionados con este fenómeno natural a través de actividades que fomentaron o diálogo, o intercambio de ideas e a reflexión crítica. A recollida e o análise dos resultados fundamentáronse na observación directa e no material audiovisual, que permitiu transcribir os fragmentos máis interesantes das conversas, así como na revisión das follas de rexistro empregadas. Dende un principio, os participantes mostran importantes ideas claves acerca do magnetismo, permitíndolles desenvolver unha comprensión sólida e significativa sobre a maioría dos contidos tratados. Ademais, mantiveron unha actitude xeral positiva e participativa no desenvolvemento das actividades, especialmente nos momentos dos diálogos. En definitiva, este estudo pon en manifesto a capacidade do alumnado de Educación Infantil para participar nun proceso de aprendizaxe sobre contidos científicos, demostrando o dominio de elaborar predicións e expresar explicacións a través da estratexia POE, independentemente do resultado académico.

Unha viaxe emocional pola música tradicional galega
Autoría
A.M.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Unha viaxe emocional pola música tradicional galega é unha proposta de innovación didáctica enfocada no emprego do patrimonio cultural e musical galego como ferramenta educativa. Esta guía docente céntrase na elaboración dun cancioneiro escolar asentado nas emocións das letras da herdanza musical galega, permitindo traballar contidos musicais, culturais e emocionais dunha forma transversal no segundo ciclo de Educación Primaria. As linguas esconden emocións, polo que existe unha estreita e íntima relación entre a música e os sentimentos que favorece o equilibrio e o benestar persoal. A través deste traballo, preténdese poñer en valor o patrimonio cultural galego ao tempo que se fomenta a educación emocional nun contexto significativo para o alumnado. A metodoloxía activa, vivencial e lúdica, do proxecto promove a participación a través do canto, o xogo, o movemento, a improvisación e a reflexión emocional. Con todo, a proposta busca ofrecer aos mestres e mestras de música en Educación Primaria un material didáctico que poña en valor a nosa cultura, onde esta se converta nunha ferramenta para o desenvolvemento e a xestión emocional.

O mindfulness como ponte entre a mente infantil e o momento presente: atención, emocións e aprendizaxe consciente
Autoría
M.M.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.M.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 11:00
03.07.2025 11:00
Resumo
Nun contexto de crecente hiperestimulación e desregulación emocional na infancia, este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de intervención baseada na práctica regular de mindfulness na etapa de Educación Infantil. O obxectivo é analizar a súa viabilidade e impacto na atención sostida, na autorregulación emocional do alumnado e no clima da aula. O estudo, de tipo pre test-post test, combinou técnicas cualitativas e cuantitativas, incluíndo observacións directas e sistemáticas e rexistros diarios destinados a cubrir dúas escalas de estimación para avaliar a evolución individual das crianzas e da dinámica grupal tras a introdución do mindfulness na aula. A intervención aplicouse durante varias semanas a un grupo reducido de alumnado de entre catro e cinco anos, integrada na rutina escolar diaria. Os resultados mostran melloras individuais na capacidade atencional e na xestión emocional, así como unha redución dos comportamentos impulsivos e dos conflitos na aula, favorecendo un ambiente máis tranquilo e colaborativo. Conclúese, así, que o mindfulness pode constituír unha ferramenta pedagóxica eficaz para promover o benestar emocional e a aprendizaxe consciente na infancia. A pesar das limitacións do estudo, os achados evidencian a relevancia de integrar estas prácticas no currículo escolar e destacan a importancia de formar o profesorado neste ámbito, impulsando o desenvolvemento integral das crianzas.

A inclusión do alumnado migrante en Educación Infantil
Autoría
A.M.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.M.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2025 13:00
06.02.2025 13:00
Resumo
Nos últimos anos, o aumento da poboación inmigrante no noso país xerou a necesidade de implementar medidas de adaptación en todos os ámbitos, destacando o papel fundamental da sociedade e por suposto, o papel da educación. Como resultado destes cambios, a escola convértese nun espazo chave para a convivencia de todo tipo de estudantes, co obxectivo de lograr unha integración plena e efectiva para este alumnado. É por todo isto a necesidade do presente traballo de tipo documental, no cal abordarase a temática da diversidade cultural na Educación Infantil co propósito de investigar en que punto se atopa dita inclusión nas aulas. Levando a cabo unha revisión por diversas fontes documentais, analizarei e reflexionarei sobre as diferentes teorías e investigacións realizadas por diversos autores. Posteriormente, profundizarei en que punto se atopa a diversidade cultural hoxe en día e cales son os seus efectos na nosa sociedade. Por último, analizarei a perspectiva e os retos que deben afrontar o ámbito educativo e familiar ante esta inclusión

FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

Escoitar para coidar, coidar para educar
Autoría
P.M.D.
Grao en Pedagoxía
P.M.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
O presente traballo consiste nun proxecto de intervención dirixido a dous principais colectivos influíntes na educación das nenas e nenos: familias e profesorado. Contando coa colaboración do alumnado para complementar a formación das súas nais. O obxectivo principal é mellorar o rendemento académico das alumnas e alumnos a través do ensino de estratexias ao profesorado, para a adaptación de recursos, tarefas e práctica docente; e ás nais, para mellorar a súa implicación no seguimento escolar. Na xustificación profundízase que a proposta xorde da necesidade de atender a unha realidade familiar cada vez máis común, marcada polas desigualdades económicas, a dificultade de conciliación familiar e a escasa implicación educativa, repercutindo así na vida académica das fillas e fillos. Así, deséñanse estas sesións formativas teóricas e prácticas e créase unha ficha de necesidades que será cuberta polo alumnado dos Institutos de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia. O seu enfoque baséase na investigación-acción e no estudo de casos, co fin de acadar unha educación inclusiva que recoñece e ten en conta á diversidade familiar, implementando dinámicas máis equitativas e adaptadas a todo tipo de necesidades.

A robótica como recurso manipulativo para a aprendizaxe das matemáticas na Educación Primaria: unha revisión sistemática.
Autoría
M.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Nos últimos anos, a robótica educativa xurdiu coma unha ferramenta innovadora para o desenvolvemento do pensamento computacional no ámbito educativo. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo xeral analizar, a través dunha revisión sistemática, experiencias educativas baseadas no uso de robots manipulables sen pantallas, centrándose na súa aplicación á área das matemáticas con alumnado de entre 5 e 12 anos. A metodoloxía empregada baseouse nos principios da Guía PRISMA, mediante a selección de 9 estudos publicados entre 2020 e 2025 que cumprían cunha serie de criterios establecidos. A partir da análise destes artigos, elaboráronse unha serie de táboas e organizáronse os resultados en distintos apartados. O resultados evidenciaron que este tipo de robótica favorece de maneira significativa o desenvolvemento de habilidades propias do pensamento computacional. Así mesmo, obsérvanse avances en numerosos contidos matemáticos, función executivas e outras diferentes habilidades cognitivas. As conclusións destacan o potencial didáctico da robótica tanxible nas etapas iniciais, así como a necesidade de integrar estas ferramentas no currículo e de deseñar investigacións que avalíen o seu impacto dende unha perspectiva máis ampla.

ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titor do alumno)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titor do alumno)

A Educación Física significativa na Educación Infantil: estratexias para a participación activa de todo o alumnado.
Autoría
S.M.I.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.M.I.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo de fin de grado foi elaborar e analizar unha proposta didáctica aplicable a unha aula do segundo ciclo de Educación Infantil centrada na educación física significativa. Esta temática resulta de gran importancia ante a escasa conexión que adoita darse entre as tarefas desenvoltas nas sesións de educación física e súa comprensión por parte do alumnado. Nesta etapa é imprescindible unha educación onde as aprendizaxes se adapten ás características, motivacións e necesidades dos nenos e nenas, co fin de favorecer o seu desenvolvemento integral. A metodoloxía empregada consistiu nunha revisión bibliográfica para, a partir dela elaborar a proposta didáctica fundamentada na teoría existente. Finalmente, conclúese que a educación física significativa non debería considerarse como unha metodoloxía de aprendizaxe en si mesma, senón como unha base sobre a que fundamentar a educación debido a súa flexibilidade, capacidade de adaptación ao alumnado, e facilidade para aplicala no ámbito educativo. Alén diso, tamén se recalca a falta de estudos específicos sobre esta temática, sendo escasa a literatura existente en lingua castelá, pero con abundantes publicacións en lingua inglesa.

Educación Social e inclusión da perspectiva de xénero nos centros educativos
Autoría
L.M.M.C.
Grao en Educación Social
L.M.M.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal xustificar a incorporación da Educación Social nos centros educativos como ferramenta clave para a inclusión da perspectiva de xénero. A partir dunha metodoloxía baseada na revisión documental, analízanse as funcións do/a educador/a social dentro da contorna escolar, demostrando seu potencial para intervir na mellora da convivencia, a prevención do absentismo escolar, a atención a diversidade e a promoción da igualdade. Da mesma forma, revísase o marco lexislativo vixente e preséntanse exemplos de Comunidades Autónomas nas que a figura do/a educador/a social xa forma parte do sistema educativo. Así mesmo, estúdase tamén a importancia de incorporar a perspectiva de xénero desde idades temperás, como vía para desmontar os estereotipos, prexuízos e roles tradicionalmente asignados tanto a homes como a mulleres, aínda que afecte máis a estas últimas. Finalmente, propoñerase á Educación Social como ferramenta para implementar un sistema de igualdade na aula, actuando desde unha base preventiva, inclusiva e comunitaria, para, desta forma, argumentar a necesidade de que esta figura profesional intégrese plenamente nos centros educativos.

Proposta didáctica na Área de Ciencias da Natureza segundo os principios do Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA): inclusión dun alumno con TEA
Autoría
S.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 19:45
04.07.2025 19:45
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) recóllese unha proposta didáctica a partir dun enfoque pedagóxico inclusivo, seguindo os principios do Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), co obxectivo de favorecer a inclusión dun alumno con Trastorno do Espectro Autista (TEA). En primeira instancia, realízase unha revisión bibliográfica para coñecer polo miúdo as disposicións teóricas, conceptuais, científicas e empíricas que serven de base para ofrecer a creación dunha proposta fundamentada e rigorosa. Tamén se analizan as diferentes metodoloxías, enfoques e estratexias de intervención educativa, centrándonos no DUA. A continuación, desenvólvese a proposta educativa adaptada ás característica e necesidades dunha aula ordinaria de 5º de Educación Primaria, enmarcada na área de Ciencias da Natureza. Establécense os obxectivos, competencias e contidos segundo o currículo vixente, así como as distintas actividades e situacións de aprendizaxe coa súa avaliación correspondente. O propósito é ofrecer un recurso didáctico baseado nos principios de inclusión, de equidade, de resposta ás necesidades educativas e de posta en valor das diferenzas.
Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) recóllese unha proposta didáctica a partir dun enfoque pedagóxico inclusivo, seguindo os principios do Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), co obxectivo de favorecer a inclusión dun alumno con Trastorno do Espectro Autista (TEA). En primeira instancia, realízase unha revisión bibliográfica para coñecer polo miúdo as disposicións teóricas, conceptuais, científicas e empíricas que serven de base para ofrecer a creación dunha proposta fundamentada e rigorosa. Tamén se analizan as diferentes metodoloxías, enfoques e estratexias de intervención educativa, centrándonos no DUA. A continuación, desenvólvese a proposta educativa adaptada ás característica e necesidades dunha aula ordinaria de 5º de Educación Primaria, enmarcada na área de Ciencias da Natureza. Establécense os obxectivos, competencias e contidos segundo o currículo vixente, así como as distintas actividades e situacións de aprendizaxe coa súa avaliación correspondente. O propósito é ofrecer un recurso didáctico baseado nos principios de inclusión, de equidade, de resposta ás necesidades educativas e de posta en valor das diferenzas.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
Santos González, María del Carmen (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Vogal)
Santos González, María del Carmen (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Vogal)
Raíces e alas: unha proposta de intervención psicosocioeducativa nun caso de ACNEAE
Autoría
R.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao versa sobre o deseño dunha intervención psicosocioeducativa dirixida a unha alumna de terceiro curso de Educación Primaria. O seu historial persoal inclúe situacións de vulnerabilidade socioeconómica e de violencia intrafamiliar, que repercuten no seu desenvolvemento integral, e que supoñen a identificación co grupo de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (por motivos de condicións familiares). A proposta intégrase no proxecto “Raíces que medran: coñecendo o que nos conecta”, co obxectivo de promover a evolución e inclusión educativa da alumna a través de procedementos contextualizados, cooperativos e significativos. A intervención aborda tres áreas principais: a persoal, a social e a académica, empregando estratexias como os retos, a creación dun espazo seguro e o uso de rutinas para o fomento da autonomía. O sistema de avaliación configúrase a partir de diferentes estratexias e recursos, que permiten rexistrar os avances en cada unha das áreas, facendo un seguimento continuo e facilitando unha posible reformulación da intervención, de ser precisa. En conclusión, a proposta pretende ofrecer un soporte integral que contribúa á promoción do seu crecemento integral, potenciando o seu autoconcepto, a súa seguridade e a inclusión no grupo-clase.
O presente Traballo de Fin de Grao versa sobre o deseño dunha intervención psicosocioeducativa dirixida a unha alumna de terceiro curso de Educación Primaria. O seu historial persoal inclúe situacións de vulnerabilidade socioeconómica e de violencia intrafamiliar, que repercuten no seu desenvolvemento integral, e que supoñen a identificación co grupo de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (por motivos de condicións familiares). A proposta intégrase no proxecto “Raíces que medran: coñecendo o que nos conecta”, co obxectivo de promover a evolución e inclusión educativa da alumna a través de procedementos contextualizados, cooperativos e significativos. A intervención aborda tres áreas principais: a persoal, a social e a académica, empregando estratexias como os retos, a creación dun espazo seguro e o uso de rutinas para o fomento da autonomía. O sistema de avaliación configúrase a partir de diferentes estratexias e recursos, que permiten rexistrar os avances en cada unha das áreas, facendo un seguimento continuo e facilitando unha posible reformulación da intervención, de ser precisa. En conclusión, a proposta pretende ofrecer un soporte integral que contribúa á promoción do seu crecemento integral, potenciando o seu autoconcepto, a súa seguridade e a inclusión no grupo-clase.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)
Enseñanza y aprendizaje del medio rural en Galicia. Una propuesta didáctica para el tercer ciclo de Educación Primaria.
Autoría
A.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:30
02.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao inclúe unha revisión teórica sobre a evolución do medio rural galego, marcada polo despoboamento, a reestruturación do sector agrario e a aparición de novas oportunidades vinculadas á tecnoloxía, ao emprendemento e á calidade de vida. Dada a relevancia territorial e cultural do rural en Galicia, deféndese a importancia de traballalo na educación primaria para fomentar unha comprensión máis actual, crítica e informada destes espazos. A unidade didáctica proposta busca promover a reflexión sobre o rural a través da análise de datos reais, o uso de recursos visuais e dixitais, e o estudo de casos actuais. Empregando metodoloxías activas e dinámicas cooperativas, o alumnado investiga diferentes contextos, identifica retos e oportunidades, e elabora propostas sobre o futuro do rural galego, desenvolvendo unha visión máis conectada coa realidade do territorio que habitan.

Impacto emocional en menores expostos a violencia de xénero: unha revisión bibliográfica
Autoría
L.M.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.M.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar as principais consecuencias emocionais en menores expostos a situacións de violencia de xénero, mediante unha revisión sistemática de estudos científicos publicados entre 2015 e 2025. Para isto, seguiuse a metodoloxía PRISMA 2020, garantindo o rigor e a transparencia no proceso de busca, selección e análise da literatura. Para levar a cabo esta revisión, consultáronse as bases de datos Web Of Science, Scopus e Dialnet, aplicando criterios de inclusión e exclusión enfocados en estudos relacionados coa infancia, a educación e as consecuencias emocionais. A mostra final compúxose de 17 artigos. Os resultados indican que a exposición á violencia de xénero produce efectos negativamente significativos no desenvolvemento emocional dos/as menores, incluíndo ansiedade; depresión; baixa autoestima; e trastorno de estrés postraumático (TEPT).

Contar sen palabras. Posibilidades artEducativas do álbum sen palabras na Educación Infantil
Autoría
A.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:15
03.07.2025 12:15
Resumo
A literatura infantil, e especificamente o álbum ilustrado, conta cunha gran presenza nas aulas de Educación Infantil. Con todo, o uso que se fai destes recursos soe basearse nunha lectura que non aproveita nin o seu potencial educativo nin o artístico. Sendo conscientes desta situación, este Traballo de Fin de Grao de modalidade mixta (iniciación á investigación documental e deseño dunha intervención educativa) presenta un marco conceptual que versa sobre as características dos álbums ilustrados, centrando o foco nunha tipoloxía pouco coñecida nas aulas como son os álbums sen palabras. Ofrece unha reflexión sobre as potencialidades dos mesmos e unhas orientacións para a súa selección educativa. Por outra banda, apórtanse pautas para educar na arte a través deste recurso e deséñase unha proposta artística como posible abordaxe para achegalos a unha aula de Educación Infantil. Con esta perspectiva teórico-práctica preténdese establecer unha serie de principios que os futuros educadores poidan usar á hora de seleccionar e levar á aula álbums sen palabras, abrindo un abano de posibilidades coas que afrontar o ensino da arte na Educación Infantil.

O xogo libre infantil como espello da sociedade: influencia dos estereotipos de xénero nos xogos de nenas e nenos na etapa de Educación Infantil
Autoría
L.N.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.N.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a influencia dos estereotipos de xénero no xogo libre durante a etapa de Educación Infantil. Para iso, realizouse unha revisión exhaustiva e sistemática da literatura científica publicada entre os anos 2005 e 2025, mediante a consulta de bases de datos especializadas como Web of Science, Dialnet, ERIC e PsycInfo. A través desta análise, identifícanse os principais factores que condicionan a expresión lúdica das crianzas en función do xénero. En particular, o estudo examina como a socialización temperá, os materiais dispoñibles, a organización do espazo e do tempo, así como as interaccións co profesorado e coas compañeiras e compañeiros, poden contribuír á reprodución de modelos tradicionais de masculinidade e feminidade. Os resultados poñen de manifesto que, malia o carácter espontáneo e creativo do xogo, este pode converterse nun espazo de perpetuación de roles de xénero se non se aborda dende unha perspectiva coeducativa. Neste sentido, evidénciase a necesidade dunha intervención consciente e crítica por parte do profesorado, que promova a liberdade expresiva, a igualdade de oportunidades e o cuestionamento das normas de xénero establecidas. Este traballo pretende contribuír á construción dunha escola máis equitativa, na que o xogo libre funcione como unha ferramenta real de inclusión e desenvolvemento integral.

Como gañar ao Tetris?: efectividade e afectividade dunha proposta gamificada e manipulativa para o desenvolvemento do sentido espacial en Educación Primaria
Autoría
L.N.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.N.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2025 12:30
02.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar o impacto de metodoloxías innovadoras, concretamente, a gamificación e o uso de materiais manipulativos, no proceso de ensino-aprendizaxe da xeometría nunha aula de 5.o de Educación Primaria. Para iso, deséñase, implementa e avalía unha proposta didáctica centrada no desenvolvemento de competencias vinculadas á visualización, orientación e representación espacial, atendendo tanto ao rendemento académico como ao dominio afectivo do alumnado, factor amplamente recoñecido na literatura como determinante na aprendizaxe matemática. O traballo estrutúrase en varias seccións. En primeiro lugar, o marco teórico contextualiza o tratamento actual do ensino da xeometría e analiza os principais enfoques metodolóxicos, así como a influencia do compoñente emocional no rendemento. A continuación, detállase a proposta didáctica, composta por seis sesións inspiradas no xogo Tetris, nas que se combinan dinámicas lúdicas, traballo cooperativo e materiais manipulativos. Finalmente, preséntanse os resultados obtidos mediante instrumentos de avaliación diversos, que reflicten unha mellora significativa tanto no rendemento como na actitude do alumnado cara ás matemáticas, evidenciando así a eficacia das metodoloxías activas implementadas.

CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titor do alumno)

Percepcións docentes sobre o desenvolvemento da competencia STEM.
Autoría
A.N.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.N.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 19:45
04.07.2025 19:45
Resumo
Este traballo Fin de Grao pretende examinar as percepcións dun grupo de mestres e mestras de Educación Primaria en activo sobre o enfoque STEM e como se leva a cabo, de ser o caso, no seu centro. Para iso deseñouse un cuestionario de resposta aberta. Os resultados mostran distintas percepcións do profesorado dun mesmo centro sobre o enfoque STEM e sobre como debe ser traballado na aula.

Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Presidente/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Secretario/a)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Vogal)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Presidente/a)
BARCALA FURELOS, MARTIN (Secretario/a)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Vogal)
Os fondos de coñecemento como enfoque metodolóxico para a escola rural: deseño dunha proposta de intervención para a Educación Infantil.
Autoría
S.N.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.N.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A escola rural exerce un papel protagonista no acceso á educación nos medios rurais que, como espazos sociais e vividos, inciden na práctica docente e na estrutura organizativa dos centros educativos que neles se insiren. O obxectivo principal deste traballo fin de grao foi poñer en valor os fondos de coñecemento familiares e comunitarios como unha perspectiva metodolóxica apropiada para a escola rural, xa que permiten adaptar os procesos educativos á realidade específica do territorio. Cada lugar conta cunha acumulación de saberes, habilidades e experiencias que se van transmitindo de xeración en xeración, o que posibilita preservar a identidade local e nutrir a educación nestes contextos. Con ese propósito, partiuse da elaboración dunha revisión bibliográfica da literatura científica arredor da educación rural e deste enfoque, o que permitiu fundamentar o deseño dunha proposta educativa para unha aula de 5º de educación infantil dunha escola unitaria situada no contexto rural galego, utilizando como fío temático as lendas mitolóxicas populares arredor dos/as mouros/as.

CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titoría)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titor do alumno)

A eficacia dos programas de intervención psicoeducativa para a mellora da autoestima na Educación Primaria: unha revisión.
Autoría
S.N.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.N.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 09:30
01.07.2025 09:30
Resumo
A autoestima é a valoración positiva ou negativa que unha persoa elabora sobre si mesma. A forma na que un/unha se concibe recibe a influencia de axentes internos e externos, polo que pode variar en función das situacións ás que o suxeito se vexa exposto. Entre os ámbitos máis relevantes para o desenvolvemento da autoestima, especialmente na educación primaria, atópase o educativo. Por iso, é necesario que os/as docentes dispoñan de recursos e estratexias para promovela dende as aulas. Non obstante, non existen, no noso coñecemento, estudos de revisión previos que analizasen especificamente os resultados de programas escolares dirixidos a potenciar a autoestima nesta etapa educativa. O obxectivo deste traballo foi analizar a eficacia de programas de intervención psicoeducativa para a mellora da autoestima na etapa de educación primaria, aplicados polo profesorado desta etapa educativa. Para iso, realizouse unha busca da literatura científica publicada ata marzo de 2025 nas bases de datos ERIC, Scopus, PsycInfo e Web of Science, e seleccionáronse 10 estudos que foron incluídos na presente revisión. Os resultados dos mesmos evidenciaron, na súa maioría, melloras na autoestima dos suxeitos, así como no autoconcepto, nas habilidades sociais, na autoconciencia, na autoxestión e na conciencia social.

O valor intrínseco da arte: unha experiencia creativa na Educación Primaria
Autoría
I.O.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.O.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:45
03.07.2025 12:45
Resumo
Nas aulas de Educación Primaria, as artes adoitan ser instrumentalizadas e tratadas como contidos marxinados, cunha presenza escasa e pouco valorada. Este traballo procura ofrecer unha xustificación da relevancia de cultivar a sensibilidade estética e a alfabetización visual dos nenos e das nenas a prol do valor intrínseco da arte. Neste senso, arguméntase a necesidade de espertar o interese pola arte do alumnado, así como de proporcionarlle as ferramentas necesarias para a apreciación artística. Con este obxectivo, deseñouse e levouse a cabo unha intervención educativa para achegar a nenos e nenas de terceiro curso de primaria á arte, mediante a creación dun zine, poñendo o foco no contexto sociocultural de diferentes obras así como nas emocións que provocan. Os resultados obtidos suxiren que abrir as portas das escolas á reflexión e interpretación artística contribúe ó enriquecemento persoal do alumnado.

Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
González Álvarez, Elsa María (Vogal)
A empatía e as habilidades sociais en alumnado con Trastorno do Espectro Autista en Educación Primaria.
Autoría
A.O.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.O.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao analiza as implicacións das alteracións neurolóxicas que presentan os TEA no desenvolvemento da empatía e das habilidades sociais, coa finalidade de avaliar a resposta educativa actual ás súas necesidades individuais. Comezando cunha exploración profunda da etioloxía, características e diagnóstico do trastorno, seguido dun estudo sobre o desenvolvemento da empatía e habilidades sociais neste alumnado. A continuación, preséntase unha análise das diferentes metodoloxías e estratexias de intervención que se empregan no eido educativo na etapa de Educación Primaria. Por último, recollendo todo o anterior, ofrécese unha reflexión sobre os enfoques de ensino actuais e as demandas do ámbito educativo en relación á promoción destas competencias no alumnado con Trastorno do Espectro Autista.

A importancia da formación do profesorado en Intelixencia Emocional na Educación Infantil
Autoría
A.O.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.O.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:30
02.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo presenta unha investigación documental centrada na evolución do concepto de intelixencia emocional, analizado a través das principais teorías e autores representativos. A partir desta base teórica, examínase a formación que reciben os futuros mestres e mestras de Educación Infantil na comunidade autónoma de Galicia, concretamente nas universidades de Santiago de Compostela (USC), Universidade da Coruña (UDC) e Universidade de Vigo (UVigo), incluíndo todos os seus campus, co obxectivo de identificar a presenza e o tratamento das competencias emocionais nos seus plans de estudo. Os resultados amosan unha escasa presenza explícita de contidos vinculados á intelixencia emocional nas asignaturas analizadas, o que reflicte a necesidade de integrar estratexias específicas para o desenvolvemento emocional do alumnado na formación docente. Conclúese que é necesario reforzar a formación docente neste ámbito, promovendo a xestión emocional desde as etapas máis temperás como parte do desenvolvemento integral da infancia. Ademais, destácase que a educación emocional debe entenderse como unha necesidade social para a formación de futuros cidadáns emocionalmente competentes.

Influencia dos/as creadores/as de contido na toma de decisións dos/as adolescentes: Proposta de intervención
Autoría
M.O.C.
Grao en Pedagoxía
M.O.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 11:30
02.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar a influencia que exercen os/as creadores/as de contido dixital nas decisións profesionais dos/as adolescentes. Dito traballo enmárcase na modalidade de deseño dun proxecto de intervención socioeducativa e estará estruturado en dúas partes. A primeira delas consiste nunha revisión documental que ofrece unha fundamentación teórica sobre conceptos clave como os/as creadores/as de contido, a adolescencia e o proceso de toma de decisións nesta etapa vital. Esta base servirá de contextualización e xustificación para a segunda parte do traballo, centrada no deseño dunha proposta de intervención educativa dirixida ao alumnado de 4º da ESO. O proxecto busca fomentar unha toma de decisións profesional máis crítica, reflexiva e autónoma fronte á crecente influencia dos/as referentes dixitais.

Análise da formación inicial en pedagoxías cuir das profesionais da educación da Universidade de Santiago de Compostela
Autoría
N.O.P.
Grao en Pedagoxía
N.O.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A pedagoxía, como práctica que forma e transforma, non pode quedar allea ás lóxicas de poder que atravesan os espazos educativos. Este traballo analiza a presenza (ou máis ben a ausencia) das pedagoxías cuir na formación inicial das profesionais da educación da Universidade de Santiago de Compostela. A partir dunha revisión sistemática dos plans de estudo e memorias de verificación dos títulos en galego e castelán, identifícase unha exclusión estrutural destes marcos críticos. Os resultados evidencian un uso superficial de termos como diversidade ou inclusión, sen conexión coas epistemoloxías disidentes nin coa transformación real da práctica docente. Esta ausencia revela un modelo formativo que admite a diversidade só na medida en que pode controlala, converténdoa nunha diferenza sen conflito, domesticada e funcional aos intereses da norma, silenciando os afectos, os corpos e os saberes que incomodan. Por iso, deféndese a incorporación das pedagoxías cuir como aposta necesaria para unha educación que non só ensine, senón que coide, cuestione e abra espazo para habitar outras formas de existencia.

A influencia dos contos na educación dos pobos: da oralidade simbólica á intervención socioeducativa
Autoría
D.O.C.
Grao en Educación Social
D.O.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo parte dunha pregunta sinxela pero profunda: que papel xogaron os contos tradicionais na educación dos pobos? Dende unha ollada teórica e crítica, reivindícase o conto como unha ferramenta educativa non formal, cargada de simbolismo, memoria e saber popular. Non se trata só de historias para nenos, senón de relatos que, dende hai séculos, transmiten valores, advertencias e estruturas de pensamento colectivo. A través de autores como Bettelheim, Campbell ou Rodríguez Almodóvar, analízanse os elementos narrativos e simbólicos que dan forma a estas historias, e reflexiónase sobre a súa función socializadora, protectora e transformadora. Tamén se recollen algúns dos debates actuais arredor da súa reinterpretación, censura ou adaptación. O traballo péchase cunha proposta de intervención socioeducativa interxeracional que busca recuperar o conto como unha linguaxe viva, que une xeracións e permite aprender dende a emoción, a escoita e a palabra compartida. Máis que unha ollada nostálxica, este TFG defende que o conto aínda ten moito que ensinar.

Acompañamento socioeducativo a familias en situación de dó por suicidio: unha revisión sistemática
Autoría
A.O.C.
Grao en Educación Social
A.O.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 13:30
03.07.2025 13:30
Resumo
A posvención do suicidio, entendida como a intervención profesional tras a perda dun ser querido por suicidio, continúa a ser un ámbito escasamente explorado desde a Educación Social, a pesar do seu potencial transformador. Este estudo analiza en que medida o acompañamento socioeducativo pode favorecer o benestar e a calidade de vida das familias en dó por suicidio. Para iso, examínase o impacto do suicidio no entorno familiar, as estratexias de afrontamento máis habituais e as características que debe reunir un acompañamento socioeducativo eficaz. O obxectivo xeral céntrase en delimitar a evidencia científica existente sobre o acompañamento socioeducativo durante o proceso de dó por suicidio. Empregouse unha metodoloxía baseada nunha revisión sistemática guiada polo protocolo PRISMA, establecendo un sistema de categorías e códigos. Os resultados evidencian que o acompañamento socioeducativo contribúe á creación de contornos seguros, ao fortalecemento das redes de apoio e ao desenvolvemento de intervencións máis holísticas, que promoven a autonomía, a resiliencia e a reconstrución persoal, social e comunitaria. En conclusión, proponse esta estratexia como unha ferramenta eficaz para o abordaxe do dó, salientando a necesidade de avanzar cara a enfoques menos medicalizados e máis educativos, que potencien a súa dimensión transformadora.

A mediación familiar en contextos de vulnerabilidade social
Autoría
A.P.F.
Grao en Educación Social
A.P.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo aborda a mediación familiar centrándose nos contextos de vulnerabilidade social, onde existen factores que determinan como funcionan as dinámicas familiares, como poden ser a pobreza, a violencia, o emprego, a estrutura familiar, a falta de recursos, a exclusión social ou as barreiras que existen na sociedade, non só físicas, senón tamén idiomáticas, culturais e de valores. A acumulación de varios destes factores, considerados desvantaxes estruturais, fai que se xeren conflitos dentro do contexto familiar, o que á súa vez dificulta a convivencia e a harmonía entre as partes que integran o núcleo familiar. Desde a Educación Social, a mediación familiar permite realizar unha intervención de resolución alternativa de conflitos, promove o diálogo e axuda a restablecer vínculos sans e duradeiros dentro do contexto familiar. Este estudo, de carácter revisión documental sistematizada, identifica os factores de vulnerabilidade existentes, analiza o impacto destes factores no funcionamento das familias e tamén examina o funcionamento das desigualdades de poder dentro deste ámbito. Inclúese unha xustificación detallada, unha busca bibliográfica extensa, uns resultados baseados nas buscas realizadas e unhas propostas de mellora futuras para esta temática da mediación familiar en contextos de vulnerabilidade social. O traballo finaliza cunhas conclusións que resaltan a importancia do papel transformador da figura da Educación Social para mellorar de maneira integral a vida das persoas destinatarias desta mediación.

O fomento da imaxe persoal e do autoconcepto do alumnado desde un enfoque preventivo da orientación e da función titorial.
Autoría
N.P.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.P.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A autoestima e o autoconcepto son elementos clave no desenvolvemento emocional, social e académico do alumnado de Educación Primaria. Na actualidade, estas dimensións persoais requiren unha atención específica dende o ámbito educativo, xa que inflúen directamente no benestar e no rendemento académico do neno ou da nena. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade propoñer unha intervención educativa centrada no fomento da autoestima e do autoconcepto, partindo dun enfoque preventivo e transversal da orientación educativa. Baixo esta perspectiva, preténdese deseñar un conxunto de actividades para fortalecer a percepción positiva de si mesmos no alumnado, promovendo espazos de reflexión, respecto e recoñecemento da diversidade persoal.

GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
O papel do xogo tradicional e popular no desenvolvemento dos campamentos de verán. Unha revisión da literatura e proposta de actuación.
Autoría
S.P.P.
Grao en Pedagoxía
S.P.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 09:00
01.07.2025 09:00
Resumo
Os campamentos de verán defínense como espazos educativos nos que o xogo e a convivencia vertebran a construción de situacións de aprendizaxe. Ante esta realidade, interesa comprender o lugar que ocupa o xogo tradicional e popular nestas actividades de ocio e tempo libre. Así, en canto á metodoloxía de traballo do presente TFG, realizarase unha revisión documental de contido referente a esta temática a través de bases de datos e artigos publicados para poder achegar unha serie de propostas metodolóxicas de traballo co xogo tradicional e popular nos campamentos de verán.
Os campamentos de verán defínense como espazos educativos nos que o xogo e a convivencia vertebran a construción de situacións de aprendizaxe. Ante esta realidade, interesa comprender o lugar que ocupa o xogo tradicional e popular nestas actividades de ocio e tempo libre. Así, en canto á metodoloxía de traballo do presente TFG, realizarase unha revisión documental de contido referente a esta temática a través de bases de datos e artigos publicados para poder achegar unha serie de propostas metodolóxicas de traballo co xogo tradicional e popular nos campamentos de verán.
Dirección
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titor do alumno)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titor do alumno)
O Deseño Universal de Aprendizaxe como estratexia inclusiva para o alumnado con autismo nas aulas de Educación Infantil
Autoría
A.P.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.P.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Con este Traballo de Fin de Grao (TFG) pretendemos afondar na temática do Trastorno do Espectro Autista (TEA) desde unha perspectiva de educación inclusiva e integradora para todo o alumnado dunha aula do segundo ciclo de educación infantil, a través do deseño dunha proposta de intervención educativa baseada no método de Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) que nos permitirá ofrecer flexibilidade, apertura e atención á diversidade, favorecendo a autonomía de todo o alumnado e especialmente do alumnado con TEA. Comezaremos pola delimitación conceptual sobre a temática, as súas causas e as principais características, así como os métodos principais que se empregan actualmente nas aulas para traballar con este tipo de alumnado. Ademais, indagaremos sobre o método DUA, a súa orixe, definición e os principios básicos sobre os que se asenta, e o desempeño que ten este método hoxe en día nas aulas do segundo ciclo de educación infantil. Tras isto, deseñaremos unha proposta de intervención empregando o método DUA enfocada para aulas onde se atopen nenos e nenas con este tipo de trastorno.

ABAL ALONSO, NURIA (Titoría)
ABAL ALONSO, NURIA (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Coordinador)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Coordinador)
O desenvolvimiento das emocións a través da linguaxe artística.
Autoría
T.M.P.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
T.M.P.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Nos últimos anos, a atención centrouse na saúde mental da poboación debido ao aumento dos trastornos do estado de ánimo, especialmente na poboación infantil e xuvenil. Por este motivo, o concepto da educación emocional está presente dende as aulas de Educación Infantil. É relevante como se procesan e expresan as emocións en diferente situación, desempeñando un papel fundamental na toma de decisión, na empatía e na socialización. Tomando isto como punto de partida, o noso obxectivo é deseñar una proposta de intervención dirixida ás aulas de Educación Infantil, enfocada no desenvolvimiento da educación emocional. Empregando a educación artística como canle de expresión, fomentamos a imaxinación e a creatividade das nenas e nenos. En primeiro lugar, levarase a cabo unha investigación literaria sobre os componentes e definicións da educación emocional, a linguaxe artística e otros conceptos relacionados. Posteriormente. Exporase unha serie de actividades para que o alumnado identifique, relacione, e exprese as diferentes emocións. Aprendizaxe dun xeito lúdico e pracenteiro facilitará o seu desenvolvemiento integral.

O ocio da xuventude con identidades de xénero non normativas. Un estudo socioeducativo das súas barreiras.
Autoría
L.P.R.
Grao en Educación Social
L.P.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 13:30
03.07.2025 13:30
Resumo
O ocio, como área específica da experiencia humana e recurso para a transformación persoal e comunitaria, é unha realidade complexa e un ámbito clásico de estudo-acción por parte da Educación Social. É precisamente este potencial, e a súa incidencia na calidade de vida, o que leva a reivindicalo como dereito, resultando imprescindible visibilizar as barreiras de acceso a experiencias de ocio valioso. Esta investigación, de corte cualitativo e apoiada na técnica de grupo de discusión, céntrase en analizar en profundidade as barreiras de ocio da xuventude con identidades de xénero non normativas (trans). Esta mesma pretende afondar, por tanto, nas vivencias das mesmas dende unha vertente experiencial, co fin de obter diversos puntos de vista que dialoguen entorno a estas barreiras para xerar propostas de ocio inclusivo, garantindo así a súa participación nos tempos de lecer.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Vogal)
Xogando coas Sombras: Descubrindo a Luz na Educación Infantil
Autoría
M.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Traballo de Fin de Grao que ten por obxectivo describir e analizar a implementación dunha proposta didáctica centrada no estudo da luz e das sombras en Educación Infantil. A intervención desenvolveuse nun centro urbano galego, con alumnado do segundo ciclo, concretamente 6º curso. O deseño metodolóxico baséase no modelo POE, que promove unha aprendizaxe significativa, transversal e inclusiva. A proposta está avalada por unha revisión bibliográfica que defende a importancia de iniciar a alfabetización científica en idades temperás, aproveitando a curiosidade innata dos infantes e integrando metodoloxías activas baseadas no enfoque constructivista. Durante as actividades, o alumnado explorou conceptos como a propagación rectilínea da luz, a formación das sombras ou a reflexión en espellos. Os resultados amosaron que foron quen de identificar fontes de luz, comprender o proceso de formación das sombras e anticipar, de forma progresiva, a relación entre a posición da luz e as características da sombra. A reflexión foi un concepto máis complexo, aínda que parcialmente comprendido. A proposta xerou un alto grao de participación, motivación e aprendizaxe. Esta experiencia pon en valor a ensinanza das ciencias dende idades temperás e demostra que, mediante metodoloxías activas e contextualizadas, é posible desenvolver o pensamento científico e a curiosidade no alumnado.

Educación, memoria histórica e comunidade: o caso da ex-facenda Molinos de Lazo en San Sebastián de las Flores (Oaxaca, México)
Autoría
A.P.L.O.
Grao en Educación Social
A.P.L.O.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
Nun estado actual de crise, o patrimonio cultural (material ou inmaterial, tanxible ou intanxible) necesita ser posto en valor desde a Educación Social. Por iso, este Traballo de Fin de Grao expón unha moi breve aproximación conceptual e contextual na investígase, a grandes liñas, un estudo de caso no que a recuperación da memoria histórica foi empregada socioeducativamente como unha canle identitaria e participativa que propiciou un proceso de desenvolvemento comunitario. Desta forma, enmarcada nun estudo de corte cualitativo e inductivo, esta investigación atópase focalizada na ex-facenda de Molinos de Lazo en San Sebastián das Flores (Oaxaca, México); comunidade que foi transformada a través da dinamización do seu territorio como elemento educativo de extremo valor para a conformación da súa memoria colectiva e para a construción da súa identidade.

GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
Tribunal
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Presidente/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Presidente/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
O alumnado con enfermidades crónicas ou de longa hospitalización: Unha abordaxe do impacto emocional dende a perspectiva pedagóxico-educativa.
Autoría
S.P.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.P.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
A finalidade deste Traballo de Fin de Grao reside en obter unha visión xeral da resposta emocional do alumnado en situacións de enfermidade infantil, poñendo especial interese nos menores que padecen enfermidades crónicas ou ben que están sometidos a longas estadías de hospitalización, posto que son os máis perxudicados neste período. Mediante unha revisión documental, que abarca a totalidade do período infantil (0-6 anos), o obxectivo principal baséase en expoñer os efectos negativos, a nivel emocional, social e educativo, destas situacións desfavorecedoras, reflectindo a súa influencia no correcto desenvolvemento infantil. O presente traballo inclúe unha diferenciación dos dous temas principais que forman o contido: a dimensión educativa e o ámbito hospitalario, poñendo o foco de atención na rama educativa, como eixo central da investigación. O estudo inclúe tamén a busca de estratexias educativas e emocionais que contribúan a lograr un desenvolvemento integral do alumnado en situación de enfermidade, recollendo medidas inclusivas e expoñendo a necesidade dunha conexión multidisciplinaria entre todos os profesionais implicados.

Humanización dos espazos hospitalarios: unha ollada dende a Educación Infantil
Autoría
B.P.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
B.P.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 17:00
01.07.2025 17:00
Resumo
A hospitalización durante a infancia supón unha ruptura co día a día das crianzas, obrigándoas a adaptarse a un entorno alleo como é o hospital. Esta situación pode afectar o seu benestar emocional, social e educativo. Neste contexto, a Pedagoxía Hospitalaria convértese nunha ferramenta esencial para garantir o dereito á educación e acompañar emocionalmente ao alumnado hospitalizado. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é reflexionar sobre a importancia de humanizar os espazos hospitalarios dirixidos á Educación Infantil, poñendo en valor a necesidade de crear ambientes máis cálidos, accesibles e adaptados á infancia. A través dunha revisión bibliográfica, estúdanse diferentes enfoques, experiencias e propostas que apostan por espazos máis humanizados, así como as carencias actuais neste ámbito. Entre os principais resultados obtidos destaca a escasa formación específica do profesorado, a desigual implantación de aulas hospitalarias no territorio e a falta de políticas que promovan unha atención integral. As conclusións apuntan á necesidade de poñer a infancia no centro da intervención hospitalaria. A humanización dos espazos non é un extra, senón unha condición necesaria para garantir unha atención digna, que respecte os tempos, necesidades e dereitos das crianzas en situación de enfermidade.

Proposta didáctica baseada no patrimonio arqueolóxico como ferramenta transversal de aprendizaxe
Autoría
A.P.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.P.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como propósito o deseño, intervención e avaliación dunha proposta didáctica que pretende profundizar nas oportunidades educativas do patrimonio, e en particular daquel arqueolóxico, como ferramenta transversal de aprendizaxe na etapa de Educación Primaria A intervención levouse a cabo nunha aula do primeiro curso desta etapa educativa, nun centro público de entorno urbano, con vinte e un nenos e nenas. Destaca por un enfoque innovador, ao desenrolarse íntegramente dentro do contexto escolar e por unha metodoloxía baseada en enfoques activos como o Aprendizaxe Baseado en Proxectos (ABP), a metodoloxía arqueolóxica e o traballo cooperativo, que permitirán o aumento da curiosidade e motivación do alumnado.

