Pegada de carbono do consumo alimentario en Galicia: análise comparativa segundo adopción da dieta atlántica
Autoría
C.R.A.M.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias

Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo avalía a pegada de carbono do consumo alimentario en Galicia, comparándoa coa dieta atlántica como referencia de sostibilidade. Mediante a análise do ciclo de vida (ACV) e o uso do software Open LCA, calculáronse as pegadas de carbono dos produtos máis consumidos polos galegos, segundo o informe de consumo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) correspondente ao ano 2021. Estimouse unha pegada de carbono anual per cápita de 1677,25 kg CO2e o que equivale a 4,60 kg CO2e por persoa/día, unha cifra superior ao valor estimado para a Dieta Atlántica, que presenta un valor de 3,01 kg CO2e persoa/día, representando un incremento do 32,61 %. O estudo revela que os produtos con maior impacto ambiental inclúen carnes transformadas, produtos lácteos, pan fresco e derivados do cacao. Tamén se identificaron diferenzas entre os hábitos de consumo reais e o modelo teórico da Dieta Atlántica, particularmente no consumo elevado de alimentos procesados e azucres. A composición dos produtos consumidos e os métodos de produción desempeñan un papel clave na sostibilidade ambiental do consumo alimentario en Galicia.

Dirección
FERNANDEZ CARRASCO, EUGENIO (Titoría)
FERNANDEZ CARRASCO, EUGENIO (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)

Comparación e análise da etiquetaxe nutricional frontal entre varios países
Autoría
F.A.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
F.A.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A crecente prevalencia de enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT), como a obesidade, a diabetes tipo 2 e as enfermidades cardiovasculares, levou aos gobernos e organismos internacionais a implementar estratexias de saúde pública que promovan unha alimentación máis saudable. Neste contexto, a etiquetaxe nutricional frontal (FOPL) consolidouse como unha ferramenta clave para informar o consumidor de maneira rápida e comprensible sobre o contido nutricional dos alimentos procesados. Este traballo consiste nunha revisión comparativa dos sistemas FOPL aplicados en 24 países, agrupados por continente, co obxectivo de analizar as súas características, modelos de perfil de nutrientes, obrigatoriedade e base legal, así como a evidencia científica dispoñible sobre o seu impacto na saúde pública. Os sistemas clasifícanse en sete tipos principais: Etiquetas de advertencia (América Latina e Israel), Nutri-Score (España, Francia, Portugal, Irlanda), Semáforos Nutricionais (Reino Unido, Ecuador), Health Star Rating (Australia, Nova Zelandia), Keyhole (Suecia, Noruega), Healthy Choice Logo (Países Baixos, Indonesia) e Nutriinform Battery (Italia). Os resultados mostran que os sistemas de advertencia obrigatorios, como os de Chile, México e Brasil, son os que presentan maiores avances na redución do consumo de produtos non saudables e na reformulación de alimentos, particularmente en países con políticas públicas activas e campañas de educación nutricional. En cambio, os sistemas voluntarios e evaluativos, como Nutri-Score ou Health Star Rating, aínda que ofrecen vantaxes comparativas, mostran menor efectividade cando non van acompañados de medidas regulatorias. Conclúese que a etiquetaxe nutricional frontal é unha medida efectiva, pero debe enmarcarse dentro de políticas máis amplas que inclúan regulación da contorna alimentaria, acceso a alimentos saudables e educación nutricional. Aínda que non existe un modelo único universal, a experiencia internacional demostra que os sistemas simples, obrigatorios e baseados en evidencia científica teñen maior impacto na saúde pública.

MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Polisacaridos Derivados das Algas: Biomateriais para a Industria Alimentaria
Autoría
M.L.B.M.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
M.L.B.M.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
Dado o gran proceso de industrialización que acontece, entre outros sectores, na industria alimentaria e os residuos plásticos que esta xera afectando directamente o ecosistema e a biodiversidade, é requisito indispensable atender ás necesidades de demanda de produtos alimentarios de forma sostible. Para iso, é posible contribuír ao envasado dos produtos de diversa índole facendo uso de macroalgas seleccionadas en combinación con outras substancias como aceites esenciais, extractos naturais, combinacións entre compostos algales ou a adición de nanopartículas, co fin non tan só de fomentar a economía circular, senón de mellorar as condicións de envasado, conservación e transporte dos produtos, incidindo nas estruturas moleculares e nas reaccións entre compostos químicos. Así, atendendo ao método PRISMA, realizáronse 7 procuras bibliográficas que deron lugar á revisión de 117 artigos científicos obtidos das bases de datos Scopus, Web of Science e Elseiver. Procedeuse a desagregar as orixes, procesos de extracción, e funcionalidades de polisacáridos derivados de macroalgas como agar, alginato, carragenano, fucoidan, laminaria e ulvano. Ademais, profúndase no seu uso para a produción de films para envases alimentarios, mencionando as principais vantaxes e desvantaxes de cada material. Segundo os estudos, o estado actual da investigación neste ámbito atópase en auxe. En función do tipo de polisacárido obtido e do alga seleccionada, obtéñense diferentes actividades e funcionalidades dos films desenvolvidos; desde o seu inherente biodegradabilidad, hidrofobicidad, propiedades gelificantes, antioxidantes e antimicrobianas. A pesar diso, requírense de novos estudos que avalen a súa aplicación práctica máis aló das análises en laboratorio e, de investigacións consistentes acerca de métodos que permitan unha extracción eficiente das algas, sen alterar a súa composición ou funcionalidades implícitas.

