A Forza do Cambio: Análise do discurso de Ana Pontón nas campañas de 2016, 2020 e 2024
Autoría
L.A.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración

Data da defensa
20.02.2025 12:30
20.02.2025 12:30
Resumo
O constante éxito do BNG nas sucesivas eleccións autonómicas fai que moitos autores se interesen pola fonte de dito éxito e pola muller que liderou este éxito, Ana Pontón. Nesta investigación buscarase analizar o discurso en campaña da candidata nas eleccións autonómicas dos anos 2016, 2020 e 2024. Para isto, empregaremos a análise crítica do discurso (ACD) e complementarémola con tres entrevistas á candidata Ana Pontón, ao coordinador da área de comunicación do BNG Xavier Campos e ao coordinador das campañas do 2016, 2020 e 2024 do BNG Rubén Cela. A partir desta investigación podemos falar do feminismo e o cambio político (construción da alternativa) como claves no discurso de Ana Pontón en campaña, podendo tamén destacar a importancia das emocións con vista a conectar dunha mellor forma co votante e o uso de recursos discursivos para apoiar a argumentación do mesmo.

Dirección
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Vogal)

O suicidio en mozos e adolescentes españois (2020-2025): unha aproximación trala Covid-19
Autoría
M.A.A.V.
Grao en Ciencia Política e da Administración
M.A.A.V.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
18.06.2025 17:00
18.06.2025 17:00
Resumo
O suicidio configúrase como a principal causa de morte non natural en España, e o seu aumento constátase dende o ano 2008. O Covid19 desatou, como factor emerxente, efectos colaterais importantes e preocupantes, especialmente no ámbito infanto-xuvenil, contribuíndo ao incremento e prevalencia do suicidio / intento de suicidio entre os máis novos. Este traballo tratará de esclarecer cales son os factores de risco que levan aos mozos a pensar no suicidio, explorar os enfoques cos que se estudou e repasar que tipo de intervencións públicas se están a levar a cabo para facerlle fronte e os seus efectos.

BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
Tribunal
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titor do alumno)

Traballo Fin de Grao
Autoría
P.C.B.
Grao en Ciencia Política e da Administración
P.C.B.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este estudo presenta unha análise exhaustiva sobre a evolución e situación actual das políticas públicas de innovación en Galicia, centrándose no período comprendido entre os anos 1999 e 2024, así como as perspectivas futuras ata 2027. Partindo da premisa de que a innovación é unha ferramenta esencial para o desenvolvemento económico e social das rexións, o estudo explora en detalle os principais plans estratéxicos adoptados pola Xunta de Galicia, tales como o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999/2001), o Plan INCITE (2006/2010), a Estratexia Galicia Innova, o Plan I2C (2011/2015) e a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia (2014/2020 e 2021/2027). O marco teórico que fundamenta este traballo apóiase principalmente en dous enfoques: a Teoría dos Sistemas Rexionais de Innovación (SRI) e o modelo da Tripla Hélice (universidade/empresa/goberno). Estes modelos permiten analizar a interacción dinámica e a aprendizaxe institucional entre actores crave dentro do sistema rexional galego. Para contextualizar o posicionamento de Galicia en innovación, realízase unha análise comparativa rigorosa utilizando indicadores clave como o gasto en I+D respecto ao PIB, o número de investigadores por cada mil empregados, as solicitudes de patentes por millón de habitantes e a participación do sector privado no investimento total en innovación. Dita comparación efectúase fronte á media de España e da Unión Europea, permitindo identificar fortalezas e debilidades significativas no ecosistema galego de innovación. Finalmente, o traballo ofrece recomendacións específicas para mellorar a efectividade de futuras políticas públicas galegas en materia de innovación, destacando a necesidade de incrementar a participación privada, fortalecer a transferencia tecnolóxica, potenciar sectores estratéxicos rexionais e aproveitar eficazmente os fondos europeos destinados á transición dixital e ecolóxica.

GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Titoría)
GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Titor do alumno)

Glosas sobre unha idea de democracia. Unha perspectiva desde o Materialismo Filosófico
Autoría
A.C.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.C.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Un dos grandes desafíos da Teoría Política contemporánea redunda no esclarecemento da nebulosa ideolóxica que envolve a idea de democracia. As disputas acerca dos seus límites parecen non esgotarse, tal como testemuña a perseveranza no debate desde a Antigüidade Clásica. Tampouco parece ter límites a complexidade do problema, pois parece desproporcionada a súa magnitude, contando con que a idea implica na súa definición numerosos conceptos das máis diversas procedencias das Ciencias Políticas, o gran grupo heteroxéneo que engloba as subdisciplinas “do político”. Fronte a isto, a vía do estudo normativo desde coordenadas definidas parece un momento necesario e mesmo obrigado a enfrontar, se, como se pretende aquí, trátase de entender as disputas de fondo e responder á pregunta que tanto se repetiu (tanto no seu sentido positivo coma negativo): Que é a democracia? Que deixa de selo?

MANEIRO CRESPO, ELBA (Titoría)
MANEIRO CRESPO, ELBA (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)

A ruptura da excepción ibérica: Análisis de discurso de VOX e Chega!
Autoría
M.C.D.
Grao en Ciencia Política e da Administración
M.C.D.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
08.07.2025 12:00
08.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza o discurso político dos partidos de extrema dereita VOX (España) e Chega (Portugal) mediante unha metodoloxía cualitativa, o análise de contido. O estudo baséase nos distintos eixes do discurso da extrema dereita: populismo, nacionalismo e neoliberalismo. A investigación evidencia como estes partidos configuran un relato político polarizador que busca interpelar ao pobo fronte ás elites, aos inimigos internos e ás ameazas externas, con semellanzas e diferenzas discursivas salientables entre ambos casos.

ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA (Titoría)
ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA (Titor do alumno)

A extrema dereita, o caso de Vox e as eleccións do 23-X
Autoría
P.C.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
P.C.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
05.02.2025 12:00
05.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo céntrase na análise do fenómeno da extrema dereita en España, tomando como caso práctico Vox e as Eleccións Xerais do 23J. Como base teórica tómanse como referencia distintos termos cos que se denominou o fenómeno da extrema dereita, as distintas ondas que se deron en Europa e unha serie de teorías que explican o voto destes partidos políticos. Faise unha breve exposición das orixes da extrema dereita contemporánea en España e unha cronoloxía cos momentos máis importantes da historia de Vox, que inclúen as tres últimas eleccións xerais. Para a metodoloxía utilízase un enfoque cuantitativo mediante a realización dunha análise estatística do Estudo 3420-Barómetro de setembro de 2023. Eleccións Xerais postelectorais 2023 do CIS. O éxito de Vox responde a unha combinación de factores económicos e sociodemográficos, pero sobre todo ás predisposicións políticas dos cidadáns.

CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
Tribunal
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titor do alumno)

Eficiencia na AAPP. Unha aproximación a través do estudio de técnicas
Autoría
A.D.C.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.D.C.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
A eficiencia do sector público é unha demanda cidadá común en todos os países democráticos; a optimización dos recursos públicos é algo que afecta a todas as persoas, e o imaxinario colectivo lévanos a pensar que non se realiza dun xeito adecuado, que a asignación é ineficiente. Atributos como o despilfarro, a inoperancia ou a corrupción son típicos cando falamos das Administracións Públicas, algo que me leva, tanto como cidadán como polo meu ámbito de estudo, a preguntarme se isto ten que ser sempre así, se non hai maneira de cambiar, se non existen ferramentas que poidan ser empregadas tanto polos líderes das organizacións como pola cidadanía para avaliar o rendemento destas. Desde a miña óptica persoal considero fundamental, nun mundo de recursos limitados, xestionar estes da mellor maneira posible e poñelos ao servizo das persoas, para o cal unha Administración Pública eficiente é unha condición sine qua non. Este traballo académico pretende recuperar as principais técnicas de análise da eficiencia na Administración Pública para coñecer a súa viabilidade, o enfoque que achegan ao estudo da eficiencia, comparalas e, sobre todo, ver até que punto poden ser útiles á hora de achegar información tanto á cidadanía como ás organizacións, xa que no funcionamento dunha Administración dentro dunha democracia considero que é tan importante o actuar como o mostrar por que e como se actúa ante a cidadanía. O estudo destas técnicas virá acompañado dun análise políticoinstitucional da súa posible aplicación, no que se tentará encaixar as características das técnicas nun escenario real.

BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Vogal)

Armadores de Vigo: Grupos de presión e elección pública.
Autoría
R.D.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
R.D.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
18.06.2025 09:30
18.06.2025 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao estuda os armadores de Vigo como grupo de presión desde a perspectiva da teoría da elección pública, analizando a súa influencia na toma de decisións políticas. No caso empírico examínanse as súas estratexias, os seus recursos e como son as súas relacións cos distintos niveis de goberno. Os resultados do estudo confirman unha capacidade de influencia significativa na elaboración de políticas públicas.

SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titoría)
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titoría)
Tribunal
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titor do alumno)

O Fenómeno da Nova Dereita en Occidente: Fundamentos Ideolóxicos, Dinámicas de Mobilización e Impactos Democráticos
Autoría
M.F.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
M.F.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
01.07.2025 18:00
01.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo ofrece unha revisión bibliográfica do fenómeno da nova dereita en diversas democracias occidentais, analizando os seus fundamentos ideolóxicos, as súas estratexias de mobilización e os seus impactos na política e na sociedade. A través dun enfoque comparado e multidimensional, examínanse factores estruturais como a globalización, a crise de representación, a reacción cultural fronte ao progresismo e o uso intensivo das redes sociais. Tamén se exploran casos nacionais concretos e reflíctese sobre os desafíos que este fenómeno supón para a democracia liberal contemporánea.

GARCIA ARIAS, CELESTINO (Titoría)
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Titoría)
Tribunal
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Titor do alumno)

Desinformación e extrema dereita no ámbito das redes sociais.
Autoría
S.G.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
S.G.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza como a extrema dereita española, representada por partidos políticos como Vox ou líderes/influencers como Alvise Pérez, emprega as redes sociais para propagar desinformación e discursos con carácter polarizador. Así pois, mediante unha metodoloxía mixta, analízanse as estratexias usadas nas plataformas de Twitter/X e TikTok durante as eleccións europeas realizadas no ano 2024. Este traballo amosa como devanditos actores políticos empregan contidos manipuladores e emocionais para lograr influir na opinión pública, afectando de forma negativa á calidade da democracia.

LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Titoría)
Tribunal
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Vogal)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Vogal)
O despoboamento é un problema público que se encontra dentro na axenda pública?
Autoría
N.G.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
N.G.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
23.06.2025 18:00
23.06.2025 18:00
Resumo
O obxecto do presente traballo é analizar a definición do problema global de despoboamento que non só afecta a nivel nacional, senón que é un problema xeneralizado por todas as rexións. E identificar e evaluar a posición deste problema na axenda política. Dito análise permitirá comprender a definición do desafío do despoboamento configurado como un problema público, así como observar a presencia pública.

LOSADA TRABADA, ANTONIO (Titoría)
LOSADA TRABADA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LOSADA TRABADA, ANTONIO (Titor do alumno)

Nudges para a redución do desperdicio alimentario en fogares: un Modelo Baseado en Axentes
Autoría
A.L.B.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.L.B.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
23.06.2025 11:00
23.06.2025 11:00
Resumo
Esta investigación analiza o potencial dos nudges, ferramentas non coercitivas de modificación condutual, para reducir o desperdicio alimentario nos fogares. Mediante un Modelo Baseado en Axentes (MBA), simúlase o impacto de tres intervencións: monitorización do desperdicio (efecto Hawthorne), imáns de neveira con mensaxes visuais e receitas en produtos de supermercado. Os resultados revelan que a combinación destes nudges reduce significativamente o desperdicio, aínda que a súa eficacia depende criticamente da observación externa e diminúe co tempo.

BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)

A cohesión e resiliencia de Europa: unha visión dual a través do FEDER e o MRR
Autoría
J.M.O.
Grao en Ciencia Política e da Administración
J.M.O.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
24.06.2025 12:00
24.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza de xeito exhaustivo dous instrumentos clave no financiamento da Unión Europea (UE): o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR). Ambos nacen da acción das institucións europeas, mais presentan diferenzas significativas nos seus obxectivos, características e mecanismos de posta en práctica. O FEDER, creado en 1975, é un dos principais recursos financeiros da Comisión Europea, cunha dotación de aproximadamente 226.000 millóns de euros para o período 2021-2027. O seu principal obxectivo é promover a cohesión económica, social e territorial nas distintas rexións de Europa, correxindo desequilibrios e fomentando o desenvolvemento equilibrado mediante a cofinanciación de políticas de gasto público en áreas como a innovación, a dixitalización, as infraestruturas, o emprego e o emprendemento. Por outra banda, o MRR é un instrumento temporal dotado con 672.500 millóns de euros, lanzado como parte do plan Next Generation EU para responder aos efectos da pandemia de COVID-19. O seu principal obxectivo é apoiar aos Estados membros na superación da crise, impulsando a transición cara a unha economía sostible e dixitalizada, mediante iniciativas en descarbonización, eficiencia enerxética, economía circular, protección da biodiversidade e dixitalización da administración pública e da sociedade. O estudo destaca que o FEDER se centra no desenvolvemento a longo prazo e na cohesión rexional, mentres que o MRR ten un enfoque máis inmediato e a curto prazo, centrado na recuperación económica e na resiliencia, con énfase na transición verde e dixital. Así mesmo, analízanse os criterios de asignación de recursos, os mecanismos de avaliación e seguimento, e os modelos de goberno de ambos fondos. Subliñase a importancia da capacidade administrativa para a correcta execución dos fondos e exemplifícase como ambos contribúen de forma tanxible ao progreso da UE, tanto a nivel local como rexional.