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titor do alumno)

A influencia do alcohol e o tabaco na convivencia escolar: O papel da orientación educativa
Autoría
A.P.L.
Grao en Pedagoxía
A.P.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este relato analiza o impacto do consumo de alcohol e tabaco na convivencia escolar e presenta o deseño dunha proposta de intervención dirixida ao alumnado de Formación Profesional Básica e ás súas familias. Por esta mesma cuestión, a modo de fundamentación teórica, enmárcanse as diferentes evidencias que confirman a presenza do efecto que ten devandito consumo sobre o rendemento académico, as relacións interpersoais e o clima escolar. Ademais, destácase o papel estratéxico da orientación educativa na prevención e intervención sobre as condutas de risco, evidenciando así a importancia da implicación familiar para unha resposta educativa integral. Seguidamente, a proposta presenta un deseño contextualizado no centro mediante o desenvolvemento dun diagnóstico rigoroso que permite identificar as problemáticas asociadas ás condutas disruptivas mencionadas. Así, coa formulación de sete actividades preténdese promover a aprendizaxe vivencial e o desenvolvemento de competencias tanto persoais como sociais; así como, o fomento da corresponsabilidade familiar que permite evidenciar a necesidade de establecer protocolos específicos e sistematizar as accións preventivas. Con todo, o fin último é garantir unha resposta eficaz que permita contribuír á mellora das prácticas educativas e á sensibilización da comunidade escolar sobre os riscos asociados ao consumo de alcohol e tabaco, sentando as bases para futuras intervencións innovadoras.

Formación e empregabilidade no rural. Un estudo centrado no Concello de Quiroga
Autoría
A.P.L.
Grao en Pedagoxía
A.P.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo aborda a formación e empregabilidade nos contextos rurais, centrándose no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Quiroga desde unha perspectiva pedagóxica. O obxectivo principal é analizar o funcionamento do Servizo para comprender as dinámicas formativas que se desenvolven nel. A investigación emprega unha metodoloxía cualitativa, na que se combina a análise documental e a realización dunha entrevista en profundidade á Técnica de Orientación Laboral do Concello, permitindo analizar as características do Servizo. Os resultados revelan que o Servizo atende principalmente a persoas maiores de 45 anos con baixa cualificación profesional. O contexto xeográfico e socioeconómico, caracterizado polo avellentamento e a escasa oferta formativa e empresarial, dificulta a inserción laboral. As principais necesidades identificadas inclúen accións grupais presenciais, potenciar as competencias dixitais e integrar sistemas de avaliación do proceso orientador e do propio Servizo. En conclusión, o contexto rural impón retos pedagóxicos significativos para a orientación profesional. Ante estas limitacións, é crucial deseñar estratexias formativas flexibles e adaptadas que fomenten a participación e acceso equitativo, abordando as necesidades de xeito integral. Este traballo subliña a necesidade de máis investigación pedagóxica no ámbito rural, abrindo portas a futuros estudos comparativos sobre o funcionamento en distintas contornas.

Proposta de intervención socioeducativa nas adiccións co deporte como elemento de prevención.
Autoría
P.P.M.
Grao en Educación Social
P.P.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O consumo de substancias na adolescencia preséntase como unha problemática de relevancia social e educativa na actualidade. Este traballo ten como obxectivo analizar o potencial do deporte como ferramenta de intervención preventiva socioeducativa nas adiccións. A metodoloxía consiste nunha primeira parte de revisión bibliográfica do consumo de substancias, intervención socioeducativa neste ámbito e o deporte como elemento educativo. A segunda parte consiste na proposta dun deseño de proxecto de intervención dirixida a adolescentes de entre 13 e 15 anos. Destácase a potencialidade do deporte para promover habilidades sociais, hábitos saudables e mellora da autoestima e autopercepción. O deporte, integrado nun enfoque socioeducativo integrador dos diferentes axentes socializadores pode contribuír á prevención das adiccións na mocidade.

Factores influíntes na inserción laboral e desenvolvemento profesional das persoas con diversidade.
Autoría
P.P.O.
Grao en Pedagoxía
P.P.O.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
A inclusión laboral das persoas con diversidade representa un desafío relevante tanto no ámbito educativo como social. Neste contexto, a pedagoxía xoga un papel importante como disciplina desenvolvendo estratexias orientadas a mellorar o seu desenvolvemento persoal e profesional. O presente Traballo de Fin de Grao proponse analizar os factores que favorecen ou dificultan o acceso e a continuidade no emprego deste colectivo, prestando atención ao papel que exerce a orientación profesional no proceso. Para iso, levarase a cabo unha revisión sistemática de estudos publicados nos últimos cinco anos no contexto español, seguindo a metodoloxía PRISMA 2020 e tomando como bases de datos científicas Scopus, Dialnet e Web of Science. Os resultados mostran diversos elementos que condicionan a inclusión laboral, entre eles o clima da organización ou a formación en competencias para o emprego. En suma, percíbese unha escasa indagación na orientación profesional como disciplina e recoméndanse futuras investigacións para abordar esta cuestión desde unha perspectiva máis global, incluíndo aspectos como a avaliación de programas formativos.

A colaboración entre profesionais e familias na inclusión educativa de nenas e nenos con TEA
Autoría
T.P.R.
Grao en Pedagoxía
T.P.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
A inclusión educativa do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un dos retos actuais do sistema educativo. Este traballo de investigación documental céntrase na análise da colaboración entre profesionais educativos e familias como factor clave para a inclusión do alumnado con TEA. A partir da literatura científica, normativas e propostas, abórdanse conceptos relacionados co autismo, as necesidades educativas deste alumnado, os principais axentes implicados no proceso educativo, así como as barreiras que dificultan a cooperación familia-escola. Así pois, trázase unha investigación cuxo obxectivo é identificar estratexias e/ou propostas que permitan mellorar a comunicación entre familias e profesionais. Os resultados obtidos evidencian que a formación do profesorado, a calidade da comunicación e a existencia de estruturas de apoio son factores clave para unha colaboración efectiva. Conclúese que, para avanzar cara unha verdadeira inclusión educativa do alumnado con TEA, resulta imprescindible concibir a colaboración entre profesionais e familias non como un complemento, senón coo un eixo central do proceso educativo.

FORMOSO SILVA, MARIA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA Cotitoría
FORMOSO SILVA, MARIA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA Cotitoría
Tribunal
FORMOSO SILVA, MARIA (Titor do alumno)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titor do alumno)

A narrativa de tradición oral na educación primaria
Autoría
E.P.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.P.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:15
02.07.2025 12:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, titulado “A narrativa de tradición oral na educación primaria”, enmárcase dentro da modalidade “Iniciación á investigación documental” e ten como temática de estudo, como o seu título anticipa, a literatura infantil de tradición oral, máis concretamente, o xénero narrativo, fonte de enorme riqueza e variedade que en épocas pasadas gozaba dunha grande importancia e que actualmente semella estar subestimada e invisibilizada respecto á literatura escrita ou de autor. Entre os seus obxectivos atópanse: definir que se entende por narrativa de tradición oral e revisar as posibles tipoloxías, analizar que papel ten a narrativa de tradición oral no currículo de educación primaria e localizar exemplos de obras que poidan ser de uso nas aulas de Primaria coas que contribuír á conservación e transmisión das narracións de tradición oral por supoñer un sinal de identidade cultural e, deste xeito, poder permanecer na memoria colectiva.

Maltrato infantil: impacto no desenvolvemento socioemocional dos e das menores
Autoría
N.P.P.
Grao en Educación Social
N.P.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 16:30
02.07.2025 16:30
Resumo
O maltrato infantil é unha problemática social que afecta a millóns de nenos e nenas en todo o mundo. Ademais dos danos físicos, adoita vir acompañado de danos psicolóxicos e emocionais significativos, así como do desenvolvemento de trastornos condutuais e de personalidade a longo prazo. O obxectivo deste estudo foi analizar, mediante unha revisión sistemática, o impacto do maltrato infantil no desenvolvemento socioemocional dos e das menores. Para iso, realizouse unha búsqueda nas bases de datos de Scopus, Web of Science (WOS) e ERIC, nas que se seleccionaron un total de 8 estudos publicados entre 2012 e 2022. Os resultados demostran que os e as menores vítimas de maltrato infantil presentan unha maior tendencia a desenvolver síndromes internalizantes e externalizantes en comparación cos menores que non sufriron maltrato. Da mesma maneira, observouse unha maior prevalencia de certos trastornos de personalidade e condutuais na idade adulta. Finalmente, demóstrase a escaseza de investigacións que nos permitan contrastar a información existente e obter conclusións máis sólidas sobre este fenómeno.

O impacto da ausencia paterna no desenvolvemento das familias monomarentais
Autoría
A.P.G.
Grao en Educación Social
A.P.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 16:00
02.07.2025 16:00
Resumo
A ausencia paterna constitúe unha realidade social de crecente relevancia, especialmente no contexto de familias monomarentais, onde as nais asumen en solitario as responsabilidades da crianza e coidado dos fillos e fillas. O obxectivo principal deste estudo foi analizar, mediante unha revisión sistemática, o impacto desta ausencia no desenvolvemento integral das familias monomarentais, con especial atención ás dimensións psicosociais e económicas que afectan aos nenos, nenas e adolescentes, así como ás nais a cargo. Para iso, realizouse unha busca nas bases de datos Scopus, ERIC e WOS, seleccionando artigos publicados entre 2015 e 2025. Os resultados evidencian que a carencia da figura paterna pode estar asociada a niveis máis altos de estrés, dificultades na xestión emocional e problemas de conducta nos menores. No que respecta ás nais, obsérvase unha notable sobrecarga emocional e física, condicións de precariedade económica e escaso apoio social. Así mesmo, a análise mostra como as desigualdades de xénero condicionan profundamente a experiencia destas familias, intensificando a súa vulnerabilidade. Conclúese que é fundamental promover políticas públicas inclusivas que recoñezan as familias monomarentais como parte da diversidade familiar e garantan o seu benestar.

Formar para transformar:unha educación transversal dos valores na educación primaria.
Autoría
N.P.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.P.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 12:45
04.07.2025 12:45
Resumo
Este TFG aborda a integración transversal dos valores fundamentais nas aulas da educación primaria, como son a igualdade de xénero, o respecto ou a empatía, tendo en conta o estipulado no currículo. O obxectivo principal é que estes valores non se queden limitados a materias específicas, se non que se traballen en todas as áreas. Con iso quero lograr que o alumnado os interiorice de maneira profunda e pasen a formar unha parte activa da súa personalidade e das súas actitudes cotiás. A proposta consiste nun proxecto de intervención baseado nunha metodoloxía activa de aprendizaxe por proxectos (ABP) e cun enfoque grupal. Para levar a cabo esta proposta, a fundamentación teórica baséase principalmente nas ideas de John Dewey, cuxa concepción da educación como ferramenta de transformación social resulta clave para entender a importancia dos valores na escola. O traballo estructúrase en dúas partes principais: por unha banda, unha fundamentacion teórica que xustifica a necesidade da proposta; e por outra, unha proposta de intervención anual dirixida a segundo de primaria, que recolle actividades concretas por trimestres, deseñadas para integrar estes valores de maneira transversal nas distintas áreas curriculares.

RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
A percepción da parentalidade positiva nunha mostra de adolescentes que participaron no Programa de Preservación Familiar
Autoría
S.P.R.
Grao en Pedagoxía
S.P.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
En determinados contextos e situacións familiares aparecen dificultades e problemáticas que impiden o desenvolvemento dunha crianza saudable e respectuosa cos fillos e fillas. Os programas de preservación familiar, dende un enfoque preventivo, buscan reforzar as competencias marentais e parentais destas familias para evitar a aparición de medidas e servizos moito máis restritivos, como o sistema de protección de menores. Un exemplo destes programas é o denominado Espazos de Preservación Familiar (EPF), cuxos obxectivos son evitar que os/as menores ingresen no sistema de protección e demostrar a eficacia do Modelo de Preservación Familiar e de Parentalidade Positiva na transformación dos estilos educativos das familias. Co presente traballo, a través dunha investigación de campo, preténdese analizar como perciben as/os adolescentes os cambios nas competencias marentais e parentais das súas nais e pais antes e despois da aplicación do Programa, co obxectivo de valorar o impacto que tivo o enfoque da parentalidade positiva nas súas vidas.

GODAS OTERO, AGUSTIN (Titoría)
GODAS OTERO, AGUSTIN (Titoría)
Tribunal
GODAS OTERO, AGUSTIN (Titor do alumno)
GODAS OTERO, AGUSTIN (Titor do alumno)
EmoXperience Musical: unha proposta de intervención educativa para traballar a Autonomía e Regulación Emocional en alumnado con Altas Capacidades
Autoría
S.P.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.P.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
26.06.2025 10:30
26.06.2025 10:30
Resumo
Na actualidade, o alumnado con Altas Capacidades (AACC) en Educación Primaria adoita afrontar importantes retos emocionais e sociais, como unha autoestima baixa, escasa tolerancia á frustración e desmotivación cara ás tarefas escolares. A LOMLOE subliña a relevancia da educación emocional como ferramenta clave para axudarlles a identificar e xestionar as súas emocións, así como para desenvolver habilidades sociais. Neste marco, a música emerxe como un recurso pedagóxico eficaz para potenciar a expresión emocional, a creatividade e a colaboración en grupo. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal o deseño dunha proposta de intervención educativa baseada na música, orientada a fortalecer as competencias emocionais máis fráxiles do alumnado con AACC, especialmente a autonomía e a autorregulación emocional. Para isto, levarase a cabo unha revisión bibliográfica de estudos e iniciativas sobre educación emocional e Altas Capacidades, que servirá como alicerce para elaborar unha proposta con recursos e metodoloxías adaptadas ás súas necesidades específicas.

Martínez López, Zeltia (Titoría)
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Tribunal
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)

Escape Room, a gamificación como estratexia didáctica para o ensino da historia da música e conceptos musicais en Educación Primaria
Autoría
M.P.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.P.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao expón unha proposta de intervención educativa na área de Música e Danza, a través da técnica gamificada que ten por nome “Escape Room”. Dentro dos obxectivos principais da proposta, destaca o de observar a reacción do alumnado ante dita metodoloxía e introducir conceptos musicais de xeito lúdico e atractivo para un aprendizaxe significativo e motivante. Mediante unha revisión da literatura relacionada con este aspecto e facendo unha proposta de intervención relacionada coa gamificación, preténdese visibilizar unha ensinanza innovadora no ámbito musical para ofrecer múltiples posibilidades pedagóxicas relacionadas con esta ferramenta chamada “Escape Room”. A intervención educativa está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria (segundo ciclo) onde se leva a cabo esta técnica de gamificación e se observan os resultados obtidos durante a implementación da mesma.

DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
Explorando a auga e as súas propiedades: Proposta Didáctica Innovadora aplicando un Enfoque CTS en Educación Primaria
Autoría
L.P.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.P.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 09:00
01.07.2025 09:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao céntrase en deseñar unha proposta curricular e investigar sobre a súa implementación en estudantes de 1º de Educación Primaria. A proposta didáctica trata o estudo das propiedades e dos estados da auga, así como a súa importancia para o noso planeta. Ademais, adopta un enfoque que integra os principios da Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (CTS), o que permite contextualizar os contidos e fomentar unha reflexión crítica. O obxectivo de iniciación á investigación é analizar como esta proposta favorece o pensamento científico e a conciencia ambiental en relación co coidado da auga. A posta en práctica inclúe actividades de experimentación, traballo en equipo, unha saída didáctica e un xogo dixital interactivo, co fin de conectar a teoría coa experiencia directa do alumnado. A metodoloxía empregada é cualitativa, baseada na observación directa e na recolección de datos. Neste sentido, avalíase a práctica do/as estudantes e o impacto da proposta na súa aprendizaxe, resaltando o seu papel activo e a conexión do tema coa súa contorna.

A igualdade de xénero a través da literatura infantil
Autoría
E.P.C.
Grao en Pedagoxía
E.P.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 14:00
01.07.2025 14:00
Resumo
No presente traballo de fin de grado levaremos a cabo o deseño dun proxecto de intervención baseado na igualdade de xénero en educación a través dos contos infantís, recursos que forman parte do proceso de socialización dos nenos e nenas e que transmiten valores e normas ligadas ao xénero. Ademais, con este proxecto, gustaríanos resaltar a importancia de que as escolas potencien en maior grao a coeducación, dun xeito transversal a todo o traballo que se realice nas aulas cos nenos e nenas para, tal e como manifesta a lexislación vixente, poder garantir unha educación baseada na igualdade de oportunidades.
No presente traballo de fin de grado levaremos a cabo o deseño dun proxecto de intervención baseado na igualdade de xénero en educación a través dos contos infantís, recursos que forman parte do proceso de socialización dos nenos e nenas e que transmiten valores e normas ligadas ao xénero. Ademais, con este proxecto, gustaríanos resaltar a importancia de que as escolas potencien en maior grao a coeducación, dun xeito transversal a todo o traballo que se realice nas aulas cos nenos e nenas para, tal e como manifesta a lexislación vixente, poder garantir unha educación baseada na igualdade de oportunidades.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
As actividades físicas no medio natural en Galicia dende a perspectiva do profesorado: un estudo descritivo
Autoría
A.P.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 11:00
04.07.2025 11:00
Resumo
O estilo de vida actual provoca a necesidade de promover a práctica de actividade física na poboación infantil e xuvenil. A escola garante formación para todo o alumnado e a Educación Física (EF) constitúe unha ferramenta esencial para a súa formación integral, a través de experiencias como as actividades físicas no medio natural (AFMN). O obxectivo deste estudo foi realizar un diagnóstico da percepción do profesorado sobre a implementación das AFMN na materia de EF nos centros educativos públicos de Galicia. No estudo participaron 127 docentes (53 mulleres e 74 homes), a través do cuestionario validado de desenvolvemento de actividades física no medio natural no ámbito escolar (DAFNE). Este contén 55 ítems divididos en tres seccións: a primeira inclúe aspectos sociodemográficos; a segunda, 7 bloques con cuestións cuantitativas -formuladas a través dunha escala Likert-; e, a terceira inclúe cuestións cualitativas. Os resultados amosan unha tendencia positiva cara á inclusión das AFMN nas programacións, especialmente nas contornas rurais, así como para o traballo interdisciplinario e de áreas transversais, promovendo unha educación para o desenvolvemento sostible. Entre os desafíos destacan a falta de formación, tempo, recursos e apoio institucional.
O estilo de vida actual provoca a necesidade de promover a práctica de actividade física na poboación infantil e xuvenil. A escola garante formación para todo o alumnado e a Educación Física (EF) constitúe unha ferramenta esencial para a súa formación integral, a través de experiencias como as actividades físicas no medio natural (AFMN). O obxectivo deste estudo foi realizar un diagnóstico da percepción do profesorado sobre a implementación das AFMN na materia de EF nos centros educativos públicos de Galicia. No estudo participaron 127 docentes (53 mulleres e 74 homes), a través do cuestionario validado de desenvolvemento de actividades física no medio natural no ámbito escolar (DAFNE). Este contén 55 ítems divididos en tres seccións: a primeira inclúe aspectos sociodemográficos; a segunda, 7 bloques con cuestións cuantitativas -formuladas a través dunha escala Likert-; e, a terceira inclúe cuestións cualitativas. Os resultados amosan unha tendencia positiva cara á inclusión das AFMN nas programacións, especialmente nas contornas rurais, así como para o traballo interdisciplinario e de áreas transversais, promovendo unha educación para o desenvolvemento sostible. Entre os desafíos destacan a falta de formación, tempo, recursos e apoio institucional.
Dirección
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)
Actividade física, escolas rurais e concienciación ambiental: un trinomio para o traballo na Educación Infantil a través de situacións de aprendizaxe e aprendizaxe-servicio
Autoría
A.P.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 13:00
03.07.2025 13:00
Resumo
A actividade física e a educación ambiental preséntase como elementos clave para o desenvolvemento infantil, no que respecta á construción dun estilo de vida saudable e sostible. O presente estudo tiña como finalidade elaborar unha proposta de intervención co fin de promover a actividade física e actitudes de coidado e protección do medio en crianzas de entre 3 e 6 anos dunha comunidade rural. A nivel metodolóxico, o estudo consistiu na execución dun plan de intervención, sustentado sobre a normativa vixente, mediante o emprego de metodoloxías activas e vivenciais, a través dunha situación de aprendizaxe e un proxecto de aprendizaxe-servicio, que promoveu que o traballo do alumnado revertera nunha mellora á comunidade. A valoración final mostra que proxectos globalizados en contacto coa contorna natural e orientados á acción social promoven o desenvolvemento de actitudes a prol do coidado e a protección da contorna, así como de hábitos de vida saudables -destacando a actividade física-, e favorecen o vínculo coa contorna e coa comunidade.
A actividade física e a educación ambiental preséntase como elementos clave para o desenvolvemento infantil, no que respecta á construción dun estilo de vida saudable e sostible. O presente estudo tiña como finalidade elaborar unha proposta de intervención co fin de promover a actividade física e actitudes de coidado e protección do medio en crianzas de entre 3 e 6 anos dunha comunidade rural. A nivel metodolóxico, o estudo consistiu na execución dun plan de intervención, sustentado sobre a normativa vixente, mediante o emprego de metodoloxías activas e vivenciais, a través dunha situación de aprendizaxe e un proxecto de aprendizaxe-servicio, que promoveu que o traballo do alumnado revertera nunha mellora á comunidade. A valoración final mostra que proxectos globalizados en contacto coa contorna natural e orientados á acción social promoven o desenvolvemento de actitudes a prol do coidado e a protección da contorna, así como de hábitos de vida saudables -destacando a actividade física-, e favorecen o vínculo coa contorna e coa comunidade.
Dirección
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Secretario/a)
NIETO VIEITES, ANA (Vogal)
A dependencia emocional na parella: estudo de casos e perspectivas socioeducativas
Autoría
M.P.O.
Grao en Educación Social
M.P.O.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a dependencia emocional en relacións de parella dende unha perspectiva cualitativa e socioeducativa. A través da realización dunha entrevista semiestructurada a cinco persoas de entre 25 e 30 anos, recóllense experiencias persoais vinculadas a esta problemática, explorando as súas causas, consecuencias e a percepción dos propios participantes. Os resultados amosan que a dependencia emocional afecta gravemente o benestar psocolóxico e social, xerando ansiedade, baixa autoestima, illamento e tolerancia cara condutas de control ou violencia. Así mesmo,confírmase que este tipo de dependencia comparte trazos coas adiccións comportamentais, o que xustifica a necesidade dunha abordaxe multidisciplinar. Por tanto, o educador/a social preséntese como unha figura crave na prevención, intervención e acompañamento das persoas que sofren esta problemática, promovendo a súa autonomía e fortalecendo os seus vínvulos persoais e sociais.