Cazón Díaz, Patricia (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
Cazón Díaz, Patricia (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)

Desenvolvemento dun método rápido para asegurar a identidade varietal en aceites de oliva
Autoría
L.B.G.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
L.B.G.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
O aceite de oliva é un dos produtos cun maior risco de adulteración tanto polos seus elevados beneficios para a saúde e elevada calidade, como polo grande impacto socio-económico e alto prezo de mercado. O fraude alimentario pode deberse tanto á mestura con aceites vexetais máis baratos como á falsificación do orixe, cultivar ou categoría. Para previlo, é moi importante poder realizar análises rápidos, sensibles e in-situ en diferentes puntos da cadea de suministro, asegurando a súa trazabilidade e autenticidade para protexer aos consumidores e apoiar aos produtores(1). O obxectivo do presente traballo é desenvolver un método baseado en ADN para detectar variedades de olivo, e integrar este método nun dispositivo miniaturizado que poda ser aplicado en diferentes puntos da cadea de valor, dende granxas ata empresas alimentarias. A detección baséase no xenotipado de SNPs (Single Nucleotide Polimorfisms)(2). Para o desenvolvemento do método, empregáronse oito mostras de olivas e follas procedentes de Chipre e Turquía. Antes de comenzar, caracterizáronse morfolóxicamente atentendo a caracteres do endocarpo, determinando a identidade e autenticidade varietal. Unha vez identificadas, o ADN de todas as mostras foi extraído para amplificar rexións dos xenes Cicloartenol sintase (OEX) e Lupeol sintase (OEW) mediante end-point PCR, e os amplicóns visualizáronse mediante electroforese en xel. Finalmente, estes secuenciáronse (Sanger Sequencing by Macrogen) para a súa análise bioinformática (3,4). Mediante a análise bioinformática empregando Geneious Prime Software, primeiro correxíronse as secuencias individuais para posteriormente alinear todas as variedades de cada xen (con secuencias baixadas de referencia depositadas na base de datos GenBank), e atopar marcadores específicos (SNPs) que permitan a identificación das variedades en matrices complexas(4,5). Con estes marcadores diseñáronse sondas para realizar ensaios de xenotipado TaqMan que permitan discriminar dous alelos cunha soa diferenza nucleotídica. Esta discriminación baséase na hibridación específica das sondas, para o que se empregan dous colorantes diferentes, VIC e FAM. Deste xeito, poden amplificarse e detectarse alelos específicos no ADN xenómico (ADNg) mediante unha qPCR.

PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Tribunal
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Patróns de consumo de bebidas enerxéticas en estudantes universitarios en Galicia
Autoría
J.B.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
J.B.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
As bebidas enerxéticas experimentaron un aumento de popularidade considerable na poboación nova. Caracterízanse polo seu elevado contido de cafeína e outros compostos estimulantes, que na actualidade suscitan unha crecente preocupación polos seus posibles efectos adversos para a saúde. O presente estudo ten como obxectivo analizar os patróns de consumo de bebidas enerxéticas en estudantes de formación profesional e universitarios galegos. Para iso, realizouse unha análise do mercado nacional, recompilando a información nutricional e a listaxe de ingredientes de 68 bebidas comercializadas en España e comparándoos cos doutros mercados. Ademais, a través dunha enquisa telemática, previamente validada, recolléronse datos de 507 participantes. Os resultados indicaron que o 25% dos enquisados consumía bebidas enerxéticas, cunha maior prevalencia nos homes (32,9% fronte a 21,9% das mulleres). O seu consumo viña motivado polo rendemento académico, debido á percepción de mellora da concentración, e pola variedade de sabores das bebidas. Evidenciouse un baixo nivel de coñecemento e interese sobre os ingredientes e efectos sobre a saúde, especialmente entre os máis novos. Así mesmo, evidenciáronse resultados estatisticamente significativos entre o consumo de alcol e o de bebidas enerxéticas. En relación co seu consumo simultáneo, aínda que esta conduta non foi predominante, si se considera preocupante polos riscos que implica. Como conclusión, este traballo pon de manifesto a necesidade de reforzar a educación nutricional e a concienciación sobre os riscos do consumo de bebidas enerxéticas, especialmente nos máis novos e na súa combinación con alcol, así como a importancia de considerar futuras estratexias de regulación e prevención.

NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Estrutura coloidal do leite de cabra e ovella, tamaños de partículas de lípidos e proteínas (micelas de caseína) observadas por microscopía óptica e confocal
Autoría
M.E.C.Z.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
M.E.C.Z.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
No presente estudo analizáronse os tratamentos térmicos aplicados ao leite cru de vaca, ovella e cabra, co obxecto de avaliar os seus efectos sobre o tamaño e comportamento das estruturas lipídicas e as micelas de caseína. Empregáronse mostras de leite cru enteiro de cabra, vaca e ovella, así como leite enteiro pasteurizado de cabra, vaca e ovella e leite de vaca tratada mediante UHT. As observacións realizáronse mediante microscopía óptica e microscopía confocal de varrido con láser CLSM. Nos estudos con microscopía convencional observouse o leite cru, pasteurizada e UHT sen tinguir. Pola súa banda, a técnica CLSM efectuouse empregando a sonda de fluorescencia Rhodamina B para visualizar os fosfolípidos, e Fast Green para identificar as proteínas. Co fin de retardar o movemento das micelas e os glóbulos de graxa e mellorar así a calidade de imaxe, engadiuse unha concentración moi baixa de goma xantana ás diluciones de leite, tanto con colorantes como sen eles. A combinación de microscopía óptica e CLSM permitiu determinar con precisión o tamaño e comportamento tanto dos glóbulos de graxa como dos complexos formados por glóbulos de graxa e micelas de caseína.

JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Caracterización e avaliación de miARNs como biomarcadores de benestar en polbo (Octopus vulgaris)
Autoría
O.C.I.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
O.C.I.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O polbo común (Octopus vulgaris) é un dos grandes símbolos da gastronomía galega e posúe gran valor socioeconómico. O descenso das capturas nos últimos anos é obxecto de preocupación no sector pesqueiro, onde xa se teñen tomado medidas como a instauración de períodos de veda. Neste sentido, a implantación do cultivo acuícola nesta especie tamén se presenta como unha alternativa, non exenta de reticencias relacionadas con asegurar o benestar animal. Estudos recentes demostran que hormonas como o cortisol ou a corticosterona, amplamente utilizadas para avaliar o estrés en vertebrados, non participan neste tipo de resposta nos polbos, complicando así a identificación de biomarcadores endócrinos fiables. Paralelamente, descubriuse unha expansión significativa de microARNs (miARNs) nestes animais, o que suxire a súa posible relevancia na regulación fisiolóxica desta especie. En particular, os miARNs circulantes destacan pola súa estabilidade nos fluídos corporais, o que os convirte en candidatos ideais como biomarcadores non invasivos. Este proxecto tivo como obxectivo caracterizar e identificar novos miARNs na hemolinfa, en resposta a condición de hiposalindade, un factor estresante común nesta especie. O fraccionamento da hemolinfa foi estudado co obxectivo de avaliar o potencial de detección de miARNs circulantes nas distintas matrices (hemolinfa completa, plasma e fracción celular). Un total de 119 miARNs previamente descritos foron identificados, así como un total de 189 miARNs foron preditos de novo. Dos 119 miARNs coñecidos, 25 presentaron unha expresión diferencial en resposta ao estrés osmótico e no caso dos novel-miARNs, 2 candidatos (OX597828.1_28847 e OX597837.1_37256) foron seleccionados como posibles miARNs implicados na osmorregulación destes animais. Neste traballo identificáronse miARNs circulantes con posibles funcións reguladoras na resposta ao estrés osmótico e con potencial para a súa avaliación como biomarcadores. Proporciónase así información sobre o papel destas moléculas na hemolinfa e os mecanismos moleculares que poden estar detrás da tolerancia á salinidade en Octopus vulgaris.

LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
Rotllant Moragas, Josep Cotitoría
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
Rotllant Moragas, Josep Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Aplicación funcional de quitina e quitosano de insectos na alimentación humana
Autoría
A.M.C.M.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
A.M.C.M.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A quitina é o segundo polisacárido máis abundante na natureza, presente no exoesqueleto dos invertebrados, na parede celular dos fungos e nalgunhas lévedas. A súa desacetilación dá lugar ao quitosano, un biopolímero soluble en medios ácidos con propiedades bioactivas de interese, como actividade antimicrobiana, antioxidante, cicatrizante e hipocolesterolemiante. Tradicionalmente, a quitina obtívose de crustáceos, unha fonte ligada á pesca extractiva. Ante a necesidade de alternativas máis sostibles, os insectos consolidáronse como unha opción viable, cun contido significativo en quitina (15-20 %), elevada eficiencia reprodutiva e capacidade para valorizar biorresiduos. Este traballo de revisión bibliográfica ten como obxectivo analizar o modo de acción e os efectos potenciais do consumo de quitina e quitosano de orixe entomolóxica sobre a saúde humana, así como identificar a súa dispoñibilidade en produtos alimentarios autorizados na Unión Europea. Os resultados indican que especies como Hermetia illucens, Tenebrio molitor e Acheta domesticus constitúen fontes sostibles destes biopolímeros. Diversos estudos en modelos animais suxiren beneficios na prevención de enfermidades metabólicas, cardiovasculares e inflamatorias, así como na modulación da microbiota intestinal e do metabolismo lipídico. Non obstante, os estudos en humanos son escasos e céntranse maioritariamente no insecto enteiro, sen illar os efectos da quitina ou do quitosano. Conclúese que, malia o seu potencial, a aplicación destes compostos en alimentos funcionais aínda enfronta barreiras normativas, culturais e científicas. Será necesario fomentar a investigación clínica e o desenvolvemento normativo para facilitar a súa integración en sistemas alimentarios máis sostibles e resilientes.

REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Contaminación por Salmonella spp en leite e produtos lácteos
Autoría
R.D.D.N.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
R.D.D.N.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A presenza do xénero Salmonella spp. en produtos lácteos é un dos principais problemas para os produtos alimenticios. A repercusión da presenza da Salmonella spp. en produtos alimenticios tenden a causar un impacto económico e sanitario a nivel mundial e precisa ser controlado. O obxectivo deste traballo de revisión bibliográfica é presentar unha avaliación do estado actual de Salmonella spp. en produtos lácteos e leite e determinar a eficacia de diferentes medidas e métodos de control dispoñibles para evitar a contaminación dos alimentos ofrecidos ao consumidor. A presencia de Salmonella en alimentos ocasiona unha enfermidade determinada como salmoneloses, que es unha das principais causas de brotes alimentarios en países pertencentes á Unión Europea e en países non pertencentes á Unión Europea. É destacable a evidencia da Salmonella en produtos lácteos de orixe de leite cru e ademais pode haber ocorrencia de contaminacións pos-pasteurización inadecuada. Para controlar estas ocorrencias a Unión Europea ten medidas preventivas lexislativas en todas as fases da cadea alimentaria afín de evitar a ocorrencia desta zoonose. Unha das principais medidas é a detección e identificación da Salmonella spp. durante todo o proceso produtivo, que ten como método de detección tradicional a ISO 6579, o método de inmunofluorescencia e o método inmunoenzimático con proteínas recombinantes de fagos. En conclusión, existen diversos métodos de control e técnicas de detección e identificación como medidas de prevención desta zoonose, os cales son necesarios debido ao gran impacto económico e sanitario na sociedade.

FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Vogal)
Estado actual e principais riscos na produción de bebidas vexetais
Autoría
L.D.D.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
L.D.D.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Nos últimos anos, as bebidas de orixe vexetal consolidáronse como unha alternativa cada vez máis habitual ao leite de orixe animal, impulsadas por cambios nos hábitos de consumo e por preocupacións relacionadas coa saúde, o medio ambiente e a ética alimentaria. Porén, a súa crecente popularidade tamén puxo enriba da mesa cuestións relevantes sobre a súa seguridade, especialmente no tocante aos riscos microbiolóxicos, químicos e tecnolóxicos que poden xurdir durante a súa produción. Este traballo realiza unha revisión sistemática seguindo as directrices do modelo PRISMA co obxectivo de identificar os principais perigos asociados á elaboración destas bebidas. Partindo dun total de 1.207 artigos recuperados das bases de datos Scopus e Web of Science, e tras un proceso rigoroso de selección baseado en criterios temáticos e de calidade metodolóxica, incluíronse 44 estudos para a análise final. Os resultados amosan que algúns dos riscos máis frecuentes están relacionados coa presenza de microorganismos patóxenos como Listeria monocytogenes, Salmonella spp. e Bacillus spp., así como con contaminantes químicos como metais pesados ou residuos de praguicidas. Ademais, identificáronse tecnoloxías de procesado como a pasteurización UHT, a homoxeneización a alta presión ou o uso de plasma frío como prometedoras para mellorar a inocuidade destes produtos. As materias primas máis estudadas foron soia, avea, coco e améndoa, o que reflicte tanto a súa relevancia comercial como a súa susceptibilidade a certos tipos de contaminación. En conxunto, esta revisión permite comprender mellor os riscos que poden comprometer a seguridade das bebidas vexetais e sinala a necesidade de reforzar os sistemas de control e avanzar cara a unha regulamentación máis específica e harmonizada que contemple este tipo de produtos.

RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)

Métodos Rápidos de Análise de Alimentos utilizando a Espectroscopía Infravermello próximo (NIR) e as súas diversas aplicacións
Autoría
M.D.L.A.E.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
M.D.L.A.E.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
A espectroscopia de infravermellos próximos (NIR) é unha técnica analítica que se converteu nunha ferramenta clave para a análise de alimentos, proporcionando métodos rápidos, non destrutivos e fiables para garantir a calidade, autenticidade e seguridade en diversos produtos como carne, lácteos, froitas, verduras e cereais. A través de modelos quimiométricos avanzados, a espectroscopia NIR permite a análise cualitativa e cuantitativa de compoñentes químicos específicos en matrices alimentarias complexas, extraendo información e optimizando a creación de modelos predictivos robustos, o que en moitos alimentos redunda en superar as limitacións das técnicas convencionais. Esta revisión da literatura fai fincapé na eficacia da espectroscopia NIR na detección exitosa de adulteracións, trazabilidade e control de parámetros críticos en alimentos procesados e frescos; onde se destaca a versatilidade e innovación da adopción de equipos de espectroscopia NIR en liñas de proceso ou en dispositivos portátiles para o control de parámetros como o contido de humidade, graxas, proteínas e azucres, entre outros; Tamén destaca o crecente interese polas tecnoloxías sostibles que incrementen a precisión analítica, reduzan custos e minimicen o impacto ambiental, consolidando esta técnica como unha ferramenta fundamental na industria alimentaria, aliñada cos requisitos normativos e a eficiencia dos procesos.

VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Cazón Díaz, Patricia Cotitoría
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Cazón Díaz, Patricia Cotitoría
Tribunal
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Aplicación da espectroscopía de infravermello próximo (NIR) e medio (MIR) para a análise rápida e cuantitativa da composición nutricional da fariña de trigo
Autoría
M.D.P.E.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
M.D.P.E.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
O trigo é un dos cereais máis cultivado do mundo. A fariña obtida de este cereal é amplamente utilizada e valorada polo seu perfil nutricional. A análise da composición da fariña de trigo é fundamental para determinar a súa calidade nutricional e as súas propiedades tecnolóxicas. Non obstante, os métodos analíticos tradicionais utilizados para este fin adoitan ser laboriosos, lentos e destrutivos. Polo tanto, desenvolver un método analítico rápido, económico e eficaz é esencial para a industria alimentaria. Como resultado, os métodos espectroscópicos infravermellos, combinados con ferramentas quimiométricas, xurdiron como unha alternativa robusta. No presente estudo avaliouse o potencial da espectroscopía de infravermello próximo (NIR) e medio (MIR) para cuantificar a composición nutricional da fariña de trigo. Desenvolvéronse modelos de calibración mediante regresión de compoñentes principais (PCR) e mínimos cadrados parciais (PLS), validados a través de validación cruzada completa. As capacidades preditivas dos modelos avaliáronse mediante indicadores estatísticos como o erro cadrático medio (RMSE), o confíente de determinación (R2) e a desviación residual da validación cruzada (RPD). Os modelos de predición da PLS desenvolvidos mediante datos NIR demostraron unha gran precisión na estimación de varios compoñentes nutricionais, como amidón total, glicosa e elementos minerais. Mentres que os modelos PCR obtidos cos datos espectrais NIR foron desenvolvidos con éxito para cuantificar a frutosa, sacarosa, maltosa e Zn. Pola súa banda, os modelos PLS baseados en MIR demostraron ser útiles para a estimación do contido de humidade, cinzas e a fracción de amidón resistente, aínda que con menor robustez na cuantificación cuantitativa. A espectroscopía de infravermello combinada con ferramentas quimiométricas demostrou ser un método fiable, robusto, útil e respectuoso co medio ambiente para a determinación cuantitativa económica, rápida e non destrutiva de diversos parámetros de calidade na fariña de trigo.

Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Cazón Díaz, Patricia Cotitoría
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Cazón Díaz, Patricia Cotitoría
Tribunal
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Influencia do sistema de cultivo e o ecotipo de centeo nas características nutricionais dos pans
Autoría
L.F.D.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
L.F.D.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O crecente interese dos consumidores por alimentos máis saudables e sostibles, unido á necesidade de identificar cultivares adaptados á agricultura ecolóxica e ao cambio climático, está fomentando a recuperación de ecotipos autóctonos de cereais con potencial panadeiro. Neste contexto, o centeo representa un dos principais grans empregados para a panificación en Europa. Concretamente, en Galicia, o pan de centeo e de mestura con trigo constitúen un importante símbolo do patrimonio cultural e gastronómico. Baixo este marco, o presente estudo ten por obxectivo avaliar o efecto do sistema de cultivo do centeo (convencional e ecolóxico), da variedade de centeo (‘Palas’ e ‘Trevinca’) e da proporción de fariña de centeo empregada na formulación (100% e 75%) sobre a composición nutricional dos pans. A caracterización nutricional levouse a cabo empregando métodos oficiais da AOAC e ensaios enzimáticos validados, a través dos cales se avaliou o contido en macronutrientes, as fraccións de amidón, a fibra dietética e a composición mineral dos pans. Os resultados do estudo indican que a proporción de fariña de centeo empregada na formulación das masas é o factor máis determinante na composición nutricional dos pans, con valores máis elevados de minerais coma K, Mn, Cu, Ca, P, Zn e Mg, de carbohidratos, glicosa e frutosa, e tamén de fibra, amilosa e TDS nos pans elaborados cun 100% de fariña de centeo. Ademais, os pans elaborados con fariñas procedentes de cultivo ecolóxico presentan un contido destacado de Mg, P, K, Ca, Cu, Zn, proteína e humidade. A práctica da agricultura ecolóxica presenta un impacto positivo sobre a sustentabilidade agraria, o que apoia a súa promoción como parte dunha alimentación máis responsable. En adición, o feito de que a variedade non represente o principal factor de variación nutricional dos pans redunda na inclusión de ambos ecotipos locais na produción de pans galegos.

GARCIA GOMEZ, MARIA BELEN Cotitoría
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
GARCIA GOMEZ, MARIA BELEN Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
Identificación de migrantes potenciais en materiais de contacto alimentario mediante GC/MS.
Autoría
E.L.S.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
E.L.S.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
Co crecente desenvolvemento de novos envases alimentarios de base biolóxica e/ou biodegradables, e biomateriais de contacto alimentario como alternativas aos convencionais (derivados do petróleo), son necesarias numerosas avaliacións de seguridade. Isto débese ao risco que poden constituir para a saúde do consumidor pola migración de substancias químicas destes materiais aos alimentos. Na lista dos migrantes potenciais procedentes dos envases alimentarios atopamos: substancias engadidas intencionalmente (IAS), coma monómeros e aditivos (antioxidantes, estabilizantes, antimicrobianos, etc.), e substancias non engadidas intencionalmente (NIAS), coma produtos de reacción e/ou degradación, etc. É importante que se realice un previo coñecemento en profundidade destes materiais mediante a súa caracterización, para coñecer os compostos que potencialmente poderían migrar aos alimentos. Neste traballo analizáronse mostras de materiais en contacto con alimentos, rotulados como de base biolóxica e/ou biodegradables. Para a identificación de compostos optimizáronse dous métodos: PyT (purga e trampa) e inxección automática dun extracto metanólico para a detección de compostos semivolátiles, ambos con cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas (GC/MS). Posteriormente, estimouse a toxicidade dos compostos identificados para os cales non existen datos toxicolóxicos mediante unha metodoloxía in silico como son as regras de Cramer. Do total de máis de 200 compostos de distinta natureza que foron tentativamente identificados, só 29 se recollen no Regulamento (UE) No. 10/2011 de materiais plásticos de contacto alimentario. Dos estimados mediante as regras de Cramer, 38 deles foron substancias clasificadas como de alta toxicidade (clase III), 4 de clase II e 122 de clase I.

RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Titoría)
Lestido Cardama, Antía Cotitoría
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA Cotitoría
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Titoría)
Lestido Cardama, Antía Cotitoría
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA Cotitoría
Tribunal
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Modelos de simulación in vitro da dixestión de alimentos: aplicacións e desafíos
Autoría
I.M.B.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
I.M.B.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Cada vez hai máis conciencia entre a poboación acerca dos beneficios e inconvenientes que poden carrear para a saúde os distintos compoñentes que forman os alimentos. Para avaliar os efectos destes elementos, cabe pensar que o método máis axeitado son os estudos in vivo en humanos ou animais. Porén, non é doado levalos a cabo por consideración éticas e económicas, entre outras. Debido a isto, como alternativa, desenvolvéronse modelos in vitro que permiten simular as condicións do aparato dixestivo durante a dixestión. Estes modelos poden ser estáticos ou dinámicos, poden ser mono- ou multi-compartimentais, poden ou non incluír microorganismos a nivel intestinal, poden ser sistemas miniaturizados... O que parece claro é que son fiables, que son capaces de reproducir con éxito as condicións do tracto gastrointestinal humano e que poden usarse para avaliar o que pasa con determinados compoñentes dos alimentos, así como aplicarse a diferentes campos da Nutrición, a Tecnoloxía e a Seguridade Alimentarias. Por todo isto, o obxectivo deste traballo é facer unha revisión bibliográfica sobre os modelos existentes, dos máis simples aos máis complexos e aos máis actuais, determinar as súas fortalezas e fraquezas así como os seus lugares de aplicación e os retos aos que deben facer fronte de cara a desenvolver modelos o máis próximos posibles ao proceso de dixestión real. Como conclusión, constátase que os sistemas in vitro teñen un gran potencial como ferramenta alternativa aos estudos in vivo e que a súa evolución, especialmente cara modelos dinámicos e miniaturizados como os gut-on-chip, abre novas vías de investigación para avaliar a dixestibilidade, a bioaccesibilidade de nutrientes e a interacción alimento-microbiota. Non obstante, persisten retos importantes como a integración da absorción real e a reprodución fiel da complexidade intestinal.

CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
Análise da adherencia á Dieta Atlántica e do consumo de pan pola poboación galega
Autoría
S.M.T.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
S.M.T.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
A Dieta Atlántica (DA) é un patrón dietético común de Galicia e o norte de Portugal considerada saudable polos seus beneficios sobre a saúde e o baixo impacto ambiental. O obxectivo deste traballo é pescudar cal é o grao de coñecemento e adherencia actual da poboación galega menor de 60 anos á DA. Ademais, como o pan é un alimento asociado a esta dieta, preténdese afondar sobre o coñecemento, actitude e consumo do pan e a súa aceptación por parte dos consumidores. Realizouse un estudo de consumidores con 166 persoas menores de 60 anos para evaluar o coñecemento e adherencia á DA. Ademais, realizouse outro estudo de consumidores con 203 persoas enfocado no pan que incluía unha avaliación hedónica. Os 18 pans avaliados polos consumidores tamén foron caracterizados por un panel de catadores adestrado. Os resultados sobre a DA demostraron que hai un grao de coñecemento e nivel de adherencia medios. En canto ao pan, comprobouse que os consumidores prefiren pans de panadería tradicional, non consumen pans integrais nin de masa nai e danlle gran importancia ao sabor e a textura. Tras a avaliación dos pans, observouse que os pans preferidos foron os elaborados cun 25% de fariña autóctona. Ademáis, o cruce dos datos obtidos polos consumidores e polos catadores determinou que os atributos que se asociaban coa preferencia dos consumidores eran maioritariamente a suavidade do miolo e a presenza de alvéolos grandes ou medianos. Ponse de manifesto a necesidade de promover o coñecemento e a adherencia da poboación galega á mesma. Tamén se debe fomentar a inclusión de pan de calidade no contexto dunha alimentación saudable e sostible.

Xénero Brassica, revisión bibliográfica das súas propiedades antimicrobianas
Autoría
A.M.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
A.M.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
É coñecida a capacidade antimicrobiana das plantas do xénero Brassica. O presente Traballo de Fin de Máster pretende obter a maior cantidade posible de información existente acerca destas propiedades, así como determinar ata que punto teñen capacidade para inhibir o crecemento bacteriano, outorgándolles un beneficio exclusivo e distinguíndoas doutros xéneros de vexetais comestibles. Para iso, recompílase toda a información posible sobre os valores de CMI (concentración mínima inhibitoria) de extractos de plantas deste xénero para, posteriormente, elaborar unha serie de táboas e reunir toda a información dispoñible (especies de plantas utilizadas, métodos de extracción empregados, bacterias analizadas, valores de CMI, etc.). Estes datos serán útiles para verificar a capacidade antimicrobiana destas especies vexetais e, quen sabe, orientar futuras liñas de investigación.

VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL Cotitoría
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Titoría)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
Percepción dos consumidores sobre os productos da pesca
Autoría
C.P.A.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
C.P.A.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo analiza a percepción dos consumidores galegos sobre os produtos pesqueiros, diferenciando entre os que proceden da pesca extractiva e os da acuicultura. Nun contexto no que o consumo de peixe e marisco diminuiu os últimos anos, realizouse unha enquisa para coñecer as ideas, valoracións e expectativas dos consumidores galegos em torno aos produtos pesqueiros, incluindo aspectos relacionados coa súa compra e frecuencia de consumo. Obsérvase que a canle preferida para adquirir produtos pesqueiros é o supermercado, seguido das peixerías tradicionais, estas últimas valoradas pola atención e a percepción de frescura. A maioría das persoas enquisadas consume produtos pesqueiros cunha frecuencia semanal, especialmente no fogar, sendo o peixe fresco a opción preferida, en concordancia co comportamento de compra. Ademais, obsérvase unha actitude favorable respecto ao consumo responsable. A maioria dos enquisados apoia medidas como respectar os períodos de reproducción, evitar especies en perigo, empregar técnicas de pesca sostibles e consumir produtos locais ou certificados. A pesares diso, esta conciencia non sempre se traduce nun maior consumo, o que evidencia a necesidade de reforzar a información e o acceso a este tipo de produtos. Existe un coñecemento xeralizado sobre os métodos de producción, aínda que persisten certas ideas preconcibidas. A pesca extractiva asóciase con produtos mais naturais, frescos e nutritivos, mentres que a acuicultura percíbese coma unha fonte mais accesible e económica, aínda que a miúdo vinculada a prácticas menos sostibles e mais industrializadas. En conxunto, o estudo resalta a importancia de mellorar a comunicación sobre sostenibilidade pesqueira e fomentar decisións de compra informadas que axuden a frear o descenso de consumo de produtos do mar.

Comparación da estrutura coloidal do leite cru en vacas con diferentes tipos de alimentación, tamaños de partículas de lípidos e proteína
Autoría
K.P.P.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
K.P.P.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza como pode influír o tipo de alimentación das vacas convencional ou baseada no pastoreo na estrutura coloidal do leite cru, centrándose especialmente nos glóbulos de graxa e nas micelas de caseína. O punto de partida é a importancia que ten a estrutura coloidal nas propiedades nutricionais e tecnolóxicas do leite, e tamén o contexto socioeconómico galego, onde o leite representa un piar fundamental e o pastoreo segue a ter un papel destacado. Empregáronse técnicas de microscopía confocal e óptica para visualizar a estrutura do leite, complementadas co uso do programa ImageJ para o tratamento das imaxes e o software R para a análise estatística. Os resultados non amosaron diferenzas estatisticamente significativas entre o leite de vacas alimentadas con pasto e o das alimentadas de forma convencional, aínda que os datos tenden a separarse, polo que sería interesante seguir investigando. Si se observaron diferenzas claras entre as diferentes rutas (zonas de recollida), o que indica que a orixe xeográfica podería ter un papel relevante. Tampouco se atoparon diferenzas segundo o tempo de almacenamento, aínda que algunhas combinacións amosan tendencias que sería conveniente estudar con máis detalle. En resumo, este traballo non permite confirmar que a alimentación modifique de forma significativa a estrutura coloidal do leite cru, pero si suxire que outros factores, como a procedencia xeográfica das mostras, poden influír. Ademais, reforza a necesidade de controlar mellor as variables nos estudos futuros para poder illar con maior precisión o efecto real da alimentación.

Desenvolvemento e avaliación dun método rápido para a detección de trazas de sésamo a partir de mostras de panadería
Autoría
U.R.G.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
U.R.G.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
A alerxia ao sésamo é unha afección amplamente recoñecida e cada vez máis frecuente que supón unha ameaza significativa para a saúde pública. Neste contexto, é fundamental desenvolver métodos de detección accesibles e eficaces que contribúan a previr reaccións adversas en persoas alérxicas. O obxectivo deste traballo foi desenvolver un método molecular rápido e sinxelo para a detección de sésamo en mostras de panadería. Para iso, realizouse a extracción e purificación do material xenético a partir de mostras con e sen sésamo declarado na etiquetaxe. Posteriormente, aplicáronse dúas técnicas de amplificación de ADN molecular, dirixidas á rexión nuclear non codificante ITS: qPCR, utilizada como método de referencia, e RPA, unha técnica de amplificación isotérmica deseñada para facilitar a detección rápida a temperatura constante. A visualización do ADN amplificado mediante RPA realizouse en xeles de agarosa tinguidos con azul de bromofenol e observouse cun transiluminador. Aínda que o enfoque principal do estudo foi cualitativo, tamén se realizou unha estimación cuantitativa para determinar a cantidade de sésamo presente nas mostras e avaliar a precisión da etiquetaxe. Os resultados demostraron que a técnica qPCR ofrece unha alta sensibilidade e especificidade, consolidándose como un método fiable para a detección de trazas de sésamo. Pola súa banda, RPA daba mostras de ser unha ferramenta prometedora; porén, os resultados obtidos mostran a necesidade de optimizar as condicións do ensaio para garantir a súa especificidade e fiabilidade.