O dereito á cidade: o caso de Palma (Mallorca)
Autoría
D.E.M.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
D.E.M.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo, centrado na cidade de Palma (Mallorca), estuda a aplicación do Dereito á Cidade nas políticas municipais desenvolvidas entre os anos 2020 e 2024. Combinando unha aproximación teórica crítica coa aplicación práctica da guía Hacía la implementación del Derecho a la Ciudad (Observatorio DESC, 2022), obsérvase unha tensión constante entre a loita polos dereitos colectivos da cidadanía e o poder do mercado. Os resultados amosan a existencia dun número limitado de políticas orientadas á construción dunha cidade xusta e democrática, así como múltiples carencias estruturais que evidencian a vulneración do Dereito á Cidade en Palma.

PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
Tribunal
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titor do alumno)

G3011427 A Dixitalización das Administracións Autonómicas
Autoría
D.M.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
D.M.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
26.06.2025 16:00
26.06.2025 16:00
Resumo
Este traballo consiste en describir e detallar a forma na que se estruturará este traballo de fin de grao. O primeiro que faremos será, unha introdución xeral do traballo e do tema, onde, entre outros aspectos, tratarase a xustificación para escoller este tema e a importancia que pode ter. A continuación explicaremos que entendemos por este termo chamado dixitalización, explicando a que nos referimos ao falar diso, así como a relevancia que se lle pode outorgar ao proceso de dixitalización. Posteriormente pasaremos cunha análise do contexto actual, repasando a situación na que se atopan as 17 Comunidades Autónomas, tamén trataremos de cohesionar e unir o tema co grao e as materias que o compoñen. Unha vez acabado o anterior punto, o seguinte a realizar será unha análise máis exhaustiva e en profundidade dunhas Comunidades Autónomas en concreto. A efectos prácticos, este punto funciona igual que o anterior, coa única diferenza de que reducimos considerablemente a cantidade, para, no seu lugar achegar unha maior profundidade no tema. Achegándonos ao final deste traballo, estaría o apartado onde falariamos das dificultades e retos que se poden albiscar a futuro ou aquelas que aínda non se han resolvido. Por último estaría unha apartado final para realizar unhas pequenas conclusións sobre esta investigación, tratando de compilar de forma breve os resultados obtidos durante a elaboración deste traballo.

Nacionalismo: Aproximacións teóricas ao seu estudo
Autoría
A.M.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.M.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
19.06.2025 15:30
19.06.2025 15:30
Resumo
Estudo analítico do nacionalismo desde unha perspectiva teórica, dende as súas orixes ata o seu presente e posible futuro, abordándoo e centrándose nel desde diferentes perspectivas clásicas e modernas. Abarca tamén todos os seus principais aspectos e características, así como as súas relacións con outros fenómenos sociais de interese. Contrasta varios puntos de vista teóricos e conceptuais a través de exemplos prácticos. As concepcións de varios autores tamén se analizan segundo os seus contextos e contextos históricos, xeográficos e políticos, aplicando conceptualmente os coñecementos adquiridos tanto durante a titulación como durante a revisión bibliográfica específica para o traballo fin de grao.

ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
Tribunal
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titor do alumno)

Análise da Asistencia Primaria en Galicia: como chegamos a onde estamos e cara onde vamos
Autoría
C.P.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
C.P.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza a situación actual da Atención Primaria (AP) en Galicia, destacando o seu papel esencial como porta de entrada ao sistema sanitario público e os graves problemas que a afectan. A investigación parte da constatación dunha crise estrutural agravada pola implantación do modelo de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI), que provocou unha centralización da xestión, perda de autonomía nas áreas comarcais e debilitamento da AP en favor da atención hospitalaria. A través dunha metodoloxía cualitativa baseada en entrevistas semiestruturadas a representantes de plataformas cidadás e portavoces dos principais partidos políticos do Parlamento galego, así como análise documental de informes oficiais e prensa, o estudo recolle percepcións e propostas fronte á crise da AP. As plataformas denuncian a falta de profesionais, contratos precarios, longas listas de espera, peches temporais de centros e saturación das urxencias, o que afecta especialmente a zonas rurais e poboacións vulnerables.

LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
Tribunal
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Vogal)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
GARCIA ARIAS, CELESTINO (Vogal)
A polarización rural urbana nas eleccións ao Parlamento Europeo (2014 a 2024)
Autoría
M.P.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
M.P.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao analizaranse os efectos electorais e sobre o sistema de partidos da división rural urbana no conxunto da Unión Europea. Como obxecto de análise para estudar dita división utilizaranse os resultados nas áreas urbanas e rurais das tres últimas eleccións europeas: 2014, 2019 e 2024. A partir do estudo destes resultados e da revisión da literatura preexistente sobre as posicións ideolóxicas das formacións políticas, así como sobre os efectos que a división entre zonas rurais e urbanas ten nos sistemas de partidos, concluirase que dita división aumentou a súa relevancia na maioría dos países analizados. Así mesmo, observarase que os partidos de dereita euroescéptica tendan, por xeral, a concentrar cada vez máis o seu apoio nas áreas rurais da maioría dos países da Unión.

JARAIZ GULIAS, ERIKA (Titoría)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)
Tecnoloxía e Relacións Internacionais. Unha aproximación teórico-práctica ao caso da mecánica cuántica.
Autoría
A.P.L.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.P.L.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
08.07.2025 11:30
08.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo céntrase nunha revisión pola investigación existente que conecta as Ciencias Sociais (en concreto, as Relacións Internacionais) coa tecnoloxía (e, con maior detalle, a tecnoloxía cuántica). Así, esta investigación busca aproximarse á contorna internacional desde unha perspectiva máis moderna, facendo fincapé nos efectos que teñen a tecnoloxía e a cuántica en conceptos como o poder, a cooperación ou o conflito e os problemas que xera nos dereitos e liberdades de todos os cidadáns. Desta forma, este estudo conclúe que a tecnoloxía e os seus derivados son vistos como unha das causas dos conflitos e que unha aproximación baseada nos coñecementos cuánticos pode ofrecer unha aproximación diferente ao internacional.

PINTADO LOBATO, MONTSERRAT (Titoría)
PINTADO LOBATO, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)
Estratexias Antiterroristas da ONU no Século XXI: Evolución desde o 11-S ata a actualidade
Autoría
T.P.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
T.P.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
25.06.2025 13:30
25.06.2025 13:30
Resumo
A loita contra o terrorismo transnacional consolidouse como un eixo fundamental na acción multilateral da Organización das Nacións Unidas (ONU) no século XXI, por iso, este traballo analiza o desenvolvemento das súas estratexias antiterroristas entre 2001 e 2014. Préstase especial atención ao contexto, marcado pola irrupción de actores non estatais como Al-Qaeda ou o Estado Islámico e pola urxencia de adaptar os mecanismos multilaterais fronte a ameazas descentralizadas. Para iso, utilízase unha metodoloxía cualitativa que parte das resolucións do Consello de Seguridade, documentación oficial e bibliografía especializada. O estudo parte da resposta inicial tras os atentados do 11 de setembro de 2001 e percorre as fases principais desta evolución, ata chegar á adaptación institucional ante as ameazas emerxentes. Ademais, abórdanse as tensións entre a seguridade e a protección dos dereitos humanos, así como as capacidades e limitacións do enfoque multilateral. Tras o estudo, conclúese que as Nacións Unidas lograron desenvolver un marco normativo sólido, non obstante, aínda existen desafíos no referido á lexitimidade democrática, á eficacia e á coherencia interna.

NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
Os win-sets nas negociacións para a paz en Ucrania tras a chegada de Donald Trump
Autoría
M.P.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
M.P.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
01.07.2025 13:30
01.07.2025 13:30
Resumo
Tres anos pasaron dende que comezara o conflicto ruso-ucraniano, acabando ca vida de decenas de miles de personas e poñendo en xaque o bloque occidental no seu conxunto no esceario internacional. Sen embargo, a historia deste conflicto non é so a das loitas a nivel militar senón tamén a nivel diplómatico, reflectido nos intentos de negociación hasta la fecha, na súa maioría fallidos, para chegar a un acordo que traiga paz e estabilidade a rexión. ¿Será o novo presidente americano dos Estados Unidos, Donald Trump, capaz do reto que supón acabar con este conflicto por vías diplomáticas?
Tres anos pasaron dende que comezara o conflicto ruso-ucraniano, acabando ca vida de decenas de miles de personas e poñendo en xaque o bloque occidental no seu conxunto no esceario internacional. Sen embargo, a historia deste conflicto non é so a das loitas a nivel militar senón tamén a nivel diplómatico, reflectido nos intentos de negociación hasta la fecha, na súa maioría fallidos, para chegar a un acordo que traiga paz e estabilidade a rexión. ¿Será o novo presidente americano dos Estados Unidos, Donald Trump, capaz do reto que supón acabar con este conflicto por vías diplomáticas?
Dirección
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
Análise da comunicación política en Galicia: goberno e partidos.
Autoría
A.P.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.P.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
A comunicación política converteuse nos últimos anos nun eido de estudo e traballo con fondo desenvolvemento teórico e profesional, dada importancia que a revolución dixital e a aparición de novas ferramenta tecnolóxicas supuxeron á hora de comunicar no escenario político e institucional. Este é un fenómeno global e, polo tanto, o caso galego non é alleo a tal revolución. Nesta dirección, nas seguintes páxinas búscase dar conta da aplicación destas novas tendencias comunicativas, así como da xestión comunicativa levada a cabo no ámbito do sistema político galego, especialmente no marco do goberno da Xunta de Galicia e no que afecta ás principais forzas políticas do país.
A comunicación política converteuse nos últimos anos nun eido de estudo e traballo con fondo desenvolvemento teórico e profesional, dada importancia que a revolución dixital e a aparición de novas ferramenta tecnolóxicas supuxeron á hora de comunicar no escenario político e institucional. Este é un fenómeno global e, polo tanto, o caso galego non é alleo a tal revolución. Nesta dirección, nas seguintes páxinas búscase dar conta da aplicación destas novas tendencias comunicativas, así como da xestión comunicativa levada a cabo no ámbito do sistema político galego, especialmente no marco do goberno da Xunta de Galicia e no que afecta ás principais forzas políticas do país.
Dirección
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)
A teoría política do distributismo inglés
Autoría
R.P.J.
Grao en Ciencia Política e da Administración
R.P.J.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
19.06.2025 13:20
19.06.2025 13:20
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao abórdanse os antecedentes, características e propostas da teoría política e social do distributismo inglés a través da consulta das súas fontes principais, especialmente Hilaire Belloc e G.K. Chesterton. Plantéanse e discútense ademáis duas hipóteses: por un lado, a primacía da faceta teolóxica e antropolóxica por sobre a faceta política; e, por outro lado, a negación de que o distributismo sexa unha ideoloxía. Finalmente, abórdanse algunhas críticas hacia o movemento en cuestión e tamén algunhas das influenzas que exerceu sobre outras personalidades e movementos ao longo de diferentes partes do globo. O obxectivo e describir e estudar nas súas diferentes facetas unha proposta política do século XX que, inda que influinte, resulta polo xeral menos abordada en comparación con outros movementos políticos.

BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titor do alumno)

Análise das emocións no discurso político do líder populista
Autoría
D.P.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
D.P.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
27.06.2025 12:30
27.06.2025 12:30
Resumo
Este traballo de investigación explora o papel das emocións no discurso político dun líder populista, centrado no caso específico de Javier Milei, recentemente nomeado presidente da nación arxentina. A través dunha codificación exhaustiva dos seus discursos en eventos clave, identifícanse e analízanse as emocións predominantes. Os resultados demostran que as emocións negativas, como a preocupación, o pesimismo, a crítica e a frustración, dominan a súa retórica, aínda que tamén se destacan emocións positivas como a esperanza, o orgullo e o optimismo en menor medida. Este estudo contribúe a unha comprensión máis profunda de como os líderes populistas utilizan as emocións para mobilizar os seus seguidores, ofrecendo insights valiosos para a análise política contemporánea.

