Ir o contido principal

Xenocidio en Gaza: Testemuñas

07.10.2025-22.09.2025 | 18.00h-21.00h
Xenocidio en Gaza
Cartel Xenocidio en Gaza

O vindeiro 7 de outubro as 18:00 da tarde no Salón de Grados da Facultade, coa colaboración da Cátedra Araguaney, convidamos a toda a comunidade universitaria a unha cita única e profundamente conmovedora: a proxección do documental “No Other Land”,dirixido por Basel Adra, Yuval Abraham, Hamdan Ballal e Rachel Szor. Este  filme, foi gañador do Oscar ao Mellor Longametraxe Documental en 2024.

Despois da proxección, abrimos unha palestra con testemuñas e debates que contará coa participación de:

Merryvell Abunada, estudante palestina de 1º curso do Grao en Ciencias Políticas.

Carmen Montero Ferrer, profesora de Relacións Internacionais da USC, que ofrecerá unha análise do contexto político e humanitario actual.

Traductora: Zara Ammi Guarouach

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2025.