Barros Velázquez, Jorge Cotitoría
PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Barros Velázquez, Jorge Cotitoría
Tribunal
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
DIAZ RUBIO, OLGA (Presidente/a)
BARCIELA GARCIA, JULIA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Construcións fraseolóxicas semiesquemáticas - un enfoque lexicográfico baseado no uso para o alemán
Autoría
P.F.R.
Estudos Cursados ao Abeiro do Programa Erasmus
P.F.R.
Estudos Cursados ao Abeiro do Programa Erasmus
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
A variación recoñeceuse como unha característica esencial da fraseoloxía no uso común. As alteracións creativas con fins pragmáticos, en particular, poden cambiar o significado das unidades fraseolóxicas. Estes cambios non adoitan terse en conta nas descricións lexicográficas da fraseoloxía debido á súa frecuencia comparativamente baixa. Con todo, os estudos de corpus demostraron que estas alteracións seguen patróns que reflicten as xeneralizacións dos falantes, e, a miúdo, son produtivas até un punto no que a forma e/ou o significado codificados deixan de prevalecer. Neste traballo fin de mestrado, as unidades da fraseoloxía alemá non se examinan nas súas formas canónicas fixas, senón como construcións semiesquemáticas no continuo léxico-gramatical, tal e coma se postula na tradición de investigación da Gramática de Construcións. Mediante un estudo de corpus de vinte construcións, identifícanse as idiosincrasias fraseolóxicas, tanto formais como funcionais, como as principais influencias no grao e a maneira do uso creativo e da variación. As análises suxiren que se estas peculiaridades se fixan nunha construción fraseolóxica, esta pode desenvolverse independentemente da súa fonte codificada, adquirindo novas formas e funcións convencionais. As fontes poden desvanecerse e mesmo desaparecer do léxico. Combinando métodos tanto da lexicografía tradicional e da constructicografía, ofrécese un modelo para un recurso descritivo cuxo obxectivo é axudar aos falantes a resolver problemas de recepción relacionados coa natureza multifacética das construcións fraseolóxicas no uso cotián da lingua.

DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE (Titoría)
DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE (Coordinador)
MILLET SCHRÖDER, VICTOR (Presidente/a)
Smith , Anja (Secretario/a)
Keromnes , Yvon (Vogal)

Desenvolvemento e aplicación dun recubrimento activo de quitosano con extracto de té branco en produtos pesqueiros.
Autoría
V.S.N.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
V.S.N.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este estudo avaliou o uso de recubrimentos activos a base de quitosano disolto en diferentes ácidos e enriquecidos con extracto de té, co obxectivo de mellorar a calidade das sardiñas refrixeradas e conxeladas. Estes recubrimentos buscaban inhibir a oxidación dos lípidos, a degradación das proteínas (proteólise) e o crecemento microbiano. En primeiro lugar, analizouse a capacidade antioxidante de diferentes extractos de té, seleccionando o té branco debido ao seu alto contido en compostos fenólicos (427,93 mg GAE/g). A continuación, formuláronse solucións de quitosano ao 1% (p/v), disoltas en ácido acético ou ácido málico e enriquecidas con extracto de té branco en concentracións do 10% e o 20% (v/v). Estas solucións aplicábanse como recubrimentos sobre sardiñas, empregadas como modelo para peixes graxos. Tamén se avaliaron os efectos do ácido acético e do ácido málico empregados para facilitar a disolución da quitosana en auga. Os resultados mostraron que o recubrimento cun 10% de extracto de té en ácido málico (QM+ET10%) conseguiu reducir a oxidación dos lípidos nun 57,46% a partir do terceiro día de almacenamento refrixerado. Pola súa banda, o tratamento con quitosano e ácido málico (QM) reduciu a proteólise nun 44,95% no mesmo período. En canto ao crecemento microbiano, o recubrimento cun 20% de extracto de té branco en ácido acético (QA + ET20%) foi o máis eficaz, seguido do tratamento só con quitosano e ácido acético (QA). En condicións de conxelación, o tratamento QM+ET ao 10% conseguiu unha redución do 88,69% na oxidación dos lípidos despois de tres meses, mentres que o tratamento QM reduciu a proteólise nun 69,93%. Despois de seis meses de conxelación, o recubrimento QM conseguiu unha diminución do 60,59% na oxidación dos lípidos. Os resultados desta tese de mestrado demostran que a aplicación de recubrimentos a base de quitosano e extracto de té é unha estratexia sinxela, rendible e sostible para preservar a calidade do peixe fresco e conxelado ao limitar a oxidación, a degradación das proteínas e o crecemento microbiano.

VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL Cotitoría
Cazón Díaz, Patricia (Titoría)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Vogal)
Síntese e caracterización de biomateriales innovadores: modificacións in-situ da celulosa bacteriana con polisacáridos derivados de algas
Autoría
M.D.M.V.V.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
M.D.M.V.V.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
14.02.2025 09:00
14.02.2025 09:00
Resumo
Hoxe en día, o alto consumo de materiais plásticos non biodegradables, principalmente na industria alimentaria, xera unha gran produción de residuos con elevado impacto ambiental. Por este motivo, nas últimas décadas buscáronse polímeros alternativos que sexan de orixe natural e biodegradables. Entre eles destaca a celulosa bacteriana polas súas excelentes propiedades mecánicas e a súa clasificación como GRAS (Generally Recognized as Safe) pola FDA. Debido ao proceso de síntese da celulosa bacteriana, observouse que estas películas presentan unha gran variabilidade nas propiedades mecánicas debido a cambios na súa nanoestrutura 3D. Ademais, debido á súa baixa elasticidade, o seu uso industrial como envase alimentario é limitado. Polo tanto, é importante investigar estratexias para mellorar as súas propiedades fisicoquímicas. O obxectivo deste traballo foi mellorar as propiedades fisicoquímicas da BC mediante a incorporación in situ de polisacáridos de algas (carraxenato e fucoidan). Avaliáronse as propiedades mecánicas, físicas e estruturais das películas de BC producidas con estes polisacáridos mediante espectroscopía FT-IR, probas de resistencia á tracción e á punción, retención e solubilidade en auga, permeabilidade ao vapor de auga e propiedades ópticas. Os resultados mostraron que os polisacáridos se incorporaron á matriz de BC, aínda que sen formar interaccións fortes. Ademais, as películas con carraxenato e fucoidan mostraron unha maior capacidade de elongación e retención de auga, pero unha diminución na resistencia á tracción e á punción.