MO GROBA, DIEGO (Titoría)
MO GROBA, DIEGO (Titoría)
Tribunal
MO GROBA, DIEGO (Titor do alumno)
MO GROBA, DIEGO (Titor do alumno)
A Polarización en España: Unha análise en clave temporal (2018-2023)
Autoría
F.O.R.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
F.O.R.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Nos últimos anos, o grado de animosidade entre os simpatizantes dos partidos que conforman o sistema político español aumentou notablemente. Partindo desta premisa, neste traballo analízase a evolución dos tres elementos que conforman a polarización política, é dicir, o extremismo ideolóxico, a polarización ideolóxica e a polarización afectiva. A partir do cálculo de indicadores para a avaliación destes compoñentes, da revisión bibliográfica do tema obxecto de estudo e da consecuente explicación das características do sistema político español e o seu correspondente sistema de medios, exponse unha análise que evidencia uns altos niveis de polarización dentro do electorado español. Ademais, os resultados de cada indicador segmentáronse para cada un dos principais partidos ó longo do período de tempo analizado, o que permitiu un estudo máis exhaustivo do fenómeno.

VOCES LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
VOCES LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
VOCES LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Análise das percepcións da mocidade sobre xénero e feminismo no ecosistema dixital contemporáneo
Autoría
N.R.N.
Grao en Ciencia Política e da Administración
N.R.N.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
08.07.2025 12:00
08.07.2025 12:00
Resumo
O traballo aborda a crecente presenza de discursos antifeministas na mocidade, especialmente nos homes novos. Examina como o feminismo é percibido hoxe en día nun contexto dixital dominado polas redes sociais e pola cultura do consumo rápido de contido, destacando a tensión entre avances feministas e o backlash cultural. O obxectivo principal é analizar o impacto das redes sociais nas percepcións da mocidade sobre o feminismo, estudando como os contidos dixitais moldean as actitudes cara á igualdade de xénero. Procúrase identificar se existe un retroceso na aceptación do feminismo nas novas xeracións.
O traballo aborda a crecente presenza de discursos antifeministas na mocidade, especialmente nos homes novos. Examina como o feminismo é percibido hoxe en día nun contexto dixital dominado polas redes sociais e pola cultura do consumo rápido de contido, destacando a tensión entre avances feministas e o backlash cultural. O obxectivo principal é analizar o impacto das redes sociais nas percepcións da mocidade sobre o feminismo, estudando como os contidos dixitais moldean as actitudes cara á igualdade de xénero. Procúrase identificar se existe un retroceso na aceptación do feminismo nas novas xeracións.
Dirección
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Vogal)
Gasto Público en Gobernos de Maioria vs Coalición
Autoría
I.R.R.
Grao en Ciencia Política e da Administración
I.R.R.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
18.06.2025 10:15
18.06.2025 10:15
Resumo
Neste traballo analízase a eficiencia do gasto público en gobernos de maioria e de coalición, preténdese evaluar se éstes ademais de variiar a sua forma e xestión, se o fan en términos de control e asignación de recursos e, posteriormente se é máis eficiente para poder relacionalos cos resultados electorais de cada gobierno nun certo periodo de tempo e saber en cal é máis elevado o gasto. Todo isto faise mediante un estudio de teorías para xerar hipóteses e, posteriormente poder contrastalas con análise estatístico.
Neste traballo analízase a eficiencia do gasto público en gobernos de maioria e de coalición, preténdese evaluar se éstes ademais de variiar a sua forma e xestión, se o fan en términos de control e asignación de recursos e, posteriormente se é máis eficiente para poder relacionalos cos resultados electorais de cada gobierno nun certo periodo de tempo e saber en cal é máis elevado o gasto. Todo isto faise mediante un estudio de teorías para xerar hipóteses e, posteriormente poder contrastalas con análise estatístico.
Dirección
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titoría)
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titoría)
Tribunal
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titor do alumno)
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titor do alumno)
Xogo de Tronos: Análise dende unha perspectiva de Elección Pública
Autoría
D.S.M.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
D.S.M.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
O propósito deste traballo é analizar a serie de televisión Xogo de Tronos desde a óptica da teoría da Elección Pública. Esta investigación busca determinar se é posible interpretar os acontecementos da serie mediante unha análise positiva do comportamento racional dos axentes, analizando tanto personaxes como institucións. Para iso, levarase a cabo un estudo de caso centrado na trama dos Camiñantes Brancos, presente ao longo de todas as tempadas e protagonizada por Jon Neve, o que permite contar cunha mostra significativa. Mediante a análise positiva desta trama, obtivéronse unhas conclusións que permitirán validar ou refutar as hipóteses da investigación.
O propósito deste traballo é analizar a serie de televisión Xogo de Tronos desde a óptica da teoría da Elección Pública. Esta investigación busca determinar se é posible interpretar os acontecementos da serie mediante unha análise positiva do comportamento racional dos axentes, analizando tanto personaxes como institucións. Para iso, levarase a cabo un estudo de caso centrado na trama dos Camiñantes Brancos, presente ao longo de todas as tempadas e protagonizada por Jon Neve, o que permite contar cunha mostra significativa. Mediante a análise positiva desta trama, obtivéronse unhas conclusións que permitirán validar ou refutar as hipóteses da investigación.
Dirección
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titoría)
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titoría)
Tribunal
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titor do alumno)
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J. (Titor do alumno)
O papel dos Estados nas economías en contextos de crise.
Autoría
N.S.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
N.S.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
23.06.2025 12:00
23.06.2025 12:00
Resumo
Ao longo do último século, as crises económicas puxeron a proba o papel do Estado como regulador. Este traballo ofrece un estudo exhaustivo das tres grandes crises (a Gran Depresión de 1929, a Gran Recesión de 2008 e a crise da COVID-19 no ano 2020) e avalía o éxito das políticas públicas implantadas. Examínanse políticas públicas concretas con exemplos de diversos Estados e estúdase a intervención estatal desde un punto de vista teórico. Os resultados evidencian que a capacidade do Estado para actuar de forma rápida, coordinada e equitativa é determinante para mitigar os efectos socioeconómicos das crises. O estudo conclúe destacando a utilidade dos aprendizaxes para futuras crises.
Ao longo do último século, as crises económicas puxeron a proba o papel do Estado como regulador. Este traballo ofrece un estudo exhaustivo das tres grandes crises (a Gran Depresión de 1929, a Gran Recesión de 2008 e a crise da COVID-19 no ano 2020) e avalía o éxito das políticas públicas implantadas. Examínanse políticas públicas concretas con exemplos de diversos Estados e estúdase a intervención estatal desde un punto de vista teórico. Os resultados evidencian que a capacidade do Estado para actuar de forma rápida, coordinada e equitativa é determinante para mitigar os efectos socioeconómicos das crises. O estudo conclúe destacando a utilidade dos aprendizaxes para futuras crises.
Dirección
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)
Igualdade en Galicia
Autoría
S.T.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
S.T.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
04.07.2025 09:00
04.07.2025 09:00
Resumo
No presente traballo se analiza de forma descriptiva os temas actuais referentes á igualdade, esto é, a brecha de xénero no ámbito laboral, a violencia de xénero, faise alusión á loita polos dereitos da muller. Enlázase coas políticas de desarrollo modernas aos distintos niveis, incidindo especialmente ao autonómico, menciónase as políticas públicas a través dos seus servicios e na transversalidade dos mesmos.