A figura das avoas e os avós na educación familiar
Autoría
T.Q.P.
Grao en Educación Social
T.Q.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:45
01.07.2025 10:45
Resumo
A educación familiar é o proceso mediante o cal a familia transmite valores, normas e habilidades aos seus integrantes, especialmente aos fillos, formando parte do seu desenvolvemento integral. Desta maneira, a familia constitúese como o principal ámbito de socialización, sendo fundamental na transmisión de cultura, costumes e valores que permiten aos individuos desenvolver a súa personalidade. Este Traballo de Fin de Grao céntrase en estudar o rol que exercen os avós e as avoas na educación familiar dos e das menores que se atopan cursando quinto e sexto de educación primaria. Para iso, lévase a cabo unha investigación cunha metodoloxía cuantitativa de carácter descritivo, sendo a mostra o alumnado de sexto de primaria do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez no concello de Vilardevós. Os resultados mostran que a maioría dos/as nenos/as valoran positivamente a implicación dos/as avós/avoas na súa vida, destacando o seu papel no coidado e na transmisión de valores sociais. Un dos aspectos destacables é a presenza de diferenzas de xénero nas actividades realizadas con avós e avoas, o que evidencia a existencia de roles tradicionais. En conclusión, o estudo mostra a importancia dos avós e avoas na facilitación dunha crianza con maior apoio familiar.

Os videoxogos na socialización en xénero
Autoría
C.Q.M.
Grao en Pedagoxía
C.Q.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
Nunha sociedade onde o xénero configura a forma na que as persoas interpretan, experimentan e se posicionan no mundo, as experiencias das mulleres están marcadas por normas, expectativas e mandatos de xénero que impoñen un ideal de feminidade contraditorio e asfixiante: espérase que sexan perfectas, pero sen presumir; independentes, pero sen desafiar a tradición; que se defendan, pero sen sinalar nin incomodar á xente; fortes, pero sen negarse a ser rescatadas. Ser muller é unha fonte de estigma, e isto tamén se manifestou no ámbito dos videoxogos dixitais. Este Traballo de Fin de Grao analiza como os videoxogos inflúen na configuración da identidade de xénero das xogadoras a través dunha investigación cualitativa baseada en grupos focais, nos que participaron mulleres de entre 18 e 50 anos. Revelóuse unha reprodución sistemática de estereotipos de xénero, a persistente obxectificación do corpo feminino e a invisibilidade das mulleres como protagonistas en narrativas e espazos multixogador. Moitas xogadoras deben ocultar a súa identidade para evitar o acoso e perciben o espazo de xogo como un ambiente hostil que lles nega a capacidade de ser, expresarse e xogar sen o estigma do xénero.

Precariedade laboral na xuventude: Unha análise da formación e da educación.
Autoría
M.Q.P.
Grao en Pedagoxía
M.Q.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que se presenta aborda a temática da precariedade laboral, unha problemática de recente actualidade, que pon de manifesto a complexa situación que está vivindo a mocidade á hora de inserirse laboralmente. Por tanto, o principal obxectivo desta investigación é analizar esa relación, e como esta repercute nas condicións socioeconómicas dos individuos e, á súa vez, no funcionamento do mercado de traballo. A análise realizada mediante a técnica de revisión documental expón así como afronta a xuventude o acceso ao seu primeiro emprego, e como inflúen as diferentes traxectorias educativas no acceso a un emprego de calidade. Ademais, os principais resultados obtidos na investigación mostran a situación actual na que se atopa o mercado laboral, coa proliferación dos contratos temporais, a sobrecualificación, os baixos salarios e o incumprimento dalgúns dereitos laborais. A investigación realizada revela así que, a pesar de posuír títulos de Educación Superior, as persoas mozas non están exentas de sufrir a precariedade no entorno laboral, senón que esta é unha problemática cada vez máis extendida entre a poboación activa e sobre a que non se presentan solucións inmediatas.

Deseño de Espazos Educativos Inclusivos: Proposta de Intervención para a Atención á Diversidade nos Centros Escolares.
Autoría
M.Q.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.Q.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao propón un deseño de espazos educativos inclusivos, centrados na atención á diversidade nos centros educativos. Centrándose no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) e a lexislación actual. O estudo analiza a importancia da inclusión, accesibilidade e participación do profesorado no proceso de creación de espazos que garantan a plena participación de todos os membros da comunidade educativa, asegurando as mesmas oportunidades de aprendizaxe e desenvolvementos para todo o alumnado, independentemente das súas características ou necesidades. Preséntase unha proposta de intervención innovadora para reconfigurar os diferentes espazos dun centro educativo. A proposta inclúe a implementación de elementos clave que promovan a participación activa, a autonomía e o benestar do alumnado. Esta transformación resulta especialmente significativa para o alumnado con necesidades educativas específicas, xa que contribúe a erradicar barreiras físicas, sensoriais e sociais, e favorece unha educación máis equitativa, personalizada e respectuosa coa diversidade.

CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titor do alumno)

Dun alto potencial ao fracaso: unha investigación documental sobre o baixo rendemento en estudantes con altas capacidades
Autoría
H.Q.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
H.Q.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O feito de que os estudantes con Altas Capacidades, un concepto habitualmente vinculado ao éxito académico, presenten un baixo rendemento escolar pode semellar un fenómeno contraditorio. O obxectivo do presente Traballo de Fin de Grao é analizar en profundidade as causas desta disonancia a través da literatura científica de dita temática, ademais de aportar estratexias para mellorar a situación. Para realizar a revisión fixéronse as buscas en ProQuest e tres bases de datos (Dialnet, Redalyc e Scopus). A partires da análise dos documentos extraídos de ditas bases, púidose coñecer os factores con implicacións negativas no rendemento dos alumnos con altas capacidades. Destacase do atopado a importancia da motivación, tendo tamén repercusión a metacognición e o contexto do alumnado. Os artigos traballados amosan que o feito de levar a cabo intervencións comúns dende a familia e a escola e aportar estratexias para mellorar a metacognición e a autorregulación poderían favorecer un desenvolvemento académico máis acorde á capacidade deste grupo de estudantes.

Intervención socioeducativa asistida con cans
Autoría
Y.R.M.
Grao en Educación Social
Y.R.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:45
01.07.2025 10:45
Resumo
As Intervencións Asistidas con Animais están a gañar cada vez máis presenza no contexto actual, sendo incorporadas desde diferentes disciplinas co propósito de favorecer o benestar e a calidade das intervencións dirixidas a diversos perfís de usuarias e usuarios. A súa eficacia no ámbito profesional, especialmente naqueles que traballan polo desenvolvemento integral da persoa nas súas dimensións persoal e social, está a contribuír na súa progresiva expansión. Neste senso, a Educación Social preséntese como un ámbito especialmente adecuado para a súa aplicación, ofrecendo posibilidades reais e pertinentes para integrar este tipo de intervencións dentro das prácticas socioeducativas.
As Intervencións Asistidas con Animais están a gañar cada vez máis presenza no contexto actual, sendo incorporadas desde diferentes disciplinas co propósito de favorecer o benestar e a calidade das intervencións dirixidas a diversos perfís de usuarias e usuarios. A súa eficacia no ámbito profesional, especialmente naqueles que traballan polo desenvolvemento integral da persoa nas súas dimensións persoal e social, está a contribuír na súa progresiva expansión. Neste senso, a Educación Social preséntese como un ámbito especialmente adecuado para a súa aplicación, ofrecendo posibilidades reais e pertinentes para integrar este tipo de intervencións dentro das prácticas socioeducativas.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
Proposta dun proxecto de intervención dirixido ó alumnado de Educación Primaria con NEAE e acompañamento ás familias.
Autoría
C.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado ten como finalidade diseñar unha proposta de intervención centrada no desenvolvemento da educación emocional no alumnado con NEAE na etapa de Educación Primaria, incluído o acompañamento e a formación ás familias como parte esencial do proceso. O marco teórico do traballo se fundamenta na importancia da inclusión educativa do alumnado con NEAE, analizando as bases legais e normativas que regulan a súa atención no sistema educativo español. Ademais, abórdase o papel clave que desempeñan as familias no desenvolvemento integral do alumnado, especialmente cando existen necesidades educativas específicas, e se xustifica a necesidade de establecer unha colaboración activa entre a escola e o entorno familiar. A partir de esta base, elabórase unha proposta de intervención práctica que inclúe actividades dirixidas ó alumnado para fomentar a autorregulación emocional, xunto con sesións de formación e acompañamento destinadas ás familias. A intervención oriéntase desde un enfoque inclusivo, preventivo e participativo, có fin de mellorar o benestar emocional e a inclusión educativa do alumnado con NEAE, promovendo ó memso tempo unha relación estreita e coordinada entre o centro educativo e as familias.

Proposta didáctica de alfabetización audiovisual en 2º ciclo de educación infantil para un centro educativo galego
Autoría
R.R.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
R.R.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:15
03.07.2025 12:15
Resumo
Na actualidade o audiovisual exerce unha grande influencia na primeira infancia. As crianzas están expostas a contidos que non sempre están adaptados á súa idade e que moitas veces exceden o seu nivel de desenvolvemento. Este traballo de fin de grao presenta unha proposta de intervención nas aulas de educación infantil orientada á alfabetización audiovisual. O seu obxectivo principal é achegar ao alumnado de 2º ciclo os medios de comunicación con propostas motivadoras e innovadoras que fomenten o pensamento crítico dende idades temperás. Para iso, deséñanse actividades adaptadas ao nivel educativo das crianzas, pero tamén se promove a cultura audiovisual e o seu consumo responsable tanto entre os nenos e nenas como entre as súas familias. Emprégase unha metodoloxía baseada en proxectos dentro de aulas multigrao. A alfabetización audiovisual preséntase como un eixo transversal que permite integrar contidos de diversas áreas de coñecemento de xeito lúdico. Achega unha dimensión motivadora á aula, favorecendo a atención e o interese sendo ademais ferramenta para unha interiorización máis significativa de contidos. Esta intervención pretende enriquecer a súa educación mediante o uso consciente, crítico e creativo dos medios de comunicación.
Na actualidade o audiovisual exerce unha grande influencia na primeira infancia. As crianzas están expostas a contidos que non sempre están adaptados á súa idade e que moitas veces exceden o seu nivel de desenvolvemento. Este traballo de fin de grao presenta unha proposta de intervención nas aulas de educación infantil orientada á alfabetización audiovisual. O seu obxectivo principal é achegar ao alumnado de 2º ciclo os medios de comunicación con propostas motivadoras e innovadoras que fomenten o pensamento crítico dende idades temperás. Para iso, deséñanse actividades adaptadas ao nivel educativo das crianzas, pero tamén se promove a cultura audiovisual e o seu consumo responsable tanto entre os nenos e nenas como entre as súas familias. Emprégase unha metodoloxía baseada en proxectos dentro de aulas multigrao. A alfabetización audiovisual preséntase como un eixo transversal que permite integrar contidos de diversas áreas de coñecemento de xeito lúdico. Achega unha dimensión motivadora á aula, favorecendo a atención e o interese sendo ademais ferramenta para unha interiorización máis significativa de contidos. Esta intervención pretende enriquecer a súa educación mediante o uso consciente, crítico e creativo dos medios de comunicación.
Dirección
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Desigualdade de xénero e feminismo nas aulas de primaria: coñecemento e conciencia crítica a través da literatura e a historia social
Autoría
C.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Os contos tradicionais, no que respecta á muller, soen ser unha ferramenta propicia para a súa estereotipación e, por conseguinte, unha óptima maneira de socializar dende idades temperás na idea de inferioridade respecto ao home. Partindo dunha escolma literaria, en diálogo cos coñecementos máis avanzados propiciados pola investigación histórica, este TFG concretarase na investigación dunha actuación didáctica na cal o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxe dende o pasado ao futuro, pasando polo mundo actual, comprendendo e reflexionando tanto sobre a desigualdade de xénero como sobre o feminismo. O obxectivo principal deste traballo é entender como pode o tratamento transversal do enfoque de xénero nas aulas, a través das ciencias sociais e a literatura, contribuír á construción dunha educación máis xusta, crítica e igualitaria, entendendo e sopesando o conflito como elemento necesario para o avance social. Para isto, recóllense diferentes materiais que constitúen a base para investigar o alcance da intervención e observar, a través dos resultado obtidos da actuación, como as crianzas acadan non só coñecementos teóricos, senón que desenvolve un compromiso crítico pola causa, dando valor ás aulas como un espazo de transformación social.

Desenvolvemento do pensamento socio-crítico no alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria
Autoría
J.M.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.M.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
Esta aproximación á investigación educativa está radicada no desempeño dunha actuación didáctica real, caracterizada por unha metodoloxía innovadora, cuxo obxectivo é desenvolver o pensamento social crítico e a conciencia cívica e comprometida no alumnado de 6º de Educación Primaria a través do achegamento, reflexión e interpretación de narrativas alternativas inconformistas arredor de elementos do patrimonio inmaterial galego de dimensión controvertida: identidade, lingua e paisaxe. A experiencia educativa tivo lugar nunha escola pública da Galicia interurbana. A metodoloxía da investigación é maioritariamente cualitativa e sérvese da recollida e análise das intervencións do alumnado durante as actividades de corte reflexivo e argumentativo realizadas. A fin é ponderar o grao de influencia da actuación pedagóxica, desbotando avaliacións individuais. Os resultados indican que o grupo de participantes logrou desenvolver capacidade crítica, conciencia cívica e actitude comprometida cos retos presentados, ademais de cambios conceptuais en chave de pensamento histórico. Evidénciase o rol da escola como axente clave de transformación social e dinamizador cultural e identitario. A investigación reforza o potencial educativo dos temas conflitivos e dunha metodoloxía participativa baseada no diálogo artellado sobre fontes primarias de cara a mellorar o pensamento crítico e a competencia cidadá.

Proposta de intervención para a promoción das habilidades socioemocionais en alumnado con TEA.
Autoría
E.R.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.R.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Nos tempos actuais, existe unha gran porcentaxe de alumnado con diversidade funcional nas aulas de Educación Primaria. Dentro desta diversidade, temos ao alumnado con TEA (“Trastorno do Espectro Autista”), sendo este un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado pola inflexibilidade mental e comportamental e dificultades na comunicación, as relacións sociais e a linguaxe, ao longo de todo o seu ciclo vital. Tendo en conta que a normativa educativa esixe que se teñan en conta e atendan necesidades específicas de apoio educativo de todo o alumnado, o obxectivo xeral deste TFG é deseñar e avaliar unha proposta de intervención educativa baseada en estratexias prácticas e teóricas para o desenvolvemento de habilidades socioemocionais no alumnado con este trastorno no contexto escolar. Con esta proposta búscase facilitar a integración e participación no entorno educativo e social deste alumnado, mediante estratexias que fomenten a autorregulación emocional, a empatía, a interacción social e a resolución de conflitos. Ademais, búscase promover a concienciación da comunidade educativa sobre a relevancia destas habilidades coa finalidade de potenciar o benestar persoal e social do alumnado con TEA, involucrando a docentes, familias e outros profesionais na creación dun entorno inclusivo que favoreza o seu desenvolvemento integral.

Comunicación e interacción social en TEA
Autoría
E.R.B.
Grao en Pedagoxía
E.R.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten por obxectivo o deseño dunha proposta de intervención dirixida a mellorar a comunicación e interacción social en nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), por ser estas unhas das áreas nas que o colectivo presenta maiores dificultades. A intervención, baseada nun enfoque educativo, está deseñada para o emprego de técnicas centradas na comunicación e técnicas combinadas, a fin de impulsar as habilidades comunicativas e sociais, promovendo, simultaneamente, o desenvolvemento integral, benestar emocional e inclusión social destes/as cativos/as. Así, establécese unha intervención educativa individualizada, desenvolta por un equipo interdisciplinario que proporcione aos nenos e nenas unha actuación completa, atendendo a diversos aspectos chave na mellora das súas competencias para a comunicación e a interacción social.

Adicción e monetización nos videoxogos
Autoría
I.R.C.
Grao en Pedagoxía
I.R.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A actual evolución na industria dos videoxogos da lugar á incorporación de dinámicas de monetización cada vez máis sofisticadas, moitas delas inspiradas nos xogos de azar. Este traballo aborda a problemática da ludomanía dixital e as adiccións sen substancia dende unha óptica Pedagóxica, poñendo o foco nos riscos asociados ás mecánicas de micropagos, loot boxes e sistemas de recompensa presentes en videoxogos Free-to-Play. A través dunha análise documental, examínanse os efectos destas prácticas sobre a infancia e adolescencia, as implicacións psicolóxicas, sociais e educativas, así como o papel chave da Pedagoxía, das familias e das políticas públicas na súa prevención e intervención. O estudo complétase coa presentación de dúas propostas de intervención contextualizadas -para rapaces e rapazas dende a infancia ata a adolescencia- baseadas en evidencias e orientadas á promoción dun uso saudable e crítico dos videoxogos.

O Hip Hop como alternativa de lecer
Autoría
L.R.B.
Grao en Educación Social
L.R.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao abórdase o potencial do Hip Hop como ferramenta educativa para o desenvolvemento do pensamento crítico en adolescentes. A través dunha fundamentación teórica que vincula o lecer coa educación non formal e o Hip Hop co desenvolvemento de competencias como a construción de ideas, a análise de textos e mensaxes e a expresividade persoal mediante a arte, deséñase un proxecto de intervención socioeducativa no Centro Sociocultural José Saramago, no barrio de Vite de Santiago de Compostela. Esta intervención busca, ademais, reforzar o vínculo coa comunidade e promover a autopercepción e a valoración da contorna. A través dunha metodoloxía centrada na Aprendizaxe baseada en Proxectos e colocando á persoa usuaria como protagonista da intervención, utilizaranse os elementos do Hip Hop como linguaxe vehicular para tratar os contidos referentes ao pensamento crítico, procurando tamén contribuír ao desenvolvemento comunitario. Neste proxecto únense compoñentes que potencian a aprendizaxe, como a educación non formal, o contexto do Centro Sociocultural José Saramago, a etapa da adolescencia e o Hip Hop, para desenvolver o pensamento crítico, unha ferramenta tan necesaria nos tempos actuais.

Desenvolvemento das emocións e das competencias emocionais a través da literatura infantil
Autoría
P.R.U.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.R.U.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
A literatura infantil pode ser unha ferramenta esencial na Educación Primaria para promover o desenvolvemento das competencias emocionais, pois non só contribúe ao desenvolvemento emocional, cognitivo e social dos nenos e nenas, senón que tamén fomenta valores como a tolerancia, o respecto e a empatía. Ademais, ofrece modelos de conduta, tanto positivos como negativos, que facilitan a reflexión do alumnado sobre distintos valores sociais a través da identificación cos personaxes. O obxectivo xeral deste Traballo de Fin de Grao é analizar a utilidade da literatura infantil na mellora da identificación e comprensión das emocións, así como no desenvolvemento de habilidades sociais e emocionais no alumnado. Para iso, realizouse unha revisión sistemática de estudos recentes sobre a relación entre educación emocional e literatura infantil na etapa de Educación Primaria. Os principais resultados amosan o potencial da literatura infantil como recurso para o traballo emocional na aula. Conclúese que, cando se emprega con intencionalidade pedagóxica e un acompañamento axeitado, a literatura infantil constitúe unha ferramenta eficaz para a educación emocional, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado dende as primeiras etapas escolares.

Unha análise centrada nas desigualdades de xénero na inserción laboral da poboación reclusa
Autoría
M.R.I.
Grao en Pedagoxía
M.R.I.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 09:30
02.07.2025 09:30
Resumo
O presente estudo analiza as desigualdades de xénero nos procesos de inserción laboral da poboación reclusa dende unha perspectiva pedagóxica, centrándose no impacto do sistema penitenciario español como perpetuador de inxustizas sociais. Metodoloxicamente, emprégase o protocolo PRISMA, para a realización dunha revisión sistemática en dúas bases de datos académicas, Scopus e Web of Science, identificando un total de 40 estudos relevantes. Os resultados evidencian que as mulleres reclusas conviven nun sistema penitenciario que reforza roles de xénero, ofrecendo oportunidades de emprego centradas en actividades feminizadas e de baixa cualificación. Este enfoque, non só limita as súas posibilidades de reinserción, senón que tamén perpetúa a súa exclusión social e laboral. A situación agrávase pola ausencia de programas con enfoque de xénero, escasa conexión coas demandas do mercado laboral, e factores externos como o estigma, racialización e dificultades asociadas á maternidade. Ademais, destaca a necesidade de políticas transformadoras que aborden estas desigualdades dende unha óptica equitativa. Pois, deben garantir o cumprimento dos dereitos fundamentais e promover a súa integración no mercado laboral, mediante medidas que combinen a formación orientada ás necesidades reais do mercado, o apoio psicosocial e accións que combatan os estigmas asociados.

