Limitacións estruturais do goberno local irlandés e innovación en políticas públicas: estudo de caso no condado de Westmeath
Autoría
O.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo examina as limitacións estruturais que presenta o sistema de goberno local irlandés para o desenvolvemento de políticas públicas innovadoras, buscando identificar as reformas necesarias que poidan fortalecer a autonomía local. A investigación toma como referencia o marco normativo establecido pola Carta Europea de Autonomía Local e utiliza o condado de Westmeath como caso de estudo práctico. A metodoloxía empregada combina a análise documental con entrevistas cualitativas, ademais de incluír unha proposta concreta de política pública centrada na revitalización do folclore e a lingua irlandesa mediante as bibliotecas locais. A análise revela diversas debilidades no sistema actual, entre as que destacan a concentración excesiva de poder no executivo local, o escaso financiamento autónomo dispoñible e a limitada capacidade normativa dos concelleiros electos. Como resposta a estas problemáticas, exponse un conxunto de reformas que abarcan os ámbitos lexislativo, administrativo e organizativo, co fin de consolidar a democracia local. O proxecto Scéalta na hIarmhí (Westmeath’s Stories) serve como exemplo ilustrativo de como as autoridades locais poden impulsar a innovación social con impacto cultural e comunitario, incluso operando dentro de marcos institucionais altamente centralizados.

Dirección
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)

Traballo fin de máster Análise de campañas de desinformación en Rusia a través de comentarios en YouTube: estudo de casos sobre a guerra en Ucraína e a morte de Navalni
Autoría
R.E.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
R.E.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza os patróns de desinformación e polarización política nos comentarios de YouTube relacionados coa guerra en Ucraína e coa figura de Alexéi Navalni. Para iso, recompiláronse máis de 20.000 comentarios de dez vídeos seleccionados pola súa relevancia mediática e política, entre 2022 e 2025. Aplicáronse técnicas de procesamento de linguaxe natural, análise de sentimento, frecuencia de termos, TF-IDF e clusterización temática con K-means, apoiadas en visualizacións como nubes de palabras e diagramas de clusters. Os resultados amosan a existencia de narrativas polarizadas, tanto opositoras como pro-goberno, así como indicios de mensaxes orquestrados con posibles obxectivos de manipulación. Este estudo confirma a hipótese da presenza de dinámicas de desinformación no espazo dixital ruso, ademais de achegar evidencia sobre a utilidade das plataformas de vídeo como obxecto de investigación sociopolítica. Finalmente, propóñense recomendacións para futuros estudos, subliñando o valor da ciencia de datos como ferramenta de análise crítica do discurso político en contornas dixitais.

LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)

Proposta de melloras para a xestión de proxectos con financiamento da Unión Europea en Galicia
Autoría
A.C.E.D.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
A.C.E.D.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
17.02.2025 11:30
17.02.2025 11:30
Resumo
O presente traballo aborda aspectos que mellorarían a xestión de proxectos que posúen financiamento da Unión europea en Galicia. Inicialmente explícanse cuestións teóricas que axudan a comprender os procesos de integración polos que pasou a Unión Europea ata a actualidade e como foi o proceso de representación rexional en Bruxelas. A continuación, o traballo achega datos financeiros extraídos dos informes de fiscalización de proxectos europeos elaborados polo Concello de Contas, para demostrar a relevancia económica que representan estes fondos tanto a nivel autonómico como local. Posteriormente, compleméntase con extraccións textuais das entrevistas realizadas a xestores e beneficiarios de proxectos con financiamento europeo en Galicia, co obxectivo de que determinen aquelas cuestións que coa súa experiencia consideran que se deben mellorar a partir dalgunhas das recomendacións elaboradas polo Concello de Contas nos informes de fiscalización. Logo realízase unha táboa composta por unha matriz DAFO e CAME, conxuntamente, a cal permite por unha banda identificar as cuestións para mellorar obtidas das entrevistas e os informes de fiscalización e expor estratexias e melloras específicas a desenvolver. Conclúe coa elaboración dunha proposta de suxestións de melloras, na cal se brindan exemplos concretos a implementar a futuro, a partir das cuestións identificadas anteriormente, coa intención de mellorar e axilizar desenvolvemento dos mesmos.

BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Vogal)

A opinión pública sobre as políticas de xénero: O caso de Santiago de Compostela.
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
A.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 10:30
03.07.2025 10:30
Resumo
Nun contexto onde as políticas de igualdade son un piar fundamental na dotación de benestar, a presente investigación ten como finalidade analizar empíricamente a percepción da cidadanía do Concello de Santiago de Compostela sobre estas políticas. O traballo nútrese dun marco teórico no cal se revisa a literatura académica sobre a institucionalización das políticas de xénero, facendo fincapé no caso de España , a estratexia de mainstreaming e os principios do Goberno Aberto no deseño de políticas públicas. O deseño metodolóxico combina técnicas cualitativas, coa análise de información secundaria sobre as políticas municipais de xénero deste concello e a realización dunha entrevista en profundidade a unha integrante do goberno municipal, e técnicas cuantitativas, coa realización dunha enquisa a unha mostra de cen persoas do barrio de Conxo. Os resultados amosan que o nivel de coñecemento e a valoración dos servizos públicos varía substancialmente en función de diferentes variables, coma o xénero ou a situación laboral, e tamén constatan que para o goberno municipal é de especial relevancia a opinión da cidadanía.

PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
Os Centros de Información á Muller en Galiza: Análise da situación actual e propostas para o redeseño do servizo
Autoría
M.G.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
M.G.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 11:00
03.07.2025 11:00
Resumo
Nun contexto de crecente implicación das entidades locais no desenvolvemento de políticas públicas de igualdade, os Centros de Información á Muller teñen ocupado unha posición central na atención ás vítimas de violencia de xénero, cun modelo gratuíto de intervención multidisciplinar marcado pola proximidade dos centros á realidade das vítimas e do territorio. Alén diso, os CIM tamén teñen desempeñado un papel de promoción na prevención deste tipo de violencia e na sensibilización cidadá en materia de igualdade de xénero. Ante isto, o presente traballo de investigación ten por obxectivo principal analizar a situación actual dos CIM galegos para así detectar as fortalezas e debilidades do modelo actual e realizar propostas de mellora no deseño e implementación do servizo. Para a recollida de información, deseñouse un traballo de campo baseado nun cuestionario enviado a todos os CIM de Galiza, e na realización de entrevistas co persoal dos centros e persoas que ocupan responsabilidades políticas en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
Eleccións xerais de España de 2023: Análise do compoñente emocional nos discursos de Pedro Sánchez
Autoría
F.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
F.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo, titulado “Eleccións xerais de España de 2023: Análise do compoñente emocional nos discursos de Pedro Sánchez”, analiza o papel da expresión emocional na construción da imaxe de liderado e na percepción pública a través de cinco discursos representativos do candidato. Mediante unha metodoloxía que combina a Análise Crítica do Discurso e a análise cualitativa de contido, establécese un sistema de clasificación baseado na polaridade emocional (positiva e negativa) para examinar as estratexias de guía emocional e as estruturas retóricas ao longo das diferentes fases da campaña. O estudo inclúe tamén as reaccións do público mediante comentarios en redes sociais e cobertura nos medios de comunicación, co obxectivo de avaliar como se interpretan e reformulan publicamente esas estratexias emocionais. Os resultados mostran que Pedro Sánchez recorreu a recursos como a repetición, as metáforas e as apelacións colectivas para activar emocións positivas e, en momentos clave, introducir emocións negativas como mecanismo de alerta, reforzando así a identificación emocional co seu liderado. O traballo propón un modelo analítico integrador que vincula o discurso político coas respostas emocionais e perceptivas do electorado.

