Análise da estratexia comunicativa a través de Telegram nas eleccións europeas de 2024: o caso de Vox e Se Acabó la Fiesta
Autoría
S.A.R.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política

Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Este estudo é unha análise comparativa da estratexia comunicativa no ámbito dixital de Vox e de SALF durante a campaña das eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, a través dunha metodoloxía principalmente cualitativa. O foco céntrase, principalmente, nos canais empregados, así como nos temas, marcos e mensaxes utilizados, con especial atención ao uso de Telegram. A pesar de existiren similitudes evidentes entre as dúas candidaturas que podemos encadrar dentro da familia da extrema dereita, tamén se aprecian grandes diferenzas na forma en que decidiron comunicar e chegar aos seus potenciais votantes, así como nos temas nos que elixiron poñer o acento. O compoñente antisistema, en maior ou menor medida, constitúe un eixo central do discurso político de ambas formacións.

Dirección
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
MO GROBA, DIEGO (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)

O Voto á Extrema Dereita no Sur de Europa: Unha Análise Comparada de España, Grecia, Italia e Portugal
Autoría
I.A.C.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
I.A.C.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Os partidos de extrema dereita, en especial no continente europeo, están a crecer electoral e socialmente a niveis que lles permite non so ser chave de goberno, senón ser líderes dos propios gobernos. Este fenómeno tamén impactou con forza no sur de Europa, onde o descontento económico, a inseguridade percibida e a xestión migratoria foron aproveitadas para construír discursos identitarios e nacionalistas. Neste traballo realizouse unha análise cuantitativa para explicar o comportamento electoral, especificamente o electorado da extrema dereita nos países do sur de Europa. A través da Enquisa Social Europea, comprobouse como entre os partidos manteñen similitudes sobre as variables que lles afectan e como, en cuestións como o sexo, defiren ata dentro do propio país. Ademais, comprobouse numericamente como a cercanía, tal e como amosa a literatura, ten un gran impacto na elección do voto.

CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
MO GROBA, DIEGO (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
MO GROBA, DIEGO (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Oposicións en España e síndrome de esgotamento profesional
Autoría
S.F.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
S.F.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Este estudo ten como obxectivo explorar, mediante unha exhaustiva busca bibliográfica, a relación entre o proceso de preparación para as oposicións e a síndrome de esgotamento profesional entre os solicitantes de emprego público en España nos últimos 10 anos. O obxectivo é identificar os factores de risco e as consecuencias emocionais e psicolóxicas deste proceso para os solicitantes, especialmente os mozos de entre 20 e 30 anos, que se consideran os máis afectados. Unha vez identificada a problemática, mediante metodoloxía documental cualitativa para recompilar datos de primeira orde, estudos realizados ata a data, bibliografía específica e investigación en diversas profesións, desenvolverase un proxecto ou plan integral de oposicións que implique un proceso menos competitivo e deshumanizante. Neste sentido, este estudo abordará unha reflexión sobre a necesidade de políticas públicas que non só aborden a competitividade nas oposicións, senón tamén o benestar psicolóxico dos solicitantes. O recoñecemento temperán dos síntomas de esgotamento profesional e a implementación de medidas de apoio poden mellorar a traxectoria dos candidatos e facilitar a súa integración exitosa no emprego público.

LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)

Gobernanza local e mirada transdisciplinaria ante as inundacións en Galicia: o risco en disputa.
Autoría
P.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
P.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O impacto global das inundacións, nun contexto marcado pola crise climática e a incerteza, evidencia non só o aumento da intensidade e frecuencia dos eventos naturais extremos, senón tamén o papel clave das decisións humanas na configuración e distribución dos seus efectos. Neste escenario, os concellos galegos enfróntanse ao desafío de transitar cara a enfoques máis proactivos e innovadores, baseados na anticipación e sustentados nunha gobernanza local inclusiva e situada. A mudanza cara a un modelo preventivo require cuestionar as lentes coas que se interpretan os problemas e se deseñan as respostas. Este Traballo Fin de Máster (TFM) propón unha mirada transdisciplinaria, que propicie o diálogo entre diferentes saberes e perspectivas, como ferramenta para mover os marcos establecidos e comprender a auga non como risco a combater, senón como condición coa que vivir.

LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
Contra a ideoloxía de xénero: Estratexias discursivas e comunicativas de VOX fronte ao feminismo en España
Autoría
J.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
J.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo analiza as estratexias discursivas empregadas polo partido político VOX en España para construír un relato contrario ao que denomina “ideoloxía de xénero”. Nos últimos anos, VOX intensificou os seus ataques contra as políticas públicas en materia de igualdade de xénero, feminismo e dereitos do colectivo LGTB+, utilizando discursos que apelan á defensa da familia tradicional, á protección da infancia e ao rexeitamento do “adoctrinamento” nas escolas. O obxectivo principal desta investigación é examinar como VOX configura o seu discurso antigénero en diferentes plataformas de comunicación -incluíndo redes sociais, intervencións parlamentarias e materiais de campaña-, e como ese discurso reflicte unha estratexia política orientada a mobilizar emocionalmente determinados sectores sociais. A metodoloxía adoptada combina un enfoque cualitativo, centrado na análise do discurso, cunha aproximación cuantitativa secundaria baseada en datos do CIS, que permite contextualizar as percepcións sociais arredor destas cuestións. Os resultados preliminares mostran que VOX emprega un marco comunicativo polarizador e altamente emocional, onde se constrúen inimigos simbólicos (o feminismo, o colectivo trans, as leis de xénero) como ameazas aos valores tradicionais. Esta investigación contribúe a comprender como os discursos da extrema dereita se adaptan ao ecosistema mediático actual e penetran no debate público mediante estratexias de normalización ideolóxica.

10 anos do novo municipalismo: Os casos de Compostela Aberta e Marea Atlántica
Autoría
M.M.P.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
M.M.P.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Neste 2025 cúmprense 10 anos da chegada ao poder dos denominados «concellos do cambio», conseguindo as alcaldías das principais cidades do país (Madrid, Barcelona, Cádiz, Santiago de Compostela ou A Coruña), sendo o momento idóneo para poder valorar cunha certa marxe temporal as luces e sombras do novo municipalismo. Con este fin faise unha revisión da literatura existente sobre novos municipalismos e axendas públicas e compleméntase coa información obtida de fontes oficiais sobre o desenvolvemento das políticas locais para analizar as principais políticas públicas innovadoras dos gobernos municipais de Marea Atlántica e Compostela Aberta entre 2015 e 2019.
Neste 2025 cúmprense 10 anos da chegada ao poder dos denominados «concellos do cambio», conseguindo as alcaldías das principais cidades do país (Madrid, Barcelona, Cádiz, Santiago de Compostela ou A Coruña), sendo o momento idóneo para poder valorar cunha certa marxe temporal as luces e sombras do novo municipalismo. Con este fin faise unha revisión da literatura existente sobre novos municipalismos e axendas públicas e compleméntase coa información obtida de fontes oficiais sobre o desenvolvemento das políticas locais para analizar as principais políticas públicas innovadoras dos gobernos municipais de Marea Atlántica e Compostela Aberta entre 2015 e 2019.
Dirección
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
A construción do fenómeno metropolitano: Unha análise de caso da Área Metropolitana de Vigo
Autoría
C.R.R.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
C.R.R.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Esta investigación consiste nunha análise de caso da Área Metropolitana de Vigo (AMVi), que xunto con Barcelona constitúe unha das dúas únicas áreas metropolitanas recoñecidas por lei en España. Se ben a AMVi permanece paralizada desde o ano 2020, esta investigación pretende definir a estrutura que configuran os concellos que forman ou poderían ter formado parte dela, así como analizar o seu estado actual en termos legais, académicos, económicos e políticos. Emprégase para iso unha metodoloxía mixta que conxuga a análise de redes -para estruturar desprazamentos entre concellos-, indicadores de síntese -para medir a ruralidade- e entrevistas a actores clave -para obter respostas no ámbito político e técnico-. Os resultados evidencian que os concellos que rodean á cidade central conforman unha estrutura relativamente policéntrica na que, xunto con Vigo, destacan polos seus vínculos O Porriño, Redondela (dentro da AMVi) e Ponteareas (fóra da AMVi). Ademais, obsérvanse notables dualidades rural-urbano e centro-periferia entre concellos, reflectidas tamén no acceso a servizos como o transporte, clave nas demandas e críticas dos concellos, especialmente dos máis rurais. Finalmente, constátase a continuidade na paralización da AMVi, situación que se atribúe a unha cuestión de vontade política e cuxo devir percíbese, en xeral, con pesimismo. Palabras chave

BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)