Estilos educativos en contextos familiares de risco: unha revisión sistemática dende o enfoque da parentalidade positiva
Autoría
M.R.M.
Grao en Educación Social
M.R.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 17:00
02.07.2025 17:00
Resumo
Os estilos educativos inflúen significativamente no desenvolvemento emocional, social e cognitivo dos menores. Entre eles, a parentalidade positiva destaca como un modelo que promove o apego seguro, o respecto mutuo e a disciplina baseada no afecto e a comunicación. O obxectivo deste estudo foi analizar, a través dunha revisión sistemática, como os estilos de crianza se ven influenciados por factores de risco presentes en contornas familiares vulnerables e como isto repercute no benestar de nenos e nenas, co propósito de fomentar a preservación do menor na súa contorna familiar dende o ámbito dos Servizos Sociais. Para iso, realizouse unha procura nas bases de datos WoS, Scopus e Eric, nos que se seleccionaron 10 artigos publicados entre 2015-2025. Os resultados confirman que os estilos parentais positivos, especialmente o democrático, favorecen o benestar infantil e a cohesión familiar. Ademais, os programas de parentalidade positiva melloran a comunicación familiar e reducen a prevalencia de estilos negativos con efectos duradeiros a longo prazo.

Tecendo Convivencias: Proxecto de intervención nun Centro Público Integrado da provincia da Coruña
Autoría
K.R.B.
Grao en Pedagoxía
K.R.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A convivencia escolar é un alicerce que garante o óptimo desenvolvemento académico, persoal e social do alumnado. O presente Traballo Fin de Grao céntrase na mellora da mesma a partir dun proxecto de intervención socioeducativa nun Centro Público Integrado da provincia da Coruña; baseado na triangulación de datos cuantitativos e cualitativos, así como na literatura especializada. Neste marco, o proxecto Tecendo Convivencias xorde como resposta ás necesidades detectadas entre o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, onde se identificaron dificultades como situacións de acoso, exclusión e falta de coñecemento das normas de convivencia; agravadas polo impacto das novas tecnoloxías, como é o caso do ciberbullying. O obxectivo principal é reforzar a educación socioemocional, fomentar a integración do alumnado vulnerable e crear espazos de diálogo e participación activa, promovendo así un clima escolar seguro, inclusivo e respectuoso. Para elo, deseñáronse actividades educativas interactivas -adaptadas ao contexto rural e á realidade do alumnado- que permitan traballar habilidades socioemocionais, interiorizar as normas de convivencia, previr conflitos, etc. En síntese, este traballo representa unha oportunidade para apostar pola innovación pedagóxica e abordar os retos de maneira integral e contextualizada, co fin de fortalecer o tecido social do centro e da súa contorna.

Aprendizaxe-Servizo: Recuperación do Patrimonio Arqueolóxico Presente na Contorna Próxima do Alumnado.
Autoría
M.R.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.R.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O traballo aborda as oportunidades educativas da aprendizaxe-servizo en Educación Primaria de cara a desenvolver no alumnado a educación patrimonial. Dita metodoloxía favorece o traballo por competencias, a mobilización das aprendizaxes adquiridas e o pensamento crítico. Incluír o patrimonio arqueolóxico nesta proposta supón á súa vez a implementación do traballo con fontes, sabendo que presenta múltiples virtudes, entre as que destacan o seu compoñente motivador e emocional para o alumnado. O traballo expón como obxectivo principal afondar na aprendizaxe-servizo e no deseño de propostas para a súa posta en práctica nas aulas de primaria. Así, busca desenvolver competencias específicas para traballar co patrimonio local nesta etapa educativa. Desde o punto de vista metodolóxico, levarase a cabo unha revisión da literatura de cara a deseñar unha proposta de intervención nunha aula de primaria. A proposta implementaráse e os seus resultados serán avaliados a fin de estimar as súas potencialidades e problemáticas. Agárdase que dito traballo permita coñecer máis a fondo as liñas indicadas e que promova entre o alumnado o desenvolvemento de competencias cidadás, avogando pola conservación do patrimonio arqueolóxico e unha actitude pro activa na intervención social da realidade.

A parentalidade positiva en nais e pais. Os indicadores dos efectos da implementación do Programa de Preservación Familiar
Autoría
A.R.B.
Grao en Pedagoxía
A.R.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A familia constitúe a fonte de socialización primaria de todas as persoas, polo que o modo en que as figuras marentais e/ou parentais exercen as súas funcións de coidado e educación inflúe decisivamente no desenvolvemento integral das súas fillas e fillos. Neste marco, esta investigación de campo ten como obxectivo principal estudar, desde a óptica da parentalidade positiva, os indicadores dos efectos da implementación do Programa Espazos de Preservación Familiar nas nais e nos pais dunha mostra de familias residentes nas comarcas galegas de O Salnés e O Barbanza. Dado que o programa se dirixiu fundamentalmente a reforzar as competencias marentais e/ou parentais e a favorecer a preservación das e dos menores no seu entorno familiar, a análise centrouse en avaliar a súa efectividade en tres dimensións concretas: “Coñecemento e control do estrés”, “Afecto e recoñecemento” e “Actividades compartidas”; nas cales se observaron cambios e indicios de mellora en determinadas prácticas marentais e/ou parentais tras a intervención.

O xogo como ferramenta educativa para o fomento de habilidades sociais e comunicativas no alumnado con Trastorno do Espectro Autista
Autoría
A.R.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) caracterízase polas dificultades persistentes no ámbito comunicativo e da interacción social, e pola presenza de patróns restrictivos e repetitivos de comportamento, intereses ou actividades. Dada a súa prevalencia, cada vez é maior a presenza do alumnado con TEA na aula ordinaria e a necesidade de que o profesorado saiba dar resposta ás súas necesidades. O xogo proporciona un entorno natural e motivador onde os/as nenos/as aprenden a interactuar cos demais de maneira efectiva e, polo tanto, constitúe unha ferramenta esencial para o desenvolvemento das habilidades sociais. Por tanto, o obxectivo xeral deste TFG é analizar a utilidade do xogo como ferramenta para mellorar a comunicación e desenvolver as habilidades sociais no alumnado con TEA no contexto da Educación Primaria. Trátase dun traballo de iniciación á investigación documental, no que se realizou unha revisión da literatura nos últimos anos, a través de diferentes fontes bibliográficas. Os principais resultados demostran o papel do xogo como ferramenta pedagóxica que axuda ao alumnado con TEA a adquirir habilidades sociais en contextos significativos. Gracias a este, obsérvanse avances nas interaccións con iguais, na aprendizaxe das normas sociais, e na expresión emocional. Así, o xogo convértese nun pilar fundamental para a inclusión educativa e o desenvolvemento integral do alumnado con TEA en Educación Primaria.

IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titor do alumno)

A influencia da separación no rendemento académico dos e das fillos e fillas
Autoría
N.R.B.
Grao en Pedagoxía
N.R.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
A ruptura familiar causada pola separación dos proxenitores é un feito cada vez máis común na nosa sociedade. Este proceso leva a unha serie de cambios significativos na estrutura e dinámica familiar que derivan en múltiples consecuencias. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar o impacto da separación no rendemento académico dos e das fillos e fillas. Para iso, levouse a cabo unha investigación de campo descritiva de carácter cuantitativo mediante a aplicación dun cuestionario elaborado ad hoc como instrumento de recollida de datos. A mostra está composta por 103 estudantes dos catro cursos académicos do Grao en Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que os resultados mostran variedade, afírmase que o plano educativo pódese ver afectado polo proceso de separación, incidindo no rendemento académico e a dimensión social dos e as estudantes. A pesar disto, conclúese que as consecuencias da separación non son un todo homoxéneo, senón que depende do individuo e os factores do contexto durante a vivencia do proceso.

O aprendizaxe baseado en proxectos (ABP). Proxecto “Os desertos”
Autoría
A.R.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.R.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao expón a través dunha revisión teórica e unha posta en práctica, a eficacia do Aprendizaxe Basado en Proxectos (ABP) nas aulas de Educación Infantil, tanto dende a perspectiva docente como da do alumando. Segundo os resultados recollidos, móstrase cómo o ABP favorece o desenvolvemento pleno dos nenos e nenas partindo das súas investigacións, intereses e motivacións. Así mesmo, exponse como esta metodoloxía activa leva a desenvolver procesos de innovación cos que se traballan a autonomía, a confianza, a cooperación, a toma de decisións e o pensamento crítico. O estudo, presenta unha proposta didáctica basada na aplicación práctica dun proxecto centrado en “Os desertos” nun aula de Infantil mixa de 3 a 5 anos. Neste procedemento, observanse os aprendizaxes obtidos e a proposta de actividades, así como os resultados do mesmo, evidenciando que o ABP enriquece a práctica educativa e mellora as aprendizaxes.

ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titor do alumno)

A música como ferramenta inclusiva no alumnado con TEA. Proposta de innovación no segundo ciclo de Educación Infantil.
Autoría
A.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 13:00
03.07.2025 13:00
Resumo
O traballo céntrase no emprego da música como ferramenta para potenciar, impulsar, estimular, reforzar e mellorar a inclusión do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no segundo ciclo de Educación Infantil (3-6). O presente traballo enmárcase na modalidade de deseño dun proxecto de intervención coa finalidade de elaborar un proposta de innovación pedagóxica, cuxo obxectivo principal é o deseño dunha porpuesta de intervención para mellorar a inclusión a través dunha aula multisensorial baseada en recursos e técnicas que fomenten e desenvolvemento integral dos nenos e nenas, especialmente daqueles con TEA, no segundo ciclo de educación infantil. A metodoloxía estrutúrase na procura e análise de información sobre as características do TEA, o currículo, o papel da música no desenvolvemento do alumnado de 3 a 6 anos, relacionándoo coa práctica docente e a súa aplicabilidade nesta etapa educativa. Os principais resultados previsibles mostran o potencial que pode ofrecer a música como ferramenta para favorecer o desenvolvemento integral e a participación na contorna escolar.

LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Trigo Martínez, Cristina (Secretario/a)
OUTON OVIEDO, PAULA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Trigo Martínez, Cristina (Secretario/a)
OUTON OVIEDO, PAULA (Vogal)
Impacto das especies exóticas invasoras nos ecosistemas galegos: proxecto de sensibilización e fomento da acción ambiental dende o ocio sostible
Autoría
S.R.O.
Grao en Pedagoxía
S.R.O.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2025 12:45
03.07.2025 12:45
Resumo
As Especies Exóticas Invasoras supoñen unha ameaza tan importante como descoñecida. A súa introdución e expansión nos ecosistemas galegos pode provocar devastadoras consecuencias para a biodiversidade local. Esta problemática xustifica a necesidade dun proxecto de intervención que fomente o coñecemento e a acción individual e colectiva ante esta ameaza dende unha perspectiva pedagóxica enmarcada na Educación Ambiental. O presente Traballo de Fin de Grao, circunscrito dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención, centra a súa atención neste reto, propoñendo un proxecto educativo dirixido ás crianzas do último ciclo de Educación Primaria. O eixo central desta proposta consiste en sensibilizar acerca do impacto das Especies Exóticas Invasoras sobre a biodiversidade galega, promovendo actitudes responsables e sostibles mediante a Educación Ambiental e o Ocio Sostible. No desenvolvemento deste traballo preséntase unha aproximación conceptual á temática obxecto de estudo, fundamentada en investigacións científicas, abordando a relevancia educativa desta problemática, o papel da Educación Ambiental como ferramenta didáctica e o potencial do Ocio Sostible para a sensibilización social. Asemade, realizase unha análise de necesidades e contextualización da proposta na Fundación Montescola, entidade onde se pretende desenvolver o proxecto. Finalmente, inclúese a proposta de intervención deseñada, especificando as accións a desenvolver.
As Especies Exóticas Invasoras supoñen unha ameaza tan importante como descoñecida. A súa introdución e expansión nos ecosistemas galegos pode provocar devastadoras consecuencias para a biodiversidade local. Esta problemática xustifica a necesidade dun proxecto de intervención que fomente o coñecemento e a acción individual e colectiva ante esta ameaza dende unha perspectiva pedagóxica enmarcada na Educación Ambiental. O presente Traballo de Fin de Grao, circunscrito dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención, centra a súa atención neste reto, propoñendo un proxecto educativo dirixido ás crianzas do último ciclo de Educación Primaria. O eixo central desta proposta consiste en sensibilizar acerca do impacto das Especies Exóticas Invasoras sobre a biodiversidade galega, promovendo actitudes responsables e sostibles mediante a Educación Ambiental e o Ocio Sostible. No desenvolvemento deste traballo preséntase unha aproximación conceptual á temática obxecto de estudo, fundamentada en investigacións científicas, abordando a relevancia educativa desta problemática, o papel da Educación Ambiental como ferramenta didáctica e o potencial do Ocio Sostible para a sensibilización social. Asemade, realizase unha análise de necesidades e contextualización da proposta na Fundación Montescola, entidade onde se pretende desenvolver o proxecto. Finalmente, inclúese a proposta de intervención deseñada, especificando as accións a desenvolver.
Dirección
FORMOSO SILVA, MARIA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA Cotitoría
FORMOSO SILVA, MARIA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA Cotitoría
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
A Importancia da Motricidade na etapa de Educación Infantil
Autoría
D.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
D.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na educación motriz durante a etapa de Educación Infantil, co obxectivo de deseñar unha proposta de intervención educativa onde se traballen as principais Habilidades Motrices Básicas (HMB). Así pois, preséntase un marco teórico, resultado dunha investigación bibliográfica e, seguidamente, unha proposta de intervención formada por tres sesións motrices. A través destas sesións búscase favorecer o desenvolvemento motriz do neno á vez que espertar nel un sentimento de gusto polo movemento e traballar distintos aspectos sociais.
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na educación motriz durante a etapa de Educación Infantil, co obxectivo de deseñar unha proposta de intervención educativa onde se traballen as principais Habilidades Motrices Básicas (HMB). Así pois, preséntase un marco teórico, resultado dunha investigación bibliográfica e, seguidamente, unha proposta de intervención formada por tres sesións motrices. A través destas sesións búscase favorecer o desenvolvemento motriz do neno á vez que espertar nel un sentimento de gusto polo movemento e traballar distintos aspectos sociais.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Introducindo a C de Cultura nunha aula AICLE de Plástica: Deseño e proposta de actividades didácticas para Educación Primaria
Autoría
A.R.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 17:00
02.07.2025 17:00
Resumo
A realidade social multilingüe e multicultural na que vivimos fan necesaria unha educación acorde a esta diversidade, poñendo o foco na formación de persoas competentes nas súas relacións interculturais, conscientes culturalmente e tolerantes ante esta realidade. Este Traballo de Fin de Grao propón cinco propostas didácticas para fomentar esta educación en cultura na Educación Primaria, a través da metodoloxía AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Estranxeira) nunha aula de Educación Plástica. O obxectivo principal da proposta é a creación de actividades que, mediante un enfoque práctico, sirvan para integrar a aprendizaxe do inglés a través da creación artística, á vez que se desenvolve a competencia cultural e a súa expresión. Con elas se persegue traballar contidos tanto lingüísticos como artísticos, e promover a valoración da diversidade cultural nun entorno inclusivo e participativo.

Implicación familiar na toma de decisións académicas e profesionais en Secundaria. Deseño dun proxecto de intervención para familias do alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Autoría
M.R.V.
Grao en Pedagoxía
M.R.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar un proxecto de intervención educativa dirixido a mellorar a implicación das familias na toma de decisións académicas e profesionais do alumnado de 4º da ESO nun Instituto de Educación Secundaria de Galicia. A proposta xorde da necesidade de recoñecer e mellorar o papel que xogan as familias neste proceso, especialmente no momento evolutivo da adolescencia, que se caracteriza por ser unha etapa de fortes presións sociais, medos e inseguridades cara ao futuro, e pola construción da identidade persoal e vocacional. Para iso, primeiramente realízase unha revisión teórica sobre a toma de decisións, os factores que inflúen nela, as características propias da adolescencia e o papel que ocupa o núcleo familiar en todo isto. Posteriormente, preséntase o deseño da intervención, detallando os seus obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades, temporalización e avaliación. A proposta busca fomentar unha actitude de acompañamento positivo por parte das familias. Con ela, preténdese contribuír á mellora dos procesos de orientación nos centros educativos, facendo partícipes a todos os axentes que están implicados dalgunha maneira na toma de decisións do alumnado.

A música como ferramenta inclusiva: deseño de actividades para alumnado con discapacidade visual
Autoría
M.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:45
01.07.2025 12:45
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na elaboración dunha proposta de intervención de educación musical para o alumnado con discapacidade visual do segundo ciclo de Educación Primaria. Deste xeito, tras analizar a educación inclusiva e os beneficios que a música ten no desenvolvemento infantil, deséñase unha proposta titulada Unha viaxe musical. Búscase que o alumnado con discapacidade visual desenvolva unha aprendizaxe significativa mediante a experimentación a través dos sentidos do oído e do tacto. Ao longo das seis sesións que compoñen dito proxecto, se levan a cabo actividades sensoriais, baseadas no descubrimento de diferentes culturas musicais, o recoñecemento auditivo de diversos instrumentos e a súa posterior creación en grupo. Este proxecto baséase no Decreto 155/2022 da Comunidade Autónoma de Galicia e na LOMLOE, e ten como obxectivo desenvolver a autonomía, a creatividade e a participación do alumnado, realizando as adaptacións necesarias para que o alumnado con discapacidade visual, independentemente do grao desta, poida desenvolver a súa aprendizaxe nas mesmas condición que o resto do grupo. En resumo, esta proposta presenta a música como unha linguaxe universal, permitindo levar a cabo unha educación inclusiva.

Proposta de mellora cara un patio máis inclusivo: Patio do C.E.I.P. Agro do Muiño.
Autoría
A.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que aquí se desenvolve, presenta unha proposta de mellora para o patio do C.E.I.P. Agro do Muíño (Ames), orientada á creación dun espazo máis inclusivo e accesible. A través dunha unidade didáctica realizada durante o período de prácticas, recolléronse as percepcións e propostas do alumnado de 4º de Educación Primaria mediante actividades como enquisas, análise de planos, técnica de foto-voz e traballo cooperativo. A información obtida, permitiu elaborar unha proposta de redeseño que incorpora principios de deseño universal, zonas lúdicas diversas e espazos tranquilos, co obxectivo de fomentar a participación, a convivencia e o benestar de todo o alumnado. Este traballo pon en valor a voz dos discentes como base para transformar a contorna escolar en clave de inclusión.

Abuso sexual infantil: unha perspectiva cara a Educación Social
Autoría
C.R.C.
Grao en Educación Social
C.R.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
No presente traballo analizaremos, mediante unha revisión documental, o Abuso Sexual Infantil (ASI), así como as raíces estruturais dun sistema que o xustifica e valida na sombra. Para isto, o adultocentrismo é un concepto clave, xa que desposúe a infancia dunha identidade propia, facilitando a súa deshumanización. Para unha análise máis profunda de como se concibe a infancia ao longo do devir histórico, empregaranse autores clave que outorgan significación á infancia como etapa evolutiva inherente ao ser humano, que debe ser protexida das agresións adultas. A continuación, procederase á conceptualización do ASI, así como á análise da súa dinámica habitual e das consecuencias psicolóxicas, sociais e sexuais, entre outras, tanto a curto como a longo prazo. Ademais, exporase o perfil da persoa que perpetra os abusos dirixidos á infancia, así como os modelos explicativos que intentan esclarecer esta conduta parafílica e desviada. O traballo rematará cunhas conclusións que subliñan a necesidade dunha actuación multidisciplinar na intervención coas vítimas, e as limitacións na busca de literatura científica vinculada ao eido da Educación Social; feito que evidencia a necesidade de reivindicar o noso papel profesional.

Animación Sociocultural e Ocio Educativo en Contextos Penitenciarios
Autoría
L.R.T.
Grao en Educación Social
L.R.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A seguinte investigación procura realizar unha aproximación aos beneficios da Animación Sociocultural e Ocio Educativo nos contextos penitenciarios de cara a lograr a reinserción social das persoas reclusas. Para iso, faise unha revisión da literatura existente empregando bases de datos nacionais e internacionais que dan resposta ao obxectivo formulado. Deste xeito, nos resultados expóñense os beneficios e impactos positivos a nivel psicosocial das persoas reclusas que participan neste tipo de iniciativas, analizando boas prácticas no contexto penitenciario español dende a perspectiva da Educación Social, profesión que se atopa aínda invisibilizada nestes contextos, pero que resulta sumamente necesaria. Neste senso, destácase a importancia de incluír a Animación Sociocultural e o Ocio como elementos educativos chave nas prisións, precisando dunha maior investigación neste eido que incida na mellora da calidade de vida das persoas reclusas e na súa posterior volta á sociedade.

Proposta de intervención para fomentar as estratexias de aprendizaxe en alumnado con dislexia.
Autoría
C.R.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.R.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
26.06.2025 11:30
26.06.2025 11:30
Resumo
Actualmente, nos centros escolares hai unha porcentaxe importante de alumnado con diversidade funcional, que debe ser atendido de forma individualizada, tal e como establece a normativa. A diversidade acolle moitos trastornos ou dificultades; entre eles, encóntrase o alumnado con dislexia. A dislexia é unha dificultade da linguaxe que afecta principalmente ao ámbito da escritura, mais tamén pode incidir na lectura e nas matemáticas (discalculia), por exemplo. O alumnado que presenta esta dificultade precisa diversos apoios específicos que favorezan o seu desenvolvemento na aula, como recursos visuais ou a axuda de persoal especializado. O obxectivo deste TFG é deseñar unha proposta de intervención que teña en conta diferentes estratexias de aprendizaxe que poidan servir para a mellora do rendemento deste alumnado e lles permita superar as dificultades que presentan, sen que supoña un obstáculo no seu proceso educativo. O presente TFG estrutúrase en dúas partes: unha primeira dedicada ao marco teórico, no que se recolle a información das diferentes fontes que se precisaron para a investigación sobre a dificultade a tratar; e, unha segunda que presenta a proposta de intervención cos obxectivos, metodoloxía, recursos e avaliación do proceso co fin de garantir o éxito académico do alumnado con dislexia nas aulas.