MANEIRO CRESPO, ELBA (Titoría)
MANEIRO CRESPO, ELBA (Titoría)
Tribunal
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
FENDAS E RECONSTRUCIÓN: Un estudo do conflito de paradigmas na comunicación política entre a desglobalización da dereita europea e a globalización da iniciativa chinesa do Cinto e a Ruta
Autoría
M.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
M.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este estudo busca analizar en profundidade os paradigmas contraditorios da comunicación política entre a dereita europea antiglobalización e o movemento chinés de globalización do Cinto e a Ruta no contexto da globalización. Usando a teoría da ruptura política (Lipset e Rokkan, 1967) e a teoría dos marcos (Goffman, 1974), a través do pluralismo metodolóxico (Maxwell, 2016), este estudo explora como ambos paradigmas configuran a visión da orde global e revela o papel clave da comunicación na xestión das rupturas. O estudo concluíu que a dereita europea tende a explotar as divisións sociais. Ao activar as divisións tradicionais, como centro-periferia e relixioso-secular, transforma as contradicións da globalización en enfrontamentos baseados na identidade (como a teoría da ameaza migratoria) e utiliza mecanismos mediáticos como os marcos de polarización e as cámaras de eco algorítmicas para estimular divisións baseadas na identidade, na soberanía e distributivas, promovendo así a axenda antiglobalización. A Iniciativa da Franxa e a Ruta de China toma como narrativa central unha comunidade de futuro compartido para a humanidade, adopta estratexias como as infraestruturas, a empatía cultural e a gobernanza global, e reconstrúe a historia do desenvolvemento a través do marco da conectividade e a aprendizaxe mutua entre civilizacións, debilitando a confrontación ideolóxica e tentando disolver as divisións. Baseándose nisto, este estudo propón que a posibilidade da redención comunicativa reside na construción dun mecanismo para o diálogo multitemático, cultivando a alfabetización comunicativa global e innovando no contido e as formas de comunicación para proporcionar unha solución pacífica e coexistente aos conflitos entre civilizacións. Este estudo non só enriquece a teoría da comunicación política, senón que tamén proporciona unha referencia importante para a práctica das relacións internacionais na era da globalización.

LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
Os sistemas locais de benestar e as políticas de envellecemento nos concellos urbanos galegos
Autoría
I.L.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
I.L.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 11:30
03.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster analiza as políticas locais de envellecemento nos concellos urbanos galegos desde o enfoque dos sistemas locais de benestar. O estudo parte do contexto de acelerado envellecemento demográfico en Galicia e céntrase na capacidade dos municipios para dar resposta, desde a proximidade, aos desafíos que implica este fenómeno. A análise realizouse sobre unha mostra de 15 concellos urbanos, que inclúe as sete cidades galegas e os municipios máis poboados de cada provincia. O deseño metodolóxico combina análise sociodemográfica, revisión de políticas públicas locais e entrevistas semiestruturadas. Os resultados revelan unha resposta desigual entre os concellos, pero tamén mostran unha ampla diversidade de medidas implementadas, tanto no ámbito sociosanitario como sociocultural. En conxunto, o estudo evidencia un compromiso local arredor do envellecemento, aínda que con retos pendentes de coordinación e da integración da perspectiva de xénero e dos principios da Axenda 2030.

CERNADAS RAMOS, ANDRES Cotitoría
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
CERNADAS RAMOS, ANDRES Cotitoría
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
A construción da proximidade cara aos partidos de extrema dereita: como a cultura woke impactou en España, Portugal e Italia.
Autoría
D.T.F.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
D.T.F.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
O auxe da extrema dereita no sur de Europa reconfigurou os sistemas de partidos en España, Portugal e Italia. Este traballo de investigación aborda como a reacción á denominada cultura woke converteuse nun factor chave para mobilizar ao electorado. Analízase de forma comparada a influencia das actitudes sobre inmigración, igualdade, cambio climático ou lgtbi-fobia na construción da proximidade cara a partidos como Vox, Chega, Fratelli d’Italia e a Lega, buscando delimitar o peso e as especificidades desta “guerra cultural” en cada contexto nacional. Para a realización desta investigación aplícase un enfoque metodolóxico cuantitativo que, como resultado, reflicte a gran importancia das variables woke na construción desta proximidade.

MO GROBA, DIEGO (Titoría)
MO GROBA, DIEGO (Titoría)
Tribunal
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
A unidade policial local de Santiago de Compostela cara un novo modelo de servizo público.
Autoría
M.E.V.E.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
M.E.V.E.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
A unidade policial local de Santiago de Compostela cara un novo modelo de servizo público é un proxecto de intervención que propón a modernización da Policía Local a través dun enfoque baseado na proximidade, a innovación e a cooperación cidadá. O traballo aborda a necesidade de redefinir o modelo de servicio da Policía local de Santiago de Compostela, tendo en conta os desafíos actuais dunha cidade con elevada complexidade urbana, institucional e social. A través dunha análise crítica do modelo vixente e do seu encaixe no contexto local, identifícanse limitacións estruturais e operativas que dificultan unha resposta eficaz ás demandas da cidadanía. O obxectivo principal é formular unha proposta de mellora organizativa que permita avanzar cara unha policía próxima, moderna, tecnoloxicamente adaptada e centrada nas persoas. Para iso, incorpóranse ferramentas contrastadas de xestión do cambio organizativo, co fin de favorecer unha transformación viable e sostible do servizo policial local.