ALONSO ALVAREZ, ALBA (Titoría)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Titor do alumno)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Titor do alumno)
Análise do sistema de pensións en España: evolución, problemas e propostas
Autoría
A.V.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
A.V.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
19.06.2025 13:00
19.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo levará a cabo unha análise exhaustiva do sistema público de pensións español, explorando as súas orixes, a súa evolución e as reformas máis recentes que buscan garantir a súa sustentabilidade nun contexto de profundo cambio demográfico e laboral. Partindo do modelo de reparto implantado durante o franquismo, descríbese como este sistema se consolidou como un instrumento de cohesión social e lexitimación política, aproveitando unha conxuntura demográfica favorable e a disciplina social imposta polo réxime. Porén, o aumento da esperanza de vida, a baixa natalidade e a fragmentación do mercado laboral nas últimas décadas xeraron un desequilibrio estrutural entre as achegas dos traballadores e as pensións que perciben os xubilados. O estudo presta especial atención ás reformas de 2021 e 2023, que, aínda que melloraron a protección social e reverteron recortes previos, non lograron abordar as tensións de fondo relacionadas coa proporcionalidade contributiva e o carácter redistributivo do sistema. As cotizacións actuais funcionan máis como un imposto que como un aforro persoal para a xubilación, erosionando a lexitimidade percibida polas xeracións activas. Ademais, destácase a dificultade de implementar cambios estruturais profundos pola resistencia política e cultural, e polos intereses contrapostos entre xeracións. O análise conclúe que, aínda que as reformas recentes son un paso importante, o sistema require unha redefinición máis ambiciosa para adaptarse ás novas realidades demográficas e laborais e garantir a súa sustentabilidade e lexitimidade no século XXI.