Estadisters: a moda non é o rural.
Autoría
D.S.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.S.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 13:00
04.07.2025 13:00
Resumo
Neste traballo de final do Grao en Mestre/a de Educación Primaria preséntase unha investigación-acción, co obxectivo de valorar o impacto do dominio afectivo nos discentes. Para elo, deseñouse un proxecto didáctica dirixida a unha aula de sexto curso de Educación Primaria. Tal proxecto foi concibido en base a unha metodoloxía, principalmente, manipulativa, e a unha problemática social do contexto do alumnado, intentando traballar contidos de diferentes áreas de forma interdisciplinaria. Os resultados acadados mostran unha mellora na afectividade das crianzas cara a materia de matemáticas, impactando de forma positiva na súa actitude cara esta disciplina.

NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Castro Fernández, Belén María (Vogal)
A radio como ferramenta didáctica para traballar habilidades comunicativas en Educación Primaria
Autoría
L.S.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.S.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao, titulado “A radio como ferramenta didáctica para traballar habilidades comunicativas na Educación Primaria”, ten como principal obxectivo analizar o impacto e a potencialidade da radio como recurso educativo na aula. Para iso, pártese dun marco teórico que aborda, en primeiro lugar, a evolución histórica da radio e a súa incorporación progresiva ao ámbito educativo. A continuación, analízase o seu papel na actualidade, prestando especial atención aos novos formatos xurdidos na era dixital. Así mesmo, revísanse diferentes programas e proxectos educativos, tanto de ámbito autonómico como de iniciativa escolar, que integran a radio nas aulas de Educación Primaria. Como complemento a esta revisión, inclúese a análise dun caso concreto: un centro educativo galego que desenvolve un proxecto de radio escolar. A partir desta base teórica e contextual, deseñase unha proposta didáctica que emprega a radio como ferramenta para fomentar o desenvolvemento das habilidades comunicativas do alumnado. A intervención articúlase nunha secuencia de sesións que promoven a creatividade, o traballo colaborativo e a participación activa do estudantado, outorgándolle un papel protagonista no seu propio proceso de aprendizaxe.

FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
A herdanza aprendida do amor violento
Autoría
S.S.O.
Grao en Educación Social
S.S.O.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:15
01.07.2025 11:15
Resumo
A potencial transmisión da violencia de xénero na parella é unha problemática a abordar dende a intervención social e educativa, pois é un fenómeno que vulnera os dereitos das mulleres e crianzas vítimas. Neste senso, o papel do amor romántico e os roles de xénero propagados pola sociedade patriarcal e pola influencia familiar, son obxecto clave a erradicar dende unha prevención a través de disciplinas como a Educación Social. Co fin de promover a autonomía persoal, o empoderamento e protección das mulleres, así como reconfigurar o marco moral da sociedade en torno á concepción do amor como algo libre e igualitario, e non como unha xerarquía entre persoas.
A potencial transmisión da violencia de xénero na parella é unha problemática a abordar dende a intervención social e educativa, pois é un fenómeno que vulnera os dereitos das mulleres e crianzas vítimas. Neste senso, o papel do amor romántico e os roles de xénero propagados pola sociedade patriarcal e pola influencia familiar, son obxecto clave a erradicar dende unha prevención a través de disciplinas como a Educación Social. Co fin de promover a autonomía persoal, o empoderamento e protección das mulleres, así como reconfigurar o marco moral da sociedade en torno á concepción do amor como algo libre e igualitario, e non como unha xerarquía entre persoas.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
Estudando as miñocas de terra en educación infantil mediante un enfoque STEM
Autoría
A.S.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.S.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste na posta en marcha e análise dunha proposta de intervención pedagóxica innovadora que aborda o estudo das miñocas de terra, as súas características e o seu papel no ecosistema, dentro dunha aula de Educación Infantil, mediante un enfoque STEM. O obxectivo é achegar ao alumnado ao coñecemento destes invertebrados, a súa relación cos procesos de descomposición e fertilización do chan, espertando a súa curiosidade científica e fomentando aprendizaxes significativas a través de experiencias prácticas, manipulativas e interdisciplinares. A proposta persegue desenvolver no alumnado competencias científicas, tecnolóxicas, de enxeñería e matemáticas, promovendo habilidades como a observación, a formulación de hipótese, a análise de cambios na contorna, o rexistro de datos e a experimentación. A metodoloxía seguida é cualitativa, baseada nun estudo de caso, combinando a análise de producións gráficas elaboradas polo alumnado, rúbricas específicas para valorar o desempeño e notas de campo solicitadas durante a intervención. Os resultados evidencian unha elevada adecuación da proposta aos principios metodolóxicos STEM e unha evolución notable nas ideas previas e representacións gráficas do alumnado, consolidando aprendizaxes sobre as características, hábitat e función ecolóxica das miñocas.

BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titoría)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titor do alumno)

Influencia das tecnoloxías dixitais na conduta do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
S.S.N.
Grao en Pedagoxía
S.S.N.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Dende o desexo de comprender como as tecnoloxías dixitais están a influír na conduta do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, nace o presente traballo. Nel, búscase afondar tanto na complexidade da realidade adolescente como na visión docente. No marco teórico analízanse diversos aspectos que envolven a adolescencia no contexto dixital -nos ámbitos académico e persoal- abordando cuestións como o rendemento académico, a construción da identidade, a autoestima ou a socialización. Posteriormente, explórase a percepción do profesorado sobre estes aspectos, os cambios no seu rol -co obxectivo de adaptarse- e os desafíos que identifican no proceso de ensino-aprendizaxe. Para comprender esta percepción, desenvolveuse unha investigación empírica mediante a aplicación dun cuestionario a un centro de ensinanza secundaria, cun total de 54 participantes. Entre os resultados obtidos destaca o impacto na autonomía do alumnado, a profundidade da aprendizaxe, a atención, a comunicación e o desenvolvemento identitario. Ademais, amósase a transformación sobre o que implica ser docente hoxe en día, convidando a (re)pensar o papel das tecnoloxías dixitais na educación e o sentido de ensinar na era dixital.

O consumo de porno en adolescentes: O papel da educación afectivo-sexual.
Autoría
R.S.P.
Grao en Pedagoxía
R.S.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
Nas últimas décadas, o consumo da pornografía viuse incrementado na era da dixitalización e o fácil acceso a este tipo de contidos. A pornografía converteuse nun tema central de debate na sociedade actual debido para os efectos que xera o seu respectivo consumo. Así, a influencia da mesma crea entre as novas percepcións distorsionadas da realidade, desinformación e estereotipos sexuais que xeran un gran impacto entre os/as adolescentes do século XXI. O acceso en idades temperás e a falta de educación sexual, son factores que agravan esta situación así como continúaa exposición a internet e as redes sociais. O nivel de consumo non fixo máis que crecer nos últimos anos e as tendencias demostran o gran reto ao que nos enfrontamos. Como consecuencia disto, faise necesario realizar unha análise e estudo da educación afectivo-sexual co fin de outorgar a importancia que se merece como ferramenta de concienciación, sensibilización e prevención. A presenza da educación afectivo-sexual nas aulas e no resto de contornas sociais contribúe ao desenvolvemento integral das persoas, promovendo relacións de forma máis sa e respectuosa a través de factores como o pensamento crítico, a empatía ou o respecto.

A Orientación Educativa como ferramenta para o empoderamento xuvenil na era dixital
Autoría
A.S.F.
Grao en Pedagoxía
A.S.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.02.2025 10:00
04.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a orientación educativa e o empoderamento xuvenil como elementos clave para o desenvolvemento integral da mocidade nunha sociedade en constante cambio. Examínase o concepto e a importancia da orientación educativa como un proceso continuo que aborda as dimensións académica, persoal, social e profesional dos/as estudantes. Explórase o empoderamento xuvenil como un proceso multidimensional que fomenta a autonomía e a participación activa dos mozos e mozas. Analízase o impacto da transformación dixital na educación e na vida dos mozos e mozas, destacando a necesidade de desenvolver competencias dixitais e sociais. O estudo enfatiza a importancia da orientación educativa como ferramenta para o empoderamento xuvenil, promovendo a toma de decisións informadas e a participación activa na comunidade. Conclúese que a integración efectiva destes enfoques nas prácticas pedagóxicas contribúe significativamente á mellora das competencias profesionais dos educadores/as e prepara aos/as estudantes para os desafíos futuros.

A influencia das tecnoloxías no tempo libre do alumnado de Educación Infantil. Estudo dun caso: análise cuantitativa na realidade de Bueu.
Autoría
L.S.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.S.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
As tecnoloxías, cada vez máis, condicionan a nosa vida cotiá, e por ende tamén a do alumnado de Educación Infantil. Son moitos os nenos e as nenas que xa a estas idades son educados nos seus tempos libres polas pantallas, sen un uso pautado e rigurosamente crítico. Neste Traballo de Fin de Grao se intentará conceptualizar todo este paradigma social que se cumpre en maior ou menor medida nos fogares da localidade de Bueu. Con intención de esclarecer o uso que se lle da a estos dispositivos, así como os motivos que hai detrás disto, se idea un estudo cuantitativo que permitirá aclarar o obxectivo principal desta análise. Neste sentido, se crea e se aplica un cuestionario contextualizado e revisado para as familias de todo Bueu, a fin de obter uns resultados que nos permitan optimizar toda esta situación. Con todo isto se identificarán os patróns sociais que serven de base para a educación dixital que este alumnado de infantil recibe no seu ocio, máis aló da escola.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
A Literatura Infantil como recurso para romper con estereotipos de xénero presentes en contos da tradición oral.
Autoría
V.S.Q.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
V.S.Q.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
O alumnado de Educación Infantil presenta na aula un preocupante descoñecemento dos contos da tradición oral. Esta circunstancia ocasiona que non recoñezan estereotipos asentados e caian en clixés. Neste Traballo Fin de Grao, exponse como obxectivo xeral detectar se se pode traballar na aula de infantil a ruptura de estereotipos a partir da colección “Éranse dúas veces”. En primeiro lugar, ofrecerase unha revisión teórica da viabilidade do uso da Literatura Infantil como ferramenta para romper estereotipos. En segundo lugar, apostarase pola colección “Éranse dúas veces” como selección lectora para deixar atrás clixés. Tras este punto de partida, concretarase unha proposta de intervención, deseñada como un break out educativo, para romper cos estereotipos reescritos na citada colección. Como resultado deste TFG, o alumnado de Educación Infantil logrará identificar clixés nos contos tradicionais e non caerá en estereotipos grazas á reescritura que se ofrece nesta colección.
O alumnado de Educación Infantil presenta na aula un preocupante descoñecemento dos contos da tradición oral. Esta circunstancia ocasiona que non recoñezan estereotipos asentados e caian en clixés. Neste Traballo Fin de Grao, exponse como obxectivo xeral detectar se se pode traballar na aula de infantil a ruptura de estereotipos a partir da colección “Éranse dúas veces”. En primeiro lugar, ofrecerase unha revisión teórica da viabilidade do uso da Literatura Infantil como ferramenta para romper estereotipos. En segundo lugar, apostarase pola colección “Éranse dúas veces” como selección lectora para deixar atrás clixés. Tras este punto de partida, concretarase unha proposta de intervención, deseñada como un break out educativo, para romper cos estereotipos reescritos na citada colección. Como resultado deste TFG, o alumnado de Educación Infantil logrará identificar clixés nos contos tradicionais e non caerá en estereotipos grazas á reescritura que se ofrece nesta colección.
Dirección
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Xestión emocional na vellez a través do humor positivo e da retranca: unha proposta dende a Educación Social
Autoría
L.S.F.
Grao en Educación Social
L.S.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo explora o humor positivo, e en particular a retranca galega, como ferramenta socioeducativa para mellorar o benestar emocional das persoas maiores en Galicia. A través dunha revisión teórica e da elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa adaptado ao contexto cultural galego, demóstrase que o humor pode fortalecer os vínculos sociais, reducir o estrés e fomentar a resiliencia. A educación social preséntase como unha ponte clave entre a tradición e as necesidades actuais, ofrecendo novas perspectivas para o traballo socioeducativo con persoas maiores.
Este traballo explora o humor positivo, e en particular a retranca galega, como ferramenta socioeducativa para mellorar o benestar emocional das persoas maiores en Galicia. A través dunha revisión teórica e da elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa adaptado ao contexto cultural galego, demóstrase que o humor pode fortalecer os vínculos sociais, reducir o estrés e fomentar a resiliencia. A educación social preséntase como unha ponte clave entre a tradición e as necesidades actuais, ofrecendo novas perspectivas para o traballo socioeducativo con persoas maiores.
Dirección
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)
O poder da expresión dramática como ferramenta educativa na Educación Infantil
Autoría
A.S.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.S.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 13:00
03.07.2025 13:00
Resumo
O traballo desenvolve unha proposta de innovación para o segundo ciclo de Educación Infantil cuxo obxectivo primeiro é introducir a expresión dramática nunha aula desta etapa, para logo analizar e valorar os cambios que se producen nas dinámicas de xogo e aprendizaxe das crianzas. A proposta consta de dúas partes: en primeiro lugar, a posta en contacto das crianzas da aula co teatro e, en segundo lugar, a propia experimentación das crianzas co xogo dramático. Para abordar a primeira parte, realízanse cambios nos espazos de xogo simbólico e biblioteca. En canto á segunda, propóñense varias sesións de xogo dramático seguindo unha planificación gradual en dificultade. Emprégase unha metodoloxía de investigación baseada no deseño, de xeito que, unha vez implementada a proposta, recóllense os datos obtidos a través de diversos instrumentos de observación para analizar en que medida se conseguiu lograr o obxectivo principal.
O traballo desenvolve unha proposta de innovación para o segundo ciclo de Educación Infantil cuxo obxectivo primeiro é introducir a expresión dramática nunha aula desta etapa, para logo analizar e valorar os cambios que se producen nas dinámicas de xogo e aprendizaxe das crianzas. A proposta consta de dúas partes: en primeiro lugar, a posta en contacto das crianzas da aula co teatro e, en segundo lugar, a propia experimentación das crianzas co xogo dramático. Para abordar a primeira parte, realízanse cambios nos espazos de xogo simbólico e biblioteca. En canto á segunda, propóñense varias sesións de xogo dramático seguindo unha planificación gradual en dificultade. Emprégase unha metodoloxía de investigación baseada no deseño, de xeito que, unha vez implementada a proposta, recóllense os datos obtidos a través de diversos instrumentos de observación para analizar en que medida se conseguiu lograr o obxectivo principal.
Dirección
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Escapa con Naturizo. Unha proposta de gamificación para abordar elementos da tradición oral nas aulas de Educación Infantil.
Autoría
T.S.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
T.S.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
A recomendación de adquirir competencias transversais dende as aulas de Educación Infantil sitúa a futura mestra ante o reto de traballar os contidos das distintas áreas de forma conxunta. A gamificación é unha metodoloxía que podería ser apropiada para acadar este obxectivo, xa que a través de elementos e técnicas de xogo, as crianzas levan a cabo aprendizaxes significativas e duradeiras cunha maior motivación e mellor actitude. Tras realizar unha revisión de obras infantís, neste Traballo de Fin de Grao ofrécese unha proposta gamificada, un escape room deseñado a partir da serie protagonizada por Naturizo, co propósito de que o alumnado coñeza elementos da tradición oral galega (personaxes, paisaxes e costumes, entre outros), a través dun xogo organizado segundo as estacións do ano. Deste xeito, preténdese que o alumnado de Educación Infantil consiga adquirir competencias transversais recollidas no currículo vixente e, ao mesmo tempo, aprenda os contidos das diferentes áreas mentres realiza o escape room.
A recomendación de adquirir competencias transversais dende as aulas de Educación Infantil sitúa a futura mestra ante o reto de traballar os contidos das distintas áreas de forma conxunta. A gamificación é unha metodoloxía que podería ser apropiada para acadar este obxectivo, xa que a través de elementos e técnicas de xogo, as crianzas levan a cabo aprendizaxes significativas e duradeiras cunha maior motivación e mellor actitude. Tras realizar unha revisión de obras infantís, neste Traballo de Fin de Grao ofrécese unha proposta gamificada, un escape room deseñado a partir da serie protagonizada por Naturizo, co propósito de que o alumnado coñeza elementos da tradición oral galega (personaxes, paisaxes e costumes, entre outros), a través dun xogo organizado segundo as estacións do ano. Deste xeito, preténdese que o alumnado de Educación Infantil consiga adquirir competencias transversais recollidas no currículo vixente e, ao mesmo tempo, aprenda os contidos das diferentes áreas mentres realiza o escape room.
Dirección
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Traballando o Patrimonio Local a través de recursos virtuais: Unha Proposta de Intervención Educativa para alumnado de Educación Primaria.
Autoría
N.S.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.S.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo nace da necesidade de levar e traballar nas aulas de Educación Primaria o patrimonio local concretamente de Cedeira. Decido traballar isto, xa que é unha temática que apenas se trata co alumnado de Educación Primaria. O obxectivo é deseñar, implementar e avaliar unha proposta de intervención, centrada neste caso, no patrimonio arqueolóxico e natural localizado na zona do Castro Punta Sarridal, que se atopa en Cedeira, fomentando a educación patrimonial, a ABL, o valor do patrimonio local no ámbito educativo, así como o emprego das TIC. Para o deseño da proposta levouse a cabo unha revisión dos traballos máis recentes sobre a temática traballada. Para avaliar a proposta utilizaranse como instrumentos diversos cuestionarios dirixidos tanto ao profesorado como ao alumnado do centro. Ademais, traballarase con recursos virtuais que traten o patrimonio desta zona seleccionada, e farase tamén unha saída ao propio Castro, para así obter e recoller información para a elaboración duns diarios de campo. Finalmente, avaliaranse os resultados da implementación da proposta, valorando por un lado o seu deseño e posta en práctica, e por outro lado, a súa utilidade para a propia formación coma docente.

Avaliación de Metodoloxías para o Ensino do Uso do Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) en Educación Primaria
Autoría
C.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Obxectivo. Comparar a eficacia da formación tradicional fronte a materiais didácticos innovadores como ferramentas de aprendizaxe para a adquisición de habilidades no uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA) en escolares de 8 a 11 anos. Método. Estudio cuasi-experimental de corte transversal cun total de 207 participantes divididos aleatoriamente en dous grupos: formación tradicional (GC) e formación co DESA-Cube (GE). Ambos grupos recibiron a mesma formación teórico-práctica, diferenciándose unicamente no recurso didáctico utilizado para o segundo grupo. A avaliación realizouse mediante unha simulación individual e unha folla de rexistro. Resultados. Non se atoparon diferenzas estatisticamente significativas entre ambos grupos na maioría dos pasos avaliados sobre o uso do DESA. Non obstante, no reinicio inmediato da RCP, o grupo coa formación tradicional obtivo mellores resultados (80% fronte ao 46,2%). Conclusións. Ambos métodos resultaron eficaces no ensino do uso del DESA. Os resultados evidencian a capacidade do alumnado para adquirir competencias básicas de actuación ante emerxencias, o que reforza a necesidade de incluír esta formación no currículo escolar desde edades temperás.

CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Titor do alumno)

Roles de Xénero: cómo afectan as persoas
Autoría
N.S.L.
Grao en Educación Social
N.S.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o impacto dos roles de xénero na vida das persoas, desde unha perspectiva socioeducativa e con enfoque de xénero. Se parte da premisa de que os roles asignados a homes e mulleres condicionan as súas formas de ser, sentir, relacionarse e participar na sociedade, limitando as súas oportunidades e expectativas e reproducindo desigualdades estruturais. Así mesmo, préstase especial atención á masculinidade hexemónica, entendida esta como o modelo dominante que impón aos homes actitudes de poder, control e represión emocional, e que resulta prexudicial tanto para eles como para a súa contorna, debido a que fomenta o sexismo, as violencias contra as mulleres e a LGTBIfobia. Conclúese co reclamo de incorporar a perspectiva de xénero en Educación Social e que desde esta foméntense as novas masculinidades e o empoderamento das mulleres, xa que é clave para avanzar cara a unha sociedade máis xusta na que as persoas poidan construír a súa identidade libremente, á marxe dos mandatos de xénero opresivos.

Proxecto Interxeracional en Educación Infantil “Raíces Vivas”: Poñer en valor a memoria rural.
Autoría
T.S.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
T.S.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:15
02.07.2025 11:15
Resumo
A crecente desconexión entre xeracións está reducindo os espazos de encontro interxeracionais que caracterizaban á sociedade tradicional xerando illamento social nas persoas maiores e unha perda progresiva das costumes, cultura e tradicións do rural. Por iso, promover iniciativas dende a escola que contribúan a conservación da memoria rural é fundamental para a formación integral do alumnado. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) presenta un proxecto de intervención dirixido ao ámbito escolar co obxectivo de favorecer o contacto entre xeracións e, ao mesmo tempo, recuperar e poñer en valor a memoria rural. Nace así o programa Raíces Vivas que se desenvolverá na Escola de Xanza, unha das sete escolas pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA) de Valga. O programa está deseñado para levarse a cabo en oito sesións distribuídas en catro semanas. En total contamos con trece actividades nas que se traballan diversos contidos como o respecto e protección da contorna próxima, celebracións, costumes e tradicións, habilidades socioafectivas e de convivencia, festas e tradicións da cultura galega e contos tradicionais. En canto aos/ás participantes contaremos con 13 alumnos/as da escola de Xanza e 15 prazas para os/as participantes do colectivo de persoas maiores. Este proxecto sustentase en metodoloxías activas entre as cales destacan a aprendizaxe significativa, a aprendizaxe por descubrimento e a participación activa. Así mesmo, resulta fundamental seguir impulsando a investigación sobre o valor das relacións interxeracionais como ferramenta social para conservar a memoria rural.

O impacto do uso das pantallas no desenvolvemento infantil
Autoría
L.S.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.S.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda 0 horas de pantallas en menores de 12 meses e non máis dunha hora en menores de 5 anos, xa que o seu uso excesivo podería desencadear riscos como o desenvolvemento de hábitos de vida non saudables, alteracións no patrón do sono e problemas no desenvolvemento cognitivo e psicosocial. Estes riscos relaciónanse de forma significativa coa aprendizaxe do alumnado, afectando o seu grao de concentración e ao aumento de dificultades para alcanzar os obxectivos educativos establecidos. Dado que nos últimos anos obsérvase un aumento exponencial no uso das pantallas nos infantes e un incremento da preocupación de familias e docentes polo tema e polas consecuencias que conleva no desenvolvemento infantil, no presente Traballo Fin de Grao, preténdese realizar unha investigación de campo na que se indague sobre o nivel de uso que as e os escolares de segundo ciclo de Educación Infantil fan dos medios tecnolóxicos que teñen ao seu alcance no ámbito familiar.

A inclusión social das persoas con discapacidade
Autoría
Y.S.L.
Grao en Educación Social
Y.S.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 19:00
02.07.2025 19:00
Resumo
A inclusión social entende que todas as persoas teñen dereito a participar de maneira plena e digna na sociedade, tendí as mesmas oportunidades e favorecendo a que todo o mundo teña o mesmo nivel de vida considerado normal e a súa vez creando unha sociedade máis rica e diversa. O obxectivo principal deste traballo é describir a percepción dos diversos perfis profesionais sobre como é a integración social das persoas con diversidade funcional. Escollemos a perspectiva do profesional pois este é un axente de apoio que esta en contacto directo coas persoas, e que vai poder dar unha opinión o máis obxectiva posible. En canto a metodoloxía de traballo, este se desenvolverá a partir dunha investigación de campo, na cal se recollerá a información para desenvolver dito traballo, a partir de diversas entrevistas que se lles realizará a diferentes profesionais que traballan de maneira directa con persoas con diversidade funcional.

O mito da “xeración de cristal”. A educación emocional como mostra de resiliencia e fortaleza na Xeración Z
Autoría
M.D.S.P.
Grao en Pedagoxía
M.D.S.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.02.2025 11:00
03.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza a Xeración Z e a perspectiva negativa existente na actualidade cara dita xeración, analizando tamén a relación coas anteriores xeracións, as súas características e os desafíos que afrontan. A análise realízase tendo en conta conceptos clave como a intelixencia emocional e as novas tecnoloxías, explicando a orixe dos comportamentos e características representativas da Xeración Z, ao tempo que se comparan coas de grupos xeracionais previos, as súas respectivas características e visións do mundo. Explórase a perspectiva das anteriores xeracións e a súa visión sobre os cambios sociais que levan consigo as novas xeracións, así como a comunicación entre estes distintos grupos, a través dunha análise documental teórica, probando os beneficios do fomento da comunicación e das boas relacións interxeracionais, para poder afrontar de xeito colabo-rativo os retos da sociedade actual.

A importancia do dominio afectivo nas matemáticas: análise das actitudes e emocións experimentadas polo alumnado.
Autoría
P.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
A influencia do dominio afectivo ten unha gran repercusión nos procesos de ensino-aprendizaxe das matemáticas. Nos últimos anos produciuse un enorme incremento das investigacións centradas na influencia que ten a afectividade no estudo desta materia. Tanto é así que a normativa curricular actual inclúe o sentido socio emocional como un dos bloques a abordar dentro da materia de matemáticas. Por iso, o obxectivo deste traballo é analizar en dúas aulas concretas de Educación Primaria as crenzas, actitudes e emocións do alumnado das mesmas. Nesta proposta, ademais, introduciranse materiais manipulables, instrumentos de medida e a competencia STEM. Para isto, a recollida de datos basearase na observación feita na aula, un pre-test e un post-test e nas producións realizadas polo alumnado.

Proposta didáctica: O desenvolvemento psicomotor no medio natural a través de rutas escolares
Autoría
N.T.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.T.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
A través da realización de este TFG preténdese abordar unha análise do impacto positivo que se orixina ao promover o desenvolvemento de habilidades psicomotrices en contacto co medio natural. Son múltiples os beneficios que se derivan da realización de actividades en espazos naturais, repercutindo directamente na saúde física e mental. Así mesmo, coñécese que o movemento é o principal motor das experiencias infantís e que a través deste se xera unha integración dos ámbitos físico, psíquico, afectivo e social. Tomando isto en consideración, levarase a cabo unha proposta de intervención que contemple como vía principal de actuación a realización de rutas con diferentes itinerarios de execución. Estas caracterizaranse por un carácter activo e dinámico nas que se introducirán diferentes tipos de actividades que permitan desenvolver as habilidades motrices do alumnado xunto co traballo transversal doutras áreas, como a lóxico matemática, as ciencias socias e naturais ou a expresión plástica ou musical.

ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titoría)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titoría)
Tribunal
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titor do alumno)

A soidade nas persoas maiores
Autoría
A.T.C.
Grao en Pedagoxía
A.T.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.02.2025 12:00
03.02.2025 12:00
Resumo
Cando unha persoa chega á vellez, atópase con diversos cambios en canto á súa fisioloxía, así como aos seus círculos próximos, o que leva a un sentimento de soidade que prexudica moito a vida das persoas maiores. Nas últimas décadas, debido aos cambios sociais e demográficos do noso territorio, as persoas maiores pasaron a constituír unha parte moi considerable da poboación do noso país. Así que os problemas relacionados coa soidade nesta etapa da vida van ser cada vez máis habituais. Para coñecer o tema con maior profundidade, farei unha análise bibliografica sobre o estado da cuestión para tratar de coñecer cales son os traballos dende o campo educativo que se están arealizar sobre esta temática.

Atención á diversidade en educación primaria: inclusión educativa do alumnado con cancro infantil
Autoría
P.T.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.T.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 18:00
01.07.2025 18:00
Resumo
Atender á diversidade é construír partindo do alumnado, considerando as circunstancias que o envolven. A chegada dun diagnóstico en cancro infantil supón o inicio dun procedemento que irrompe na vida do alumnado e o seu entorno. As características da enfermidade e os procedementos postos en marcha para paliala sitúan a pacientes nunha situación anómala que interrompe a súa rutina, tamén no plano educativo. A adaptación dos procesos de ensinanza depende de varios axentes, que deben traballar de maneira conxunta, adoptando un rol activo que garanta a integración do alumnado. Este Traballo de Fin de Grao recolle as implicacións, características e consecuencias da enfermidade, as reaccións da familia e o papel da escola, circunstancias que envolven ao alumnado de Educación Primaria que atravesa un cancro infantil. A través da revisión documental abórdanse, atendendo ao desenvolvemento das crianzas, as cuestións mencionadas. Os diferentes estudos consultados recollen, dende a perspectiva pedagóxica, a importancia de identificar as necesidades individuais e emitir respostas coordinadas adecuadas a estas. Con todo, conclúese que a investigación sobre a temática debe traducirse en formación en materia de atención á diversidade que asegure ás correctas actuacións dos e das docentes co obxectivo último de garantir o desenvolvemento integral do alumnado.

Promoción das habilidades sociais no alumnado de Educación Primaria con TDAH
Autoría
L.T.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.T.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un trastorno do neurodesenvolvemento frecuente na infancia, que pode afectar tanto ao rendemento académico como á integración social do alumnado. No contexto escolar, o estudantado con TDAH adoita presentar dificultades no control dos impulsos e na xestión emocional, o que interfire no establecemento de relacións positivas cos seus iguais. O obxectivo principal deste traballo é analizar intervencións educativas orientadas ao desenvolvemento de habilidades sociais no alumnado de Educación Primaria con TDAH. Para iso, levouse a cabo unha revisión da literatura seguindo a guía PRISMA, seleccionando investigacións empíricas publicadas na última década en bases de datos como PsycINFO, Web of Science, ERIC, PubMed e Dialnet. Os resultados evidencian que os programas estruturados de adestramento en habilidades sociais, as actividades centradas na regulación emocional e a implicación conxunta de docentes e familias constitúen elementos clave para favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e a inclusión deste alumnado. Conclúese que unha intervención educativa planificada, contextualizada e baseada na evidencia pode mellorar significativamente a competencia social do alumnado con TDAH, contribuíndo así ao seu benestar emocional e á súa participación activa na vida escolar.

Aprendizaxe en movemento: Intervención psicomotriz en alumna con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Autoría
M.T.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.T.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
A psicomotricidade infantil presenta grandes beneficios no desenvolvemento do ser humano, fomentando a aparición dunha vida saudable e afastada de enfermidades dende idades temperás. Desta maneira, fronte a nenos e nenas con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista (TEA), preséntase como unha disciplina potencialmente útil para a obtención dun desenvolvemento integral e harmónico. Este informe recolle unha aproximación teórica ás necesidades educativas especiais en relación coa área de movemento, expoñendo os trazos psicomotrices afectados en persoas con autismo e as melloras proporcionadas pola actividade física en diferentes ámbitos da vida cotiá. Neste sentido, trátase dun estudo de caso no que se incorpora un programa de intervención psicomotriz levado a cabo cunha participante diagnosticada; tendo como obxectivo principal provocar un cambio ou mellora nas experiencias motoras e incrementar o seu nivel de autonomía. A recollida de datos realizouse mediante a Batería de Avaliación do movemento para nenos-2 (MABC-2). Os resultados indican unha mellora nas habilidades psicomotrices dun 50% na área de destreza manual e de 66,7 % en puntería e atrape post-intervención.

Contribución a un plan lector de educación infantil: o fomento do interese pola lectura e o desenvolvemento integral en idades temperás.
Autoría
J.V.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.V.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a importancia da lectura en educación infantil como base do desenvolvemento cognitivo, lingüístico e emocional. Abórdanse estratexias para fomentar o hábito lector desde idades temperás, o papel activo das familias neste proceso e a necesidade de metodoloxías motivadoras. Un dos eixos centrais é o conto, entendido como unha ferramenta didáctica de gran valor para traballar a expresión oral, a comprensión, a imaxinación e a educación emocional. O traballo inclúe o deseño e implementación dun plan lector adaptado á aula de 4º de Infantil, con propostas prácticas que integran a lectura na rutina escolar. A través desta experiencia reflexiónase sobre o impacto positivo destas iniciativas e os retos actuais na aplicación de plans lectores nesta etapa.
Este Traballo de Fin de Grao analiza a importancia da lectura en educación infantil como base do desenvolvemento cognitivo, lingüístico e emocional. Abórdanse estratexias para fomentar o hábito lector desde idades temperás, o papel activo das familias neste proceso e a necesidade de metodoloxías motivadoras. Un dos eixos centrais é o conto, entendido como unha ferramenta didáctica de gran valor para traballar a expresión oral, a comprensión, a imaxinación e a educación emocional. O traballo inclúe o deseño e implementación dun plan lector adaptado á aula de 4º de Infantil, con propostas prácticas que integran a lectura na rutina escolar. A través desta experiencia reflexiónase sobre o impacto positivo destas iniciativas e os retos actuais na aplicación de plans lectores nesta etapa.
Dirección
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)
As secuelas psicosociais e emocionais de adolescentes criados nun centro de acollida.
Autoría
A.V.B.
Grao en Educación Social
A.V.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
As secuelas psicosociais e emocionais están presentes en moitas e moitos menores que foron criados polo sistema de protección e acollida debido a diversas situacións e factores da súa contorna. A través desta revisión sistemática, púidose observar que as secuelas son a orixe da vivencia de múltiples experiencias negativas durante a infancia ou a adolescencia, fomentando unha maior probabilidade de que sexan desenvoltas nos distintos ámbitos que rodean ao suxeito. Estas secuelas forman parte do seu desenvolvemento, da súa presente evolución e do seu futuro, afectando a áreas como a social, a educativa ou a psicolóxica. Consigo, poden observarse a través da súa externalización mediante síntomas como a ansiedade, as conductas agresivas, os trastornos, o sentimento de abandono, ou ausencia de habilidades sociais e comunicativas, entre moitos outros. Neste colectivo, as e os profesionais da Educación Social desenvolven un papel crucial no momento da intervención socioeducativa, levando a cabo estratexias e empregando ferramentas para promover o desenvolvemento integral dos mesmos.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
Revisión sistemática sobre o Benestar Dixital en Adolescentes en Europa
Autoría
L.V.R.
Grao en Educación Social
L.V.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 13:30
01.07.2025 13:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha revisión sistemática da literatura científica europea sobre o benestar dixital na adolescencia, publicada entre 2019 e 2025. O obxectivo é identificar factores de risco, factores de protección e propostas prácticas que incidan no uso saudable das tecnoloxías dixi-tais durante a adolescencia. Para iso, analizáronse 28 documentos académicos seleccionados me-diante criterios rigorosos e categorizados en función do seu enfoque metodolóxico e temático. Entre os principais riscos destacan a adicción dixital e o ciberacoso ou ciber-rumor. Como factores protec-tores sinalanse a mediación parental, a alfabetización dixital e o desenvolvemento de competencias socioemocionais. Así mesmo, identifícanse boas prácticas no ámbito educativo e comunitario que favorecen un entorno dixital máis seguro e equilibrado. O traballo conclúe coa necesidade de políti-cas públicas e estratexias educativas que promovan unha cidadanía dixital crítica, participativa e saudable entre a poboación adolescente en Europa

CASAL OTERO, LORENA (Titoría)
CASAL OTERO, LORENA (Titoría)
Tribunal
Varela Crespo, Laura María (Coordinador)

O ritmo na aula: A percusión como ferramenta educativa na Educación Primaria.
Autoría
A.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo propón a incorporación da percusión como unha ferramenta pedagóxica nas aulas de primaria da materia de Música e Danza. Considerando que os instrumentos de percusión son accesibles, versátiles, e están directamente vinculados co concepto do ritmo, a aprendizaxe musical e o desenvolvemento cognitivo e socioemocional dos alumnos poderían mellorar significativamente. Ao longo dun marco teórico, menciónanse beneficios específicos da percusión, como son a mellora da coordinación motriz, o fortalecemento da atención e a memoria, así como a facilidade para traballar en equipo e expresar emocións. Así mesmo, menciónase a flexibilidade que permite adaptarse a distintos niveis de habilidade, converténdoa nun recurso accesible para calquera. Doutra banda, a proposta práctica consta dun conxunto de actividades e xogos deseñados para a promoción da aprendizaxe musical. Entre as dinámicas expostas atópanse a creación de patróns rítmicos colectivos, o uso de percusión corporal, e improvisación dirixida con instrumentos como tambores, maracas ou caixóns flamencos. Estas actividades buscan desenvolver competencias artísticas, sociais e creativas, sendo acorde aos obxectivos curriculares para a etapa primaria.

O problema do uso inadecuado das novas tecnoloxías e das redes sociais na actualidade. Deseño dunha proposta didáctica para o alumnado de Educación Primaria.
Autoría
J.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.02.2025 09:00
03.02.2025 09:00
Resumo
As redes sociais convertéronse nunha parte indispensable da nosa vida diaria, facilitando a comunicación e o acceso case ilimitado a calquera tipo de información. Porén, un uso inadecuado destas pode traer consigo unha infinidade de problemas, especialmente nas persoas máis novas, pola súa maior vulnerabilidade aos seus efectos negativos. O principal obxectivo deste proxecto é concienciar o alumnado de educación primaria sobre o uso responsable dos dispositivos electrónicos e das redes sociais, así como os perigos asociados ao seu mal uso. Ademais, búscase que o propio alumnado sexa capaz de transmitir o aprendido ás persoas adultas da súa contorna, promovendo unha conciencia social interxeracional. A metodoloxía proposta basearase no deseño dunha proposta didáctica en forma de proxecto de innovación. Este estará composto por actividades que comezarán cun proceso de motivación inicial para o alumnado. A través dun enfoque construtivista baseado na aprendizaxe por proxectos, o alumnado traballará de forma activa na procura de solucións ao problema formulado, co fin de que poidan aplicar e compartir os coñecementos adquiridos. A proposta didáctica irá precedida polo marco teórico, que estará dividido en tres bloques. O primeiro centrarase na intelixencia, a creatividade humana e as recompensas cerebrais. O segundo abordará as redes sociais, a súa definición, marco legal (tanto a nivel internacional como nacional) e impacto na sociedade. Finalmente, o terceiro bloque tratará os problemas derivados do uso excesivo da tecnoloxía e das redes sociais, con especial énfase na mocidade e nos efectos na sociedade en xeral.

GARCIA MARIN, JORGE Cotitoría
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE Cotitoría
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
Aquilo que (non) somos na pantalla: cidadanía dixital radical en tempos líquidos
Autoría
N.V.P.
Grao en Pedagoxía
N.V.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Nas marxes da pantalla, dilúese o nós e multiplícase o eu. Aquilo que (non) somos na pantalla: cidadanía dixital radical é unha invitación -e unha urxencia- a (re)pensar o impensado nunha época na que o sólido, como dira Bauman (1999), volveuse volátil e efémero: que significa habitar o común cando a comunidade pixelouse , cando perdemos o chan ético da convivencia e que pedagoxía é posible no mundo contemporáneo. A través dunha análise cualitativa baseada en grupos de discusión coa participación do estudantado de 2.º e 4.º curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), penetrámonos nas súas voces para analizar non só prácticas e discursos sobre a identidade dixital, o compromiso cívico e os procesos formativos, senón visibilizar tamén as ausencias e as gretas que configuran a experiencia xuvenil no ecosistema dixital. Entre o ruido e a infoxicación , entre o (ciber)activismo e as (des)conexións, xorden novas formas de ser, de relacionar e, polo tanto, de reivindicarse. Lonxe de reducir a cidadanía dixital a unha mera competencia técnica ou unha simple presenza en liña, se aposta por unha conceptualización radical, que mergulla polas raíces ético-políticas da participación, o compromiso e a autonomía das personas que, máis que habitar o dixital, son habitadas por el. Os achados evidencian unha fractura institucional e socioemocional; e mentres que a Universidade busca formar, o estudantado sente que camiña só. E, ao mesmo tempo, a tecnoloxía é sinalada co dedo: un produto dor armazón capitalista que, paradoxalmente, xúlgase como se emerxese de forma autónoma. É o algoritmo quen decide, non os marcos-políticos. Son as redes quen educa no narcisismo, non a estrutura neoliberal que o alimenta. A cidadanía dixital radical non é un punto de chegada, senón un tránsito entre o que somos e o que poderíamos chegar a ser. Entre o que é a educación e entre o que debería ser.

Conectando a dislexia e a aprendizaxe: materiais didácticos específicos e adaptados para unha educación inclusiva
Autoría
E.V.E.
Grao en Pedagoxía
E.V.E.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o deseño e o uso de materiais didácticos adaptados para mellorar a exactitude na lectura e na escritura en alumnado con dislexia. Lévase a cabo unha investigación de campo de carácter cualitativo, aplicando a técnica da observación non participante na Unidade de Investigación e Intervención en Dislexia (UIID) da Universidade de Santiago de Compostela, complementada cunha entrevista á directora da institución. A partir da análise dos materiais empregados nas intervencións reais na entidade, xunto cunha revisión bibliográfica, identifícanse recursos multisensoriais cuxo deseño e implementación se adecúan claramente ás necesidades deste alumnado, ademais de concordar cos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Os materiais observados abranguen diferentes tipoloxías, incluíndo recursos manipulativos, impresos e aplicacións dixitais. Os resultados destacan a eficacia destes materiais no reforzo das habilidades relacionadas co proceso de alfabetización inicial. En suma, o estudo pon de manifesto a importancia de promover intervencións pedagóxicas con recursos adaptados que favorezan unha educación inclusiva de calidade.

Polígonos diversos: arte, identidade e accesibilidade visual.
Autoría
V.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 09:30
01.07.2025 09:30
Resumo
As persoas con discapacidade visual precisan recursos adaptados as súas necesidades, como son a dificultade da comprensión dos contidos xeométricos impartidos dun xeito tradicional e a percepción da arte pictórica bidimensional. A aprendizaxe-servizo (ApS) é unha metodoloxía que permite ao alumnado detectar unha necesidade como esta, e mediante a aprendizaxe curricular, orixinar unha acción social solidaria para solventar estas dificultades. Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta de innovación pedagóxica que ten como finalidade o deseño de obras de arte abstracta xeométrica en tres dimensións para atender á diversidade, concretamente a persoas con discapacidade visual e tamén observar a proafectividade das matemáticas. O obxectivo que se persegue é que o alumnado se decate da gran utilidade das matemáticas e da importancia que ten a inclusión de todas as persoas, sen discriminar a ninguén por xénero, discapacidade ou outras condicións. A metodoloxía empregada na proposta é a aprendizaxe-servizo cun enfoque STEAM. Por un lado, os resultados amosaron un aumento da motivación por parte do alumnado provinte da prestación do servizo á ONCE e por outro lado, a análise das emocións demostrou que en maior medida as emocións menos favorables dábanse nas actividades que predominaban contidos matemáticos como foco principal.

FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA Cotitoría
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA Cotitoría
Tribunal
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titor do alumno)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Titor do alumno)

Proposta de intervención educativa para mellorar a autorregulación emocional en alumnado con TDAH.
Autoría
D.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é o trastorno neurobiolóxico máis frecuente na poboación infantil e os seus efectos inflúen no desenvolvemento emocional e social. As repercusións no ámbito emocional derivan do rexeitamento social que pode recibir unha persoa con diagnóstico de TDAH e do baixo autoconcepto que presenta. Neste traballo de fin de grao preséntase unha proposta de intervención educativa para mellorar as competencias emocionais, de Conciencia e Regulación Emocional, do alumnado diagnosticado con TDAH. Conseguir este obxectivo derivará nun incremento do benestar psicolóxico e rendemento académico dos/as nenos/as diagnosticados/as.
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é o trastorno neurobiolóxico máis frecuente na poboación infantil e os seus efectos inflúen no desenvolvemento emocional e social. As repercusións no ámbito emocional derivan do rexeitamento social que pode recibir unha persoa con diagnóstico de TDAH e do baixo autoconcepto que presenta. Neste traballo de fin de grao preséntase unha proposta de intervención educativa para mellorar as competencias emocionais, de Conciencia e Regulación Emocional, do alumnado diagnosticado con TDAH. Conseguir este obxectivo derivará nun incremento do benestar psicolóxico e rendemento académico dos/as nenos/as diagnosticados/as.
Dirección
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Tribunal
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)
O asociacionismo cultural nevense: un achegamento pedagóxico-social ás realidades e perspectivas do seu futuro no concello das Neves (Pontevedra)
Autoría
F.V.R.
Grao en Pedagoxía
F.V.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase na análise diagnóstico-prospectiva do asociacionismo cultural no concello das Neves (Pontevedra), cun enfoque pedagóxico-social que permite comprender as dinámicas colectivas que teñen lugar nas primeiras décadas do século XXI. O obxecto de estudo pon o acento nas iniciativas impulsadas pola cidadanía organizada a través das asociacións culturais, así como na súa relación co territorio e coas políticas municipais desenvolvidas pola Administración Local. A investigación persegue dous grandes obxectivos: por unha banda, coñecer as circunstancias, necesidades, fortalezas e retos que definen o funcionamento das asociacións culturais nevenses; por outra, formular propostas que, dende unha perspectiva educativa e comunitaria, permitan mellorar o seu impacto cultural. Para acadar estes fins, o estudo estrutúrase arredor de conceptos como identidade territorial, participación cidadá e desenvolvemento local, situando o asociacionismo cultural como ferrramenta chave na revitalización comunitaria. Dende o punto de vista metodolóxico, o traballo acóllese á modalidade de iniciación á investigación e fundamenta a súa análise nun deseño de caso de carácter mixto, no que predominan as técnicas cualitativas. A mostra está composta por dez asociacións culturais representativas do municipio, ás cales se lles aplicaron entrevistas semiestruturadas e cuestionarios. A recollida de datos complétase coa análise documental e respecta os principios éticos da investigación social. Esta aproximación integral permite interpretar o papel que xoga o asociacionismo cultural no contexto local actual e explorar liñas de futuro para o seu fortalecemento.

CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titor do alumno)

Eficacia dos programas de intervención educativa no alumnado de Educación Primaria con dislexia: unha revisión
Autoría
P.V.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
P.V.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.07.2025 12:15
04.07.2025 12:15
Resumo
A dislexia é un trastorno específico da aprendizaxe que se caracteriza por un déficit no desenvolvemento das habilidades lecto-escritoras, o que repercute negativamente tanto no rendemento académico como no desenvolvemento integral do alumnado con este trastorno, resultando necesaria a formación do profesorado neste ámbito para intervir de maneira eficaz. Non obstante, no noso coñecemento, non existen traballos de revisión previos que analizaran a eficacia das intervencións educativas para a dislexia aplicadas por mestres/as ao alumnado de Educación Primaria. Por tanto, o obxectivo do presente traballo de Fin de Grao foi analizar os resultados obtidos nos programas de intervención en dislexia aplicados por docentes en Educación Primaria. Para iso, levouse a cabo unha revisión da literatura científica dispoñible, ata marzo de 2025, a través das bases de datos ERIC, PsycInfo, Teacher Reference Center e Web of Science; empregando termos de busca como: “dislexia”, “intervención psicoeducativa”, “programas de intervención” e “Educación Primaria”. Seleccionáronse 8 estudos que cumprían cos criterios establecidos. A evidencia científica sinala melloras na sintomatoloxía da dislexia nas áreas de lectura e escritura, e na memoria de traballo verbal; verificando así a súa efectividade.
A dislexia é un trastorno específico da aprendizaxe que se caracteriza por un déficit no desenvolvemento das habilidades lecto-escritoras, o que repercute negativamente tanto no rendemento académico como no desenvolvemento integral do alumnado con este trastorno, resultando necesaria a formación do profesorado neste ámbito para intervir de maneira eficaz. Non obstante, no noso coñecemento, non existen traballos de revisión previos que analizaran a eficacia das intervencións educativas para a dislexia aplicadas por mestres/as ao alumnado de Educación Primaria. Por tanto, o obxectivo do presente traballo de Fin de Grao foi analizar os resultados obtidos nos programas de intervención en dislexia aplicados por docentes en Educación Primaria. Para iso, levouse a cabo unha revisión da literatura científica dispoñible, ata marzo de 2025, a través das bases de datos ERIC, PsycInfo, Teacher Reference Center e Web of Science; empregando termos de busca como: “dislexia”, “intervención psicoeducativa”, “programas de intervención” e “Educación Primaria”. Seleccionáronse 8 estudos que cumprían cos criterios establecidos. A evidencia científica sinala melloras na sintomatoloxía da dislexia nas áreas de lectura e escritura, e na memoria de traballo verbal; verificando así a súa efectividade.
Dirección
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Vogal)
Proposta de innovación para a transformación dun patio escolar infantil en patio inclusivo: un espazo para todos e todas
Autoría
P.V.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
P.V.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2025 12:45
03.07.2025 12:45
Resumo
Os patios escolares en ocasións convértense en escenarios de exclusión e marxinación que dificultan a participación plena de todo o alumnado. Por este motivo, o presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado na modalidade de deseño dunha proposta de innovación educativa, propón a transformación dun patio de Educación Infantil, pertencente a un centro educativo da provincia de A Coruña, nun patio inclusivo que brinde resposta ás necesidades dos nenos e nenas que o habitan. Para iso, deséñase un instrumento de observación que permite detectar as necesidades de transformación do patio, recollendo evidencias, identificando barreiras e dando prioridade ás necesidades detectadas no deseño da proposta. Neste senso, realízase un deseño de redistribución do espazo, así como dalgunhas propostas de xogo para favorecer a socialización e a inclusión; contribuíndo a poñer en valor o patio como un espazo con gran potencial educativo dende unha mirada inclusiva e centrada na infancia.
Os patios escolares en ocasións convértense en escenarios de exclusión e marxinación que dificultan a participación plena de todo o alumnado. Por este motivo, o presente Traballo de Fin de Grao, enmarcado na modalidade de deseño dunha proposta de innovación educativa, propón a transformación dun patio de Educación Infantil, pertencente a un centro educativo da provincia de A Coruña, nun patio inclusivo que brinde resposta ás necesidades dos nenos e nenas que o habitan. Para iso, deséñase un instrumento de observación que permite detectar as necesidades de transformación do patio, recollendo evidencias, identificando barreiras e dando prioridade ás necesidades detectadas no deseño da proposta. Neste senso, realízase un deseño de redistribución do espazo, así como dalgunhas propostas de xogo para favorecer a socialización e a inclusión; contribuíndo a poñer en valor o patio como un espazo con gran potencial educativo dende unha mirada inclusiva e centrada na infancia.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Educación viaria e dominio afectivo: conducindo cara a innovación no ensino das matemáticas.
Autoría
M.V.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.V.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao preséntase unha intervención didáctica innovadora, cun fío condutor transversal baseado na educación viaria e nos accidentes de tráfico, como problemática social próxima ao alumnado. A proposta segue un enfoque metodolóxico interdisciplinario, cooperativo e STEAM, nun marco de resolución de problemas reais, significativos e contextualizados. Ademais, inclúe un estudo da dimensión afectiva dos/as estudantes, coa finalidade de mellorar as crenzas, actitudes e emocións destes/as ante as matemáticas. A análise dos datos finais obtidos mostra un avance positivo no dominio afectivo do alumnado, aspecto que reafirma a necesidade de levar a cabo propostas educativas deste calibre nos centros educativos.

O impacto do emprego de materiais manipulativos na afectividade de cara ás matemáticas na etapa de Educación Infantil
Autoría
E.V.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
E.V.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado insírese na modalidade de iniciación á investigación de campo que ten como finalidade principal a influencia do uso de material manipulativo na afectividade cara ás matemáticas en nenos e nenas de Educación Infantil. Partindo da base de que a manipulación de obxectos concretos favorece a comprensión de conceptos abstractos, preténdese estudar como esta práctica pode contribuír ao desenvolvemento dunha actitude positiva fronte á aprendizaxe matemática dende idades temperás. A investigación consistirá no deseño e implementación dunha intervención didáctica nunha aula de infantil, onde se empregarán diferentes materiais manipulativos como recurso principal nas actividades matemáticas. Para avaliar o impacto emocional da intervención, aplicarase unha metodoloxía de tipo test-retest, que permitirá observar posibles variacións na afectividade dos participantes antes e despois da experiencia. O estudo busca ofrecer evidencias empíricas que contribúan á reflexión sobre a práctica docente e a importancia de fomentar un vínculo emocional positivo coas matemáticas dende os primeiros anos escolares, considerando a afectividade como un factor clave no proceso de ensino-aprendizaxe. Os resultados esperados poderían apoiar o uso sistemático do material manipulativo como ferramenta pedagóxica esencial en Educación Infantil.

Evitar o rumbo de xénero a través do traballo por recunchos: Unha proposta de innovación para o 6o curso de Educación Infantil
Autoría
C.V.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.V.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Desde os primeiros anos, os nenos e nenas vense expostos a unha gran cantidade de mensaxes estereotipados respecto ao xénero, presentes na sociedade que lles rodea. Esta dicotomía sexual reprodúcese e pode chegar a perpetuarse de forma inconsciente desde as aulas de infantil, a través de rumbos na linguaxe ou no xogo, chegando a afectar as oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento emocional e social do alumnado. A través dunha análise crítica da problemática, preséntase o deseño dunha proposta de innovación pedagóxica baseada no traballo por recunchos desde unha perspectiva igualitaria e non sexista, dirixida a unha aula de 6o de educación infantil, centrada nos recunchos de xogo simbólico, biblioteca, expresión artística, construción e lóxica. Nesta proposta seleccionaranse materiais e recursos adecuados a cada recuncho, así como exemplos de actividades que poden xurdir de cada un deles. Perseguirase a eliminación de estereotipos sexistas e o desenvolvemento de estratexias que fomenten un ambiente inclusivo e libre de prexuízos de xénero. Búscase desta forma fomentar un modelo organizativo de aula inclusiva e igualitaria na que o alumnado sexa libre de descubrir e expresar a súa identidade.

Revisión sistemática do grooming online: análise da realidade española nas últimas dúas décadas
Autoría
M.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.07.2025 13:00
04.07.2025 13:00
Resumo
O grooming en liña é unha ameaza cada vez máis presente na vida das nenas e dos nenos. O acceso temperán aos dispositivos dixitais e a limitada capacidade para identificar os seus perigos aumenta a vulnerabilidade destas. Polo tanto, este estudo céntrase en analizar o impacto do grooming en liña e as variables asociadas en España durante as dúas últimas décadas. Para abordar este obxectivo, realizouse unha revisión sistemática (PRISMA), identificando artigos de investigación que exploraron esta forma de abuso entre 2000 e 2024. Os resultados céntranse en nove estudos que identifican os homes como os principais agresores e as nenas como as principais vítimas. Non obstante, existen casos que afectan a nenos e tenden a pasar desapercibidos, o que dificulta a súa detección. Unha mala supervisión parental e a falta de formación dixital aumentan a gravidade do problema. Dada esta realidade, é fundamental implementar iniciativas que promovan a alfabetización dixital e a educación afectivo-sexual desde unha idade temperá. Ademais, a colaboración entre os principais actores no desenvolvemento infantil (escolas, familias e servizos sociais) é clave para previr, responder e garantir un ambiente de vida máis seguro.

A literatura infantil como ferramenta para traballar a diversidade cultural nunha aula de 6º de EI nun centro educativo urbano. O caso dos álbums ilustrados.
Autoría
I.V.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.V.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 15:00
01.07.2025 15:00
Resumo
A literatura infantil debe ser considerada como un dos principais instrumentos da formación integral ou plena de todas as persoas. Grazas á literatura, e en especial, á literatura infantil e xuvenil (LIX) no caso da infancia como destinataria modelo, o lector pode coñecer e recoñecerse para contribuír así ao seu proceso de construción da identidade individual e social a través da identificación dos diferentes trazos do ser humano, pois a lectura literaria participa dos distintos procesos madurativos que de forma progresiva configuran a identidade de cada lector/a. O obxectivo deste traballo será ver como se pode usar a literatura infantil nas aulas de educación infantil e seleccionar un conxunto de 25 relatos, no formato de álbum ilustrado, e elaborar 5 unidades didácticas a través das cales se poida traballar a inclusión e a diversidade cultural, véndose estes dous aspectos coma algo positivo e necesario para acadar a harmonía na sociedade.

Proposta de Intervención: deconstrución dos estereotipos dos roles de xénero dende as aulas de Educación Infantil
Autoría
L.V.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.V.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:30
01.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin Grao ten como obxectivo principal o deseño dunha proposta de intervención educativa para educación infantil centrada na deconstrución dos estereotipos e roles de xénero. A través da análise do papel da escola na construción da identidade das crianzas, así como da investigación da presenza dos estereotipos nas aulas e como estes inflúen no desenvolvemento do alumnado, elaborouse unha proposta tendo en conta as estratexias coeducativas expostas. Esta proposta, dirixida a nenos e nenas de 6º de educación infantil, pretende promover a igualdade de xénero e o desenvolvemento do pensamento crítico dende idades temperás. Ademais, preséntase tamén unha proposta de mellora do patio escolar co obxectivo de crear espazos de recreo onde non se reproduzan estes estereotipos en coherencia co traballado na aula. Este traballo anima á reflexión sobre a necesidade dunha educación feminista que visibilice a diversidade, rompa cos modelos tradicionais e se centre no respecto entre todas as persoas da sociedade.

Senfogarismo feminino. Unha aproximación á súa realidade.
Autoría
R.V.G.
Grao en Educación Social
R.V.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
No presente traballo lévase a cabo unha revisión documental sobre o senfogarismo feminino, co fin de analizar a situación na que se atopan estas mulleres e así poder fomentar unha actuación específica e efectiva co colectivo. O senfogarismo feminino é un fenómeno oculto na sociedade. O concepto de persoa sen fogar percíbese, a raíz dos estigmas existentes, como home de media idade, consumidor e con problemas de saúde mental. Esta perspectiva invisibiliza ás mulleres que se atopan sen fogar, dando lugar a servizos de atención e recursos ineficaces e en moitos casos, inaccesibles. A través deste traballo móstrase a necesidade dunha actuación específica por parte das institucións, onde a vulnerabilidade da muller está presente ante a visión androcentrista arraigada na sociedade. Visibilizar a situación oculta destas mulleres permitirá tomar conciencia da realidade existente na que vive o colectivo de mulleres sen fogar, tentando promover melloras nos programas e nas entidades que se adican ao senfogarimo, así como nas políticas sociais e na formación de profesionais.

Ensinanza da astronomía en educación infantil.
Autoría
A.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O alumnado na etapa de Educación Infantil poseen unha curiosidades natural ante os fenómenos astronómicos. Sen embargo esta curiosidade moitas veces e desaproveitada por falta de formación do profesorado e pola complejidades e abstracción que poden chegar a suponer este tipo de contidos. Este Traballo de Fin de Grado trata de responder á esta curiosidade e investigar se o alumnado desta estapal é realmente capaz de aprender e de compreender conceptos astronómicos. Para elo, deseñouse unha unidade didáctica global e levouse a cabo nunha aula para o posterior análise cualitativo dos resultados obtidos mediante debuxos, entrevistas e a observación directa do día a día na aula.
O alumnado na etapa de Educación Infantil poseen unha curiosidades natural ante os fenómenos astronómicos. Sen embargo esta curiosidade moitas veces e desaproveitada por falta de formación do profesorado e pola complejidades e abstracción que poden chegar a suponer este tipo de contidos. Este Traballo de Fin de Grado trata de responder á esta curiosidade e investigar se o alumnado desta estapal é realmente capaz de aprender e de compreender conceptos astronómicos. Para elo, deseñouse unha unidade didáctica global e levouse a cabo nunha aula para o posterior análise cualitativo dos resultados obtidos mediante debuxos, entrevistas e a observación directa do día a día na aula.
Dirección
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)
O papel das actividades extraescolares na conciliación familiar e laboral. Unha mirda desde a Educación Social.ha mirada desde a educaci
Autoría
N.V.L.
Grao en Educación Social
N.V.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
O presente TFG (Traballo de Fin de Grao), ten como obxectivo coñecer as funcións que cumpren as actividades extraescolares como recurso de apoio as familias do alumnado nas etapas de segundo ciclo de educación infantil e primaria, coa finalidade de deseñar propostas que melloren as accións de conciliación. Para levar a cabo esta investigación fai uso dunha metodoloxía co método estudo de caso encadrado nun colexio de educación infantil e primaria (C.E.I.P) público. Os resultados, resaltan: que é a Asociación de Nais e pais de alumnos (ANPA), quen cumpre a planificación e xestión das actividades extraescolares, poñendo o foco na conciliación, os principais motivos, entre outros, que levan a selección destas actividades extraescolares por parte das familias son a socialización e conciliación. Así mesmo, a directiva da ANPA afronta diversas dificultades e limitacións nestas actividades: falta de espazos, falta de participación e recoñecemento por parte das familias.... Concluíndo que a conciliación séguese percibindo como problemática individual cando é un problema social, a solución a esta demanda e necesidade, debe darse desde un foco multidisciplinar e integral, no cal a educación social é un ámbito emerxente para a calidade de vida das familias.

MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titor do alumno)

Cohousing Sénior: un modelo socioeducativo para combatir a soidade non desexada na vellez
Autoría
M.V.P.
Grao en Educación Social
M.V.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo aborda un problema cada vez máis presente na nosa sociedade: a soidade non desexada nas persoas maiores. A través dun estudo teórico e dunha proposta práctica, analízase como esta soidade afecta á saúde, ao benestar emocional e á calidade de vida, e como a falta de alternativas reais de convivencia contribúe a esta situación. O modelo Cohousing Sénior, baseado na vida comunitaria e no apoio mutuo, preséntase como unha alternativa innovadora que pode mellorar a vida das persoas maiores, ofrecendo espazos compartidos, actividades e un entorno que favoreza a autonomía e o envellecemento activo. Así, proponse unha idea concreta: un proxecto de Cohousing Sénior para o Concello de Teo, adaptado ás características e necesidades da poboación local. Este modelo permitiría ás persoas maiores vivir acompañadas, sentíndose útiles e mantendo a súa independencia. En definitiva, este traballo é unha reflexión sobre o envellecemento e unha proposta para construír novos modelos de convivencia máis humanos, participativos e centrados nas persoas.
Este traballo aborda un problema cada vez máis presente na nosa sociedade: a soidade non desexada nas persoas maiores. A través dun estudo teórico e dunha proposta práctica, analízase como esta soidade afecta á saúde, ao benestar emocional e á calidade de vida, e como a falta de alternativas reais de convivencia contribúe a esta situación. O modelo Cohousing Sénior, baseado na vida comunitaria e no apoio mutuo, preséntase como unha alternativa innovadora que pode mellorar a vida das persoas maiores, ofrecendo espazos compartidos, actividades e un entorno que favoreza a autonomía e o envellecemento activo. Así, proponse unha idea concreta: un proxecto de Cohousing Sénior para o Concello de Teo, adaptado ás características e necesidades da poboación local. Este modelo permitiría ás persoas maiores vivir acompañadas, sentíndose útiles e mantendo a súa independencia. En definitiva, este traballo é unha reflexión sobre o envellecemento e unha proposta para construír novos modelos de convivencia máis humanos, participativos e centrados nas persoas.
Dirección
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)
A inclusión na Educación Física na etapa de Educación Primaria
Autoría
C.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de grao tenta ofrecer unha maneira de integrar a todo o alumnado por igual que cursa a etapa de Educación Primaria, enfocada na área de Educación Física, concretamente, pretende poñer o acento na inclusión das crianzas. O traballo revisa a literatura e os diferentes camiños que abarcou e abarca a inclusión. Tamén inclúe unha serie de actividades de inspiración deseñadas para as crianzas, cos que se pretende proporcionar un ensino igualitario para todos e todas, e que posibilitan o desenvolvemento dos contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Este traballo de fin de grao tenta ofrecer unha maneira de integrar a todo o alumnado por igual que cursa a etapa de Educación Primaria, enfocada na área de Educación Física, concretamente, pretende poñer o acento na inclusión das crianzas. O traballo revisa a literatura e os diferentes camiños que abarcou e abarca a inclusión. Tamén inclúe unha serie de actividades de inspiración deseñadas para as crianzas, cos que se pretende proporcionar un ensino igualitario para todos e todas, e que posibilitan o desenvolvemento dos contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Dirección
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Entre a memoria e a ficción. Os soños como detonante para unha proposta artEducativa nas aulas de Infantil.
Autoría
A.Z.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.Z.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:30
02.07.2025 12:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao abordarase o binomio memoria-ficción. Estes preséntanse como dous elementos aparentemente antagónicos pero que, sen embargo, son dous caras da mesma moeda. A idoneidade para traballar estes temas nas aulas de Infantil reside na súa fronteira difusa e na convivencia e, en ocasións confusión, entre ambos termos que se da na infancia. Pese a súa pouca presenza nesta etapa educativa, son de gran importancia xa que inciden directamente na identidade da persoa e poden configurar o punto de partida para o desenvolvemento dunha acción artística. A aproximación farase a través dun deseño de intervención para o que se prevé unha investigación previa que afondará no aproveitamento da cotiandade, os recordos e os soños na arte. Concretarase despois nunha proposta educativa baseada na autoxestión e a interdisciplinariedade. O obxectivo último é proporcionar unha serie de estratexias para traballar estes temas na aula dende unha perspectiva artEducativa. Pretende abrir un abano de posibilidades coas que afrontar a ensinanza da arte na etapa de Educación Infantil.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)